As ONGDs: unhas grandes descoñecidas

S1C

Imos desenvolver diferentes puntos ao longo das reunións programadas co círculo. En primeiro lugar, falaremos do papel das ONGDs na sociedade actual e as tarefas que desenvolven. Buscamos indagar no tratamento destas organizacións nos medios e facer unha pequena análise das súas estratexias de comunicación. Outro dos aspectos importantes a tratar é a súa financiación, moi ligada á concienciación, transparencia e implicación da cidadanía nas problemáticas que afrontan. Ademais de todos estes obxectivos, queremos estudar a relación do noso tema co terceiro sector e a súa relevancia no panorama actual.


Dentro do noso círculo contaremos con representantes de distintas ONGDs e con eles analizaremos o noso tema dende o seu testemuño: achegarannos unha visión clara e directa da problemática que  rodea ás organizacións e serán a forma máis directa de coñecer o que son e o que levan a cabo. En segundo lugar, expertos en publicidade e marketing aportarannos información en relación ás estratexias levadas a cabo polas organizacións, os plans que levan a cabo e o tratamento das persoas como reclamo en moitas delas. Por último, falaremos con integrantes do mundo da comunicación, cos que reflexionaremos sobre o tratamento que se fai nos medios das ONGDs.

 

O noso obxectivo final é poder axudar a expandir a mensaxe destas organizacións e lograr sensibilizar á poboación coas diferentes problemáticas que abordan. Para iso estamos barallando diferentes opcións, entre as cales destacamos a gravación dun programa de radio coa participación dos nosos colaboradores.

 

 

Algunhas novas coas que imos traballar no círculo son:

Piñeiro Vilanova, X.M. (04 de xaneiro de 2016). Feijóo recortou nun 64% os fondos para a axuda ao desenvolvemento desde a súa chegada ao goberno. Sermos Galiza. Recuperado de: https://www.sermosgaliza.gal/articulo/social/feijoo-recortou-nun-64-fondos-axuda-ao-desenv olvemento-sua-chegada-ao-goberno/20160104124650043818.html

Piñeiro Vilanova, X.M. (04 de abril de 2017). “A cooperación internacional de Galiza debe ter un carácter propio”. Sermos Galiza. Recuperado de: https://www.sermosgaliza.gal/articulo/social/cooperacion-galiza-debe-ter-caracter-propio/201 70403192639056299.html

Reimóndez Meilán, M. (12 setembro 2015). Crises e crises. Sermos Galiza. Recuperado de: https://www.sermosgaliza.gal/opinion/maria-reimondez/crises-crises/2015091117535404065 8.html

S.B. (16 xuño 2018) “Máis de 3,2 millóns para cooperación no exterior”. El correo gallego. Recuperado de: https://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/mais-3-2-millons-cooperacion-no-exterior/idEdicio n-2018-06-16/idNoticia-1121275/ Riveiro Calviño, S. (06 de abril de 2018). Los gallegos le regalan al fisco once millones que podían ir a fines sociales. El Correo Gallego. Recuperado de:https://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/gallegos-regalan-fisco-once-millones-podian-ir -fines-sociales/idEdicion-2018-04-06/idNoticia-1108623/

Rodríguez Gómez, J.M. (03 de febreiro de 2019). Alejandro Quiñoá: «O noso consumo impacta noutras realidades e ten que ser responsable». La Voz de Galicia. Recuperado de: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/2019/02/03/span-langgl-noso-consumo-impac ta-noutras-realidades-ten-responsablespan/0003_201902S3C7991.htm

Redacción. (05 de decembro de 2017). El voluntariado se duplicó en Galicia en dos años, contra la tendencia estatal. La Voz de Galicia. Recuperado de: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2017/12/05/voluntariado-duplico-galicia-dos-a nos-contra-tendencia-estatal/0003_201712G5P30994.htm

García del Valle, L. (16 de febreiro de 2018). Oxfam y Médicos Sin Fronteras admiten casos de abusos sexuales en sus filiales españolas. La Voz de Galicia. Recuperado de: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/internacional/2018/02/16/oxfam-medicos-fronteras-ad miten-casos-abusos-sexuales-espana/00031518763396948581475.htm

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.