GARCÍA RODRÍGUEZ
Libraría Couceiro
“A atención domiciliaria e a atención primaria vanse ter que desenvolver porque a de maiores (Faro de Vigo, 10 de febreiro de 2018) que vai haber vai ser brutal”, apunta a enfermeira Liliana María Bettremieux cando lle preguntamos polo novo modelo de Atención Primaria para Galicia, presentado o pasado 22 de febreiro polo Conselleiro de Sanidade (Xunta de Galicia, 5 de marzo de 2019) Jesús V. Almuiña. Ana Laura Malheiro asente dende o outro lado da mesa e incide en que ademais “é o que máis tempo leva”, ao que Bettremieux responde que en xeriatría non hai tantos enfermeiros especializados.
Con respecto ás novas pautas para a Atención Primaria da nosa comunidade, o Goberno está disposto a aumentar o número de enfermeiros se tamén se incrementan as súas tarefas, ao que a médico Ana Laura Malheiro se opón alegando que é preferible ter máis enfermeiros pero que estean máis especializados, así no seu traballo diario “necesitaría outro enfermeiro que me axudase para o programa da hipertensión, para facer todos os controis polo seu lado, para a diabetes…”. O enfermeiro Pedro Camacaro explica que iso “non está nin sequera na proposta”. Sobre a cantidade de persoal existente na nosa sanidade pública, Bettremieux incide en que “en España fronte a Europa hai máis médicos, o que pasa é que a asistencia está peor organizada. Estamos adicados moitas veces a facer cousas que non teñen tradución a nivel de resultados en saúde”.
Por outro lado, Bettremieux tamén pensa que o plantexamento da Atención Primaria en Galicia non é o correcto, xa que “o documento está baseado nos profesionais, cousa que é un erro. A política sanitaria ten que basearse nas necesidades dos cidadáns”, afirmación coa que concorda Ana Laura Malheiro. Porén, Camacaro di que pensar nos profesionais á hora de crealo si que é necesario, pero debe estar desenvolvido doutro xeito: “Non precisamos que nos poñan máis médicos e enfermeiras de momento, precisamos que nos desenvolvan que queren que se faga para saber cales son as necesidades da poboación e como as imos resolver, partindo de aí, veremos cantos nos fan falta”.
Sobre a repercusión na poboación galega destas novas medidas, Malheiro comenta que “cada quen só coñece o que lle interesa, que é a súa necesidade inmediata” ao que Liliana María Bettremieux engade que é o “lóxico, se non o necesitan tampouco se paran, despois cando o precisas, chegas a Internet e ves o mal que está a páxina do SERGAS”, polo que a pesar de que lles afecta, non son coñecedores destes cambios no ámbito sanitario.
Con respecto ao tratamento da sanidade nos medios de comunicación, a opinión é unánime: as peticións e disconformidades están ben reflectidas nos medios de comunicación. Segundo as palabras do propio Pedro Camacaro, “estáse reflectindo a inconformidade, o único é que non se tratou o fondo do asunto de forma suficiente porque evidentemente a administración non os quere tratar”. Cando lle preguntamos cales son para el os problemas de fondo comenta que “non existen políticas en saúde en toda España, pero si por comunidades e o que dá resultado nalgúns sitios non se iguala noutros.”
ACCIÓN
Co fin de continuar co debate e seguir comentando o novo modelo de Atención Primaria, presentado hai tan só uns días, o noso grupo de traballo buscará indagar na politización da saúde e en como os diferentes partidos políticos tratan este tema no seu discurso, para así facilitar unha visión xeral do panorama político no que a saúde e sanidade respecta. Estas conclusións serán divulgadas en futuras reunións aos nosos participantes, para que aporten a súa opinión sobre a conexión evidente que existe entre a sanidade e a política.
CONVERSARON CONNOSCO
-
- Ángel Paniagua Pérez, xornalista especializado en información sobre saúde.
-
- Liliana María Bettremieux Toyos, enfermeira de atención primaria.
-
- Pedro Camacaro Rojas, enfermeiro en Venezuela.
-
- Ana Laura Malheiro Gutiérrez, médico
- María Elisa Álvarez González, xornalista especializada en información sobre saúde.
LIGAZÓNS
Álvarez, E. (25 de febreiro de 2019). El rechazo de médicos y enfermeros pone en jaque el plan del Sergas para la primaria. La Voz de Galicia. Recuperado de: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2019/02/25/rechazo-contundente-medicos-nuevo-modelo-primaria/00031551088867952897498.htm
Vizoso, S. (26 de xaneiro de 2019). Sanidad al límite en la tierra de Matusalén. El País. Recuperado de: https://elpais.com/sociedad/2019/01/24/actualidad/1548347151_489521.html
Pardo, M. (19 de xaneiro de 2019). Las protestas se enquistan en la sanidad gallega, que Feijóo erige en su asamblea como gestor. ElDiario.es.Recuperado de:
https://www.eldiario.es/galicia/movimientos_sociales/Sanidad_0_858115080.html
DEUS GARCÍA
A sanidade pública en Galicia atópase nun momento crítico, mais o problema non creo que se resolva con este novo modelo de atención primaria, senón que reside na estruturación do modelo dende a base e habería que facer unha reforma completa do sistema sanitario para cambialo. Como ben di Ana Laura Malheiro no post o que fai falta é persoal especializado, así poderíanse axilizar as tarefas e mellorar o sistema. Aínda que concordo coas palabras de Liliana Bettremieux, pois para coñecer ao persoal que fai falta hai que estudar primeiro as necesidades da cidadanía. Ao fin e ao cabo a sanidade debería rexerse polos intereses dos pacientes e non polos intereses políticos.
Mais o problema vén de fai tempo xa que o goberno de Feijóo nunca lle deu prioridade á sanidade e tomou decisións que pouco a pouco fixeron que fora en declive, chegando ao punto insostible no que estamos agora. Cunha folga convocada para os días 9, 10 e 11 de abril o presidente autonómico négase a facer autorreflexión, negando que haxa un paro convocado e mesmo a existencia do conflito. O persoal sanitario xa mostrou o seu descontento coa reforma, pero agora deberíamos tomar conciencia os usuarios da sanidade pública e loitar para que non se xogue coa nosa saúde.
LIGAZÓNS
Pardo, M., y Lombao, D. (28 de marzo de 2019). Feijóo niega una huelga en la sanidad gallega que ya han confirmado sus convocantes. eldiario.es . Recuperado de: https://www.eldiario.es/galicia/politica/Feijoo-galicia-sanidad_0_882611835.html
Vaamonde, P. (31 de marzo de 2019). O maltrato da Atención Primaria e da Sanidade Pública en Galicia. Praza . Recuperado de: https://praza.gal/opinion/o-maltrato-da-atencion-primaria-e-da-sanidade-publica-en-galicia
GústameGústame
GARCÍA RODRÍGUEZ
Concordo con que a verdadeira problemática da sanidade non só galega senón española reside nas súas bases. O sistema sanitario está mal plantexado como levamos vendo nas xuntanzas realizadas polo noso grupo. Aínda así, non penso que non exista xa un persoal altamente cualificado e especializado dentro do noso país, senón que este non está donde realmente o necesitan.
Cantos contratos de curta duración hai dentro do Sergas? Cantas oportunidades se lles está dando ás persoas novas que acaban de saír das súas carreiras e queren desempeñar labores próximos aos centros de saúde ou hospitais? Penso que en Galicia contamos cun persoal capaz de atender as necesidades da poboación, pero que isto non será posible ata que non se reorganice o sistema dende a base.
LIGAZÓNS
Carreira, S. (16 de setembro de 2018). Donde se forma la élite de Galicia. La Voz de Galicia. Recuperado de: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/mercados/2018/09/16/forma-elite-galicia/0003_201809SM16P6995.htm
Sergas. (2015). Listado Provisional de Admitidos (Curta Duración). Recuperado de: https://www.sergas.es/Recursos-Humanos/Documents/4187/PROV%20ACT_15102015%20AD%20PULL%20Celador.pdf
GústameGústame
DEUS GARCÍA
Realmente a cualficación dos profesionais da sanidade tanto galega como española é innegable, pero ás veces ou ben non están a traballar no posto no que deberían estar ou ben nin sequera logran atopar o seu sitio, o cal fai que se vexan obrigados a buscar novas oportunidades noutros países. Isto é popularmente coñecido como fuga de cerebros e na actualidade é un problema que afecta a un gran número de mozos e mozas que, a pesar da cualificación e o talento que teñen, a súa única saída é abandonar o seu país para poder exercer a súa profesión, algo que ás veces tardan anos en conseguir. Este fenómeno iniciouse coa crise económica e desde aquelas non deixou de crecer.
Concordo con que un dos principais problemas da sanidade tanto galega como española atópase na base, e sabendo que o vindeiro 28 de abril vanse celebrar as eleccións xerais estaría ben que os partidos políticos lle desen a importancia necesaria ao sistema sanitario nos seus programas e incluísen nas súas listas a profesionais da sanidade, porque eles ao ser expertos neste tema poderían asesoralos de maneira óptima. É o caso, por poñer un exemplo, de Pepa Andrés, que exerce como enfermeira e ademais é candidata polo PSOE ao Congreso. As opinións de Andrés sobre a sanidade española debuxan un panorama non moi bo que, porén, podería mudar con algunhas medidas: o que máis falta son avances tecnolóxicos e a construción de novos centros médicos e hospitais que poidan acoller e dar unha atención decente á cidadanía. Pero quizais, a pesar da aparente sinxeleza destas medidas, os políticos están máis preocupados doutras cousas que da sáude de todo un país, ao fin e ao cabo todo o mundo ten as súas prioridades.
Ligazóns
Nova, I.P. (24 de abril de 2019). PSOE: “A la sanidad española le falta calidad para ser la mejor del mundo” Redacción Médica. Recuperado de: https://www.redaccionmedica.com/secciones/sanidad-hoy/psoe-a-la-sanidad-espanola-le-falta-calidad-para-ser-la-mejor-del-mundo–7827
Doncel, L. (21 de maio de 2017). El talento quiere volver a casa. El País. Recuperado de: https://elpais.com/economia/2017/05/20/actualidad/1495286170_018584.html
Fernández de la Mora, A. (18 de xaneiro de 2018). Por qué el talento va a tardar en volver a casa, si es que vuelve. El País. Recuperado de: https://elpais.com/elpais/2018/01/18/ciencia/1516281725_570986.html
GústameGústame
GARCÍA RODRÍGUEZ
Precisamente para procurar que estes novos profesionais non teñan que saír do país para atopar un emprego digno, é necesario un cambio radical das bases da sanidade pública. Como xa se comentou nalgunha das nosas xuntanzas, deben primar sempre os intereses dos pacientes.
A sanidade debe estar enfocada en todo momento ás necesidades dos seus usuarios e non dos seus profesionais. Estes, deberán estar á disposición da cidadanía para tratar de poñerlle cura ás súas doenzas. Así, o problema non está en como os médicos, enfermeiros e, en fin, o persoal sanitario se dirixe aos pacientes, senón en como se enfocan as políticas sanitarias neste momento.
Volvendo ao tema da chamada “fuga de cerebros”, paréceme interesante comentar as diferencias, non só a nivel económico que adoitan ser o principal incentivo destes mozos, senón tamén a nivel profesional. Moitas veces, o labor que realizan nos países aos que chegan é exactamente o mesmo ao que facían en Galicia pero cunha gran diferencia: dáselle máis recoñecemento ao valor do seu traballo. Así, entendo que tamén é importante pararnos a pensar na importancia do persoal sanitario.
Especialmente olvidados están os servizos de Atención Primaria, xa que a gran maioría de nós acode aos centros hospitalarios ante calquera tipo de doenza. Somos realmente conscientes de que os médicos de familia teñen o noso historial médico completo, ademais do da nosa familia? Como ben dixo Suso Sueiro: “o que vemos na Atención Primaria é como unha película, mentres que no hospital só capturarán unha imaxe”.
LIGAZÓNS
CLAVERO, M. (21 de febreiro de 2018). La aventura sueca de una médico del Sergas de Pontevedra. Faro de Vigo. Recuperado de: https://www.farodevigo.es/galicia/2018/02/21/aventura-sueca-medico-pontevedra/1842005.html
ÁLVAREZ, A. (12 de abril de 2019). “Sin una Atención Primaria fuerte en sistema sanitario no se sustenta”. Cadena Ser. Recuperado de: https://cadenaser.com/emisora/2019/04/12/radio_palencia/1555066031_509671.html
ÁLVAREZ, E. (1 de abril de 2019). Jordi Varela: «El médico de familia no puede ser un prêt à porter, tiene que ser un traje a medida». La Voz de Galicia. Recuperado de: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2019/03/26/medico-familia-puede-prt-a-porter-traje-medida/00031553602246045383705.htm
GústameGústame