Retrato dunha vía pública deficiente

RIVEIRO POSE

Centro Sociocultural do Ensanche

Pasear por Santiago é unha carreira de impedimentos, ou polo menos para as persoas con mobilidade reducida. “Santiago está chea de obstáculos e non se fai nada porque se cumpra a normativa” declaraba Ana Balboa (da Asociación de Persoas con Discapacidade de Compostela e Comarca) na primeira xuntanza. Ánxela López (presidenta de VIgalicia), de acordo con Ana, esixiu un cambio inmediato e denunciou a ausencia da cota cero: “Non debería haber nin un só chanzo”.

A cota cero é un termo que se refire á superficie que, entre os 6 m e -6 m de altura, vincula a cidade con todos os edificios e terreos que a ocupan. A normativa europea regula que as cidades que estean dentro desa cota cumpren os regulamentos de mobilidade. Santiago, por exemplo, non o está. O motivo polo que esta situación se produce é unha serie de erros nas estradas e rúas que dificultan en boa medida a vida das persoas. Erros como o que describía Ana Balboa sobre os chanzos ou outros que nos comentou a propósito dunhas fotos que lles ensinamos: “Ás veces, o mobiliario nas paradas [de autobús] impide o tránsito das persoas en cadeira de rodas”.

Paso de peóns non adaptado na avda. de Xoán XXIII coa avda. de Coímbra.

Ánxela, ao ver as imaxes, recordou as remodelacións dunha das rúas máis importantes de Santiago: Fixeron unha nova rúa pola avenida de Vilagarcía na que puxeron lastras. Lastras! É que tanto para persoas con baixa visión como para cadeiras de rodas é o peor que hai, e tiveron que reformala”. Estas declaracións foron apoiadas por Suso Vilariño (director de formación de Autoescuela Santa Eulalia), suxerindo unha posible solución ao problema: “Deberían asesorarse con xente que tivera esa clase de problemas, é moi fácil”. Posteriormente, o membro da autoescola, engadía: “Como vas facer algo sen escoitar á xente que ten ese problema? Para que vas poñer lastras na avenida de Vilagarcía, se sen elas queda adaptada para todos?”. Ánxela respondía: “Sempre teñen que partir da persoa que está en peores condicións”, aspecto no que coincidían o resto de membros.

WhatsApp Image 2019-02-26 at 21.30.01(4)

A medida que avanzaba a xuntanza, os membros do Círculo ían falando doutras rúas  e zonas da cidade que presentaban problemas. Ana denunciaba: “Na praza de Galicia puxeron un elevador cunha plataforma que está despois de tres chanzos”, facendo fincapé en como o mobiliario supón un obstáculo na beirarrúa. Ánxela engadía: “Cando é a festa do barrio de San Pedro non tes espazo, tes que ir pola estrada, pero hai lastras”. Posteriormente, indicaba: “No Gaiás, non podemos acceder ao recinto pola entrada normal  e temos que ir xogarnos a vida para acceder pola estrada”, referíndose a que a  existencia de escaleiras para poder entrar ao espazo dificulta o seu acceso. 

As prazas de aparcadoiro tamén traen problemas para as persoas en cadeira de rodas. Os membros do Círculo indicaban que hai moi poucas adaptadas e que están mal distribuídas. “Hai moi poucas: ás veces chegas a Correos, onde está a Policía, e están ocupadas. Hai alí na rúa do Hórreo unha praza para aparcar… pero son diminutas” sinalaba Ana, ao que Ánxela engadía: “Non se pensa, non, fanse as cousas sen ter idea ningunha de para que serven… Que finalidade ten esa… É que é tremendo…” dando por rematado así o tema do aparcamento.

Todos eses problemas e moitos outros son os causantes de que non poidamos dicir que Santiago é unha cidade accesible. “Todo iso vai en contra da liberdade, en contra da autonomía e do empoderamento das persoas”, comentaba Ánxela referíndose á problemática de accesibilidade existente que non lle permite desenvolver con normalidade a súa vida cotiá. 

Seguimento da acción

Durante a primeira xuntanza fomos explicando breves conceptos e ideas que tiñamos pensadas aos participantes para desenvolver a acción. A máis celebrada foi a de realizar unha colección de fotos nas que se viran moitos dos danos e das problemáticas que se fosen comentando durante as reunións. Esa, de xeito provisional, vai ser a nosa acción. Nós pensamos que deste modo, plasmando en fotografías estes obstáculos, contribuiremos a dar voz a esa xente. O propio Suso comentaba: “O importante é escoitar a xente que ten o problema”. De momento, con todo, todavía estamos dando forza á idea, que irá evolucionando ao longo das seguintes reunións.

Participaron na conversa:

  • Ana Balboa, presidenta de AMICO.
  • Ánxela López, presidenta de VIgalicia.
  • Suso Vilariño, director de formación de Autoescuela Santa Eulalia.

Ligazóns:

Ley 10/2014, de accesibilidad (3 de diciembre) Boletín Oficial del Estado, Madrid, España, 11 de marzo de 2015. Recuperado de https://www.boe.es/buscar/pdf/2015/BOE-A-2015-2604-consolidado.pdf

Redacción (25 de setembro de 2018). A Confederación Galega de Minusválidos chama a atención sobre os problemas de accesibilidade para moverse en cadeira de rodas polas cidades. TVG. Recuperado de http://www.crtvg.es/informativos/a-confederacion-galega-de-minusvalidos-chama-a-atencion-sobre-os-problemas-de-accesibilidade-para-moverse-en-cadeira-de-rodas-polas-cidades-3915735

Redacción (15 de febreiro de 2019). O ascensor de Triacastela facilitará a mobilidade da rúa dos Concheiros desde marzo. La Voz de Galicia. Recuperado de https://galego.lavozdegalicia.es/noticia/lugo/triacastela/2019/02/15/ascensor-triacastela-facilitara-movilidad-calle-concheiros-marzo/0003_201902S15C4997.htm

6 comentarios en “Retrato dunha vía pública deficiente

  1. MASEDA DA VEIGA

    Está claro que cando se constrúen as infraestruturas públicas non se pensa moito na xente con problemas de accesibilidade. Ao ler o artigo, viñéronseme centos de exemplos de inaccesibilidade nas que non se me ocorrera reparar antes. Na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC hai un rampla que dá acceso ás aulas principais, o que semella unha gran comodidade para as persoas que se desprazan en cadeira de rodas, mais unha vez na porta de cada unha delas, hai un chanzo que separa o corredor da aula.
    Tamén recordei a historia de Nerea Goikoetxea unha estudante da UPV que, pola culpa das decisións do Servizo de Atención a Persoas con Discapacidade da súa universidade, non pode ir ao baño nas súa facultade. A rapaza subiu un vídeo a Youtube con xa máis de 45 000 visitas onde contaba a súa historia. E é que ás veces fai falta unha denuncia pública para que as institucións poñan da súa parte, a pesar de que na teoría prometan ser inclusivos.
    Por casos coma este, vexo moi necesario a visibilidade que lle estades a dar a cuestións nas que pouca xente repara.

    REFERENCIAS:
    Aragall, F. (2010). La accesibilidad en los centros educativos. Colección telefónica accesible, 11. Recuperado de: https://www.cermi.es/sites/default/files/docs/colecciones/LA_ACCESIBILIDAD_EN_LOS_CENTROS_EDUCATIVOS.pdf

    Goikoetxea, N. [Nerea Goikoetxea]. (14 de novembro de 2018). 1 mes y 13 días sin auxiliar [Arquivo de vídeo]. Recuperado de: https://www.youtube.com/watch?v=rT4m7ea21iM

    Gústame

    1. RIVEIRO POSE

      Como ben dis, é obvio que todavía estamos loitando por conseguir moitos cambios no que acontece á accesibilidade. Resulta, polo tanto, especiamente importante neste momento dar voz a todas esas persoas que sofren de algún modo esas dificultades.

      Exemplos hai moitos, como o de Nerea Goikoetxea que ti brindas, ou outros como o de Daniel Fiaño na nosa propia facultade. Él estuda un máster na universidade de Santiago, e o seu maior probema día a día é enfrontarse a obstáculos como a rampla do tren ou ao autobus, que xa é complicado de afrontar ata para o resto de estudantes. Obstáculos que poden parecer comúns, pero que son insalvables en moitas ocasións. Os medios retratan, a veces, tales situacións, pero nunca parece chegar para concienciar a cidadáns e Goberno. Desde a USC non se toman as medidas necesarias, e o mesmo en Vigo ou A Coruña. En total hai preto de 600 estudantes nas universidades galegas con algún tipo de diversidade funcional, e só hai 5 (un é o propio Daniel) con asistentes persoais. O resto, todavía ten que loitar por conseguir axuda.

      REFERENCIAS:

      Montero, T. (18 de marzo de 2019). Universitarios galegos con discapacidade: «Non atopei onde poder facer as prácticas». La Voz de Galicia. Recuperado de: https://galego.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2019/03/18/encontrado-donde-poder-practicas/0003_201903G18P7991.htm

      Calveiro, P. (18 de febreiro de 2019). Os universitarios suspenden ao servizo de autobús. La Voz de Galicia. Recuperado de https://galego.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/2019/02/18/universitarios-suspenden-servicio-autobus/0003_201902S18C1995.htm

      Gústame

      1. MASEDA DA VEIGA

        Ás veces, a xente que non ten ningún tipo de dificultade necesita ver casos coma este para darse conta da realidade de moitos. Para iso, é fundamental dar voz ás persoas que non poden chegar a grandes medios. Nun principio, poden parecer poucas as persoas que necesitan algunha necesidade especial mais, se nos detemos a reflexionar un segundo, todos coñecemos algún caso. É máis, buscando na rede puiden atopar moitas queixas de colexios e outras institucións públicas inaccesibles.

        Ademais, está claro que, coma ti dis, hai unha clara falta de compromiso por parte dos organismos á hora de contratar e asignar asistentes á xente que o necesita. Algo que considero indispensable, xa que está recoñecido como un Dereito Humano. Especificamente no estado, o Artigo da 19 da Lei de Promoción da Autonomía Persoal e Atención ás persoas en situación de dependencia especifica a axuda para posibilitar o acceso das persoas con algún tipo de discapacidade tanto ó ensino coma ó traballo. As institucións deben deixar de mirar cara outro lado e tomar medidas neste aspecto incluso antes que preocuparse de mellorar as infraestruturas, xa que hai persoas que sen asistencia nin sequera poderían gozar destas.

        REFERENCIAS:

        Fernández-Bermejo M. (8 de outubro de 2012) Problemas derivados de la falta de accesibilidad en los colegios. La Ciudad Accesible. Recuperado de: http://periodico.laciudadaccesible.com/portada/opinion-la-ciudad-accesible/item/2046-problemas-derivados-de-la-falta-de-accesibilidad-en-los-colegios

        Ley 39/2006, de 14 de diciembre, de Promoción de la Autonomía Personal y Atención a las personas en situación de dependencia. Boletín Oficial del Estado num. 266 de 15 de decembro de 2010, 44142 a 44156. Recuperado de: https://www.boe.es/eli/es/l/2006/12/14/39/con

        Gústame

        1. RIVEIRO POSE

          Todos estes erros que salientamos, malia a ter unha difícil solución, serían moito máis coñecidos pola poboación e máis respetados se lles poideramos dar voz nos medios, coma ti dis. Non se fai moito, pero ás veces temos bos casos de representación dalgunha destas figuras nalgún xornal, como no caso das novas que adxunto abaixo. Nelas, un técnico superior de inspección do transporte fai unha análise bastante exhaustiva de moitas das cousas que máis fastidian nos medios de transporte ou dificultades que poden ofrecer as cidades a xente con algunha clase de discapacidade funcional.

          Entre outras cosas, di que deberíamos orientar dunha vez a infraestrutura das urbes cara as figuras dos peóns, e non dos vehículos, xa non só pola mobilidade, senón tamén polo ben do medio ambiente. Isto non implicaría a desaparición total dos vehículos nas cidades, pero incentivaría o uso do transporte público, o que faría que este mellora sí o sí, pois tería moitas máis queixas de non facelo. Por último, tamén fai unha pequena análise do tema centrándose no ámbito político e económico. Resulta sorprendente que non se pense nesta clase de cousas máis que cando hai eleccións ou algún posible trofeo para gañar, pero o motivo, como sempre, é o diñeiro. Mentres non deixemos a un lado os intereses económicos, teremos difícil solucionar dunha vez por todas isto.

          REFERENCIAS:

          Varela, F. (09/09/2018). Hacia nuevas formas de mobilidad. El Correo Gallego. Recuperado de: https://www.elcorreogallego.es/tendencias/el-correo2/ecg/nuevas-formas-movilidad/idEdicion-2018-09-09/idNoticia-1136240/

          Varela, F. (15/04/2019). Movilidad y exclusión social. El Correo Gallego. Recuperado de: https://www.elcorreogallego.es/tendencias/el-correo2/ecg/movilidad-exclusion-social/idEdicion-2018-04-15/idNoticia-1110246/

          Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s