FERREIRA BOQUETE; GARCÍA GARCÍA
IES Rosalía de Castro
Luis Froiz, integrante de Mola.gal, afirmaba na nosa reunión que nun medio comunitario “o importante é sacar adiante o proxecto, e se ese proxecto se pode capitalizar dalgún xeito ben, se non se capitaliza, pois ben tamén. Non é a súa intención”. Aínda tratándose, de acordo coas definicións tradicionais e cos integrantes do noso círculo, dun medio que non pretende obter beneficio da súa actividade, existen uns custos que asumir para o exercicio do seu labor.
Como diciamos no anterior post, a Lei Audiovisual do 2010 prohibiu a este tipo de medios o patrocinio, o principal método de financiamento dos medios de masas. A partir disto, lanzamos aos nosos colaboradores a cuestión de se é viable levar a cabo proxectos de medios comunitarios sen diñeiro. Jonathan Barral non se amosou moi positivo ao respecto: “Para nós polo menos non”, dicía en referencia a Radio CampUSCulturae. Jonathan contounos que o medio comunitario no que participa basea o seu financiamento no sistema de cotas de socios, a través do cal deben afrontar un gasto anual de 1.000 euros, aproximadamente. Ademais, esta radio conta coa colaboración dalgún pequeno comercio compostelán para axudar a suplir os custos.
Pola súa banda, Luis Froiz indica que o seu medio ten menos problemas en relación ao financiamento “todo o custo que ten, ademais das horas de traballo que cada uno de nós podemos meter, o que é o mantemento da web creo que son uns 200 euros ao ano, ou sexa, non ten un custo máis alá diso”. Ademais, comenta que os gastos en desprazamento para cubrir algunha nova son mínimos xa que, afortunadamente, os membros do medio se atopan bastante espallados pola nosa comunidade, polo que a súa cobertura do terreo é ampla. Para facerlle fronte ao gasto do mantemento da web ou outros ocasionais, Luis admite que seguen coa achega que puxeron inicialmente os seus fundadores. Porén, afirma que teñen en mente establecerse como asociación e, con iso, introducir tamén o sistema de cotas. En contraposición á web, comentan que crear unha televisión comunitaria resulta moi complexo, xa que como apunta Oliva “os custos son moito maiores”.
En referencia a Campo Galego, Gonzalo Brocos apunta que contan con un gran investimento por parte de publicidade e un 20% procedente de apoios públicos “sobre todo de concellos e deputacións, pero tamén da Xunta”. Porén, aínda que a súa forma de financiamento non entre dentro da propia definición de medios comunitarios, o seu discurso convérteos nun medio alternativo, xa que como comentou Jonathan “alternativo non só é que vaias contrasistema, senón que trates algo que non ten cabida nos medios xeralistas”. O nacemento de Campo Galego encadra así con esta visión pois, segundo Gonzalo, as súas orixes perseguían crear un propio espazo informativo do agro galego xa que “o existente era un discurso vitimista no que normalmente había noticias negativas e ligadas a temas de prezos, de crises e o peche de explotacións”.
Outro método de financiamento ao que optan este tipo de medios son as subvencións, malia que, como indica Oliva, “niso había diferentes posturas. Hai algúns que están a favor diso e outros que non”, e é que son varias as persoas que sosteñen que isto pode limitar a liberdade de información. Pola súa parte, Jonathan Barral móstrase a favor delas “nós, no noso caso, se nos din que hai unha subvención, lanzámonos a por ela, pero de momento creo que non collemos ningunha”.
Tan importante como as doazóns son tamén as cesións, sobre todo en casos como os de CampUSCulturae, xa que, como afirma Jonathan, “todo o material que temos é unha cesión da universidade, entón sen esa cesión sería imposible”. Porén, tamén puntualiza que non só as cesións van ser fundamentais para eles, senón tamén as ganas de participar e unirse á radio.
Finalmente, a partir da lectura desta nova, da Red de Medios Comunitarios de outubro de 2017, entrouse no debate de se os medios dixitais están seguindo os pasos dos comunitarios no relativo ao financiamento. Jonathan apuntou que nunca vai ser o mesmo porque a eses socios dos medios dixitais non se lles permite colaborar e escribir, por exemplo, nun xornal, soamente por pagar a cota de socio. Pola contra, isto si que sucede nos medios comunitarios. Así nos relatou como funciona o sistema de socios en CampUSCulturae: “que te fagas socio significa que te unes e participas. A pesar disto, hai algunha xente que é socia e, por cuestión de tempo, non poden participar, pero saben que dende o momento que están como socios, teñen a posibilidade de participar cando queiran”. Luis Froiz, de Mola.gal, sinala outra diferencia cos medios dixitais, xa que nestes “os socios funcionan como figuras de abonados, sendo simplemente liñas de financiamento”. En contraposición cos medios dixitais, Oliva tamén apunta que nos medios comunitarios para a participación da audiencia é importante gañar espazos físicos, sobre todo neste momento de auxe dixital. Todo isto queda en clara diferenciación e moi lonxe dos principios dos medios comunitarios.
En definitiva, podemos concluír que o principal recurso de financiamento para os medios comunitarios son as cotas dos seus socios, sen restarlle importancia ás doazóns. Aínda así, trala experiencia desta reunión e como vén confirmando esta nova, tamén da Red de Medios Comunitarios de abril de 2018, a situación económica dos medios comunitarios continúa sendo unha das súas necesidades máis urxentes.
Acción
Sobre a nosa acción final, situamos o debate sobre a dificultade de atopar acordos dentro dos medios comunitarios no referente á boas prácticas. Para Oliva, esta unanimidade é posible “sobre todo en canto ao tratamento da información e para audiencia”. A partir de aí, intentaremos chegar a acordos e reflexións cos participantes para a elaboración desta guía de boas prácticas.
Conversaron connosco:
- Jonathan Barral, integrante da radio CampUSCulturae
- Oliva Amorín, xornalista experta en medios comunitarios
- Luis Froiz, integrante do medio mola.gal
- Gonzalo Brocos, integrante do medio Campo Galego
Ligazóns
Marí Sáez, V. M.; Ceballos Castro, G. (2018). Desbordes comunicativos: comunicación, ciudadanñia y transformación social. Madrid: Fragua.
Andrade Luna, T. E. (2016). La televisión comunitaria como medio alternativo para el empleo de las nuevas tecnologías. Caso específico: Escuela de Video Mesoamericana (tese). Recuperado de: https://riuma.uma.es/xmlui/handle/10630/11192
Bibliografía
UNESCO (2015). Community media sustainability: strengthening policies and funding. Recuperado de: http://www.unesco.org/new/fileadmin/MULTIMEDIA/HQ/CI/CI/pdf/Events/cms_sept15_background_paper_en.pdf
CARDALDA GONZÁLEZ
O artigo amosa moi claramente as formas de financiamento dos medios comunitarios, centradas nas subscricións, na inversión publicitaria e as axudas por parte dos concellos ou da Xunta. Se ben e certo que o obxectivo destes medios non é a recadación económica, estou de acordo con Jonathan en que deberían esixirse uns mínimos para o mantemento destes portais minoritarios. O aspecto que máis destacaría destes servizo de información en contraposición cos dixitais é a oferta que propoñen os primeiros ao deixar participar aos seus subscritores. Como se cita neste artigo da UNESCO, co auxe das redes sociais e neste tempo no que prima a velocidade máis que a riqueza informativa, os cidadáns de a pé poden funcionar como reporteiros que leven a estes medios temas ou protestas que nos medios hexemónicos non terían visibilidade debido, por exemplo, ás liñas ideolóxicas dos mesmos.
UNESCO. (2011). La función de los medios de comunicación comunitarios. 18/03/2019, de UNESCO Sitio web: http://www.unesco.org/new/es/unesco/events/prizes-and-celebrations/celebrations/international-days/world-press-freedom-day/previous-celebrations/worldpressfreedomday2009001/themes/the-role-of-community-media/
GústameGústame
S2A- GARCÍA GARCÍA
Efectivamente, os medios de financiamento destes medios son os expostos (doazóns, cotas, suscricións…). Porén, como ti mencionas a inversión publicitaria e as subvencións non deberían ser considerados como elementos básicos do seu financiamento. É dicir, no momento no que hai alguén invertindo publicidade e ti sacas rendemento financeiro por iso, o teu discurso vai estar amplamente aberto a ser modificado. O mesmo pasa coas subvencións, polo que os medios deste tipo non se deberían financiar en gran medida destas axudas.
O caso de Campo Galego é bastante curioso, porque aínda que si que reciben axudas de concellos e deputacións como recalcou Gonzalo Brocos, o seu discurso é alternativo. Non encadra coas visións que se dan do agro galego en calquera medio de comunicación de masas, onde só adoitan mostrar o lado negativo.
Por outra parte, como sinalas a participación é un eixe vertebrador dos medios comunitarios. Segundo a Rede de Medios Comunitarios, un dos consellos clave para incrementar a audiencia pasa por asociarse con negocios locais, como ben sinalou Jonathan que fan desde CampUSCulturae. Por outra parte, tamén se debe aproveitar o papel protagonista que teñen as redes sociais hoxe en día. É unha maneira máis fácil de entrar en contacto con xente decidida a participar e tamén á hora de difundir os contidos e darse a coñecer, un dos grandes retos deste tipo de medios.
Como ben sinalas, grazas as redes sociais os cidadán son agora quen de participar nos medios (vídeos de redes sociais, mensaxes…). Porén, nos medios comunitarios a participación que se ofrece para un cidadán é absoluta e non se restrinxe como nos medios convencionais a cando hai falta de contidos. É dicir, nun medio de comunicación de masas o que ti aportes como espectador non vai afectar ao discurso que se estea ofrecendo nese medio. Pola contra, nos medios comunitarios tratan de dar visibilidade e voz a xente que non a tería noutro tipo de medios.
Bibliografía:
Lewis, Peter, & Mitchell, Caroline. (2014). Fomento de la cohesión social, el papel de los medios comunitarios. Medios de proximidad: participación social y políticas públicas, ,249–270.
Red de Medios Comunitarios. (2018). Consejos para aumentar la audiencia y la participación en los medios comunitarios. Dispoñible en: https://medioscomunitarios.net/2018/09/aumentar-audiencia-participacion-medios-comunitarios-genia-stevens/
GústameGústame
S1C – ALVAREZ MORENO
Os medios comunitarios, populares e alternativos desempeñan un gran labor na sociedade. Estes enchen a miúdo o baleiro que deixan os grandes medios de comunicación privados que funcionan con outros imperativos deixando ao carón os grupos escasamente representados. A UNESCO apunta no seu artigo “A función dos medios de comunicación comunitarios” que, aínda que non sempre é o caso, as mulleres e os mozos atopan neles un refuxio para as súas preocupacións e un lugar no que poder participar, no que poder expresar as súas inquietudes. Sería un punto importante para tratar cos colaboradores, existe realmente unha maior participación de destes nos medios comunitarios, populares e alternativos? Que peso teñen no financiamento dos proxectos?
Este tipo de medios sobreviven grazas a, tal e como di o post: achegas privadas, cotas de socios, publicidade e, en menor medida, subvencións e axudas públicas. En relación con estas axudas existe unha gran controversia como declara Oliva Amorín, por iso pregunto: poderían chegar a entender aceptar estas axudas como unha forma de proselitismo?, ata que punto un medio comunitario estaría disposto a renunciar a elas para defender así a súa independencia?
Centrándonos no tema do financiamento, a Rede de Medios Comunitarios publicou recentemente unha noticia na que fala da evolución do sector no ano 2018, aínda que a maioría dos medios consultados afirman que o balance é positivo, os gráficos apuntan que a economía descendeu un punto, empeorando así as súas condicións; todo isto debido ao escaso financiamento e o que isto comporta. Aínda que os medios se mostran optimistas de cara ao 2019, a situación en España non é nada favorable. Comparando a situación do noso país coa dalgúns países da UE podemos destacar a cantidade de obstáculos que existen especialmente no tocante ao financiamento.
A Lei 7/2010, do 31 de marzo, Xeneral da Comunicación Audiovisual prohibíu a emisión de calquera tipo de contido comercial nun medio comunitario, popular e alternativo; en relación a isto formulo a seguinte cuestión: tendo en conta que desta actividade podería producirse unha gran achega económica ao medio, debería plantexarse a modificación desta lei e permitir a emisión deste tipo de contidos do mesmo xeito que en países como Alemaña e Suíza nos que si se permite o patrocinio, ou como en Francia no que este tipo de prácticas se consideran válidas a condición de que isto non supere o 20% do volume de negocio do medio?
Bibliografía:
UNESCO. (2008). La función de los medios de comunicación comunitarios. Dispoñible en: http://www.unesco.org/new/es/unesco/events/prizes-and-celebrations/celebrations/international-days/world-press-freedom-day/previous-celebrations/worldpressfreedomday2009001/themes/the-role-of-community-media/
Red de Medios Comunitarios. (2019). Mejora levemente el estado de salud del sector de los medios comunitarios. Dispoñible en: https://medioscomunitarios.net/2019/03/encuesta-sobre-la-salud-de-los-medios-comunitarios-2018/
BOE. (2010). Ley 7/2010, de 31 de marzo, General de la Comunicación Audiovisual. Dispiñible en: https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-2010-5292
GústameGústame
FERREIRA BOQUETE
Efectivamente, os medios comunitarios son a opción escollida pola xente nova que se quere iniciar no xornalismo ou que busca falar dun tema que lle interesa, promovendo así a alfabetización mediática.
Ademais, esta cidadanía xoga un papel importante para a existencia dos medios comunitarios, xa que como vemos neste post, o principal método de financiamento destes medios é mediante cotas de socios.
En canto ao outro método de financiamento que comentas, as subvencións públicas, a polémica está aberta e as opinións son de todo tipo. Un gran número de persoas afirma, como ti ben dis, que poden ser un factor de coacción da liberdade de discurso. Con todo, por mor da situación tan negativa na que se atopan os medios comunitarios en España actualmente, son moitos os medios que, como Radio CampUSCulturae, aceptarían esta axuda económica sen dubidalo.
Finalmente, desde o noso círculo de traballo parécenos negativa a prohibición de publicidade neste tipo de medios e totalmente innecesaria, xa que se isto se regulase doutra maneira, quizais os medios comunitarios, alternativos ou populares españois poderían gozar da posición e recoñecemento que gozan os seus compañeiros europeos.
BIBLIOGRAFÍA
Lema-Blanco, I. (2015). Los medios de comunicación comunitarios como espacios de educación no formal para los/las jóvenes. Revista De Estudios E Investigación En Psicología Y Educación, (14), 024-028.
Erstad, O., Gilje, Ø. and Arnseth, H. (2013). Vidas de aprendizaje conectadas: Jóvenes digitales en espacios escolares y comunitarios. Comunicar: Revista científica iberoamericana de comunicación y educación, (40), pp.89-98.
UNESCO (2015). Community media sustainability: strengthening policies and funding. Recuperado de: http://www.unesco.org/new/fileadmin/MULTIMEDIA/HQ/CI/CI/pdf/Events/cms_sept15_background_paper_en.pdf
GústameGústame
FERREIRA BOQUETE
Efectivamente, os medios comunitarios son a opción escollida pola xente nova que se quere iniciar no xornalismo ou que busca falar dun tema que lle interesa, promovendo así a alfabetización mediática.
Ademais, esta cidadanía xoga un papel importante para a existencia dos medios comunitarios, xa que como vemos neste post, o principal método de financiamento destes medios é mediante cotas de socios.
En canto ao outro método de financiamento que comentas, as subvencións públicas, a polémica está aberta e as opinións son de todo tipo. Un gran número de persoas afirma, como ti ben dis, que poden ser un factor de coacción da liberdade de discurso. Con todo, por mor da situación tan negativa na que se atopan os medios comunitarios en España actualmente, son moitos os medios que, como Radio CampUSCulturae, aceptarían esta axuda económica sen dubidalo.
Finalmente, desde o noso círculo de traballo parécenos negativa a prohibición de publicidade neste tipo de medios e totalmente innecesaria, xa que se isto se regulase doutra maneira, quizais os medios comunitarios, alternativos ou populares españois poderían gozar da posición e recoñecemento que gozan os seus compañeiros europeos.
BIBLIOGRAFÍA
Lema-Blanco, I. (2015). Los medios de comunicación comunitarios como espacios de educación no formal para los/las jóvenes. Revista De Estudios E Investigación En Psicología Y Educación, (14), 024-028.
Erstad, O., Gilje, Ø. and Arnseth, H. (2013). Vidas de aprendizaje conectadas: Jóvenes digitales en espacios escolares y comunitarios. Comunicar: Revista científica iberoamericana de comunicación y educación, (40), pp.89-98.
UNESCO (2015). Community media sustainability: strengthening policies and funding. Recuperado de: http://www.unesco.org/new/fileadmin/MULTIMEDIA/HQ/CI/CI/pdf/Events/cms_sept15_background_paper_en.pdf
GústameGústame