Facer fronte aos gastos nun medio comunitario

FERREIRA BOQUETE; GARCÍA GARCÍA

IES Rosalía de Castro

Luis Froiz, integrante de Mola.gal, afirmaba na nosa reunión que nun medio comunitario “o importante é sacar adiante o proxecto, e se ese proxecto se pode capitalizar dalgún xeito ben, se non se capitaliza, pois ben tamén. Non é a súa intención”. Aínda tratándose, de acordo coas definicións tradicionais e cos integrantes do noso círculo, dun medio que non pretende obter beneficio da súa actividade, existen uns custos que asumir para o exercicio do seu labor. Seguir lendo “Facer fronte aos gastos nun medio comunitario”

Xornalismo como reflexo da sociedade

FERNÁNDEZ PEREIRO, FERRÍN ALONSO E JORGE VIDAL

Biblioteca Ánxel Casal

Dende hai uns anos, a prensa está sendo cuestionada por moitos colectivos polo seu xeito de tratar determinadas noticias. Entre outras, destacan a maneira de informar sobre as mulleres ou a pouca presenza destas nas informacións, chaves para comprender o motivo deste rexeitamento. O miolo da última reunión do Círculo Muller e Comunicación constituírono a responsabilidade dos medios ó comunicar e a relevancia das opinións sobre mulleres nos xornais, redes sociais ou medios de difusión. 

Seguir lendo “Xornalismo como reflexo da sociedade”