Xornalismo: emprego ou vocación?

BARROS BLANCO

Cafetería Recantos

O traballo do xornalista sempre vén supeditado á conciliación laboral e familiar. Nun oficio vinculado en gran medida á actualidade informativa, faise moi difícil para os profesionais do xornalismo abandonar por completo o ámbito laboral, xa sexa no seu posto de traballo ou no seu fogar.

Belén Regueira, locutora de Radio Galega, bromea dicindo que o xornalismo debe ser “un sacerdocio ou unha vocación 24 horas”. As tecnoloxías, en especial as relacionadas co ámbito da comunicación desenvolvidas nos últimos 20 anos, acentúan aínda máis esta condición de entrega total por e para a profesión. Para a nosa colaboradora, isto supón que “en moitos traballos, e no noso cada vez máis, significa estar invadidos a whatsapps a calquera hora, chamadas a calquera hora”. Por suposto, a información non espera por ninguén, e os xornalistas sempre deben estar preparados para atender á súa labor social.

“Realmente un xornalista non ten horario”, incide Nazaret López, xornalista en Radio Ames, aínda que matiza que “sempre ocorre para engadir traballo […], sempre vai cara arriba”. Esa carga de traballo acaba influíndo enormemente na calidade da información que os medios de comunicación transmiten á sociedade, tanto porque “dende as empresas deberían ser conscientes de que alguén, para taballar ben, para ter enerxía, necesita vivir e descansar” como porque “vives nesa burbulla […] que lamentablemente péchase máis na redacción”, ideas que Belén defende como principais motivos do descenso de calidade informativo mencionado anteriormente. Nazaret é da mesma opinión que Belén: “Onde queda o xornalista que coñece ao comisario de policía pero que coñece tamén ao narco”. A profesión xornalística debería basearse no traballo de campo, mais como afirma con rotundidade Belén, “o número de tarefas que tes que facer multiplicouse”.

A conciliación familiar faise imposible neste punto, chegando a imposibilidade de desconectar da redacción. Nisto ten unha gran culpa, como xa se mencionou antes, a dixitalización masiva dos medios. Para Belén, estas ferramentas, e sobre todo o emprego das mesmas “provocan esgotamento, provocan frustación e provocan unha falta de calidade informativa”, mais matiza que “é un mal xeral da nosa civilización neste momento”.

Neste punto, Nazaret apunta o termo do ‘home orquestra’: ese profesional que debe saber manexar distintas ferramentas para levar a cabo distintas labores. Belén pon ao home orquestra en contexto coa profesión xornalística dixitalizada: “Tes que preparar unha entrevista, gravala, editala, colgala, estar pendente de se tes que actualizar a información. E todo isto para a web, para TV, para radio, e para o xornal”. Que provoca isto? Que o xornalista dedique menos tempo para as labores de pre-produción (documentación, contextualización…). Belén fala claro sobre a importancia de coñecer o contexto da información: “se ti aterras en calquera rolda de prensa sen máis, ti sabes o que che din alí, pero non o que significa”.

Para as dúas xornalistas é evidente, tal e como queda claro polas súas opinións recollidas polos nosos compañeiros, que as condicións laborais do xornalismo no que respecta aos horarios sufriu nestes últimos anos unha recesión importante. O porque? Reducción de planteis, mal emprego da dixitalización das redaccións, abusos das cúpulas directivas dos medios de comunicación… As nosas colaboradoras non se mollan ante as expectativas de futuro, mais en palabras de Nazaret, “tócavos un tempo apaixonante con tanto cambio”.

En canto á realización da acción seguimos sen ter claro cal das diferentes opcións que manexamos pode ser a óptima para a visibilización desta problemática que afecta ao mundo do xornalismo.

Bibliografía e ligazóns

El derecho a apagar el móvil fuera del trabajo pasa a estar reconocido por ley (3 de outubro de 2018). Europa Press. Recuperado de: https://www.europapress.es/economia/laboral-00346/noticia-derecho-apagar-movil-fuera-trabajo-pasa-estar-reconocido-ley-20181003183454.html

Los horarios de los periodistas (14 de xaneiro de 2011). Asociación de la Prensa de Madrid. Recuperado de: https://www.apmadrid.es/los-horarios-de-los-periodistas/

Todolí Signes, A. (23 de xaneiro de 2019). Desconexión digital: no todo se resuelve con buenos salarios. Retina, El País. Recuperado de: https://retina.elpais.com/retina/2019/01/21/tendencias/1548069735_341359.html

8 comentarios en “Xornalismo: emprego ou vocación?

  1. ABELENDA CAMBÓN

    Como se menciona ó comezo do post, o xornalismo é un traballo que non permite a conciliación familiar e laboral. Este problema atópase na meirande parte de traballos, pero é certo que o caso do xornalismo é relevante xa que o xornalista ten que exercer a súa profesión as 24 horas do día. Nunca se sabe cando chegará a información, polo que é moi importante estar conectado á actualidade constantemente. É o que require o traballo. Polo tanto será difícil evadirse del no entorno familiar.

    As novas tecnoloxías fixeron que o xornalismo sexa moi diferente ó que se exercía hai uns anos. A súa chegada fixo que á súa inmediatez característica xurdíranlle novos competidores. Cada vez son máis os dispositivos que existen. Neste mundo hiperconectado a labor xornalística tradicional vese afectada. A obtención de noticias cada vez é máis fácil polo que moita xente xa non recurre ós medios tradicionais de información. Nas redes sociais é moi habitual atopar novas publicadas por persoas externas ó xornalismo. O motivo é que actualmente, calquera pode contribuír á suma de información do que ocorre. Esto pode considerarse un grave problema para este traballo, mais se o xornalismo e a tecnoloxía conseguen traballar xuntos, poderán trasmitir á sociedade unha información fiable e contrastada. A clave está en adaptarse ás novas tecnoloxías e intentar mellorar, non deixarse vencer polo temor a que estas superen o traballo dos xornalistas.

    Como se di no post, o xornalista ten que facer todo o traballo de post-producción, o que provoca que non lle dedique tempo á pre-producción. Sen un bo traballo previo de documentación e investigación, a calidade da información non será a mellor. Todo isto é debido en parte ás cúpulas directivas dos medios que, sentíndose ameazadas pola competencia de Internet, esixen unha maior cantidade de traballo. Con isto conseguen a inmediatez informativa, pero eso non significa que a calidade sexa boa. Esto é un mal da sociedade en xeral. Cada vez esixen máis conseguindo así que a calidade sexa menor. O mellor sería chegar á esencia do bo, contrastar. Volver ós orixes da información de calidade, intentando conseguir a inmediatez, pero sen descoidar a calidade do traballo.

    LIGAZÓNS:

    Toyoutome Blog. (2015, 5 mayo). 15 expertos analizan el periodismo del futuro. Recuperado 17 marzo, 2019, de http://toyoutome.es/blog/15-expertos-analizan-el-periodismo-del-futuro/35824

    Darko, C. (2017, 24 marzo). ¿Cómo ha cambiado el periodismo en la era digital? Recuperado 17 marzo, 2019, de https://www.adrenalina.es/como-ha-cambiado-el-periodismo-en-la-era-digital/

    Martínez Fresneda, H. (2016, 25 mayo). Ser periodista en el nuevo entorno tecnológico. Recuperado 17 marzo, 2019, de http://www.cuadernosdeperiodistas.com/periodista-nuevo-entorno-tecnologico/

    Noticias Universia. (2018, 3 julio). La transformación digital ha modificado las profesiones tal y como las conocíamos hasta ahora. Recuperado 17 marzo, 2019, de http://noticias.universia.es/practicas-empleo/noticia/2018/07/03/1160405/como-cambiado-profesion-periodista-transformacion-digital.html

    Gústame

    1. BARROS BLANCO

      Precisamente, e como ti moi ben destacas, un dos problemas do xornalismo é o continuo intrusismo que leva sufrindo durante estes últimos anos. Existe a idea cada vez máis extensa de que non é necesaria unha complexa especialización, e nalgúns casos formación, para desenvolver de xeito correcto e con rigor a labor xornalística. Isto tamén vén dado pola inexistencia dun marco lexislativo e xurídico que, en primeiro lugar, delimite a figura do xornalista, e, en segundo lugar, sirva como amparo e protección dos dereitos laborais dos profesionais da información. Precisamente esa é a cuestión que che fago: por que non se desenvolve dende o poder político unha lexislación que asegure e protexa a figura do xornalista?

      Tacatá comunicación (2018). El intrusismo profesional, un problema para el periodismo. Recuperado o 24 de abril de 2019 de: https://www.tacatacomunicacion.com/el-intrusismo-profesional-un-problema-para-el-periodismo/

      Gústame

      1. LORENZO LUCAS

        Respondendo a túa pregunta, non creo que sexa necesario facer unha lexislación como tal, senón ter un control sobre as tecnoloxías. Desde o inicio do novo século, a profesión xornalística e o xornalismo como tal, están supeditadas polo ritmo ao que as tecnoloxías avanzan, ocupando todos os ámbitos da nosa vida. Este feito, provoca unha reconversión do xornalismo tradicional ata chegar ao punto de ser unha profesión que día a día multiplica a súa producción de pezas informativas, deixando a calidade nun segundo plano. Por iso, hoxe en día atopámonos cunha profesión que pode ser invadida por calquera persoa, que usando as redes sociais engade nova información, sen ter en conta a súa veracidade, xa que o realmente importante é ser o primeiro en dicir ou compartir esa noticia e ter o contido suficiente para ocupar as 24h do día.

        Estos cambios producidos polas innovacións tecnolóxicas, fan que o xornalista nunca poida evadirse da súa profesión, porque nunca sabes cando pode aparecer unha posible noticia, perxudicando o seu nivel de vida e profesional, xa que o descanso é fundamental para poder exercer o teu oficio ao 100%. Como reflexa Alberto Artero, director xeral de El Confidencial, nun dos enlaces engadidos, “el futuro del periodismo es el periodismo. Hay que volver a las raíces, contar historias”. Por iso, é necesario ter un control sobre a innovación tecnolóxica en todos os ámbitos da vida, para evitar que nos acaben superando. Entón, que medidas se poden levar a cabo para volver,na medida do posible, a ese xornalismo onde a calidade e a veracidade era o fundamental?

        LIGAZÓNS:

        ARTEIRO, A. (2018, 15 marzo). Medios de comunicación: El futuro del periodismo es el periodismo. Hay que volver a las raíces. Recuperado 19 marzo, 2019 de https://www.elconfidencial.com/comunicacion/2018-03-15/alberto-artero-el-confidencial-luis-enriquez-vocento_1536118/

        LLUÍS MICÓ. J (2019, 16 xaneiro). Los retos tecnológicos para el periodismo del futuro. Recuperado 19 marzo, 2019 de https://www.lavanguardia.com/tecnologia/20190116/454160991176/periodismo-futuro-retos-tecnologicos.html

        VITTORI. G. (2013, decembro). Periodismo, cambio tecnológico y sociedad. Recuperado 19 marzo, 2019 de https://www.bcr.com.ar/Secretara%20de%20Cultura/Revista%20Institucional/2013/Diciembre/Cultura.pdf

        Gústame

        1. BARROS BLANCO

          Precisamente, e como ti dis, as novas tecnoloxías asociadas ao mundo da información supoñen un reto a superar por parte dos medios de comunicación. Ti mesmo destacas que este boom das tecnoloxías trouxo consigo a “imposiblidade” de que o xornalista desconecte do seu entorno laboral, e teña que estar sempre pendente de todo o que o rodea. Por iso é fundamental desenvolver un marco legal que protexa aos traballadores de certos abusos cometidos por parte das cúpulas directoras dos medios de comunicación

          Radio Cubana (15 de marzo de 2016). El periodismo y las nuevas tecnologías. Recuperado o 25 de abril de 2019 de: http://www.radiocubana.cu/articulos-especializados-sobre-la-radio/16-nuevas-tecnologias/12572-el-periodismo-y-las-nuevas-tecnologias

          Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.