Administración Pública no Audiovisual: suficiente ou escasa?

MÉNDES SANDEZ E MARTÍNEZ LÓPEZ

Bibioteca Pública Ánxel Casal

Realizar un proxecto audiovisual participativo de calidade non é nada doado… Tes que ter unha boa idea, contar co material, saber usalo con corrección, contar coa xente e, sobre todo, ter algo de apoio económico. Pero este apoio sae integramente dos petos dos creadores ou existen outras vías?

Seguir lendo “Administración Pública no Audiovisual: suficiente ou escasa?”

É un problema a desmotivación do profesorado?

SOBRINO PLATAS

Cafetería Recantos

Cando un ou unha estudante de grao comeza a súa etapa na universidade aínda non coñece de todo o profesorado, as materias nin o ambiente entre a mocidade. A maioría do alumnado ten unha motivación e unha vocación cara a profesión que desempeña a carreira que están a comezar. Aquí xoga un papel importante o labor do persoal docente. Seguir lendo “É un problema a desmotivación do profesorado?”

Á procura da veracidade

Día tras día lemos, escoitamos e vemos información. Os diferentes medios de comunicación que empregamos para estar ao día tratan o que eles chaman noticias. Acontecementos que pola súa importancia para a sociedade son trasladados ao público, á cidadanía. Porén, moitas veces non nos decatamos de se a información proporcionada está ben tratada, se un tema é tabú nese medio ou se tan só limítase … Seguir lendo Á procura da veracidade

Belén Puñal: “Os círculos de lectura crítica foron unha metodoloxía que aprendemos do OCC da Universidade de Santiago”

ABELENDA LADO

Ana Belén Puñal Rama visitou o pasado xoves 21 de marzo a Facultade de Ciencias da Comunicación da USC para presentar unha charla sobre a súa labor na UNEMI (Universidad Estatal de Milagro), en Ecuador, e no seu Observatorio de Comunicación Ciudadana. Aproveitando a súa visita, dende o noso observatorio decidimos facerlle unha entrevista.

Seguir lendo “Belén Puñal: “Os círculos de lectura crítica foron unha metodoloxía que aprendemos do OCC da Universidade de Santiago””

Transporte público para o pobo, pero sen o pobo

SANTAMARINA VÁZQUEZ

Centro Sociocultural de Fontiñas

O transporte público é un elemento clave á hora de vertebrar a mobilidade dunha cidade e dos seus arredores. A primeira noticia da reunión trataba as carencias do autobús urbano globalmente, mais facendo fincapé no desconcerto que causa nos turistas. María Jesús Pérez (secretaria de Asociación de Persoas con Dispacidade de Compostela e Comarca) rexeitaba o enfoque da nova:É unha noticia que considera ao bus urbano como unha ferramenta para a actividade económica, máis que para un servizo público”.

Seguir lendo “Transporte público para o pobo, pero sen o pobo”

Afondando no sistema educativo

S1D

Libraría Lila de Lilith

A segunda reunión do círculo tamén tocou a situación na que se atopan os docentes ao teren que cumprir coas directrices do sistema educativo. Así, xurdiron debates sobre a liberdade da que dispoñen para innovar fronte as metas que deben acadar seguindo o currículum, e sobre se os mestres deben dedicar parte do seu tempo libre a continuar a súa formación (Galicia Press, 15-03-2019). Seguir lendo “Afondando no sistema educativo”

Desprotexidos no mercado laboral

RIVADULLA LLERAFO E SOUTULLO DOMÍNGUEZ

Confederación ANPAS Galegas

Na actualidade os medios de comunicación non lle confiren a todas as noticias a mesma importancia. Réxense a partir da denominada axenda setting, o que lles permite establecer xerarquicamente os temas máis relevantes e dos que en consecuencia, falará a sociedade. En boca de Donald Shaw, teórico do concepto xunto con Maxwell McCombs (1987): “A xente tende a incluír ou a excluír dos seus propios coñecementos o que os medios inclúen ou exclúen do seu propio contido”.

Seguir lendo “Desprotexidos no mercado laboral”

O dano invisible dos estereotipos

BLANCO PRADA

Facultade de Dereito da USC

Estereotipo, termo de orixe grega composto por dúas palabras: “sólido” e “impresión ou molde”. Que impresións seguen vixentes sobre o colectivo LGTBI na actualidade? Preguntámoslle á mocidade sobre estos prexuízos. Moitas respostas rezaban “están enfermos”, outras, “son antinaturais”. Seguir lendo “O dano invisible dos estereotipos”

Sabemos esperar?

FILLOY CANGAS e FERNÁNDEZ OCHOA

Facultade de Filoloxía

Ultimamente o servizo de Atención Primaria está no punto de mira. Son milleiros as persoas que se están a botar ás rúas contra a precarización (Diario de Ferrol, 11 de febreiro de 2019) e a falta de persoal médico. Cada vez son máis as novas (El Correo Gallego, 21 de xaneiro de 2019) sobre a saturación de pacientes ou o mal funcionamento da sanidade pública. Seguir lendo “Sabemos esperar?”