As profundidades do voluntariado

ABELENDA CAMBÓN E COUTO GARCÍA

Centro Sociocultural O Ensanche

“Na nosa organización non aumentou o número de voluntarios”. Judith Lucachesky, delegada de Manos Unidas nega notar un aumento do voluntariado   (5 de decembro de 2017, La Voz de Galicianos últimos anos e afirma: “A cantidade de voluntarios mantense máis ou menos constante sempre”. Leticia Carrera, tesoureira de Seteportas Altair,  opina o mesmo e engade: “Eu teño a percepción de que cada vez hai menos implicación, a xente non ten tempo”. 

Seguir lendo “As profundidades do voluntariado”

Desafeccións e novas costumes

EYRÉ CONDE

Cafetería Recantos

É indubidable que o ecosistema xornalístico está ferido. E non é unha ferida que se poida curar cunha simple venda; é un dano estrutural e profundo que precisa dun bo tratamento. A manipulación da información, os novos modelos de información-entretemento, o desapego polo xornalismo ou a crise económica e a conseguinte marea de despidos son os temas centrais sobre os que orbita a conversa nesta segunda xuntanza do Círculo. Seguir lendo “Desafeccións e novas costumes”

Pequenos obstáculos que conforman a inaccesibilidade

OROZCO LAGO

Centro Sociocultural do Ensanche

A Sociedade Española de Documentación e Información Científica define así a accesibilidade: “A accesibilidade ao medio físico refírese á cualidade que teñen os espazos para que calquera persoa, incluídas aquelas con discapacidades de mobilidade ou comunicación, poidan chegar a todos os lugares e edificios sen esforzos de máis e con autonomía. Ademais de acceder aos establecementos de uso público e aos servizos que presten en condiciones de seguridade e autonomía”.

Seguir lendo “Pequenos obstáculos que conforman a inaccesibilidade”