Todas as facetas da mocidade

S3C

Ó longo deste proxecto analizaremos como os medios de comunicación de masas observan e consideran á mocidade actual. Ao mesmo tempo faremos un estudo dos prexuízos e tópicos que forman parte do colectivo así como do papel dos medios de comunicación na divulgación e difusión destes.

Ademais de facer esta análise xeral da mocidade, poñeremos o foco en determinados  grupos desfavorecidos dentro do colectivo analizado. Será o caso das mozas, os mozos  inmigrantes ou os mozos que se encontran inmersos no mercado laboral. Coñeceremos a súa situación no seo da sociedade así como o trato que reciben na cobertura e información dos medios.

Por último, estudaremos a evolución do concepto mocidade ao longo das distintas xeracións. Esta evolución tamén será analizada a través dos medios. Observaremos se cambiou a temática das pezas informativas nas que se fala sobre a mocidade, a linguaxe empregada ó referirse ó colectivo, así como os prexuízos difundidos.

Para lograr estes obxectivos contaremos cun círculo formado por xente de distintas idades que poida aportar unha visión diferente e persoal. Deste xeito, este estará integrado por estudantes, mozos inmersos no mercado laboral, mozos inmigrantes, asociacións xuvenís, persoas relacionadas coas ANPAS, expertos en socioloxía, etc.

Despois, desenvolveremos unha acción. Esta -aínda que non está definida- queremos que consista nun espazo de reunión entre persoas de distintas xeracións co obxectivo de romper as barreiras e impedimentos que pode haber na comunicación entre a mocidade e persoas de xeracións distintas.

 

Ligazóns:

2 comentarios en “Todas as facetas da mocidade

  1. – Eliminar saúdo, non pode parecer un post de presentación, xa estades presentados/as anteriormente.

    – “O noso obxectivo nos vindeiros meses será analizar o tratamento actual que recibe a mocidade por parte dos medios de comunicación de masas.” Oración idéntica á da presentación do grupo, malia que o obxectivo non mude non podemos empregar as mesmas palabras.

    – “Ao mesmo tempo, faremos un estudo dos prexuízos e tópicos que forman parte do colectivo e do papel dos medios de comunicación na divulgación e difusión destes.” Reformular, a conxunción “e” transmite a idea de que estamos aínda na subordinada adx. anterior. Substituír por outro conector que una ambas ideas dunha maneira máis clara.

    – “ Esta evolución tamén será analizada a través dos medios observando se cambiaron a temática das pezas informativas nas que se fala sobre a mocidade, a linguaxe empregada ó referirse ó colectivo ou os cambios se existiron- nos prexuízos difundidos.” Esta subordinada é demasiado longa e dá lugar a un entendemento incorrecto, observaredes a temática, a linguaxe e os cambios nos prexuízos? Corrixir para que quede claro.

    – “Por último, estudaremos a evolución do concepto mocidade -e de todo o que rodea ao concepto- ao longo das distintas xeracións.” Demasiado arrevesado, eliminar o que vai entre raias, ou aclarar que é o que rodea o concepto.

    – “Ao mesmo tempo, faremos un estudo dos prexuízos e tópicos que forman parte do colectivo e do papel dos medios de comunicación na divulgación e difusión destes.” Quitar a coma despois do CC, é un CC curto, polo que non é necesaria.

    – No caso de “rolda”, é correcto o significado que lle queredes dar no post?

    – “Deste xeito, a nosa rolda de traballo estará integrada por persoas relacionadas coas anpas, estudantes, mozos inmersos no mercado laboral, mozos inmigrantes, asociacións xuvenís, persoas relacionadas coa socioloxía, etc.” Mudar “persoas relacionadas coas anpas” a unha posición que no sexa a primeira da enumeración, pode dar a entender que os seguintes elementos son persoas relacionadas coas anpas (cando realmente non o son)

    – anpa, uso de maiúsculas nas siglas.

    – “Logo de reunir e interpretar a información necesaria para tratar o mencionado nos parágrafos anteriores, desenvolveremos unha acción final.” Primeira metade da frase (ata a coma) demasiado liosa, poderiamos resumila cun “despois”, necesaria unha maior concentración semántica. Acción final NON EXISTE, é acción (“a secas”)

    – Engadir 3 ligazóns.

    Gústame

    1. Ola! Esquecín dúas cousas máis:

      – “os mozos e persoas de distinta xeracións” Cambiar por mocidade, máis xenérico. Mudar por “persoas de xeracións distintas” (non son xeracións variadas, son xeracións distintas á da mocidade”)

      – Usade negriña, cursiva e subliñado.

      Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.