Reformulando o concepto de mocidade

MIRANDA MARTÍNEZ E OCTAVIO DE TOLEDO DE MIGUEL

Biblioteca Concepción Arenal

Comezamos a reunión lendo ós participantes a definición de mocidade que aparece na RAG: ‘‘parte da vida dunha persoa, que está entre a infancia e a madurez. Despois, abrimos o debate para falar do tema en cuestión. Que implica verdadeiramente para eles a xuventude?

WhatsApp Image 2019-02-22 at 21.12.12

‘‘Antes ser xove era un paso previo a ser adulto, e ser adulto era cando entraban as responsabilidades enriba. Penso que agora xa non é tanto ese paso previo como unha duración máis física e que ademais se prolonga xa nunha época de plena responsabilidade’’, reflexiona Fernando Lacaci, presidente da Federación de ANPAS de Compostela. Xesús Vilas, responsable e coordinador do centro xuvenil Don Bosco, concorda con esa apreciación de que o concepto de xuventude é ‘‘cambiante’’. Lucía Van Der Mel, estudante Grao en Mestre de Educación Primaria, puntualiza “creo que a xuventude está enormemente condicionada polo contexto, polo lugar onde te desenvolves, tamén polas túas circunstancias persoais, históricas’’.

‘‘Eu creo que na xuventude a sociedade deposita dalgunha maneira a súa esperanza e o seu futuro. E un dos problemas que temos nestes momentos é que posiblemente se está depositando pouco futuro e pouca esperanza nas idades nas que estades’’, opina Xesús Vilas. Para analizar se dende os medios tamén se transmite esa desesperanza, revisamos unha nova de El Correo Gallego (14/09/2018). O tema principal da noticia é un tópico moi frecuente nas informacións que versan acerca da mocidade, o desaloxo de pisos estudantís en Compostela. Este tipo de asuntos son os que aparecen con maior frecuencia nos medios, o que reforza os tópicos sobre a mocidade. ‘‘Moitas veces si que se transmite quizais unha imaxe da xuventude como aloucada, desfasada… e isto é unha mirada moi limitada. Ó fin do cabo, porque é certo que está esa parte, pero tamén somos moito máis que simplemente esa parte. Entón pois si que creo que é necesario dar unha visión máis ampla e global’’, di Lucía. ‘‘Por suposto que desfasan os estudantes. E que se non desfasas cando es estudante non desfasas nunca’’, engade Fernando, ‘‘o que indignante é que se defina como <<un estudante esqueceu unha hora o lume>>. É un individuo, unha persoa… segundo as circunstancias. Aquí non sairía <<un arquitecto esqueceu unha hora o lume>> ’’.

Sen desviarnos moito do tema, presentámoslle unha noticia publicada en El País (26/11/2018) sobre a precariedade laboral da mocidade. “Que a xuventude ten unha presunción de precariedade é indiscutible porque normalmente é así’’, di Fernando. ‘‘O paro español é o dobre do paro da zona europea, o da zona euro. España é a nación na que os mozos tardan máis en emanciparse’’, apunta Miguel Cancio, sociólogo. ‘‘Entón eu diría que é menos problema de ser xoven ou non o ser, senón un problema de non ter seguridade económica ou de si tela’’, responde Fernando, “a xuventude é vítima pero non por ser xuventude senón por ese concepto de grupo social economicamente impotente, non hai fondos, non hai seguridade”. Xesús Vilas coincide con eles e tamén remarca a importancia de que o contexto social mudou, “dise que os xóvenes de agora teñen que actuar coma as outras épocas e non é así’’.

Como conclusión deste encontro extraemos e anticipamos unha nova visión da mocidade, un grupo social que vai máis alá dun simple intervalo de idades. Ao mesmo tempo, puxemos de manifesto algúns dos tópicos que existen nos medios de cara á xuventude, conscientes da necesidade de erradicalos. Nas vindeiras reunións, profundizaremos nestes tópicos e trataremos de analizar a situación doutros colectivos dentro da mocidade, como os inmigrantes, a muller ou a mocidade traballadora.

A idea para a acción

A raíz desta xuntanza establecemos os primeiros pasos para levar a cabo unha acción que visibilizará os resultados acadados ó finalizar o proxecto. A idea é facer un fanzine. Isto é unha publicación periódica feita con poucos medios e de tirada reducida que trata temas sociais ou culturais alternativos. É dicir, unha especie de revista -case panfleto- que sexa un conxunto das conclusións obtidas. Nela incluiríanse, por exemplo, collages ou fotografías dos participantes dos círculos, fotos do seu pasado que se compararían con imaxes do presente para falar do paso do tempo e, ligado a el, a metamorfose do concepto de mocidade e os seus prexuízos.

Conversaron connosco:

Miguel Cancio, sociólogo.

Fernando Lacaci, presidente da Federación de ANPAS de Santiago de Compostela.

Xesús Vilas, responsable e coordinador do centro xuvenil Don Bosco.

Lucía Van Der Mel, estudante do Grao en Mestre de Educación Primaria.

 

Ligazóns:

 

18 comentarios en “Reformulando o concepto de mocidade

  1. Primeiro artigo desta fornada. Independentemente da fonte de El País, que podía ser doutro medio galego tamén (e mellor) penso que a estrutura do texto se ben asentada nas declaracións dos convidados fáltalle un chisco de contexto e quizabes a razón de porque falamos aquí da mocidade, neses termos que falamos. Porén, ánimo e adiante. Grazas.

    Gústame

    1. Por certo, xa falando de reformular o concepto de mocidade como poderiamos, co concurso destes convidados, desenvolver unha acción que visibilizara esta nova representación que xurde de tal acordo?
      Grazas.

      Gústame

  2. FERNÁNDEZ PEREIRO

    Penso que como di Xesús Vilas, responsable e coordinador do centro xuvenil Don Bosco, o concepto de xuventude está cambiando. A mocidade está moi ligada ó desenvolvemento das tecnoloxías da comunicación. Cada vez o emprego de dispositivos móbiles prodúcese a unha idade máis baixa. Segundo estudos do INE en 2018, con 11 anos, máis da metade dos nenos xa dispoñen dun móbil. Para expertos como Jorge Flores, a idade adecuada para mercar o primeiro teléfono depende da madurez e das habilidades.

    Por unha banda, os pais cada vez vense máis alarmados polo uso que os fillos realizan dos diferentes dispositivos de comunicación. Moitos mozos empréganos mal ou de xeito abusivo. Josep Matalí, xefe de Psicoloxía e Adicións do centro Sant Joan de Déu, explica que en moitos casos prodúcese un sobre uso do móbil en mozos de 12 anos polos xogos. No entanto, non só son xogos senón tamén as diferentes aplicacións e redes sociais coma Instagram, Youtube ou Netflix. Existen diferentes datos sobre isto: a entidade americana Common Sense analizou que no 70% dos mozos emprega as redes sociais varias veces o día e, máis da metade deles di que constantemente, a todas horas; os mozos de entre 18 e 24 anos pasan unha media de seis horas diarias consultando o seu smartphone, un 12,6% máis que no 2017 e un 63,1 % máis que a media nacional. E un 45% deles xa se considera adicto, segundo unha análise de Rastreator.com . Como unha posible solución a Fundación ANAR, que consiste nun contrato entre pais e fillos para regular o uso do dispositivo móbil. A presión social empuxa ós mozos a pedir un móbil cada vez máis cedo. O profesor de psicoloxía da USC e experto en adicións dixitais, Antonio Bouteta, sinala que na actualidade o acceso prodúcese ós 12 anos e incluso a nenos de 9 anos.

    Por outra banda, as redes sociais presentan diferentes vantaxes e inconvintes para a mocidade. Favorecen ás comunicacións , pero tamén aumentan a vulnerabilidade na mocidade. Están expostos nas redes sociais e presentan un exceso de confianza. Ademais cada vez prodúcense máis casos de cyberbulling. Chaman a atención os datos proporcionados pola Fundación Save The Children como resultado dunha enquisa realizada a máis de 21500 estudantes españois de entre 12 e 16 años: a metade deles recoñeceron ter realizado ciberacoso en algunha ocasión e moitos deles recoñeceron non saber o porqué. Outra práctica que afecta a mocidade é o sexting. Flores Fernández, experto no emprego seguro das TIC di que a diminución da idade de empreso da tecnoloxía, afecta a que os mozos entren a este tipo de prácticas de risco; mais non o fan por unha cuestión de tipo sexual senón para chamar a atención ou por aburrimento. Débese a dispoñibilidade tecnolóxica que lle ofrecen un amplo abano de posibilidades.

    En conclusión, a xuventude está a experimentar un cambio debido á sociedade de comunicación e ó contexto onde están a madurar. Hai que comezar a prestar especial atención a estes diferentes riscos, froito dun mal emprego por ausencia de madurez e de responsabilidade da mocidade.

    Ligazóns:

    -Becerra, J. (13 de xaneiro de 2019). Hijo, si quieres un móvil firma antes aquí. La Voz de Galicia. Recuperado de: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2019/01/10/hijo-quieres-movil-firma/0003_201901G10P52993.htm
    -Ricart, M. (15 de marzo de 2019). Adolescentes y móvil: ¿cuándo es exceso de uso y cuándo es adicción? La Vanguardia. Recuperado de: https://www.lavanguardia.com/tecnologia/20190329/46903500858/adiccion-movil-adolescentes-apps-juegos-abuso-instagram.html
    -Torices, A. (12 de maio de 2017). Crece el número de menores adictos al móvil y a internet. La Voz de Galicia. Recuperado de: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2017/05/12/crece-numero-menores-adictos-movil-internet/0003_201705G12P58991.htm
    – Oliver, D. (11 de marzo de 2018). ‘Sexting’ entre adolescentes, una práctica en aumento y cada vez más pronto. El País. Recuperado de: https://elpais.com/elpais/2018/03/09/mamas_papas/1520582602_813226.html
    -(21 de xuño de 2018). Ciberacoso o ciberbullying escolar: cifras y recursos de ayuda. Latelaridad. Recuperado de: http://lateralidad.com/ciberacoso-o-ciberbullying-escolar-cifras-y-recursos-de-ayuda/
    -(2018). Social media, social life. Common Sense. Recuperado de: https://www.commonsensemedia.org/sites/default/files/uploads/research/2018_cs_socialmediasociallife_fullreport-final-release_2_lowres.pdf

    Gústame

  3. RIVADULLA LLERAFO

    Resúltanme moi interesantes os estudos e datos que utilizaches para aportar máis información sobre o tema. Estou totalmente de acordo contigo en que a xuventude é un concepto cambiante e moi ligado aos medios de comunicación e a tecnoloxía en xeral.
    Como ben confirma o Ministerio de Cultura Galega: “Esta realidade está tamén a incidir
    en cuestións como as relacións persoais que manteñen ou o tipo de actividades que
    realizan dentro e fóra do fogar. O uso das tecnoloxías da información e da
    comunicación concédenlle aos mozos un papel protagonista ao estaren sempre á
    vangarda da nova sociedade tecnolóxica. Ademais, detéctase o aumento na
    personalización dos dispositivos tecnolóxicos que utilizan, como o móbil, a vídeo
    consola, o ordenador e a conexión a Internet”.
    Chamoume a atención o que aportaches sobre cyberbullying. Quizais sexa algo que podemos tratar nas seguintes reunións. De feito, un artigo do periódico La Voz de Galicia menciona que a maioría das víctimas do cyberbullying son mulleres e que o hostigamento é diario.
    Por outra banda, creo que non te centraches noutros factores que tamén son importantes á hora de falar de xuventude. A precariedade económica que sufren actualmente os mozos provoca desigualdade e inseguridade na sociedade. O CIJ informa que dende o ano 2008 o desempleo xuvenil aumentou progresivamente ata alcanzar valores alarmantes na actualidade. O efecto da crise en este sentido é palpable. No obstante, maiores tasas de paro, maior temporalidade e menores salarios. Recurrindo a fontes europeas e nacionais corrobórase non so a posición de desvantaxa dos xoves (16 a 29 anos) respeto á población tomada no seu conxunto, senon tamén a existencia de profundas desigualdades antes e durante a crise dentro do colectivo xuvenil, sendo os máis xoves e as mulleres os máis precarios e vulnerables dadas as súas características laborais.

    Ligazóns:
    – (Setembro de 2010). Hábitos culturais dos mozos en Galicia. Observatorio da Cultura Galega. Recuperado de: http://culturagalega.gal/imaxes/docs/habitosculturaisdosmozos.pdf

    – Jóvenes aún más precarios: crisis económica y desigualdad laboral en España. Cuadernos de Investigación en Juventud. Recuperado de:
    http://investigacionenjuventud.org/?p=793

    – (20 de setembro de 2016). La mayoría de víctimas de «ciberbullying» son chicas y el hostigamiento es diario. La Voz de Galicia. Recuperado de:
    http://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2016/09/20/mayoria-victimas-ciberbullyingchicas-hostigamiento-diario/00031474371678776240363.htm

    Liked by 1 person

    1. FERNÁNDEZ PEREIRO

      Sen dúbida a precariedade laboral está vixente na mocidade e sobre todo, logo da crise, como ti indicaches. Existen diferentes datos que evidencian esta situación. Por unha banda, segundo a Organización Internacional do Traballo (OIT), España nunha comparativa con 18 países europeos, rexistrou unha maior proporción de contratos de seis meses ou menos. Ademais, o Instituto Nacional de Estatística (INE) publica a enquisa de Poboación Activa (EPA), que indica que a maior parte dos mozos galegos non traballa, non ten ningún tipo de ocupación, e, entre os que traballan, aumentan os contratos parciais. Proba disto son os datos que aporta o Instituto Galego de Estatística: o 73,4% dos ocupados e das ocupadas, traballou a xornada completa, no cuarto trimestre de 2018 e no terceiro, os contratos de xornada parcial, aumentaron en 3.900 persoas.

      No entanto, hai máis problemas en torno á mocidade. En España, casi catro de cada dez mozos se atopa en risco de pobreza. O Consello da Xuventude de España, cifra a tasa de pobreza para o conxunto de mozos de menos de 35 anos nun 30’9 %. O maior risco está nos que se atopan no paro (o 44%), mais tamén na poboación ocupada (20%). Outro problema é que case a metade da mocidade con titulacións universitarias está en postos que requiren menos formación e cobran un salario inferior ó que lles correspondería pola súa preparación universitaria.

      En conclusión, cada vez hai máis emprego, pero tamén máis desigualdades e peores condicións. Ante isto, parte da mocidade galega atópase na obriga de emigrar na procura de emprego.

      Ligazóns:
      – (20 de febreiro de 2019). Dos de cada diez jóvenes se encuentran en riesgo de pobreza y exclusión social pese a tener trabajo. La Opinión A Coruña. Recuperado de: https://www.laopinioncoruna.es/galicia/2019/02/20/diez-jovenes-encuentran-riesgo-pobreza/1376968.html
      – (29 de xaneiro de 2019). Así é a situación laboral da mocidade galega: máis do 50% non ten ningunha ocupación. Galicia Confidencial. Recuperado de: http://www.galiciaconfidencial.com/noticia/84351-situacion-laboral-mocidade-galega-50-ten-ocupacion
      – (29 de xaneiro de 2019). Enquisa de Poboación Activa (EPA). Instituto Galego de Estatística. Recuperado de: https://www.ige.eu/estatico/estat.jsp?ruta=html/gl/OperacionsConxunturais/EPA.html
      – Doncel, L. (14 de febreiro de 2019). La OIT avisa de la precarización del empleo en el mundo y destaca la alta temporalidad en España. El País. Recuperado de: https://elpais.com/economia/2019/02/13/actualidad/1550088419_496910.html
      – Sánchez-Silva, C. (10 de marzo de 2019). La maldición de los jóvenes: paro o precariedad. El País. Recuperado de: https://elpais.com/economia/2019/03/07/actualidad/1551989860_005618.html

      Gústame

      1. RIVADULLA LLERAFO

        Como ben informas na conclusión, cada vez hai máis desigualdades e peores condicións laborais. Na segunda reunión profundizamos neste tema.
        Respecto a precariedade laboral, certo é que España é un dos países que rexistra unha maior proporción de contratos de seis meses ou menos. Polo contrario, según os datos da Consellería de Economía, Emprego e Industria recopilados polo Instituto Galego de Estatística (IGE), os contratos en Galicia que van dunha semana a un mes aumentaron a menor velocidade, un 4,5%, con 113.797 ao cerre do ano; os dun máximo de medio ano subiron un 2,2% (174.289); un 11,4% os de seis a doce meses (25.727); e por encima do 11% tamén os de máis dun ano. Por outro lado, é importante mencionar que se están a fomentar medidas para a recuperación económica e a perda de poboación xuvenil. Por exemplo, a Xunta busca emprego a 23.000 mozos que nin estudan nin traballan, xa que o total de galegos que deixaron de formarse no 2019 supera os 40.000 no tramo dos 16 aos 29 anos.

        Facendo fincapé na situación de pobreza na que se encontran moitos dos mozos españois, destacar que en Galicia tamén ocorre. Segundo un informe do Consello da Mocidade, a taxa de pobreza para o conxunto dos mozos de menos de 35 anos é dun 30,9%, 2,6 puntos menos que a que se rexistra no conxunto de España. O maior risco está loxicamente naqueles que están no paro (o 44%, aínda que o 20% da poboación ocupada estaría na mesma situación).

        En conclusión, o futuro da mocidade galega e española está en risgo e cambialo depende, sobre todo, de nós.

        Ligazóns:
        – (10 de xaneiro de 2019). Los contratos de días y horas aumentan otro 10% en Galicia y son ya el doble que en 2013. Faro de Vigo. Recuperado de:
        https://www.farodevigo.es/economia/2019/01/10/contratos-dias-horas-aumentan-10/2030085.html

        – (10 de febreiro de 2019). A Xunta busca emprego a 23.000 mozos que nin estudan nin traballan. La Opinión de A Coruña. Recuperado de:
        https://galego.laopinioncoruna.es/economia/2019/02/10/xunta-busca-empleo-23000-jovenes/1373958.html

        – (20 de febreiro de 2019).Dous de cada dez novos atópanse en risco de pobreza e exclusión social a pesar de ter traballo. La Opinión de A Coruña. Recuperado de:
        https://galego.laopinioncoruna.es/galicia/2019/02/20/diez-jovenes-encuentran-riesgo-pobreza/1376968.html

        Gústame

  4. RIVEIRO POSE

    Como xa se comentou por aquí enriba, e como xa dixeron os membros da vosa xuntanza, penso que o concepto de mocidade está cambiando. Sempre está mudando e adquirindo os matices e connotacións propios da época. Paréceme moi interesante pois o enfoque que tendes de erradicar os prexuízos e mentiras que moitas veces se din sobre a mocidade.

    Prexuízos como o de que os mozos e mozas non traballan, por exemplo. É moi sinxelo dicilo, pero non é tan doado informarse das complicadas situacis que se encontran estes mozos e mozas cando entran no mercado laboral. A precariedade laboral ou a falta de emprego son temas á orde do día en Galicia, onde hai porcentaxes moi elevados de novos desempregados ou abandoando os estudos.

    Tamén chama a miña atención o dito por Lucía Van der Mel sobre a visión alocada e despreocupada que teñen moitos maiores sobre os novos. Chámame a atención porque sen ningunha dúbida unha característica moi importante de gran parte da mocidade galega, sobre todo no ámbito estudantil, é o seu activismo. En reiteradas ocasións os alumnos e alumnas demostraron a súa concienciación a través de manifestacións multitudinarias, xa sexa en contra do plan Bolonia ou do que sexa. Ahí temos recente o exemplo da semana pasada coas manifestación en contra do cambio climático.

    En definitiva, que me parece moi interesante e me fai plantexar incluso ideas propias sobre un tema tan cambiante e cercano a nos.

    Referencias:

    Redacción (2019). Dous de cada dez novos atópanse en risco de pobreza e exclusión social a pesar de ter traballo. La Opinión de A Coruña. Recuperado de https://galego.laopinioncoruna.es/galicia/2019/02/20/diez-jovenes-encuentran-riesgo-pobreza/1376968.html

    Redacción (2019). Estudiantes contra el cambio climático: esto es solo el principio. La Voz de Galicia. Recuperado de https://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2019/03/15/estudiantes-contra-cambio-climatico-fridays-future/00031552648549622990160.htm

    Redacción (2018). La tasa de desempleo juvenil baja hasta el 34,6%. Faro de Vigo. Recuperado de https://www.farodevigo.es/economia/2018/07/26/tasa-paro-juvenil-baja-34/1934652.html

    Gústame

    1. VEIGA DE BARTOLOMÉ

      Como ben decides, faise mención en numerosas ocasións aos prexuízos existentes sobre a mocidade, sobre todo nos medios de comunicación. Ao longo dos anos, o concepto de xuventude cambiou por completo, e agora, os adultos, que tamén foron mozos con anterioridade, actúan con prexuízos ante este colectivo. No xornal La Voz de Galicia publicouse un artigo o tres de xaneiro de 2019 sobre este cambio de pensamento na xuventude ao longo das distintas xeracións. Tan só é un dos numerosos artigos que fan mención ao mesmo asunto.

      A visión xeralizada de que os mozos de hoxe en día non se interesan por traballar tamén é recurrente nos medios de comunicación. Noutro artigo de La Voz de Galicia do un de setembro de 2018 faise fincapé na incapacidade dos mozos actuais, que non mostran interese por traballar. Tamén se inclúe o crecente paro xuvenil na comunidade galega, un problema que se está agravando nos últimos anos e necesita unha solución urxente.

      Como comentades, o maior problema é a visión “aloucada” da xuventude galega. Nos medios de comunicación non existe moita repercusión sobre os movementos e os activismos da xuventude día a día, mentres que sí se mostran numerosas noticias sobre a despreocupación constante. Unha noticia de La Voz de Galicia do 15 de marzo de 2019, menciona a unha nena con síndrome de Asperger que comezou unha revolta xuvenil polo clima. Noticias sobre estos activismos non son recurrentes nos medios de comunciación, e débese iniciar un cambio importante nese sentido.

      Ligazóns:

      SANMAMED, E (1 de xaneiro de 2019) Los jóvenes gilipollas. La Voz de Galicia. Recuperado de: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/barbanza/2019/01/03/jovenes-gilipollas/0003_201901B3C8993.htm

      SÁNCHEZ, P (1 de setembro de 2018) Paro juvenil. La Voz de Galicia. Recuperado de: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/opinion/2018/09/01/paro-juvenil/0003_201809E1P56992.htm

      TORICES, A (15 de marzo de 2019) Greta Thunberg: la niña que empezó la revuelta juvenil por el clima. La Voz de Galicia. Recuperado de: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2019/03/15/greta-thunberg-conciencia-planeta/00031552639519370624786.htm

      Gústame

      1. RIVEIRO POSE

        Lidos os enlaces que posteas. É sumamente interesante a muda nos cambios de consumo e como estes definen tamén o propio concepto de mocidade. Os nosos pais, por exemplo, pasaban a infancia vendo Mazinger Z e soñando con ser estrellas de rock, mentres que nós crecimos co Xabarín Club e temos entre as nosas cellas o obxetivo de ser influencers ou youtubers.

        Isto abre unha nova dimensión ante o concepto de qué significa ser xoven e como as obras, cancións ou películas que consumimos poden mudar a nosa identidade. Ou como nós as mudamos a elas. Agora mesmo estamos a vivir unha auxe dun cine e un arte máis concienciado e respetable coas minorías que nunca, e iso non deixa de ser un reflexo dunha mocidade que quere cambiar o mundo que non lle permite ser como é. Por sorte, temos múltiples exemplos de artistas xoves que expoñen as súas obras nos museos galegos, como os que se ven en dúas novas da Voz de Galicia do pasado verán.

        Cambiando un pouco de terzo, pero na misma liña da concienciación, tamén resultan importantes exemplos como o da nena da nova que loita contra os políticos para concienciar ó público dunha das pelexas máis duras ás que se terá que enfrontar a nosa xeración: o cambio climático. Por sorte tamén, como vemos noutra noticia recenta da Voz, o seu exemplo sentou cátedra, o que fai que me pregunte: cal é o teito desta xeración? Ata onde podemos aspirar a cambiar?

        Ligazóns:

        Portabales, P. (21 de xuño de 2018). Jóvenes artistas. La Voz de Galicia. Recuperado de https://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/coruna/2018/06/20/jovenes-artistas/00031529511173990166261.htm

        Sandoval, A. (15 de marzo de 2019). A mocidade rebélase contra o cambio climático. La Voz de Galicia. Recuperado de https://www.lavozdegalicia.es/noticia/lavozdelaescuela/2019/03/13/span-langgl-mocidade-rebelase-contra-cambio-climatico-span/0003_201903SE13P4991.htm

        Taboada, T. (30 de xullo de 2018). Canciones de juventud. La Voz de Galicia. Recuperado de https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2018/07/30/canciones-juventud/0003_201807O30C4991.htm

        Gústame

        1. VEIGA DE BARTOLOMÉ

          O cambio dos hábitos de consumo na xuventude actual é a miudo utilizado polos medios, mostrando serios prexuízos, como algo perxudicial. Un artigo de La Voz de Galicia, mostra aos novos mozos, os mozos das novas tecnoloxías e o emprendemento, como ludópatas sen control. Asegura que a maioría da xuventude está atrapada polas casas de apostas, afirmando que así poderán gañarse a vida sen traballar. Isto non e máis que outra mostra do amplo maltrato e a exageración que recae sobre a mocidade galega nos medios de comunicación.

          Aínda así, estas novas tecnoloxías axudan ás novas xeracións a mostrar un gran cambio na comunidade galega, sobre todo a nivel de emprendemento, e algúns medios tamén se fan eco de estas situacións. Unha nova do xornal Faro de Vigo, mostra un alto porcentaxe de mozos galegos loitando a nivel nacional para ser “os mellores empredendedores virtuales de España”. Galicia, xa é a terceira comunidade situada no ránking de aspirantes.

          Malia isto, a pesar do alto grao de participación da xuventude galega en aspectos satisfactorios para a comunidade, o continuo maltrato ao colectivo, dende moitos dos ámbitos da sociedade continúa a ser un grave problema. Unha nova do xornal Faro de Vigo, asegura que os mozos son os principais maltratados pola crise e as distintas políticas actuais. A pesar de que son o colectivo con maiores expectativas de futuro e que teñen todo o necesario para triunfar, carecen de voz para reivindicar un mellor trato. Se esto segue así, como ben indica esta nova, Galicia caerá nun porfundo retroceso social.

          Ligazóns:

          OTERO, M (27 de outubro de 2018) Ludópatas gallegos con solo 18 años. La Voz de Galicia. Recuperado de: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2018/10/27/ludopatas-solo-18-anos/0003_201810G27P3991.htm

          REDACCIÓN (12 de decembro de 2018) Más de 1.200 jóvenes gallegos compiten por convertirse en el “mejor emprendedor” del país. Faro de Vigo. Recuperado de: https://www.farodevigo.es/galicia/2018/12/12/1200-jovenes-gallegos-compiten-convertirse/2015436.html

          EDITORIAL (23 de decembro de 2018) Galicia en deuda con sus jóvenes. Faro de Vigo. Recuperado de: https://www.farodevigo.es/opinion/2018/12/23/galicia-deuda-jovenes/2022048.html

          Gústame

  5. VARELA CORES

    Como comenta Lucía Van Der Mel nesta publicación, téndese a ter unha visión de mocidade aloucada e estereotipada, mesmo cando eses prexuízos non se sosteñen coa realidade que percibimos as persoas que formamos parte dela, nin tampouco os estudos que se realizan sobre as condutas da xuventude.

    Dende os medios deberíase tratar esta tema con maior responsabilidade para non caer en clichés que non benefician a convivencia da sociedade coa xuventude, xa que se transmite unha imaxe adulterada. Porén, xa se está a traballar en mellorar a cobertura da información relacionada coa mocidade, como recolle esta nova, que informa sobre o compromiso adquirido por varios medios e asociacións de xornalistas para evitar os estereotipos. Por outra banda, dende ámbitos alleos á comunicación, tamén se procura derrubar a distorsionada visión que ten o groso da sociedade sobre a xuventude, destacando esta recente iniciativa da FAD (Fundación de Axuda contra a Dogradición) na que propón que, mediante a voz dos mozos e mozas, apoiados nos datos de informes propios e alleos, esta percepción mude cara máis próxima á realidade.

    Asemade, como se recolle no post cando menciona a noticia sobre o desaloxo de pisos de estudantes en Compostela, membros do círculo S3B, Bens Relacionais, teñen comentado que realmente se está sobredimensionando unha problemática que a día de hoxe non é tal, xa que decreceu considerablemente nos últimos anos. Esta afirmación apóiase en declaracións coma a de Ígor Mella, bolseiro da facultade de pedagoxía na USC: “Se lle está dando moito bombo agora a algo que está tendo moita menos transcendencia da que tiña hai anos”. Ígor recordaba que na súa etapa universitaria había moita afluencia ós botellóns, que agora non están permitidos, e causaba máis molestias da que causan agora as festas universitarias.

    Entón, debemos establecer vínculos interxeracionais que rachen con esta imaxe distorsionada sobre a mocidade. Débese volver a tecer unha confianza sobre as persoas máis xoves que están, polo xeral, moi comprometidas e que terán que encarar no futuro grandes retos, coma facerlle fronte ós efectos do cambio climático.

    Ligazóns:

    López, G. (26 de xullo de 2018). Santiago ya no bebe en la calle: la ley para acabar con el botellón llega tarde. El Correo Gallego. Recuperado de:
    https://www.elcorreogallego.es/santiago/ecg/santiago-no-bebe-calle-ley-acabar-botellon-llega-tarde/idEdicion-2018-04-26/idNoticia-1112191

    EFE (6 de maio de 2014). Varios medios de comunicación se comprometen a evitar los estereotipos sobre la juventud. 20 Minutos. Recuperado de:
    https://www.20minutos.es/noticia/2131663/0/medios-comunicacion/acuerdo-evitar-estereotipos/adolescentes-jovenes/

    SPC (28 de febrero de 2019) Rompiendo estereotipos sobre los jóvenes. La Tribuna de Toledo. Recuperado de:
    https://www.latribunadetoledo.es/noticia/Z1C76440E-01AF-0856-4C6333AB67488C45/201902/Rompiendo-estereotipos-sobre-los-jovenes

    Gústame

    1. RIVADULLA LLERAFO

      Ante todo debo dicir que o noso obxetivo foi dende o momento un establecer vínculos interxeneracionais.
      Por outro lado, é verdade o que dis de que se están a establecer medidas e iniciativas para derrumbar o concepto de mocidade actual, pero todavía queda moito por facer. O estudo elaborado polo Instituto de Juventud y el Ministerio de Trabajo y Asuntos Sociales só é un exemplo de moitos que rondan polas redes e que tratan o concepto de mocidade como algo alarmante.
      Debemos mudar isto, informar aos demáis dos problemas que existen e que moitas veces pasan inadvertidos.

      Ligazóns:
      – González Rodríguez, B e Rego Rodríguez, E. Problemas emergentes en la salud mental de la juventud. Instituto de Juventud y Ministerio de Trabajo y Asuntos Sociales. Recuperado de:

      Fai clic para acceder a Problemas_emergentes_en_la_salud_mental_de_la_juventud.pdf

      Gústame

      1. VARELA CORES

        Evidentemente os vínculos interxeracionais son vitais para poder derrubar o concepto errado e estereotipado que se ten sobre a xuventude. Para iso, centrados en Compostela e na vida universitaria, consideramos dunha gran importancia que exista unha boa relación entre a mocidade universitaria e a veciñanza da cidade.

        É importante que a cidadanía compostelá non vexa ó estudantado cunha visión distorsionada e o acabe percibindo coma inimigos, xa que isto prexudica gravemente a comunicación entre ambos e pode levar á conflitividade. Por exemplo, cando o alumnado ven a Santiago para estudar, a gran maioría convive nun bloque de pisos cos residentes habituais da cidade. Moitas veces adóitase ver a chegada de xente nova coma un grave problema. Festas, ruído, horarios intempestivos, visitas inesperadas… Esta pode ser a primeira visión coa que se pode quedar unha persoa cando ve chegar pola porta un grupo de estudantes coas súas maletas nos inicios de setembro.

        Porén, é favorable que coñezan que quenes “aterran” nun novo lugar fano cuns prezos de alugueiro desorbitados, prácticas abusivas por parte de arrendadores e vivendas que rozan a inhabitabilidade. Estas condicións non distan moito das que sofren os que residen de forma habitual nas vivendas compostelás, non existen tantas diferenzas. O principal inimigo que afectan a ambos son a especulación e os pisos turísticos. Débese intentar unha convivencia harmoniosa para lograr integrar á veciñanza en algo tan común como a presencia da mocidade nunha cidade universitaria como é Santiago de Compostela.

        Ligado a iso, remítome a unha declaración recollida no documento que vostede enlaza no que se fala de saúde e enfermidades mentais na mocidade: “Pasan a convertirse en seres desconectados do mundo das relacións sociais, limitándose á conexión a unha realidadade virtual a través da Internet”. Esta conclusión é moi reveladora e insiste na importancia dos bens relacionais, que na vida universitaria se podería paliar cunha maior comunicación cos residentes adultos de Compostela, unha relación física, “real”, sobre todo, cando o que nos afecta é común.

        Ligazóns:

        González Rodríguez, B e Rego Rodríguez, E. Problemas emergentes en la salud mental de la juventud. Instituto de Juventud y Ministerio de Trabajo y Asuntos Sociales. Recuperado de:

        Fai clic para acceder a Problemas_emergentes_en_la_salud_mental_de_la_juventud.pdf

        Calveiro, P. (4 de outubro de 2018). El bum de los pisos turísticos engulle la oferta de viviendas para estudiantes. La Voz de Galicia. Recuperado de: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/santiago/2018/10/04/bum-pisos-turisticos-engulle-oferta-viviendas-estudiantes/0003_201810S4C1995.htm

        Presedo, A. (15 de agosto de 2017). Los estudiantes tendrán que pagar hasta un 10% más por un piso este curso. La Voz de Galicia. Recuperado de: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/economia/2017/08/15/estudiantes-tendran-pagar-10-piso-curso/0003_201708G15P2991.htm

        Gústame

        1. RIVADULLA LLERAFO

          Estou totalmente de acordo contigo. Está claro que o noso traballo consiste en que estos conceptos muden, xa que engloban á xuventude actual e a describen dunha mala maneira, por chamalo dalgunha forma. Sen ir máis alá, aos primeiros que afecta todo isto é a nós.

          Tanto as relacións interxeneracionais como as relacións entre veciños son de gran importancia neste tema. Como ben afirmas, é necesario que os segundos sexan sabedores do que pasamos cada vez que nos incorporamos a vivir nun piso, xa sea aquí ou noutro lugar de España. Ninguén é a excepción. Cantidade de artigos de xornais españois concluén no mesmo: os mozos de hoxe en día non somos responsables, non sabemos beber e tampouco vivir. Chamoume a atención esta nova de eldiario.es que di: “beber hasta coger el punto es divertido”: la frase de un libro de texto que indignó a una madre que ha logrado su retirada.
          Unha vez máis é a educación o factor clave para mudar isto.
          Por outro lado, debo dicir que nin oito de cada dez persoas montan festas no seu piso para chamar a polícia nin todos os veciños teñen unha visión equívoca da xuventude. Obviamente hai casos, pero non todo é como o pintan os medios.

          Queda demostrado, tras a reunión, que os medios non só terxiversan á información senon que en moitas ocasións a difunden mal. Un exemplo é esta nova da Voz de Galicia que informa de que o Consello de Médicos de Castilla e León ve a feminización da profesión como un problema, cando máis ben é unha nova que invita a reflexionar sobre o que está sucedendo.

          Ligazóns:

          – (14 de novembro de 2018). “Beber hasta coger el punto es divertido”: la frase de un libro de texto que indignó a una madre que ha logrado su retirada. Eldiario.es. Recuperado de: https://www.eldiario.es/nidos/libro-alcohol-estudiantes-quejas-madre_0_835717202.html

          – Álvarez,E. (18 de xaneiro de 2019). Cada vez más mujeres en la medicina, ¿un problema? La Voz de Galicia. Recuperado de:
          https://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2019/01/18/feminizacion-medicina-problema/00031547828863428795712.htm

          Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.