Cal é a visión do ensino nos medios?

S1D

Libraría Couceiro

Nesta primeira reunión táronse diferentes temas referentes ó ensino, mais, para comezar, veremos as reflexións dos participantes sobre o tratamento dos medios neste sector. Coincidiron en que as noticias máis destacadas son negativas (La Voz de Galicia, 26-02-2019) e o que máis presenza ten na prensa é a política (20 minutos, 15-02-2019).

De forma paralela, os temas que de verdade preocupan ao alumnado e aos profesionais do ensino son ignorados. Ademais, reparouse na morbosidade (El Correo Gallego, 31-12-2016) inseparable dos medios, que tamén é visible neste ámbito. Así, deixamos unha pequena análise do tratamento informativo do ensino desde a perspectiva dos que viven dentro del.

Acción

Darlle voz ás inquedanzas reais do mundo da ensinaza será un dos obxectivos que se intentarán cumprir mediante a acción que realizaremos. É importante dar a coñecer os temas que quedan ocultos nos medios para que, entre todos, poidamos buscar solucións e compartir experiencias .

Bibliografía

La Voz. (26 de febreiro de 2019). La CIG denuncia la falta de vacantes para profesorado sin perfil bilingüe. La Voz de Galicia. Recuperado de: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/ourense/2019/02/26/cig-denuncia-falta-vacantes-profesorado-perfil-bilingue/00031551176972984589814.htm

Riveiro, S. (31 de decembro de 2016). Seis mil alumnos gallegos de ESO sufren el ‘bullying’. El Correo Gallego. Recuperado de: https://www.elcorreogallego.es/tendencias/el-correo2/ecg/seis-mil-alumnos-gallegos-sufren-bullying/idEdicion-2016-12-31/idNoticia-1034624/

EP. (15 de febreiro de 2019). Carmen Pomar ve el sector educativo “harto de reformas” y reivindica el Pacto de Estado: “Algo estamos haciendo mal”. 20 minutos. Recuperado de: https://www.20minutos.es/noticia/3563887/0/carmen-pomar-ve-sector-educativo-harto-reformas-reivindica-pacto-estado-algo-estamos-haciendo-mal/

15 comentarios en “Cal é a visión do ensino nos medios?

  1. SANTAMARINA VÁZQUEZ

    Nos medios de comunicación, trátanse as carencias de mobilidade no ámbito escolar como problemas illados dunha única rúa o un colexio determinado. Pero realmente é un inconveniente global, debido ao mal estado das estradas e beirarrúas. Os medios tratan o acoso escolar con morbosidade, ao igual que o camiño á escola que tende a sensibilizarse e individualizarse.

    Todos os nenos enfróntanse a trabas á hora de chegar e saír da escola, incluso os que fan uso do transporte escolar. Déixovos unha nova que pode ser interesante, xa que relaciona o ensino e o tráfico. A mobilidade non só ocasiona problemas para os colexios, senón tamén para os estudantes de secundaria e os universitarios. Por exemplo, en Santiago, as frecuencias da liña 15 non cobren as necesidades dos universitarios.

    Os pais e nais que deciden levar aos seus fillos ao colexio no seu propio vehículo non teñen ningún tipo de axuda e enfróntase ao tráfico que se aglomera na entrada das escolas. Esta dificultade faise maior para os alumnos que diariamente veñen das aforas ou das localidades próximas a Santiago de Compostela. Como conclusión, o tráfico supón un problema esencial, tanto para a mobilidade como para o ensino, dificultando a vida cotiá das persoas. Como se pode canalizar o tráfico preto das escolas para evitar posibles riscos para os nenos e nenas?

    Ligazóns:

    Calveiro, P. (12 de novembro de 2018). «Non conseguimos ir en bus ao campus norte porque vai cheo e xa nin para». La Voz de Galicia. Recuperado de https://galego.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/santiago/2018/11/12/span-langglnon-conseguimos-ir-bus-ao-campus-norte-vai-cheo-xa-nin-span/0003_201811S12C3991.htm

    Redacción (15 de maio de 2008). El caos del tráfico en los colegios llega al Valedor. El Correo Gallego. Recuperado de https://www.elcorreogallego.es/santiago/ecg/caos-trafico-colegios-llega-valedor/idNoticia-300491

    Vilar, M. P. (s. f.). A odisea de entrar e saír dos colexios. La Voz de Galicia. Recuperado de https://galego.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2019/01/25/odisea-entrar-salir-colegios/00031548419473606103796.htm

    Gústame

    1. PÉREZ PEDROUZO

      Hai moitos aspectos a mellorar no ámbito do ensino e a situación dos alumnos con problemas de mobilidade é sen ningunha dúbida un deles. Por suposto que as escolas, así como os accesos a elas, deberían contar coas infraestruturas e recursos necesarios para facilitar a vida escolar destes alumnos, mentres que todos os mestres deberían contar coa formación suficiente para poder tratar e axudar ás persoas que presenten máis complicacións. Porque cando isto non se cumpre, atopámonos con escenarios realmente lamentables. A proposta de acción do noso círculo procura darlle voz ás ideas das persoas para solucionar este tipo de problemas e intentar crear un mundo da ensinanza no que todos poidan desenvolverse en igualdade independentemente da súa condición.

      Alternativas e propostas hai moitas: abrir máis liñas de transporte público para que ninguén se quede sen poder coller un bus, intensificar os controis de tráfico para garantizar a protección dos nenos que van ao cole, etc. O que temos que intentar facer é poñer de manifesto estas ideas e buscar que non queden só no papel, que realmente sirvan para cambiar as cousas.

      Ligazóns:

      Torres, M. (13 de marzo de 2019). Una escolar con huesos de cristal, a clase a la pata coja en Tomiño. La Voz de Galicia. Recuperado de:
      https://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/tomino/2019/03/13/ascensor-tomino/00031552469799181155339.htm

      Montero, T. (18 de marzo de 2019). Universitarios gallegos con discapacidad: «No he encontrado dónde poder hacer las prácticas». La Voz de Galicia. Recuperado de: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2019/03/18/encontrado-donde-poder-practicas/0003_201903G18P7991.htm

      Gústame

      1. SANTAMARINA VÁZQUEZ

        En todos os ámbitos, na mobilidade e no ensino incluídos, hai boas ideas de mellora que a hora da verdade non se levan a cabo. Por isto, é importante que a xente e as organización comprométanse para tratar de satisfacer as necesidades dos cidadans. Vexo moi interesante calquera proposta que vaia a favor da igualdade entre os individuos, neste caso no ensino, polo que considero moi enriquecedora a vosa idea. É crucial que como futuros xornalistas demos voz aos que non a teñen, polo que é un bo enfoque para o proxecto.

        Creo que o primeiro paso para solventar os problemas no ensino, tanto no acceso as escolas como a igualdade dentro delas, é empezar polo ámbito local. Por exemplo, un mestre que se implique cos alumnos que teñan calquera tipo de dificultade ou unha ANPA que reivindique, pero tamén vote unha man nas tarefas que os colexios teñen máis problemas para solucionar pola falta de persoal.

        Por poñer un caso concreto, no CEIPP de Palmeira (Ribeira) a ANPA participou activamente nun ciclo sobre o acoso escolar. Dende o curso 2018/2019, a formación sobre a prevención sobre o consumo de drogas impártese nos colexios a partir dos cinco anos, educando aos máis pequenos sobre os problemas sociais dende ben cedo. Isto demostra unha vez máis a importancia da implicación de todas as partes co obxectivo de mellorar o ensino. Relacionando a mobilidade coa educación é moi importante que a formación sobre seguridade viaria dende temprana idade para evitar posibles riscos.

        Ligazóns:

        Gómez, J. (21 de marzo de 2018). Al menos cuatro colegios públicos tienen exceso de demanda para aulas de 3 años. La Voz de Galicia. Recuperado de https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/santiago/2018/03/21/cuatro-colegios-publicos-exceso-demanda-aulas-3-anos/0003_201803S21C1993.htm

        Gómez, J. (17 de agosto de 2018). La prevención de las drogas empezará en colegios de Santiago antes de la ESO. La Voz de Galicia. Recuperado de https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/santiago/2018/08/17/prevencion-drogas-empezara-colegios-santiago/0003_201808S17C4991.htm

        Souto, S. (20 de marzo de 2019). Charla sobre a comunicación positiva no colexio palmeirán. El Correo Gallego. Recuperado de https://www.elcorreogallego.es/area-de-compostela/ribeira/ecg/charla-comunicacion-positiva-no-colexio-palmeiran/idEdicion-2019-03-20/idNoticia-1172238/

        Liked by 1 person

        1. PÉREZ PEDROUZO

          Dende logo, o ensino é a base de todo. Dentro do ámbito escolar hai moito que se podería facer para conseguir crear un mundo mellor para as persoas con problemas de mobilidade. Se comezamos por ensinarlle aos nenos a comprometerse e axudar ás persoas que debido ás súas condicións non contan coas mesmas facilidades que eles, poderemos construír unha sociedade que se preocupe moito máis por facer o mundo máis accesible para este colectivo tan maltratado na actualidade. Hai que conseguir que a situación destas persoas sexa visibilizada e que a poboación adquira conciencia sobre que cousas que se adoitan dar por garantizadas, tales como poder entrar a un edificio ou coller un transporte público son unha auténtica odisea para miles cada día.

          Unha vez sexa logrado isto, o segundo paso é pasar á acción e levar a cabo iniciativas que permitan que a igualdade sexa unha realidade: mestres implicados, plans educativos, manifestacións para conseguir realizar reformas…opcións hai moitas, pero a meta é unha soa: que todas as persoas teñan as mesmas posibilidades independentemente da súa condición.

          Ligazóns:

          EP (20 de marzo de 2019). Alumnos del CEIP As Fontiñas urgen actuaciones en accesibilidad, igualdad de oportunidades y para una escuela inclusiva. Galiciapress. Recuperado de: https://www.galiciapress.es/texto-diario/mostrar/1360889/alumnos-ceip-as-fontinas-urgen-actuaciones-accesibilidad-igualdad-oportunidades-escuela-inclusiva

          Redacción (10 de noviembre de 2018). Educación busca una solución para la niña de Laxe que se quedó sin transporte adaptado. La Voz de Galicia. Recuperado de:
          https://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2018/11/10/educacion-busca-solucion-nina-laxe-quedo-transporte-adaptado/0003_201811G10P5992.htm

          Gústame

  2. QUINTILLÁN POZA

    É certo que nos medios estamos acostumados a ler noticias negativas sobre o ámbito do ensino. O acoso escolar e o fracaso nas aulas está presente nos centros e, por tanto, nos xornais que lemos habitualmente. Ademais, a crítica ao sistema educativo do noso país é unha das constantes entre pais e alumnos. Destacan a pouca innovación nos métodos de ensino e a retención de información como base do estudo. En definitiva, un sistema que non fomenta aspectos chave como a creatividade e a autonomía.

    O que se ve nos medios de comunicación é o resultado do descontento xeral que existe nos estudos superiores. A maioría das novas realizan unha serie de comparativas con outros países que teñen outros métodos de traballo. España é un claro exemplo de que existe unha burocracia na universidade pública, e isto é prexudicial para profesores e alumnos. Ademais, a morbosidade das novas fai que, en ocasións, o mundo universitario quede reducido a simples cifras e gráficos que xeran expectación nos lectores, pero que non aportan ningunha solución.

    É certo que existen algunhas novas que conteñen posibles melloras que debería acadar a universidade. Trátase de ideas que intentan adaptar o ensino ao século no que vivimos, xa que existe un descontento pola falta de innovación nos métodos actuais. Dáselle importancia á cultura, ao traballo en equipo e á conexión coa sociedade, polo que é vital a relación entre o estudantado e o profesorado para establecer un bo ambiente de traballo nas aulas. É necesario establecer un equilibrio entre os erros no ensino e os posibles proxectos que se poidan desenvolver para mellorar a situación do estudantado. Como comentaban os membros do círculo, en moitos centros realízanse proxectos que deberían ser máis visibles, pois é fundamental ter referencias positivas. Un exemplo son as charlas sobre o acoso escolar, que serven para concienciar ao alumnado xa dende pronta idade. A educación atópase nun cambio constante, e é imprescindible adaptar estes procesos no ensino, pero tamén no ámbito da comunicación.

    Ligazóns:

    Barnés, H. (12 de decembro de 2018). Brecha en la universidad: las comunidades donde es más caro (y barato) estudiar. El Confidencial. Recuperado de: https://www.elconfidencial.com/alma-corazon-vida/2018-12-12/universidad-cifras-credito-cataluna-galicia_1699498/

    Silió, E. (19 de marzo de 2019). Diez poderosas ideas para reiniciar la Universidad. El País. Recuperado de: https://elpais.com/sociedad/2019/03/18/actualidad/1552912617_709948.html

    Vera, S. (18 de marzo de 2019). Qué pasa en la universidad: “Se pasa más tiempo rellenando papeles que enseñando”. El Confidencial. Recuperado de: https://www.elconfidencial.com/alma-corazon-vida/2019-02-18/universidad-espanola-burocracia-docencia_1823582/

    Gústame

    1. LÓPEZ VÁZQUEZ

      É necesario dar visibilidade aos problemas que existen nos centros educativos. O bullying ou a homofobia son moitas veces constantes, pero con máis exemplos (canto máis morbosos, mellor) os medios non crean un cambio. Cando sae unha noticia “horrible” fálase durante dous días e despois a cidadanía olvídao. Ofrecer solucións é moi importante, e quizáis aquí é onde entra a labor de visibilizar a labor dalgúns docentes e actos puntuais que poden deixar de selo. Pensamos que nesta difusión pode estar o segredo do cambio.

      Outro dos problema s que nos atopamos á hora de falar do tratamento dos medios en relación ao ensino é centrarse nos números. É unha das queixas que expuxestes, porque así como a sociedade o fai, refléxase nos medios informativos. Noticias que só falan do informe PISA, ou que se comparan o noso país con outros do arredor só incrementan a sensación de que os cálculos son o único de interese. Son novas que sen ser de grande utilidade para xerar un cambio, aumentan a presión nos docentes, nas familias e especialmente no alumnado.

      As novas que non son negativas nin falan de números atópanse no outro extremo, no da excelencia. Falan de casos específicos, de plenos en selectividade ou de notas sen marxe de erro. Pensamos que está ben darlles o seu espazo, pero que non ocupen todo o espectro comunicativo. A maioría dos alumnos non sacan deces, ese ideal co que nos fan obsesionarnos, pero a empatía, a intelixencia emocional, o pensamento crítico… non se poden medir con números.

      Montero, M. (11 de julio de 2018). Las alumnas con mejor nota en selectividad “La capacidad de la mujer está menospreciada”. El País. Recuperado de: https://elpais.com/politica/2018/07/10/actualidad/1531245051_667059.html

      Montero, S. (11 de novembro de 2015). La plumofobia y otras formas de homofobia en el colegio. El Mundo. Recuperado de: https://www.elmundo.es/yodona/2015/11/11/562659e5e2704e6b0b8b45dc.html

      Stegmann, J. G. (21 de novembro de 2017). Informe PISA: España suspende en la capacidad de los alumnos para resolver problemas en equipo. ABC. Recuperado de: https://www.abc.es/sociedad/abci-informe-pisa-espana-suspende-capacidad-alumnos-para-resolver-problemas-equipo-201711210812_noticia.html

      Liked by 1 person

      1. QUINTILLÁN POZA

        A crítica ao sistema educativo no noso país está á orde do día. Como dis, os medios de comunicación ofrecen, en numerosas ocasións, unha visión do ensino que non aporta ningunha solución ás deficiencias do sistema educativo actual. A pesar de que a educación está en mans do persoal docente, os medios inflúen nas nosas ideas e costumes, polo que tamén teñen parte da responsabilidade. Esta responsabilidade acentúase cando se tratan temas tan delicados como o acoso escolar.

        Como deberían actuar os medios ante os casos de bullying? Ademais de expoñer as charlas e xornadas educativas que se dan nos centros de ensino, é preciso que saia á luz o impacto que causa o acoso escolar na saúde do alumnado. Aínda que sexa algo evidente, os medios tamén xogan un papel importante na concienciación, difundindo contidos máis didácticos. Segundo UNICEF, polo menos dous estudantes por aula sofren acoso escolar ou violencia en España. Non só estamos ante casos de bullying nos centros, senón que aparece o acoso polas redes sociais ou ciberbullying.

        Concordando co teu argumento, os medios soen destacar a alumnos que sobresaen nas súas cualificacións, e moitas veces a excelencia convírtese nun obxectivo para o alumnado. O círculo de Bens Relacionais comentaba, en base a unha nova de La Voz de Galicia (25 de xullo de 2016), que agora hai unha competitividade que hai anos atrás non existía. Creouse unha tendencia individualista que, a pesar de que moitas veces está agochada, fai que o estudantado se esixa máis do que pode dar.

        Ligazóns:

        «Antes había más compañerismo y mucha menos competitividad» (25 de xullo de 2016). La Voz de Galicia. Recuperado de: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/santiago/2016/07/25/habia-companerismo-competitividad/0003_201607S25C8994.htm

        Otero, M. (29 de xaneiro de 2019). El «bullying» puede causar cambios en el cerebro y patologías mentales. La Voz de Galicia. Recuperado de: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2019/01/29/bullying-puede-causar-cambios-cerebro-patologias-mentales/0003_201901G29P24992.htm

        Portabales, P. (22 de decembro de 2018). Un programa contra el «bullying». La Voz de Galicia. Recuperado de: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/coruna/2018/12/21/programa-contra-bullying/00031545413230939703894.htm

        Gústame

        1. LÓPEZ VÁZQUEZ

          No noso círculo concordan coa grande responsabilidade dos medios, que son moitas veces os que crean a opinión sobre un tema na sociedade, e a educación non é unha excepción. É certo que é necesario visibilizar o bullying, e as demais problemáticas das aulas. Porque non son “problemas de nenos”, senón que algúns casos incluso teñen fins tráxicos.Pero é tamén certo que nestes sucesos é moi necesario desvincularse do morbo e buscar unha solución.

          É aquí onde se reclama que ademáis de contar as dificultades no ensino, se difundan as noticias “positivas”. Porque é nos exemplos concretos: unha nova metodoloxía dun profesor, a adaptación dun colexio as dificultades dalgúns alumnos… onde esta divulgación nos beneficia a todos. É necesario propagar a problemática ou a historia, pero tamén a súa resolución, como se sae deste conflito para que poida axudar a todos os sectores educativos: profesores, familias e alumnos.

          Ligazóns:

          Redacción. (2 de abril de 2019). Muere una niña de 10 años tras una pelea en su escuela: ¿nuevo caso de bullying? Univision. Recuperado de: https://www.univision.com/noticias/criminalidad/muere-una-nina-de-10-anos-tras-una-pelea-en-su-escuela-nuevo-caso-de-bullying

          Redacción. (2 de abril de 2019). Mamá de niño Asperger acusa bullying en el colegio “Solo quiere que lo dejen tranquilo”. La región de Coquimbo. Recuperado de: http://www.diariolaregion.cl/mama-de-nino-asperger-acusa-bullying-en-el-colegio-solo-quiero-que-lo-dejen-tranquilo/

          Gústame

  3. RIAL BREA

    Os medios de comunicación ofrecen, en numerosas ocasións, unha visión extremista do mundo do académico. Isto tamén se estende ao campo universitario, pois existen novas extremadamente positivas que expoñen unha universidade na que todo vai ben, un sistema educativo retratado como sinónimo de perfección. No lado oposto están as novas desoladoras sobre as posibilidades de non atopar traballo ao rematar a carreira, as novas de como moitas mentes marabillosas do ámbito científico se atopan fregando pratos e as saídas masivas a outros países na busca de traballo.

    Cabe destacar unha nova da Voz de Galicia, que se fixo viral en moitas redes socias polo, baixo o meu criterio, erróneo titular: “Ellos son adolestreinta”. A nova retrata os trinta coma os novos vinte, persoas que non teñen fillos e que non están atadas e que non teñen contrato fixo. O que enmascara esta nova, tinguida de excesiva positividade é un sociedade que cada vez ten traballos máis precarios e menos medios para desenvolver plans como a obtención dunha vivenda.

    Ante este panorama que se move na irrealidade cabe plantexarse a seguinte pregunta: en quen recae a responsabilidade de que se retrate a verdadeira situación educativa actual? Como se pode mellorar esta situación?

    Ligazóns:

    Silvosa, N. e García, P. (11 de marzo de 2019). Ellos son adolestreinta. La Voz de Galicia. Recuperado de: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/yes/2019/03/09/adolestreinta/0003_201903SY9P8991.htm

    Fita, J. (27 de febreiro de 2019). La UB, la universidad española más completa. La Vanguardia. Recuperado de: https://www.lavanguardia.com/vida/20190227/46700815764/ranking-qs-ub-universidad-espanola-mas-completa.html

    Arroyo, J. (15 de marzo de 2019). Nueve de cada 10 médicos que se fueron al paro en febrero son graduados. Redacción médica. Recuperado de: https://www.redaccionmedica.com/secciones/sanidad-hoy/nueve-de-cada-10-medicos-que-se-fueron-al-paro-en-febrero-son-graduados-2789

    Gústame

    1. SOUTO IGLESIAS

      A responsabilidade cae nos xornalistas, así como nos gobernos e organismos autonómicos, pois son eles quen teñen o poder de decidir que sae e que non nos medios. Pero non creo que no caso do mundo universitario a situación que mostran os medios sexa tan afastada da realidade.

      Hai noticias extremadamente positivas que din que o nivel educativo é moi bo -porque así é-, pero ao mesmo tempo isto non evita que exista o fracaso ou o desemprego ao rematar a carreira. Isto é unha realidade, pois España presenta un déficit de titulados en Formación Profesional que leva a que moitas persoas con titulación universitaria desempeñen traballos para os que están sobrecualificados.

      É este un dos maiores problemas na educación a nivel universitario e os medios si que lle están dando visibilidade. Quen parece non aportar solucións neste caso é o Goberno, tanto autonómico como estatal. Se ben se precisa dar unha maior cobertura a este tipo de ámbitos de ensinanza, coido que dentro do espectro educativo a realidade universitaria é a que goza de maior importancia e difusión nos medios de comunicación. Nunca se fala das persoas que cursan FP ou dos mellores centros, pero si das mellores universidades ou das notas de corte das carreiras. O mesmo acontece nos niveis máis temperás do ensino, que rara vez aparecen como tal nos medios.

      LIGAZÓNS:

      Munera, I. (18 de xullo de 2018). El mercado cada vez necesitará más perfiles técnicos de FP y menos universitarios. El Mundo. Recuperado de: https://www.elmundo.es/economia/2018/07/18/5b4e2a38ca4741891f8b45d9.html

      LaSexta.com. (14 de setembro de 2018). España, líder europeo en número de trabajadores sobrecualificados: cerca de cuatro de cada diez universitarios no ocupa el puesto de trabajo para el que se formó. La Sexta. Recuperado de: https://www.lasexta.com/noticias/sociedad/espana-lider-europeo-en-numero-de-trabajadores-sobrecualificados-cerca-de-cuatro-de-cada-diez-universitarios-no-ocupa-el-puesto-de-trabajo-para-el-que-se-formo_201809145b9bb3130cf23639afba959a.html

      Redacción. (2 de abril de 2019). La Xunta permitirá que las universidades amplíen sus plazas. La Voz de Galicia. Recuperado de: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/educacion/2019/04/02/xunta-publica-requisitos-universidades-amplien-plazas/00031554204072990549818.htm

      Gústame

      1. RIAL BREA

        Creo que a responsabilidade non recae tanto na figura do ou da xornalista, moitas veces o problema tamén se atopa nas novas que a xente quere ver e na presión constante á que se somete ó traballador ou traballadora que pertence a un sector altamente controlado e censurado. Sí estou de acordo nun punto, o goberno e os organismos autonómicos teñen parte da culpa e deben apostar por un xornalismo libre, esa é a clave da cuestión.

        Ao meu parecer non creo que a educación en España sexa brillante e considero que queda moito camiño por percorrer. Os nenos e nenas que nacen en familias pobres non teñen as mesmas oportunidades que unha criatura dunha familia con máis poder adquisitivo, esta é unha realidade en España, considero que a día de hoxe esta problemática debería estar máis que superada, todos os nenos e nenas deberían ter as mesmas oportunidades, independentemente da súa procedencia. Este factor di moito das carencias do sistema. Tamén podemos sumar as múltiples tarefas ás que se enfrontan os nenos neste país, unha sobrecarga remarcable para xente tan nova.

        Enlaces:

        LaSexta.com. (27 de marzo de 2019). El ascenso social en España está paralizado: estos son los efectos negativos que sufren los ciudadanos. La Sexta. Recuperado de: https://www.lasexta.com/programas/el-intermedio/revista-medios/el-ascenso-social-en-espana-esta-paralizado-estos-son-los-efectos-negativos-que-sufren-los-ciudadanos-video_201903275c9bf3430cf2d4e388dfc383.html

        Rodríguez, U.(11 de abril de 2019). Y tú, ¿también estás cansado de los deberes de tus hijos?. La Voz de Galicia. Recuperado de: .https://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2019/04/11/padres-gallegos-piden-semana-santa-deberes-escolares/0003_201904G11P23997.htm

        Rodríguez, S..(18 de abril de 2019). Reporteros Sin Fronteras denuncia el “odio a los periodistas” que “se ha hecho presente en España”. Infolibre. Recuperado de: https://www.infolibre.es/noticias/medios/2019/04/19/reporteros_sin_fronteras_denuncia_odio_los_periodistas_que_hecho_presente_espana_94141_1027.html

        Gústame

        1. SOUTO IGLESIAS

          Creo que ao falar da censura deches a clave. Aínda que os xornalistas sexan os que escriban e firmen as novas, son o goberno e os organismos autonómicos os que deciden que se publica e que non. Incluso no ensino, coma no caso da Biblioteca de Cedeira, exercen o seu poder para defender os seus intereses, privando ata aos máis pequenos da liberdade de expresión que lles vén dada pola Constitución.

          Este é un problema bastante crítico, especialmente tendo en conta a gran influencia que teñen os medios na sociedade. Non contar con noticias que amosen a realidade educativa, como comentaban na reunión, produce que os que non están dentro do ensino teñan unha imaxe terxiversada del. Jorge Blaschke en Estos mataron la paz dicía que “quen controle os medios de comunicación controlará a mente dos homes”. É este o gran perigo ao que nos enfrontamos e a razón principal pola que debemos darlle a importancia e a liberdade que se merecen aos medios de comunicación.

          LIGAZÓNS:

          Pardo, M. (21 de abril de 2019). “Debería preocuparnos asumir con naturalidad que ser crítico en Galicia puede suponer el ostracismo”. Eldiario.es. Recuperado de: https://www.eldiario.es/galicia/movimientos_sociales/crtvg-medios_publicos-television_0_890311301.html

          Redacción. (1 de abril de 2019). La Xunta censura poemas de estudiantes de ESO, denuncian desde una biblioteca pública. GaliciaPress. Recuperado de: https://www.galiciapress.es/texto-diario/mostrar/1373189/denuncian-censura-retirada-muestra-compuesta-poemas-alumnos-centro-cedeira-coruna

          Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s