A innovación no ensino

S1D

Libraría Couceiro

Na primeira reunión, os colaboradores do círculo tamén deron a súa opinión sobre métodos de ensinanza innovadores (La Verdad, 10-02-2019). Fartos de que nos medios de comunicación sempre se traten os mesmos temas (El Ideal Gallego, 15-02-2019), compartiron algúns exemplos doutras formas de ensinar (The Huffington Post, 29-06-2017) que saen do establecido. Así, amosaron o seu desexo de que estes métodos teñan o seu oco nos medios.

Acción

Unha das metas da acción do noso grupo será facilitar un espazo onde os docentes poidan compartir entre eles este tipo de métodos para así enriquecer a educación nos diferentes centros educativos, tentando responder á pregunta “Cal é a escola dos teus soños?”

Bibliografía:

EP Santiago. (15 de febreiro de 2019). La Xunta pedirá invertir en educación y sanidad los 125 millones de superávit. El Ideal Gallego. Recuperado de: https://www.elidealgallego.com/articulo/galicia/xunta-pedira-invertir-educacion-sanidad-125-millones-superavit/20190214221554397505.html

Guillenea, J. (10 de febreiro de 2019). Montesori, por proyectos… ¿Cuál es mejor método educativo para tus hijos? La Verdad. Recuperado de: https://www.laverdad.es/sociedad/educacion-clases-20190210110345-nt.html

Lázaro, M. (29 de xuño de 2017). Este profesor enseña lengua y literatura convirtiendo a sus alumnos de 1º de la ESO en periodistas. The Huffington Post. Recuperado de: https://www.huffingtonpost.es/2017/06/27/este-profesor-ensena-lengua-y-literatura-convirtiendo-a-sus-alum_a_22492261/

6 comentarios en “A innovación no ensino

  1. VARELA CORES

    Innovación é un concepto que nos acompaña na nosa rutina diaria e en tódolos ámbitos posibles. Nun mundo cambiante, onde sempre se busca reinventarse para acadar novas metas como sociedade, a educación non fica fóra. Como se recolle nesta publicación, son moitas as novas formas de ensinar que se están a establecer na educación temperá coa intención de facela máis atractiva e eficaz. Porén, estas novas técnicas son utilizadas tamén nos estudos superiores.

    Con todo, estas innovacións van chegando lentamente, xa que as institucións universitarias están anticuadas e son remisas a aplicar novas técnicas, salvo contadas excepcións. A maioría desas iniciativas parten, como no caso da educación básica, das institucións privadas e tamén das empresas. Un exemplo é esta iniciativa de formación dual universitaria que se está a levar a cabo en Euskadi. Con esta proposta búscase a colaboración entre educación e empresas para poder adaptar o alumnado ó mundo laboral. Este é un dos problemas ao que se enfrontan moitos graduados: unha vez rematada a carreira fican excluídos do mundo laboral por non adaptárense os seus estudos ao que as empresas están a solicitar. Moitos destes, unha vez concluídos os seus estudos universitarios, deciden cursar Formación Profesional, onde se imparte unha educación máis orientada cara o emprego.

    Doutra banda, tamén xorden outras iniciativas fóra da universidade tradicional que prometen un pleno emprego nun mundo laboral cambiante sen ter que pisar facultades nin permanecer dentro do modelo convencional. Asemade, procuran un acceso menos restrinxido á educación superior, malia que tamén indican que non todo o mundo pode cursalos sen ter unhas nocións básicas. Entre estas novidades, impulsadas polo pulo das novas tecnoloxías, destacan Coursera ou Udacity, que ofrecen ensinanza masiva para toda a poboación, tanto gratuíta coma de pago.

    Entón, observando un pouco a oferta innovadora que existe, cabe preguntarse ata cando vai esperar o sector público para poder modular as carreiras e o ensino tradicional ás novas posibilidades que están a xurdir, abrindo así un novo abano de posibilidades á poboación cara un futuro que chega con grandes cambios.

    Ligazóns:

    Carretero, R. (28/02/2015) Miles de titulados universitarios se pasan a FP: “Hemos estudiado mucho y ahora no sirve de nada”. The Huffington Post. Recuperado de: https://www.huffingtonpost.es/2015/02/28/universitarios-fp_n_6628392.html

    Torres, A. (22/11/2017) El inventor de las nanocarreras con las que conseguir trabajo en seis meses. El País. Recuperado de: https://elpais.com/economia/2017/11/21/actualidad/1511276850_465381.html

    Gorospe, P. (21/01/2019) La universidad y la fábrica se funden. El País. Recuperado de: https://elpais.com/economia/2018/12/24/actualidad/1545653414_213098.html
    Silió, E. (19/03/2019) Diez poderosas ideas para reiniciar la universidad. El País. Recuperado de: https://elpais.com/sociedad/2019/03/18/actualidad/1552912617_709948.html

    Gústame

    1. SOUTO IGLESIAS

      O problema que acontece nas universidades é, como ben dis, que a maioría delas parecen estar remisas a abandonar o modelo tradicional de clase maxistral que xa demostrou a súa pouca efectividade de aprendizaxe. En cambio, nas aulas de ensino primario e secundario cada vez estanse a incorporar con maior frecuencia outras metodoloxías que apostan pola interactividade e autonomía dos alumnos no canto de deixalos ser unicamente suxeitos pasivos. Así, propostas como os modelos alternativos de aula como o flipped learning ou “aula invertida”ou o aprendizaxe por proxectos, que resaltaron os membros do círculo na nosa reunión; e mais a incorporación de tecnoloxías interactivas como reforzo para fixar os coñecementos como por exemplo a app educativa Kahoot, que en 2015 gañou o premio EdTechX Europe á compañía educativa máis rompedora de Europa.

      O emprego destas novas formas de ensino nos niveis máis básicos da ensinanza reflíctese en alumnos máis motivados, concentrados e, o máis importante, máis implicados no que están a aprender conseguindo así unha fixación realmente efectiva dos contidos. A clave está en conseguir dalgunha maneira que o alumnado aproveite ó máximo o tempo das aulas participando activamente nelas en lugar de limitarse a escoitar o que o profesor di e priorizar o práctico sobre o teórico.

      Esta é unha realidade en cada vez máis centros educativos de nivel básico que debería trasladarse tamén a todas as facultades. Talvez sería unha forma de comezar a enriquecer unha formación universitaria que tal e como ti sinalas non está a funcionar como debería.

      Ligazóns

      EdTechx Europe. Recuperado de: http://edtechxeurope.com/

      Fanjul, S. (13 de marzo de 2017). Así es el aprendizaje por proyectos que revoluciona las escuelas. El País. Recuperado de: https://elpais.com/economia/2017/03/12/actualidad/1489333447_073406.html

      Torres, A. (7 de novembro de 2016). Aprender al revés es más efectivo. El País. Recuperado de: https://elpais.com/economia/2016/10/28/actualidad/1477665688_677056.html

      Torres, A. (6 de febrero de 2017) Los últimos minutos de la clase magistral. El País. Recuperado de: https://elpais.com/economia/2017/02/01/actualidad/1485965560_429283.html

      Torres, A. (18 de xullo de 2016). El cerebro necesita emocionarse para aprender. El País. Recuperado de: https://elpais.com/economia/2016/07/17/actualidad/1468776267_359871.html

      Gústame

      1. VARELA CORES

        Como ben apuntas no comentario, ademais que cos exemplos que recolles de modelos de innovación na educación obrigatoria, vese que, realmente, na escola estanse a introducir novas formas de ensinar para facer máis atractiva e eficiente a educación. Porén, na ensinanza post-obrigatoria, en especial na universitaria, estes modelos non están a ter moita cabida. Un dos motivos pode ser que as universidades son unhas institucións antigas nas que os cambios se irán introducindo máis paseniñamente.

        Doutra banda, como recolle esta nova, que xa comentamos nunha das nosas reunións do círculo de Bens Relacionais, pode existir outro gran problema relacionada coa idade, pero esta vez coa do profesorado. Ningunha institución que teña unha porcentaxe tan alta de profesorado superando os 50 anos vai introducir modelos novidosos e innovadores, ou canto menos, vai ser aínda menos proclive para mudar o modo de ensinanza dun cadro de persoal docente que leva anos ensinando do mesmo xeito. Sen ir máis lonxe e aplicando un exemplo práctico que pode ocorrer en moitas das aulas da USC, canto profesorado utiliza o Campus Virtual que ofrece a propia universidade? Ese é pois o gran problema, a fenda dixital que existe entre un cadro docente avellentado e un alumnado que xa case comeza a ser nativo dixital. Iso afecta tanto á débil introdución de modelos novidosos de ensinanza coma na propia relación que teñen entre o alumnado e quenes imparten clase.

        Entón, os cambios que se están a incorporar na educación temperá iranse reproducindo a si mesmos así como vaian pasando os anos, cando eses cativos e cativas que agora están a recibir docencia dun xeito innovador arriben na universidade e demanden que o modelo do que gozaron tantos anos se manteña na súa nova etapa educativa.

        Ligazóns:

        Pérez, M. (22 de abril de 2018). El 66% de profesorado de la Universidad de Santiago tiene 50 años o más. eldiario.es. Recuperado de
        https://www.eldiario.es/galicia/profesorado-Universidad-Santiago-anos_0_763274132.html

        Márquez P., L., & Rincón M., D. (2013). Brecha digital: uso de internet entre docentes y alumnos universitarios. Negotium, 8 (24), 86-108. Recuperado de: http://www.redalyc.org/html/782/78226638007/index.html

        Suárez, E. (22 de febrero de 2018) Javier Echeverría insta a que las universidades den más importancia a la promoción de la innovación. Universidad de la Laguna. Recuperado de:
        https://www.ull.es/portal/noticias/2018/javier-echeverria-innovacion-ull/

        Gústame

        1. SOUTO IGLESIAS

          No caso do profesorado, a USC comeza a vivir un rexuvenecemento, xa que case 200 docentes se xubilarán nestes próximos anos. Porén, se ben é certo que a media de idade do profesorado da USC é bastante alta, non considero que este sexa o principal problema. Non é tanto a idade como o grao de actualización dos seus métodos o que define se un profesor innova ou non. Hai casos como o de Marilar Aleixandre que o demostran. Igual que hai persoas de 20 anos que aínda non saben xestionar ben as súas redes sociais, existen persoas de 60 que apostan por unha constante renovación no ensino.

          Tampouco considero que o alumnado sexa nativo dixital, no sentido de que pese a tratar coas tecnoloxías, descoñece a maneira de empregalas de forma produtiva. Isto mesmo comentaron nunha reunión do noso círculo, na que concordaron en que debía ensinarse nas aulas sobre todas as posibilidades que ofrecen as novas tecnoloxías.

          LIGAZÓNS:

          Barba, C. (16 de xaneiro de 2019). Casi 200 docentes se jubilarán en la USC en cinco años”. El Correo Gallego. Recuperado de: https://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/casi-200-docentes-jubilaran-usc-cinco-anos/idEdicion-2019-01-16/idNoticia-1159402

          Tojo, M. (31 de marzo de 2019). “A veces nos vemos en el dilema de enseñar ciencias al alumnado del siglo XXI como si estuviésemos en el XVIII”. Público. Recuperado de: https://www.publico.es/sociedad/marilar-aleixandre-veces-vemos-dilema-ensenar-ciencias-alumnado-siglo-xxi-estuviesemos-xviii.html

          Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.