Canto custa un emprego no xornalismo?

S1B

A precariedade ao longo da vida laboral é un tema do que existe unha conciencia xeral, mais a miúdo o único tratamento que recibe este tema é a través de charlas triviais, mesmo queda apartado dunha hipotética imaxe do futuro. Tamén é un tema coñecido de forma superficial por unha boa parte do alumnado cando decide matricularse neste grao.

A través das xuntanzas que o noso grupo terá ao longo dos próximos meses queremos expoñer ao noso entorno máis próximo, o do alumnado actual e futuro da nosa facultade, as dificultades que atoparán ao longo da súa vida laboral. Tratando de establecer un diálogo aberto entre profesionais de todos os ámbitos do xornalismo, poñeremos sobre a mesa temas de actualidade para obter reaccións, coñecementos e experiencias persoais. Para acadar a máxima pluralidade de medios posibles, e á súa vez facilitar a incorporación ao proxecto de novas persoas, elaboramos unha listaxe de profesionais dos medios públicos, prensa escrita e radio.

Pensamos que é realmente importante traballar con algúns aspectos relacionados coa evolución tanto da sociedade como do oficio de xornalista. Temos a oportunidade de discutir con profesionais como está a mudar o seu traballo diario coas novas tecnoloxías e os cambios na forma de consumir información do público. É posible compatibilizar a calidade que se esixe dunha información xornalística coa inmediatez esixida por internet? Propoñémonos como obxectivo analizar estas mudanzas na profesión e relacionalas coa precariedade, o descenso da calidade dos contidos e as dificultades para saír da redacción e buscar e interpretar feitos.

Por outra parte, as particularidades dun sector como é o do xornalismo non o separan totalmente do resto do espectro laboral. Algúns temas como a temporalidade, a normalización da precariedade xuvenil ou os problemas relacionados cos baixos salarios e o abuso de horarios afectan de forma similar a unha ampla maioría da poboación activa.

Queremos incidir tamén, e continuando co traballo realizado por outros seminarios do proxecto, nas dificultades específicas atopadas ao longo da vida laboral por mulleres no sector. A brecha salarial, a desigualdade nos postos de poder ou o recoñecemento do traballo propio serán temas a traballar e analizar de forma exhaustiva con mulleres xornalistas para que aporten a súa perspectiva propia.

Por último, marcámonos como obxectivo traballar de forma próxima e aberta con profesionais establecidos e conseguir que tanto os actuais como os futuros alumnos deste grao sexan conscientes do que poden atopar no seu futuro laboral. Buscamos traballar de forma conxunta co noso Círculo para atopar formas para chegar aos futuros xornalistas e para dar visibilidade a un tema que é cegado ás veces pola vocación e a ilusión.

Nos medios convencionais, o tratamento que se lle dá a este tema é moi escaso, mais si que puidemos atopar algúns exemplos: primeiramente, a serie de novas que lle dedicou Galicia Confidencial aos recortes en La Voz de Galicia; outro exemplo é a nova que Praza adicou aos Venres Negros da CRTVG; tamén puidemos atopar; tamén en Galicia Confidencial, Elena López, en representación da Asociación de Xornalistas Galegas, fixo estas declaracións en defensa da desigualdade que sofren as mulleres no eido laboral; por último, Eldiario, publicou esta nova amosando que a precariedade se ceba especialmente cos máis novos.

Xa para rematar, o noso círculo pretende rematar este proxecto con algunha acción que lle dea visibilidade a este problema. Estamos a barallar varias opcións, como por exemplo: a gravación dun programa de radio, a elaboración dun vídeo reivindicativo, a organización dun debate… Estando sempre abertos ás propostas que saian das xuntanzas do Círculo.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.