Temos os xornalistas o suficiente coñecemento sobre sexualidade?

BERNARDO VIVERO

Facultade de Dereito da USC

Na sociedade da información a educación sexual non só é escasa, senón que está mal impartida. “A principal fonte de educación sexual que temos ao longo da vida é o porno”, un apuntamento relevante feito por Cinthia Ermitas, membro de Avante LGTBI. Ao xeito, Ian Gundín engade a súa experiencia: “A única charla que tiven no meu instituto foi unha impartida por creo que unhas rapazas que eran membros do Opus Dei”.

Ao fío desta nova de La Voz de Galicia publicada o pasado 17 de maio, Sara Fernández, estudante de filoloxía galega, comenta: “Eu noto moitísimo que somos os que estamos dentro os que estamos cambiando as cousas, quero dicir, os alumnos que viñemos de abaixo. Está saíndo deles e están buscando axuda entre os profesores para poder montar as cousas. Iso é o que ten que cambiar. Que deixe de saír de nós e que empece algo que ten que estar no ensino”.

Un feito moi importante que nos afecta a todos é a boa nova de que a Organización Mundial da Saúde (OMS) retirou a transexualidade da listaxe de enfermidades mentais. Achegámoslles esta noticia publicada por El País o pasado 19 de xuño. Xabier Caruncho, membro da asociación ARELAS non se amosaba moi optimista con esta nova: “Fala da transexualidade como sexo non congruente. Vaia, o colectivo está moi decepcionado por unha razón, agora xa se sabe que a identidade de xénero non ten nada que ver co sexo xenético. Entón, se se sabe que non teñen nada que ver, non ten sentido que estea en ningunha lista, así de simple”. Cinthia apunta: “Tamén, para min por exemplo, é unha estratexia un pouco de darnos un pouquiño unha pílula doce, de colgarte unha etiqueta de tolerante”. Contundente sobre o tema di Ian que lle sorprende o “descaro que teñen as institucións de renome [como a OMS]”.

“A responsabilidade dos medios é a dos propietarios dos medios. Unha cousa é o propietario do medio e outra é o persoal de infantería que sae a partirse a cara tódolos días por aí. Nalgúns medios, por suposto, o colectivo LGTB non existe”. Esa é a reflexión de Isabel Quintairos, ex-xornalista da COPEFala tamén da súa experiencia coa escasa educación sexual dos xornalistas: “Non é a primeira vez que hai que chamar á xente e dicirlle eh, mira quita isto. Porque… isto non significa o que ti pensas”. Anxo Núñez, membro do BNG de Outes, engade: “Os medios de comunicación son o ensino despois do ensino”.

DSC01434.JPG

Moitos xornalistas publican novas en medios, mesmo acudindo a supostos expertos, sen reflexionar sobre os termos nos que escribe. É o caso desta noticia publicada en La Voz de Galicia o pasado ano 2016. “A min o que máis me preocupa disto é que esta nova sexa o primeiro contacto de moita xente coa sexualidade”, comeza Cinthia. Tamén alude, de novo, á responsabilidade do xornalista: “É coma cando vas ao médico, fíaste do que che está dicindo porque para ti é unha autoridade, unha figura que sabe o que fai. Tamén é verdade que en medios sempre temos que sospeitar que a información que lemos teña certa validez”. Sara entende que o tratamento da sexualidade en medios está profundamente banalizado: “Esta é unha cousa moi seria e que non se pode tratar nestes termos, como se a xente puidese levantarse unha mañá e dicir: hoxe son asexual e mañá son outra cousa e así. As cousas non funcionan así”. Isabel apoia esta tese: “Isto que pode ser entendido como unha simple brincadeira, se o pos cos termos subnormal, retrasado e mongolo, a parte de cabrear ás familias, cabrearías á cidadanía en xeral”.

O círculo teno claro, aos e ás xornalistas fáltalles educación sexual. Xabier, alén diso, opina: “Máis alá de formación e información hai que falar de sensibilidade”. Continúa Cinthia: “O que se ve é que no tratamento hai un estilo, un discurso, unha intencionalidade detrás do que se escribe para que o público dixira a información do modo no que os medios queren”. Isabel apunta a unha característica da profesión: “Son os poderes públicos e as empresas as que dirixen aos medios de comunicación. Non existe ningún medio de comunicación puro en ningures. Iso inventouno Goebbels, que era o rei da propaganda, pero supoño que sempre o podes intentar facer un pouco mellor”.  Por último, Anxo destaca: “Aínda que non teñas medios puros, polo menos intentar que entre eses medios non puros haxa unha variedade entre eles. Unha vez que haxa competencia haberá medios que traten mellor ao colectivo, e iso sempre é beneficioso”.

En definitiva como conclusión deste primeiro punto, podemos dicir que a educación sexual non é unha faceta especialmente desenvolvida dentro do xornalismo por varios motivos, tales como a liña editorial do medio ou, simplemente, o descoñecemento do profesional acerca do tratamento que a comunidade LGTBI debe recibir nos medios.

Conversaron connosco:

  • Xabier Caruncho, membro da Asociación ARELAS.
  • Cinthia Ermitas, estudante de Educación Social e membro de Avante LGBT.
  • Sara Fernández, estudante de Filoloxía.
  • Ian Gundín, estudante de Filosofía.
  • Anxo Núñez, membro do BNG de Outes.
  • Isabel Quintairos, ex-xornalista da COPE.

Ligazóns

Álvarez, E. (17 de maio de 2017). Al menos 12 centros educativos gallegos activaron el protocolo de transexuales. La Voz de Galicia. Recuperado de: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2017/05/17/12-centros-educativos-gallegos-activaron-protocolo-transexuales/0003_201705G17P33993.htm

De Benito, E. (19 de xuño de 2018). La OMS saca la transexualidad de la lista de enfermedades mentales. El País. Recuperado de: https://elpais.com/internacional/2018/06/18/actualidad/1529346704_000097.html

Méndez, E. (12 de novembro de 2016). Diccionario del sexo. La Voz de Galicia. Recuperado de: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/yes/2016/11/12/diccionario-sexo/0003_201611SY12P20991.htm

 

8 comentarios en “Temos os xornalistas o suficiente coñecemento sobre sexualidade?

  1. Suxerente artigo polo irónico, pero verdadeiro que é. Os xornalistas non teñen tempo para outras filias que o proprio xornalismo (no que, ademais, actuan cunha impericia análoga, diría eu) e os empresarios da información aproveitan para meterche o poder e os prexuizos na cama e o medo no corpo (a perversidade viciada e burguesa da súa mirada). A diversidade de recoñecer (se) (n)o corpo (máis aló da tolerancia) ou a formación no sexo que cada un imaxina ter ou ten de seu é un texto agachado nas entreliñas da información xudicial, policial, política, social, económica, … e que representa prexuizos morais ou crenzas sustentadas na dominación. Entrementes, o discurso de dominación persiste, fornece a discriminación e imposibilita o recoñecemento e o diálogo, xerando fendas e estragos que sobordan xa a violencia simbólica, como se quixeran provocar primeiras portadas da agresión constante, que, mágoa, é a que vende xornais e force programas de cháchara. Porno.

    Gústame

    1. Por certo, fáltame saber que acción pode promover o círculo contra desto. Lembro que é necesario propor e discutir para planear e facer visibles estes acordos.

      Gústame

  2. Con respecto ao tratamento da sexualidade nos centros educativos existe unha opinión case unánime: a información que os mozos e mozas reciben é insuficiente. Neste artigo de eldiario.es explícase que a educación sexual no noso país non conta cunha regulación, polo que está nas mans de cada escola a súa inclusión. Para cambiar isto, existe un proxecto pioneiro creado polo Goberno de Navarra que busca implicar tanto ós docentes como ás familias dos menores e a través do cal a educación sexual comezará a chegar aos estudantes dende idades máis novas das que agora mesmo estamos afeitos. Aquí, adxuntamos a páxina web do Departamento de Educación do Goberno de Navarra onde se estipula que é exactamente este plan.

    Por outro lado e tendo en conta o papel que teñen os medios de comunicación á hora de dar visibilidade a diferentes colectivos, hai un interesante artigo na páxina web da fundación Gabo no que se explican as pautas que debemos seguir á hora de tratar un tema tan tabú como é o do sexo e a sexualidade.

    LIGAZÓNS

    REMACHA, B. e ARIZTEGI, M. M. (13 de febreiro de 2019). España suspende en educación sexual: “Los jóvenes buscan información y si no se la das, irán a Internet y al porno”. eldiario.es. Recuperado de: https://www.eldiario.es/sociedad/Educacion-sexual-clase-jovenes-informacion-porno_0_867214126.html” rel=”nofollow”>España suspende en educación sexual

    Goberno de Navarra. Skolae Berdin Bidean Creciendo en Igualdad. Goberno de Navarra. Recuperado de: https://www.educacion.navarra.es/documents/27590/1325202/SKOLAE_Triptico_CAS.pdf/57da9a3a-f136-576f-f3f1-c8480fa620f9

    Periodismo en salud. (21 de outubro de 2016). Hablemos de sexo. El periodismo en salud y la información sobre sexualidad. Fundación Gabriel García Márquez para el nuevo periodismo iberoamericano. Recuperado de: https://fundaciongabo.org/es/blog/periodismosalud/hablemos-de-sexo-el-periodismo-en-salud-y-la-información-sobre-sexualidad

    Gústame

    1. BLANCO PRADA

      A educación sexual é unha materia pendente nas aulas españolas, iso é innegable. Porén, de existir unha lei sobre a educación sexual, este problema non se resolvería tan facilmente. Para educar aos nenos, primeiro hai que educar aos profesores e iso leva un tempo. Ademais, esta educación non debería terminar no colexio, debería persistir durante a universidade, e facelo con maior intensidade.

      Neste sentido e se falamos de Galicia, non estamos na mellor situación; tan só a Facultade de Ciencias de Educación do Campus de Ourense conta cunha materia específica de sexualidade, aínda que sexa optativa. Para que haxa un cambio real hai que formar a quen forma e darlle a importancia que merece ao longo de todo o percorrido estudiantil, como explica María Lameiras, doutora en Psicoloxía.

      Os medios, en termos de sexualidade, non sempre acertan e, ademais, adóitanse aliar coa morbosidade e o teatro. A pesar disto, nalgúns casos visibilizan proxectos e dan información de calidade. Por exemplo, falan sobre o manual de Orientaciones técnicas internacionais sobre educación en sexualidade da UNESCO, ou sobre a páxina web Aurateen, unha comunidad dixital que fai ás veces de consultorio sexual en Tanzania.

      LIGAZÓNS

      Bertelli, M. (15 de marzo de 2019). Tanzania y el tirón de la educación sexual online. El País . Recuperado de: https://elpais.com/elpais/2019/03/14/planeta_futuro/1552566029_219742.html

      S.A. (10 de xaneiro de 2018). Las Naciones Unidas instan a aplicar un enfoque amplio en la educación sexual. UNESCO . Recuperado de: https://es.unesco.org/news/naciones-unidas-instan-aplicar-enfoque-amplio-educacion-sexual

      Portalatín, B. (31 de xaneiro de 2014). Se habla mucho de sexo, y poco de sexualidad. El Mundo . Recuperado de: https://www.elmundo.es/salud/2014/01/31/52eb88fde2704e5d3c8b4571.html

      León Larios, F. (16 de marzo de 2019). Sexualidad y adolescencia: mucho porno y poca educación. El Periódico . Recuperado de: https://www.elperiodico.com/es/the-conversation/20190316/sexualidad-y-adolescencia-demasiado-porno-y-poca-educacion-articulo-opinion-fatima-leon-larios-7358369

      Gústame

      1. GARCÍA RODRÍGUEZ

        Para que a educación sexual chegue ás aulas e aos medios de comunicación da forma máis correcta posible, é necesario, como comentades, crear unha lei de educación sexual e educar aos docentes. Iso xa se debateu noutros países, como é o caso de Arxentina, onde no ano 2008, se creou o Programa Nacional de Educación Sexual Integral. Trátase dun programa educativo establecido polo Ministerio de Educación do país. Con el distribuíronse materiais educativos a todas as xurisdicións entre os anos 2009 e 2010 según se indica na páxina web do Goberno arxentino.

        Deste xeito, quizáis deberiamos plantexarnos a necesidade de tomar exemplo doutros países, observar os seus resultados e tratar de mellorar as vidas das novas xeracións a través da educación e axudándonos das ferramentas das institucións públicas.

        LIGAZÓNS

        Goberno de Arxentina. Elaboración de materiales educativos. Goberno de Arxentina. Recuperado de: https://www.argentina.gob.ar/educacion/esi/historia/materiales

        ALONSO, F. (21 de decembro de 2018). Educación sexual, una necesidad social. Noticias de Navarra. Recuperado de: https://www.noticiasdenavarra.com/2018/12/21/opinion/cartas-al-director/educacion-sexual-una-necesidad-social#Loleido

        Gústame

        1. BLANCO PRADA

          A leis son necesarias para regular unha sociedade pero de nada serve aplicar unha lei e logo non levala a cabo. Un exemplo digno de enmarcar é o do caso arxentino do que ti falas.

          A lei reza: “Todos os educados teñen dereito a recibir educación sexual integral nos establecementos educativos de xestión estatal e privada.” Ademais, pretendíase acabar cos estereotipos e promover o respecto, entre outros obxectivos. Nada de todo isto se fixo realidade e a lei está moi lonxe de marcar unha diferenza na sociedade arxentina. Os números confirman a situación: só a metade de alumnos coñecen a existencia da mesma e o 79% destes considera que lles falta educación sexual, xa que os contidos ensinados están centrados maioritariamente en temas biolóxicos, algo co que concorda o 86% do estudantado. Pola súa parte, os mestres tampouco o teñen fácil ao non recibir educación relacionada con estes cambios: só a metade deles tiveron esa sorte.

          Arxentina, o país con máis casos de VIH en América Latina e onde o 15% de nacementos pertencen a nais adolescentes desde hai 25 anos, non pode presumir de Educación Sexual Integral e moito menos de ser un exemplo dunha boa lexislación deste carácter. Máis ben é un toque de atención a outros países, pois isto é o que pasa cando aprobamos a lei ás présas, sen ter en conta á sociedade e aos medios que imos ter que utilizar para que se produzan cambios. Isto é o que pasa cando non ensinamos a ensinar, que toda oportunidade de mellora redúcese a papel mollado.

          LIGAZÓNS

          Rista, O. (13 de setembro de 2018). Educación sexual en todos los colegios, obligatoria y laica. infobae . Recuperado de: https://www.infobae.com/opinion/2018/09/13/educacion-sexual-en-todos-los-colegios-obligatoria-y-laica/

          Fernández, M. (5 de agosto de 2018). Educación sexual integral: la realidad de la ley de la que mucho se habla, pero poco se cumple. infobae . Recuperado de: https://www.infobae.com/educacion/2018/08/05/educacion-sexual-integral-la-realidad-de-la-ley-de-la-que-mucho-se-habla-pero-poco-se-cumple/

          Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.