Dando voz aos Medios Comunitarios

S2A

A comunicación é un dereito, e os medios comunitarios participan neste exercicio de comunicar á cidadanía, pero dun xeito moi diferente ós medios convencionais ou masivos. Coa nosa proposta sobre medios comunitarios, alternativos e populares queremos  difundir o papel actual que teñen na nosa sociedade, e en adición,  remarcar o que son e o seu funcionamento á cidadanía. Ademais, pretendemos coñecer a  súa opinión con respecto ós medios de comunicación de masas e o tratamento informativo imperante.

Un dos nosos obxectivos principais é dar a coñecer a súa situación a nivel  organizativo, tendo en conta como operan, e tamén como se desenvolve o acceso a eles.

A situación actual destes medios en España é difícil. A Lei Xeral de Comunicación  Audiovisual (LGCA) non é suficiente, xa que o goberno incumpre dende o ano 2011 esta  normativa ó non dotar de licenzas ás radios e televisións xestionadas pola cidadanía. A capacidade de financiamento será un tema importante a tratar, xa que na meirande parte dos casos sérvense de doazóns doutras entidades.

Será interesante escoitar a opinión dos medios comunitarios sobre a participación cidadá e a non profesionalización que adoitan defender, así como as capacidades formativas e de aprendizaxe que teñen estes medios. A rede relacional que establecen este tipo de asociacións con outras entidades ou empresas coas que colaboran e cooperan -as sinerxías- van ser outro dos puntos de mira na nosa investigación.

A importancia destes medios de comunicación radica na pluralidade do xornalismo. Os medios comunitarios ó fin e ó cabo non deixan de ser unha oportunidade máis de difusión das voces de diferentes correntes culturais ou colectivos, que non se ven representadas nos medios masivos, e son chave para entender e coñecer a realidade social en España ou noutros países. Ademais, supoñen un importante instrumento de control ou seguimento das prácticas dos medios de comunicación de masas, xa que son imprescindibles para poder apuntar erros, manipulacións e distorsións, e polo contrario, salientar as boas prácticas e difundir modelos a seguir, conseguindo achegar unha solución á crise de credibilidade á que se someten os medios de comunicación actuais.

As fontes que participen con nós nas reunións de círculos foron seleccionadas por motivos xeográficos -preferencia a medios locais- ou de relevancia para as diferentes temáticas a tratar. Como fontes quixemos ter en conta ós mediadores e mediadoras da comunicación deste tipo de medios (comunitarios, alternativos e populares) cuxas voces non adoitan aparecer nos medios de comunicación habitualmente.

A nosa acción final estaría dirixida cara á creación dun manual de boas prácticas dos medios comunitarios. A partir das reflexións dos círculos e coa axuda dos colaboradores, abordaríamos diferentes cuestións sobre o que se debe facer e o que non, en relación ó tratamento informativo. Tamén expoñeríamos a súa situación actualmente en Santiago de Compostela. O principal obxectivo é a creación dun material divulgativo que poida servir de guía para futuros medios ou para os xa existentes, e tamén dea a coñecer a súa situación na sociedade.

Ligazóns:

Red de Medios Comunitarios. ¿Cómo debe ser la comunicación y la sociedad de la información? Xuño 2018 [consulta: 10 de febreiro de 2019].

Red de Medios Comunitarios. España ignora a los medios comunitarios; Europa, apoya. Febreiro 2019 [consulta: 10 de febreiro 2019].

Red de Medios Comunitarios. Medios comunitarios, clave para el cambio cultural, según los movimientos sociales. Decembro 2018 [consulta: 10 de febreiro 2019].

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.