ABELENDA CAMBÓN E COUTO GARCÍA
Centro Sociocultural O Ensanche
“Na nosa organización non aumentou o número de voluntarios”. Judith Lucachesky, delegada de Manos Unidas, nega notar un aumento do voluntariado (5 de decembro de 2017, La Voz de Galicia) nos últimos anos e afirma: “A cantidade de voluntarios mantense máis ou menos constante sempre”. Leticia Carrera, tesoureira de Seteportas Altair, opina o mesmo e engade: “Eu teño a percepción de que cada vez hai menos implicación, a xente non ten tempo”.
Aportamos un informe proporcionado por Alejandro Quiñoá, presidente da Coordinadora Galega de ONGDs, no que se recolle que a meirande parte do voluntariado son mulleres. Tanto Judith como Leticia coinciden con el, sendo digno de mención o caso de Manos Unidas: “A nosa organización foi fundada por un grupo de mulleres e hoxe en día, a pesares de que hai moitos homes, seguimos a ser maioría”. Leticia engade un apuntamento: “É certo que a meirande parte do voluntariado somos mulleres, pero bótase en falta, polo menos en SetePortas, presenza feminina á hora de tomar a palabra. Ás mulleres cústalles máis, non adoitan querer participar nos debates e entrevistas”.
Cando tratamos o tema dos requisitos esixidos para o voluntariado, Judith é clara: “É moi importante preocuparse pola formación”. Engade que as persoas voluntarias deberán saber responder a calquera inquedanza que se poida formular dende calquera ámbito”. Tras escoitar o que conta Judith, Leticia afirma que: “En Seteportas temos como un decálogo do perfecto voluntario”. Conta que como na súa ONGD traballan con nenas e nenos, o que máis buscan no voluntariado é: “Empatía, compromiso, constancia e coidados”. Á hora de captar voluntarios, Fernando tamén considera que a formación é chave. Leticia comparte que en Altair existen uns estatutos que o voluntariado debe coñecer para decidirse a colaborar e a maiores lembra: “A nosa ONGD non ten ideoloxía, pero todos temos a mesma posición respecto a certos temas”. Judith apunta que cada ONGD é diferente e ten uns obxectivos propios que cada voluntario ten o deber de coñecer.
Que os voluntarios e a organización compartan iniciativa e traballen coordinadamente é clave para o correcto funcionamento da ONGD. Para isto é moi importante respetar o código de conduta que teñen as ONGDs. Leticia é contundente: “O código de conducta está bastante claro. Se ti te presentas é porque tes unha conducta en principio que é boa, de compromiso, de vontade, de ofrecer o teu tempo”. Judith engade que cada organización debe ter un código propio, pero: “Non é só para dentro da organización, senón que tamén recolle a imaxe que podes ensinar, o que é correcto mostrar de cara a sociedade”.
Falando sobre as diferentes funcións que poden desempeñar as persoas voluntarias, Leticia e Judith coinciden: “Independentemente de que cada organización teña uns obxectivos, tratamos de que cada persoa que entre poida descubrir un lugar onde se sinta útil. Non só se colabora cunha ONGD para compartir o tempo, senón que tamén é unha oportunidade para crecer como persoa…”. Nas tarefas a desenvolver no seo dunha ONGD destacan as labores de sensibilización, difusión, secretariado ou tesourería. Coinciden ademais na importancia de que as persoas voluntarias estean cómodas, pois a meirande parte chegan ás organizacións a través do boca a boca.
Cando falamos sobre a posibilidade de que a xente se aproveite de colaborar cunha ONGD para facer autopropaganda, Fernando é contundente: “Eu creo que a labor está moito antes que todo iso”. Leticia engade “Este é un traballo que leva moito tempo e no que hai que estar implicado. Hai xente que igual non o ten moi claro, pero esas persoas acábano deixando ás poucas semanas”.
En canto ás doazóns, o que de verdade interesa non son as puntuais, senón a permanencia. Así, para as ONGDs, “é máis beneficioso que unha persoa colabore durante varios anos con 30 euros, que unha doazón puntal de 100 euros”. Fernando explica que actualmente as ONGDs son máquinas de márketing que tras unha doazón fan un seguimento para intentar captarte e converterte en socio. Ó tratar o tema de se é mellor facer doazóns en especie ou con diñeiro (25 abril de 2018), Fernando considera que as ONGDs fixeron moi bo traballo nese sentido: “Foron capaces de concienciar á sociedade de que en moitas ocasións o diñeiro é máis útil que aportar cousas”.
Acción
Retomando o tema da acción, explicamos de novo en que consiste e o que queremos conseguir con ela. Comentámolles tamén as opcións que estivemos barallando, abertos a novas suxerencias pola súa parte. Os nosos colaboradores que xa estiveran no anterior coloquio mostráronse de novo interesados e Leticia, que non asistira aos coloquios previos, mostrou gran entusiasmo coa idea de levar a cabo unha acción coa que demos a coñecer as labores das ONGDs galegas.
Conversaron connosco:
- Judith Lucachesky da ONGD Manos Unidas
- Leticia Carrera, de SetePortas Altair
- Fernando Rodríguez, director da axencia de publicidade Con C de Comunicación.
Ligazóns:
- Redacción. (5 de decembro de 2017). El voluntariado se duplicó en Galicia en dos años, contra la tendencia estatal. La Voz de Galicia. Recuperado de: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2017/12/05/voluntariado-duplico-galicia-dos-anos-contra-tendencia-estatal/0003_201712G5P30994.htm
- Equipo. (25 de abril de 2018) Donar dinero, ¿peor o mejor que donar en especies? Acnur. Recuperado de: https://eacnur.org/es/actualidad/noticias/emergencias/donar-dinero-peor-o-mejor-que-donar-en-especie
- Equipo. (Febreiro de 2019). O traballo das ONGD galegas no mundo. Informe 2018. Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento. Recuperado de: https://galiciasolidaria.org/wp-content/uploads/2019/02/Informe-2018_O-traballo-das-ONGD-galegas-no-mundo.pdf
- Equipo. (Xaneiro de 2016). Código de Conducta. Coordinadora de ONG para el Desarrollo-España. Recuperado de: https://coordinadoraongd.org/wp-content/uploads/2016/01/Codigo_Conducta.pdf
CONDE CAMPOS
É interesante ver como un publicista como Fernando Rodríguez recoñece que algunhas estratexias publicitarias empregan, con fins propagandísticos, as doazóns que as empresas fan a Organizacións Non Gubernamentais.
Por outra banda, no tocante ás doazóns en cartos ou en especie, é moi interesante ver como son as propias ONGDs as que intentan derrubar o mito de que doar en especie é moito máis efectivo. Neste comentario na web de Oxfam México, Jonathan Quintero, coordinador de atención a socios de Oxfam, exmplifica moi ben as principais vantaxes e desvantaxes de cada método, tratando de incentivar as doazóns de diñeiro preferentemente sobre as de especie.
Quintero, Jonathan. (15 de setembro de 2017). ¿Es mejor donar dinero que en especie?
Recuperado de: https://www.oxfammexico.org/historias/%C2%BFes-mejor-donar-dinero-que-en-especie
GústameGústame
COUTO GARCÍA
Efectivamente Sergio, pareceunos moi interesante dar a coñecer o que realmente queren as ONGDs no tocante aos tipos de doazóns. Moitas veces cremos que doar en especie é o máis convinte, mais é realmente a axuda económica a que máis vantaxes ofrece. No informe que aportas de Oxfam México podemos ver algúns dos motivos para decidirnos pola doazón de cartos como, por exemplo, aportar ás persoas afectadas a posibilidade de investir no que realmente precisan ou colaborar no desenvolvemento económico da zona. A pesares disto, moita xente móstrase reticente á hora de doar diñeiro e cremos que un dos principais motivos é a falta de transparencia dalgunhas organizacións. Fernando contábanos que para el o máis importante que pode vender unha ONGD é a confianza. Por outra banda, coma comentou Judith, en Manos Unidas saben que isto é moi importante, polo que sempre intentan aportar todos os datos e información para que a xente saiba en todo momento a que se destinan os cartos.
En canto á aportación de Fernando, pensamos que as empresas adoitan mirar polo seu propio interese en cada decisión que toman, mesmo cando están a ser solidarias. Contar cun publicista no noso círculo apórtanos un punto de vista máis descoñecido, pero realmente interesante.
GústameGústame
FERNÁNDEZ COUSO
Con relación ás achegas de Fernando no ámbito publicitario, tamén resulta sorprendente a perspectiva de xénero que queren mostrar Judith e Leticia, comentando que a meirande parte dos voluntarios son mulleres, aínda que é perceptible a súa ausencia nos postos que requiren toma de decisións.
A raíz deste discurso, con respecto á situación da muller e a publicidade das ONGDs hai que mencionar que o código de conducta que plantexan estas ONGD promociona a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres; así como tamén a equidade de xénero, como valores de importancia. Mais como se reflicte neste estudo: Perspectiva de Género en las ONGD vascas, de Clara Murguialday, Amaia del Río, Estibalitz Anitua e Cristina Maoño, o tratamento informativo ou mediático, ou o material que as ONGD difunden das mulleres do Terceiro Mundo non cumpre con eses valores. Este material non responde ó mandato de non mostrar imaxes catastrofistas, xeneralizadoras ou discriminatorias. En moitas ocasións as mulleres destes países subdesenvolvidos son plasmadas en imaxes coma vítimas pasivas, persoas indefensas ou sen ningún tipo de poder.
Pola súa perspectiva de xénero no tema anterior, cal é a opinión de Judith ou Leticia sobre ese tipo de prácticas?
Murguialday, Clara; Del Río, Amaia; Anitua, Estibalitz; Maoño, Cristina (Xuño 2000). Perspectiva de género en las ONGD vascas. Recuperado de:
http://publicaciones.hegoa.ehu.es/uploads/pdfs/70/Perspectiva_de_genero_en_las_ONGD_vascas.pdf?1488539212
GústameGústame
ABELENDA CAMBÓN
Nun artigo da Revista Española de Investigaciones Sociológicas, escrito por Sandra Dema Moreno, doctora en Estudos de Xénero, trátase o tema da perspectiva de xénero nas ONGD. É importante sinalar que o feito de que a maioría dos membros das ONGDs sexan mulleres non garante un enfoque de xénero axeitado e é máis, téndese a dar por feito e coma consecuencia non se lle presta importancia. Nesta publicación recálcase ademais que, nas ONGDs nas que hai unha maior presenza numérica de mulleres o que se consegue é a invisibilidade das relacións de poder entre homes e mulleres.
Con respecto a cal é a opinión de Judith e Leticia sobre este tipo de prácticas: Leticia comentounos que para ela o erro está en mostrar sempre á muller como vítima. Por exemplo, explícanos que na maioría das campañas contra o machismo as imaxes que se mostran sempre reflexan a unha muller indefensa, con golpes e nunha esquina chorando. É certo que isto reflicte unha realidade, pero para Leticia o mellor sería reflexar a unha muller feliz e empoderada que consegue saír desa situación. Pola súa parte, Judith responde que dende Manos Unidas defenden a igualdade e a dignidade das persoas, polo que sempre poñen especial coidado no material audiovisual empregado nas súas campañas. Falounos da campaña actual de Manos Unidas, chamada “La mujer del siglo XXI, ni independiente, ni segura, ni con voz”. A campaña mostra a imaxe directa e impactante dunha muller india coa que pretenden reflexar a realidade que viven moitas mulleres e que dende a ONGD queren denunciar. Con respecto ao estudo “Perspectiva de Género en las ONGD vascas”, Judith non está de acordo cós datos que aporta, xa que non se corresponden có tratamento que dan ós protagonistas dos seus proxectos de desenvolvemento.
Dema Moreno, Sandra (2008). Las desigualdades de género en las ONG de desarrollo: discursos, prácticas y procesos de cambio. Revista Española de Investigaciones Sociológicas, 119-144. Recuperado de:
Fai clic para acceder a REIS122_041207049299969.pdf
GústameGústame
Excelente trabajo de difusión y sensibilización!!
GústameGústame