O ensino máis alá dos medios

S1D

No noso círculo trataremos aqueles problemas do sistema educativo aos que non se lles dá a suficiente atención nos medios. Falaremos, por exemplo, das carencias pedagóxicas derivadas do sistema, da visión dos pais sobre a educación dos seus fillos e da atención a persoas con diversidade funcional ou altas capacidades.

O obxectivo que buscamos co proxecto é dar visibilidade a aquilo que podemos atopar día a día no ensino. Farémolo a través dos seus protagonistas, que nos aportarán a súa visión sobre como se vive desde dentro o mundo da ensinanza. Do mesmo xeito, amosaremos a percepción que teñen os proxenitores sobre este asunto.

O noso círculo estará composto por un profesor de instituto, un membro da ANPA, unha orientadora, un exalumno de escola pública e unha exalumna de escola privada. Tentaremos tamén incluír a algún profesional que trate con persoas con diversidade funcional e outro para altas capacidades.

Coa finalidade de materializar as nosas metas configuramos unha proposta de acción. Crearemos unha enquisa de Google na que se debe responder á pregunta: Como sería a túa escola ideal? O enlace a esta enquisa estaría nun post no Observatorio. Dende o grupo difundiriámolo en redes sociais para que a xente poida compartir as súas experiencias no sistema educativo, tanto positivas como negativas.

A idea xurdiu entre os colaboradores, pois todos concordaban en que era necesario que a xente se fixese esta pregunta para así poder darlles a educación que desexaban. Trataríase dun espazo destinado a difundir aquelas ideas que poidan contribuír a mellorar a situación nas escolas ou a dar a coñecer métodos de ensinanza alternativos. Unha vez consigamos un bo número de respostas, elixiriamos as mellores.

No marco da difusión destas respostas, crearemos uns carteis que xunto cos membros do círculo colocaremos pola cidade (nos lugares da rúa nos que estea permitido, en escolas ou en centros de pedagoxía) para que susciten a atención dos asistentes potenciais da páxina. Esta actividade será gravada para o vídeo da acción. Logo, na última reunión os colaboradores comentarán as respostas.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.