S1D
Libraría Lila de Lilith
Na segunda reunión tratouse a existencia de alumnos con necesidades específicas, como as Altas Capacidades (La Voz de Galicia, 07-02-2019) o TDAH (La Voz de Galicia, 14-10-2018) ou o Asperger (Atlántico, 17-02-2015), así como a forma na que os docentes deberían orientar a súa educación.
Os colaboradores reflexionaron sobre se son necesarias medidas específicas ou se sería posible acadar un modelo beneficiario para todos.
Acción
O debate sobre como abordar as necesidades específicas é un dos principais retos aos que se enfrontan os docentes. Mediante a acción, diferentes profesores e especialistas poderán compartir a súa opinión respecto a este tema tan delicado e intentar atopar a mellor forma para tratar estes casos.
Bibliografía
Carreira, S. (7 de febreiro de 2019). La detección de las altas capacidades. La Voz de Galicia. Recuperado de: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2018/10/08/deteccion-altas-capacidades/0003_201810G8P8992.htm
Redacción. (14 de outubro de 2018). Formación de profesores para afrontar alumnado con TDAH. La Voz de Galicia. Recuperado de: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/vigo/2018/09/20/formacion-profesores-afrontar-alumnado-tdah/0003_201809V20C10996.htm
Suárez, R. (17 de febreiro de 2015). La asociación de Asperger orienta a profesores y alumnos. Atlántico. Recuperado de: http://www.atlantico.net/articulo/vigo/asociacion-asperger-orienta-profesores-y-alumnos/20150217003401461294.html
PRIETO AROSA
En tódolos centros de ensino as ramplas xa son unha realidade. A mellora en accesibilidade nas escolas fai que as persoas con mobilidade reducida ou en cadeira de rodas podan acceder sen ningún problemas ás inmediacións, saltándose aqueles chanzos que no pasado evitaban facer unha vida normal a estas persoas. Pero as ramplas tamén son utilizadas polas persoas que non teñen ningún tipo de dificultade, polo que a pregunta está clara: por que se seguen construíndo escaleiras se as ramplas son beneficiosas e utilizadas por todos? É unha pregunta moi simple, pero á vez moi complicada de repostar, pois aínda non ten a resposta que verdadeiramente se busca.
En moitos edificios gubernamentais, universitarios ou socioculturais pasa o mesmo que nas escolas: o tema de accesibilidade inténtanno coidar bastante ben. En outros, trala rampla de accesibilidade hai un pequeno chanzo que evita que as persoas con cadeira de rodas ou mobilidade reducida poidan acceder ao lugar que desexaban entrar. Se coas escaleiras xa teñen un obstáculo, por que a existencia dun chanzo? Isto parece unha parvada, pero ese bazo provoca que moitas persoas non poidan acceder ao noso concello ou a diferentes edificios de entidade (como os distintos centros socioculturais) que se atopan na cidade. Este pequeno problema provoca que os afectados teñan que necesitar axuda doutra persoa, xerando unha falta de autonomía neles.
Todo isto ten solución. Os chanzos pódense quitar e as escaleiras, suprimir e cambiar por ramplas. Isto xeraría un beneficio para tódolos membros dunha sociedade e evita tódolos problemas de accesibilidade que denuncian os prexudicados. Moitos edificios teñen que copiar o modelo do Centro Galego de Arte Contemporáneo que con escaleiras e cunha rampla que utilizan tódolos usuarios, tanto os de cadeira de rodas como as persoas de a pé; ou ao Museo do Pobo Galego, o cal, pese a súa condición de histórico, no 2004 instalou un ascensor ao lado da famosa escaleira de caracol demostrando que a zona vella pode facerse accesible sen danar a historicidade da cidade compostelá.
Estes son algúns exemplos de como Santiago pode ser accesible se só propón e se realmente quere axudar aos que están afectados. Hoteis como o Parador Hostal dos Reis Católicos, NH Santiago ou o Hotel Oca Puerta del Camino xa se puxeron mans á obra conseguindo que TurGalicia os considerase aloxamentos accesibles na cidade de Santiago. Se todos estes edificios puideron pór ramplas e evitar os chanzos ou obstáculos que facían máis complicada a vida dunha persoa con mobilidade, por que non buscar que todos o consigan? Menos escaleiras, máis ramplas, menos chanzos e moita máis accesibilidade para todos en tódolos lugares posibles como as escolas, os museos ou os concellos.
LIGAZÓNS:
C.P. (9 de decembro de 2003). Un ascensor salvará ás barreiras arquitectónicas no Museo do Pobo Galego. La Voz de Galicia. Recuperado de https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/santiago/2003/12/09/ascensor-salvara-as-barreiras-arquitectonicas-museo-do-pobo/0003_2236735.htm
Ley 10/2014, do 26 de xuño, de ordenación, supervisión e solvencia de entidades de crédito. Boletín Oficial del Estado, 156, do 27 de xuño de 2014, 49412 a 49549. Recuperado de https://www.boe.es/boe_gallego/dias/2014/06/27/pdfs/BOE-A-2014-6726-G.pdf
Redacción (15 de marzo de 2004). El ascensor del Museo do Pobo Galego respetará íntegramente la escalera de Domingos de Andrade. La Voz de Galicia. Recuperado de https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/santiago/2004/03/15/ascensor-museo-do-pobo-galego-respetara-integramente-escalera-domingos-andrade/0003_2509003.htm
GústameGústame
MASEDA DA VEIGA
Sen dúbida, a accesibilidade é unha materia pendente para moitas institucións. Ás veces é complicado poñerse no lugar das persoas que teñen máis dificultades. Por iso, paréceme indispensable facer accesibles fisicamente todos os edificios públicos, en especial os educativos, xa que todo o mundo debería poder chegar a ter un ensino de xeito digno. Isto é unha tarefa que se basea só na distribución arquitectónica, polo que non ten escusa.
Porén, facer unha escola inclusiva é moito máis que poñerlle unha rampla. Fai falta unha gran formación nos docentes e a introdución de temas coma este nas aulas, para que o alumnado tamén se conciencie da realidade que están a vivir moitos nenos e nenas. O que non debe pasar é que a educación dunha persoa dependa de se o docente que lle toca ten ganas de atender as súas necesidades ou non.
En definitiva, vexo moi necesario o que ti propós, facer accesibles os edificios para todo o mundo mais a accesibilidade non se basea só niso, senón que ten moito traballo humano detrás.
Ligazóns:
O Valedor do Pobo (2017) Informe extraordinario a accesibilidade en Galicia [en liña]. Xunta de Galicia. Recuperado o 23 de marzo de 2019, de: http://www.parlamentodegalicia.es/sitios/web/Informes/INFORME%20EXTRAORDINARIO%20A%20ACCESIBILIDADE%20EN%20GALICIA.pdf
Calderón, I. (2017) Una escuela inclusiva es más que instalar una rampa, advierte experto [en liña]. Última Hora. Recuperado o 23 de marzo de 2019, de: https://www.ultimahora.com/una-escuela-inclusiva-es-mas-que-instalar-una-rampa-advierte-experto-n1104552.html
GústameLiked by 1 person
PRIETO AROSA
Sen ningunha dúbida tes toda a razón neste apartado. Non todo basease en por unha rampla e xa está, xa cumpriches. As cousas non son tan sinxelas. Hai que buscar que todos se involucren no concepto de accesibilidade e, neste caso, en facer unha escola inclusiva, accesible para todos.
As enfermidades raras ou calquera tipo de discapacidade que padece algún alumno non é tratada con respecto e moito menos con conciencia. Xa hai que ver como en moitas escolas a falta de recursos provoca que a avaliación dos psicopedagogos demórese e provoque que algún neno non sexa diagnosticado dalgunha discapacidade ata ven entrada a súa xuventude provocando retrasos na súa evolución didáctica e escolar.
Entón, a pregunta é moi clara. Trátase de concienciar aos membros dos centros educativos ou de aumentar os recursos deles para poder axudarlles cos nenos con discapacidade? O claro exemplo o temos preto. O CEIP As Fontiñas urxe actuacións en accesibilidade nun pleno do Concello de Santiago fai uns días o que amosa que non é culpa dos profesores nin dos centros educativos, senón que a falta de medios xera problemas na creación dunha escola inclusiva e accesible para todos.
Ligazóns:
Europa Press (20 de marzo de 2019). Alumnos del CEIP As Fontiñas urgen actuaciones en accesibilidad, igualdad de oportunidades y para una esccuela inclusiva. Galicia Press. Recuperado de https://www.galiciapress.es/texto-diario/mostrar/1360888/directivos-salud-elaboran-perfil-profesional-director-gerente-organizacion-sanitaria
López, A. (17 de febreiro de 2014). Adaptación de los entornos escolares. Colegios inclusivos. Observatorio de la Accesibilidad. Recuperado de https://www.observatoriodelaaccesibilidad.es/espacio-divulgativo/articulos/adaptacion-entornos-escolares-colegios-inclusivos.html
Redacción (24 de marzo de 2019). Hasta cuatro meses de espera para detectar una discapacidad en menores de 0 a 3 años. La Opinión de Murcia. Recuperado de https://www.laopiniondemurcia.es/comunidad/2019/03/25/cuatro-meses-espera-detectar-discapacidad/1007678.html
GústameGústame
MASEDA DA VEIGA
Por suposto que fan falta medios. Mais de que serven os medios económicos se non existe motivación na xente que os poida aproveitar? Moitas veces os profesionais non teñen a concienciación suficiente como para reivindicar máis medios. Para evitar isto, é vital deixar claro que en calquera escola pode haber xente con necesidades específicas, aínda que non a haxa nun presente.
O 83,5% do alumnado con necesidades especiais atópase en centros de ensino ordinario. Este dato corrobora que é necesaria unha maior implicación por parte dos profesores. En moitos casos deben atender ás directrices que lles dan dende orientación e pedagoxía para saber como tratar con estes casos. De feito, cando chega un alumno á aula con características deste tipo, soe adaptarse máis facilmente ao resto do alumnado que á ensinanza do seu equipo docente. Por moito que se empregue unha atención personalizada, o profesor precisa ter unha formación e empeño necesario para axudar a estes alumnos.
Ligazóns:
Carreira, S. (31 de decembro de 2018). Los docentes apuestan por clases con menos alumnos para una atención personalizada. La Voz de Galicia. Recuperado de: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2018/12/31/docentes-apuestan-clases-alumnos-atencion-personalizada/0003_201812G31P2991.htm
Rodriguez, P. (6 de abril de 2019). Los alumnos en Educación Especial aumentan un 18% en la última década. La Vanguardia. Recuperado de: https://www.lavanguardia.com/vida/20190406/461481160874/los-alumnos-en-educacion-especial-aumentan-un-18–en-la-ultima-decada.html
GústameGústame
OTERO OTERO
Todos concordamos en que a situación vivida nas aulas polo alumnado con altas capacidades esixe un cambio, mais á hora da verdade non se realiza un labor que permita saír desta realidade que dana a nenos e nenas cun gran potencial. Traballar con estudantado con necesidades específicas supón unha maior cantidade de horas de traballo por parte do persoal docente
Porén, esta afirmación non podería ser máis incorrecta. O estudantado con estas características cómpre que reciban horas extras para fomentar ese potencial e poder sacarlle o máximo proveito posible, xa que doutro xeito abúrrense porque o saben todo e poden acabar presentando un Trastorno por Déficit de Atención (TDA).
Ademais, a cantidade de recursos existentes para poder cubrir estas necesidades son insuficientes. Esta situación fai que unha pequena porcentaxe de alumnos e alumnas non explote ao 100% as súas virtudes e en moitos casos acabe por estragar o seu futuro. Para arranxar esta problemática, os centros esixen un maior número de recursos, aínda que tamén é necesario un cambio de mentalidade por parte do profesorado. Diversas ascociacións como a Asociación Valenciana de Ayuda al Superdotado y Talentoso (AVAST) traballan para procurar conseguir un persoal docente máis formado no tema. Pero non son os únicos, pois a USC levou a cabo o pasado ano un congreso internacional que pretendía incrementar o coñecemento sobre este aspecto descoñecido por moitas persoas. Estes grupos inciden, sobre todo, na importancia da concienciación e reclaman un mellor tratamento destos casos.
O Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividade (TDAH) é outro dos grupos sobre os que hai un descoñecemento maior. A medida que comezamos a interesarnos vemos que a porcentaxe de persoas que sofren un TDAH é maior do que pensabamos, pero aínda queda un longo camiño por percorrer para normalizar unha situación que pon en desvantaxe ás persoas que padecen este trastorno. Para elo é necesario comezar por diagnosticar estes casos e dende ese punto botarlles unha man a todas estas persoas. Deste xeito, a súa integración dentro do colectivo da aula sería completa e permitiría a este alumnado potenciar as súas facultades dentro dun ámbito académico.
Ligazóns empregadas:
Alonso, A. (17 de xuño de 2018). ¿Y los niños con altas capacidades?. La Voz de Galicia. Recuperado de: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ferrol/ferrol/2018/06/17/ninos-altas-capacidades/0003_201806F17C5991.htm
Barral, C. (6 de abril de 20179. “Para gestionar el TDAH en el aula hacen falta más recursos”. La Voz de Galicia. Recuperado de: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/pontevedra/pontevedra/2017/04/06/gestionar-tdah-aula-falta-recursos/0003_201704P6C4991.htm
Luaña. S (15 de setembro de 2018). La USC acierta con aluas donde los cerebros tiran del resto. La Voz de Galicia. Recuperado de: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2018/09/15/usc-acierta-aulas-cerebros-tiran-resto/0003_201809G15P12994.htm
GústameGústame
GONZÁLEZ LÓPEZ
En relación á problemática existente á hora de tratar os casos de alumnado con altas capacidades, non se trata tanto de proporcionar horas e horas de clases extra, senón de adaptar o modelo de educación estándar, orientándoo para sacar, como dis, o máximo proveito posible ó seu potencial. Cantidade non é calidade e a confusión entre estes dous conceptos provoca que ó final haxa unha sobrecarga de traballo sobre o alumnado. Este feito, aplicado xa nas etapas iniciais de ensino, pode frustar o futuro destes nenos e nenas.
En canto a necesidade de detectar os casos de TDAH, é moi importante ter coidado á hora de anticiparse cun diagnóstico por parte dos docentes. En moitas ocasións téndese a etiquetar prematuramente a este tipo de alumnos e a confundir un simple estado de nerviosismo con TDAH. Cómpre analizar de forma exhaustiva e individual os síntomas que presenta o alumno mentres, de forma paralela, afóndase tamén no contexto no que se atopa. Análise e adaptación, esa é a clave á hora de tratar estas necesidades específicas.
Ligazóns:
Álvarez, M. (29 de marzo de 2018). Denuncian que se etiqueta de TDAH a los niños movidos. El Correo Gallego. Recuperado de: https://www.elcorreogallego.es/tendencias/ecg/denuncian-etiqueta-tdah-ninos-movidos/idEdicion-2018-03-29/idNoticia-1107410
Mariño, A. (9 de setembro de 2018). La “suerte maldita” de tener talento. Faro de Vigo. Recuperado de: https://www.farodevigo.es/sociedad/2018/09/09/suerte-maldita-talento/1958590.html
Penayo, L. (16 de xullo de 2018). Superdotados: los inteligentes que no quieren salvar al mundo. La Voz de Galicia. Recuperado de: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2018/06/26/inteligentes-quieren-salvar-mundo/00031530009210211844633.htm
GústameGústame
OTERO OTERO
Á hora de diagnosticar non só un TDAH, senón tamén as altas capacidades, o proceso debe ser minucioso e o máis preciso posible. Para elo, o ámbito académico estase poñendo en marcha impulsado pola Xunta de Galicia, que xa iniciou un plan piloto que servirá para detectar os casos de altas capacidades. Este programa, ademais de outros que tamén están levando a cabo un labor similar, comezan por formar ao profesorado. Ensínalle ao persoal docente unha serie de directrices que lles faciliten o descubrimento do alumnado que pertenza a este colectivo. Deste xeito, os docentes estarán preparados para tratar con casos distintos, ademais de que serán seguidos de cerca polos membros de orientación do programa. Esta diferenciación permitirá ao estudantado participar en proxectos diferentes que o propio centro de ensino aporta para estes casos e que axudan a fomentar o interese e o potencial dos alumnos con altas capacidades.
En canto aos casos de TDAH existen agrupacións externas aos colexios e institutos, que complementan o traballo realizado por estes e aportan novas posibilidades para os diagnosticados e familiares. Estas asociacións realizan un papel moi importante, xa que operan fóra do ámbito académico e axudan descubrir novos casos, ademais de tratalos fora dos centros de ensino. A súa importancia ten que ver coa existencia de persoas diagnosticadas cun TDAH que xa non se atopan na idade estudantil, xa que este trastorno é xenético e polo tanto, en moitas ocasións, o tratamento debe durar ata a idade adulta. O factor xenético crea situacións nas que os pais son diagnosticados cun TDAH despois de levar ós seus fillos a tratamento.
Ligazóns:
Gil, M. (20 de novembro de 2016). Un plan piloto ensaya la detección de alumnos con altas capacidades La Voz de Galicia. Recuperado de:
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/o-pereiro-de-aguiar/2016/11/20/plan-piloto-ensaya-deteccion-alumnos-altas-capacidades/0003_201611O20C2991.htm
Carreira, S. (27 de abril de 2014). Carmen Pomar: <>. La Voz de Galicia. Recuperado de:
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2014/04/27/carmen-pomar-queremos-preparar-maestro-detectar-altas-capacidades/0003_201404G27P34991.htm
Abelairas,B. (15 de novembro de 2016). <<El TDAH se hereda, a veces vienen por los hijos y se diagnostica a los padres. La Voz de Galicia. Recuperado de:
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ferrol/ferrol/2016/11/15/tdah-hereda-veces-vienen-hijos-diagnostica-padres/0003_201611F15C12993.htm
GústameGústame
GONZÁLEZ LÓPEZ
Ademais de concienciar e dar unhas pautas ó persoal docente sobre como actuar diante dun caso de altas capacidades ou TDAH, é moito máis importante establecer contacto coas familias. Na maioría dos casos a esfera privada dos alumnos opta por non querer recoñecer a patoloxía do suxeito por medo ó rexeitamento ou discriminación que poida sufrir, sobre todo no caso do TDAH. Por tanto, é preciso concienciar ás familias do que supón o TDAH e invitalas a pedir axuda e asosoramento respecto o tema. Ocultar o problema non é a solución.
Á hora de crear programas específicos, como o Protocolo para a Atención Educativa ao Alumnado con Altas Capacidades Intelectuais, non debemos prexudicar o ambiente académico destes nenos. En moitas ocasións un tratamento especial excesivo leva a apartar ós alumnos dos demais compañeiros, feito gravísimo á hora de cumplir os obxectivos de desenvolvemento persoal. Existe demasiada mitificación respecto a estes temas. Nas altas capacidades, préstase demasiada atención ó cociente intelectual, mentres que son os expertos os que afondan en cuestións motivacionais. A nosa pretensión debe ser atender a este alumnado de forma especial e adaptada a cada caso, pero desterrando os falsos mitos que xiran ó seu arredor. Hai que sacar todo o seu potencial, pero sen olvidar que son nenos e nenas como os demais.
Ligazóns:
Barba, C. (15 de setembro de 2018). Los expertos cifran en un 10% la población con altas capacidades. El Correo Gallego. Recuperado de: https://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/expertos-cifran-un-10-poblacion-altas-capacidades/idEdicion-2018-09-15/idNoticia-1137156/
Blanco, M. X. (23 de novembro de 2018). Eva Silva: «Siempre hubo TDAH, pero antes el problema no estaba visibilizado». La Voz de Galicia. Recuperado de: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/barbanza/2018/11/23/siempre-hubo-tdah-problema-visibilizado/0003_201811B23C12991.htm
Redacción. (24 de febrero de 2019). El protocolo para los alumnos con altas capacidades estará en breve. Faro de Vigo. Recuperado de: https://www.farodevigo.es/galicia/2019/02/24/protocolo-alumnos-altas-capacidades-estara/2057427.html
GústameGústame
A diversidade que existe na sociedade, como é obvio, refléxase nas aulas. Así, podemos atopar nelas nenos e nenas con capacidades especiais como os que teñen TDAH ou autismo, ou mesmo altas capacidades. Esto implica unha planificación adecuada por parte do centro e do profesorado. Por exemplo, no caso das altas capacidades, hai que ter en conta que alta capacidade non é alto rendemento. Se non se traballa de forma adecuada con estos alumnos as suas virtudes innatas pódense perder. Con eles tamén hai que ter en conta que o aburrimento, o estrés ou mesmo a tristeza, lle afectan de maneira moito máis forte, e poden chegar a crear problemas psicolóxicos. Con outros casos, como é o do TEA, o traballo é totalmente diferente. A visión estereotipada das persoas con autismo quedou obsoleta, ao igual que o trato demasiado difenciado. Quero destacar que todas estas nenas e nenos deben ter un trato diferente polas súas diferentes condicións, pero para mellorar a integración debese notar o menos posible. Gustaríame ademáis destacar a importancia que teñen os profesionais que traballan con estos casos, o que conleva á importancia de seguirse formando sobre estos casos.
GústameGústame