A etapa universitaria: máis alá dun título

OTERO OTERO

Centro sociocultural José Saramago

O ambiente universitario, ademais de supoñer un contexto de aprendizaxe, tamén constitúe un universo relacional no que os estudantes aumentan o seu capital social. Un dos métodos de atopar novos vínculos é o botellón. Ígor Mella, bolseiro de Pedagoxía da facultade de Ciencias da Educación na USC, opinaba sobre esta nova: “Eu penso que se lle está dando moito bombo agora a algo que está tendo moita menos transcendencia da que tiña hai anos”. Ademais, recalcaba que “as noticias que máis triunfan son as máis estúpidas”. “Pode ser que se lle este dando moito bombo, porque cando saes á rúa un xoves non se ve tanto botellón”, postulaba Laura Rubio, estudante de Dereito, mostrando a súa aprobación coas declaracións de Ígor.

As festas non son algo novo, pois xeracións atrás xa estaban presentes para socializar e relacionarse. Ígor comentaba: “Como capital social adquírese moito”.  “Estos eventos axudan a crear unha maior rede de coñecidos porque sóltaste máis”, engadía Nerea González, estudante de Filoloxía Hispánica. Antonio Villasenín, estudante de Maxisterio, concordaba con esta afirmación e engadía: “Axuda a relacionarte con todos os que non te relacionarías normalmente”. Os catro asistentes estaban de acordo con esta idea.

Segundo a Ordenanza de convivencia, residuos e limpeza varia de Santiago de Compostela, estas macrofestas ao exterior non están permitidas. Antonio fixo unha crítica contra o colectivo estudiantil do que é membro e expresaba a súa opinión despois de visualizar unha nova da Cadena Cope: “Se todos fósemos respectuosos non habería problema ningún, pero tal e como quedan os botellóns… é normal que se prohiba”. Ígor facía unha reflexión parecida e responsabilizaba ao colectivo estudantil da desaparición das festas nas rúas: “Eu penso que se todo o mundo recollese as botellas despois de beber, o problema non sería tan profundo. Hai que exercer responsablemente sobre as consecuencias das accións”.

IMG_5263

O fomento destas relacións no ámbito universitario veríanse imposibilitadas se os estudos semipresenciais seguen tomando forza. Ante esta noticia de El País, Ígor Mella formulaba o seguinte: “Os estudos semipresenciais son moi positivos en termos de flexibilidade, pero faise en detrimento do suspenso das relacións” e reflexionaba sobre a existencia desta modalidade de estudos: “No meu caso, o máis importante que me levo da universidade son as persoas que coñecín”.  En relación con este tema, Nerea tiña unha visión moi similar: “É unha motivación a maiores para estudar. A min quizais o que máis me gusta de coñecer xente da universidade é a diversidade, porque ese grupo de amigos da facultade son persoas coas que xamais pensei que me levaría”.

Para finalizar, o círculo de Bens Relacionais conclúe en que as relacións interpersoais entre os alumnos estanse deteriorando. Coa entrada das novas tecnoloxías, as conexións establécense de maneiras moi diferentes que fan este labor moito máis sinxela en certos casos pola súa flexibilidade temporal. Por outra banda, todos están de acordo en que, de maneira xeral, o contexto universitaro serve máis como un entorno no que aumentar as redes relacionais que para cuestións puramente académicas, a pesar da súa importancia.

A acción

A nosa acción está baseada na realización dun “Meet and Greet”, que consiste nunha reunión na que os membros que participen deberán relacionarse entre si sen a utilización do teléfono móbil ou ningún aparello electrónico. Deste xeito, poderemos ver como reaccionan os participantes e como se establecen os vínculos. A pesar de que o “Meet and Greet” é un evento que normalmente se emprega para coñecer a celebridades, o noso grupo modificará a iniciativa e servirá para saber como as novas xeracións establecen conexións entre si sen a posibilidade de utilizar un elemento moi presente no seu día a día: as novas tecnoloxías.

Conversaron connosco:

  • Ígor Mella Núñez, bolseiro de pedagoxía na Facultade de Ciencias da Educación da USC
  • Nerea González Martínez, estudante de Filoloxía Hispánica
  • Laura Rubio Franco, estudante de dereito
  • Antonio Villasenín Veiras, estudante de Maxisterio

Ligazóns:

Pájaro, P. (19 de febrero de 2019). Vecinos del Ensanche piden a los propietarios de pisos que expulsen a estudiantes por mal comportamiento. Cadena Cope. Recuperado de: https://www.cope.es/emisoras/galicia/a-coruna-provincia/santiago/noticias/vecinos-del-ensanche-piden-los-propietarios-pisos-que-expulsen-estudiantes-por-mal-comportamiento-20190219_356524

Torres, Ana. (1 de outubro de 2014). A caballo entre el aula e Internet. El País. Recuperado de: https://elpais.com/economia/2014/09/16/actualidad/1410885387_654686.html

Sen autor. (29 de outubro de 2018). Dejan una corona funeraria en el Campus Vida en recuerdo del botellón. La Voz de Galicia. Recuperado de: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/santiago/2018/10/26/dejan-corona-funeraria-campus-vida-in-memoriam-botellon/00031540574825668515540.htm

9 comentarios en “A etapa universitaria: máis alá dun título

  1. GONZÁLEZ LOPEZ

    O fomento das relacións interpersoais é vital que comece dende as etapas iniciais de ensino. A pesar de que xa existen certos mecanismos de control da convivencia nos centros escolares, cómpre levar á práctica modelos máis eficientes que aseguren a formación de lazos entre o alumnado. O obxectivo debe ser o intercambio de ideas e coñecemento entre nenos e nenas, feito que sirva para complementar e optimizar a súa formación académica. Tamén debe deixarse un oco ó entretemento e ocio dos máis pequenos, dereito que cada vez se ten menos en conta e que pode chegar a ser dunha grande utilidade na infancia.

    As novas tecnoloxías deben acompañar ó alumnado na súa formación, e máis nos tempos que estamos a vivir. Porén, non debe darse un monopolio destas tecnoloxías sobre a súa traxectoria académica. Para iso debe abrirse o abano e fomentar tamén actividades ó aire libre e de contacto coa natureza, como xa se fai nalgúns centros. Desta forma, pode conseguirse que os alumnos comecen a tomar conciencia do mundo no que viven e adquiran certo desenvolvemento físico dun modo alternativo, aspecto ó que quizais non chega a tecnoloxía.

    Ligazóns:

    Becerra, J. (12 de novembro de 2018). La importancia del jugar por jugar. La Voz de Galicia. Recuperado de: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2018/11/12/importanciajugar-jugar/0003_201811G12P24993.htm

    EP Santiago. (24 de febreiro de 2019). Educación lanza el segundo macrocuestionario en línea sobre convivencia en las aulas. El Correo Gallego. Recuperado de: https://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/educacion-lanza-segundo-macrocuestionariolinea-convivencia-aulas/idEdicion-2019-02-24/idNoticia-1167888/

    Redacción. (12 de marzo de 2019). Impulsan en Lalín un proyecto de educación infantil alternativo comprometido con la naturaleza. La Voz de Galicia. Recuperado de: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/deza/2019/03/12/impulsan-lalin-proyecto-educacioninfantil-alternativo-comprometido-naturaleza/0003_201903D12C3998.htm

    Gústame

    1. OTERO OTERO

      Dende o punto de vista relacional, as novas tecnoloxías aportan gran cantidade de posibilidades e variables ás que non tiñamos alcance antes da súa chegada. Sen embargo na actualidade hai un problema de enfoque en canto á súa utilización, olvidando o seu gran valor como ferramenta e centrándose no seu uso coma un fin que realmente non é. En moitos casos a pesar de parecer a primeira vista unha ampliación das relacións interpersoais é todo o contrario e atopámonos con que unha gran porcentaxe da poboación sofre trastornos de personalidade a causa de internet. Por outro lado tamén está o problema do tempo de uso destos aparatos, convertíndose en unha das nosas prioridades a día de hoxe. A gran cantidade de horas que moitas persoas adican a ver a tele, o ordenador, o móvil, etc non só danan as súas relación sobre todo dentro do ámbito familiar senón que tamén é perxudicial para a saúde.
      Está claro que as relacións interpersoais son algo que nace connosco e coas que estamos en contacto continuamento por eso á importancia de fomentalas é elevada. Sempre se di que os menos son como esponxas, que aprenden moi fácilmente polo que atopándonos na etapa na que nos atopamos vexo de vital importancia inculcar dende pequeniños a importancia que teñen estas relacións. Probalemente o momento de máis contacto con outras persoas na etapa infantil sexa xogando. Todas as nenas e os nenos disfrutan xogando e é onde se establecen as primeiras amizades, pero se votas a mirada cara atrás cada vez os menos xogan menos na calle e pasan gran cantidade de tempo na casa pegados a unha pantalla xa dende moi pequenos.

      Ligazóns
      Martín, L. (24 de abril de 2018). Cómo afecta la tecnología a los niños. Diario AS. Recuperado de: https://as.com/deporteyvida/2018/04/24/portada/1524587085_612142.html
      Redacción (19 de febrero de 2019). Los niños pasan cada vez más horas frente a una pantalla: un tiempo en el que dejan de jugar, aprender e interactuar. Univision Noticias. Recuperado de:
      https://www.univision.com/noticias/salud/los-ninos-pasan-cada-vez-mas-horas-frente-a-una-pantalla-un-tiempo-en-el-que-dejan-de-jugar-aprender-e-interactuar
      Redacción (19 de marzo de 2019). Salamanca celebra el Día Internacional del Trabajo Social con el objetivo de promover la importancia de las relaciones humanas. Salamanca24horas.com. Recuperado de:
      https://www.salamanca24horas.com/texto-diario/mostrar/1359067/salamanca-celebra-dia-internacional-trabajo-social-objetivo-promover-importancia-relaciones-humanas

      Gústame

      1. GONZÁLEZ LOPEZ

        Non se trata só de reducir o tempo de uso destas novas tecnoloxías, trátase tamén de educar ao alumnado na utilización destas novas ferramentas que teñen hoxe en día á súa disposición. É por tanto vital que o programa educativo reserve un espazo para poder mostrar, xa no nivel primario, a importancia de facer un uso seguro de Internet, tarefa que xa incorporan algúns centros.

        Nun mundo tan extenso e complexo como o de Internet, as relacións interpersoais en menores deben someterse a un extremo coidado. Nos últimos anos, os casos de abusos sexuais neste rango de idade estánse disparando, tendo como principal factor o crecente uso de redes sociais. É evidente que as relacións interpersoais favorecen en gran medida a creación dun ambiente óptimo para a educación, pero deberían priorizarse as relacións “cara a cara” por diante das relacións a través dunha pantalla. A parte dos perigos que pode ocasionar o excesivo uso do dixital, a perda de contacto físico co entorno dá paso a certo illamento, tremendamente prexudicial nas primeiras etapas de ensino, que deben servir como un intercambio constante de ideas entre o alumnado.

        Por todo isto: relacións interpersoais si, pero sempre procurando que sexan o máis “persoais” posibles. O contexto no que se atopa o alumnado, cada vez máis dixitalizado e coñecedor ó detalle das últimas ferramentas que saen ó mercado, é moi diferente ó de hai unhas décadas atrás. Porén, non deixan de ser persoas cuxos vínculos relacionais deben tratar de ser tan próximos e fortes como o eran con anterioridade.

        Ligazóns:

        Mahía, A. (23 de xaneiro de 2019). Casi la mitad de los niños de 8 a 10 años tienen ordenador con Internet en su cuarto. La Voz de Galicia. Recuperado de: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/coruna/2018/11/30/mitad-ninos-8-10-anos-ordenador-internet-cuarto/0003_201811H30C2994.htm

        Perez, P. (18 de marzo de 2019). Los delitos de abusos sexuales a menores se elevan un 40% por el creciente uso de internet. Faro de Vigo. Recuperado de: https://www.farodevigo.es/galicia/2019/03/18/delitos-abusos-sexuales-menores-elevan/2070691.html

        Redacción. (7 de marzo de 2019). El colegio López Ferreiro de Santiago tiene 53 ciberexpertos en el uso seguro de Internet. La Voz de Galicia. Recuperado de: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/santiago/2019/03/07/colegio-lopez-ferreiro-santiago-53-ciberexpertos-uso-seguro-internet/00031551958948255692197.htm

        Gústame

        1. OTERO OTERO

          Está claro que as novas tecnoloxías aportan diferentes posibilidades de acceder a todo tipo de informacións, pero debemos ter en conta que a pesar de que para moitos supoñen un gran avance e facilitan diversos labores, para certas idades son prexudiciais. Partindo da base de que nos atopamos nunha etapa na que a tecnoloxía está presente en calquera lugar do noso día a día, é difícil que os máis novos non acaben tendo acceso a algún destes dispositivos. Porén, cómpre afastalos o máximo posible deles. O seu cerebro, que aínda se está desenvolvendo, recibe unha cantidade de estímulos para os que a esa idade non están preparados, polo que o tempo e modo de uso debería controlarse. Os expertos e as expertas establecen os dous anos como idade mínima para a súa utilización

          A medida que avanzan os anos, tamén cambian as funcións das tecnoloxías que pasan de servir como un método de entretemento para a mocidade a utilizarse para actividades completamente diferentes como as relacións ou o traballo. Nun mundo tan extenso como é internet e dentro da inmensidade de persoas coas que te atopas, un número maior do que pensamos utiliza as redes para crear perfís falsos, beneficiándose da seguridade que existe detrás da pantalla, que impide saber con certeza a identidade de alguén. Así, este perfís adoitan ser utilizados por adultos para tratar con xoves, aínda que moitos outros reais son utilizados como ferramentas para o acoso. Segundo UNICEF, ao menos dous alumnos de cada clase sofren acoso escolar, pertencentes a maioría a colectivos oprimidos ou contando con algunha discapacidade. Fóra das aulas os perigos que alberga internet e moito máis as redes sociais son incluso maiores. Por iso debemos entender cales son as verdadeiras funcións dos dispositivos electrónicos para así tratar de sacarlle o máximo proveito posible a unha ferramenta moi útil, pero que conta con certos perigos cos que hai que ter coidado.

          Ligazóns:

          Redacción. (12 de febrero de 2019). Al menos dos estudiantes por aula sufren acoso escolar o violencia en España, según UNICEF. La Voz de Galicia. Recuperado de:
          https://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2019/02/05/br-dos-estudiantes-aula-sufren-acoso-escolar-violencia-espana-segun-unicef/00031549357503552415682.htm
          Redacción. (22 de xuño de 2019). El peligro silencioso del Ciberbullying o acoso cibernético. La Voz de Galicia. Recuperado de:
          https://www.lavozdegalicia.es/noticia/tecnologia/aplicaciones/2019/03/28/peligro-silencioso-ciberbullying-acoso-cibernetico/00031553770723372593152.htm
          Becerra, J. (21 de xaneiro de 2019). Si le pones una tableta a un menor de 2 años lo estás momificando. La Voz de Galicia. Recuperado de:
          https://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2019/01/21/pones-tableta-menor-dos-anos-estas-zombificando/0003_201901G21P24993.htm

          Gústame

  2. GONZÁLEZ LOPEZ

  3. GONZÁLEZ LOPEZ

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.