Ficha 2A Medios comunitarios, populares e alternativos

Presentación

Ola! Somos Carmen García (acción), Eva Fuentes (edición), Josep Lorenzo (difusión), Julio Manuel Lorenzo (diálogo), Paula Ferreira (axenda) e Nerea Fernández (coordinadora e deseño), e imos abordar o tema dos medios comunitarios, populares e alternativos e a súa importancia na sociedade dos nosos días.

WhatsApp Image 2019-02-09 at 22.03.43

Co noso traballo no Observatorio pretendemos dar a coñecer este tipo de medios e difundir o seu papel na actualidade; amosar como se organizan, como operan e a súa accesibilidade. En definitiva, profundar na situación dos medios comunitarios en España, realizando unha comparación cos países europeos.

Tamén pretendemos reforzar a importancia da existencia de este tipo de medios para garantir a pluralidade informativa e así, do mesmo xeito, avalar unha oportunidade para dar visibilidade a voz de novas correntes ou colectivos excluídos nos medios de comunicación de masas. Trataremos as diferencias que afastan ós medios comunitarios dos medios masivos: o financiamento, o tratamento informativo, a participación cidadá, as ideas de formación e profesionalización, a rede relacional de acordos ou colaboracións entre distintas entidades.

As palabras clave do noso glosario son: comunicación – comunidade – medios de comunicación comunitarios – xornalismo alternativo – medios de comunicación de masas –pluralidade – rede relacional – cultura – formación – participación cidadá – independencia.

Dando voz aos Medios Comunitarios

A comunicación é un dereito, e os medios comunitarios participan neste exercicio de comunicar á cidadanía, pero dun xeito moi diferente ós medios convencionais ou masivos. Coa nosa proposta sobre medios comunitarios, alternativos e populares queremos  difundir o papel actual que teñen na nosa sociedade, e en adición,  remarcar o que son e o seu funcionamento á cidadanía. Ademais, pretendemos coñecer a  súa opinión con respecto ós medios de comunicación de masas e o tratamento informativo imperante.

Un dos nosos obxectivos principais é dar a coñecer a súa situación a nivel  organizativo, tendo en conta como operan, e tamén como se desenvolve o acceso a eles.

A situación actual destes medios en España é difícil. A Lei Xeral de Comunicación  Audiovisual (LGCA) non é suficiente, xa que o goberno incumpre dende o ano 2011 esta  normativa ó non dotar de licenzas ás radios e televisións xestionadas pola cidadanía. A capacidade de financiamento será un tema importante a tratar, xa que na meirande parte dos casos sérvense de doazóns doutras entidades.

Será interesante escoitar a opinión dos medios comunitarios sobre a participación cidadá e a non profesionalización que adoitan defender, así como as capacidades formativas e de aprendizaxe que teñen estes medios. A rede relacional que establecen este tipo de asociacións con outras entidades ou empresas coas que colaboran e cooperan -as sinerxías- van ser outro dos puntos de mira na nosa investigación.

A importancia destes medios de comunicación radica na pluralidade do xornalismo. Os medios comunitarios ó fin e ó cabo non deixan de ser unha oportunidade máis de difusión das voces de diferentes correntes culturais ou colectivos, que non se ven representadas nos medios masivos, e son chave para entender e coñecer a realidade social en España ou noutros países. Ademais, supoñen un importante instrumento de control ou seguimento das prácticas dos medios de comunicación de masas, xa que son imprescindibles para poder apuntar erros, manipulacións e distorsións, e polo contrario, salientar as boas prácticas e difundir modelos a seguir, conseguindo achegar unha solución á crise de credibilidade á que se someten os medios de comunicación actuais.

As fontes que participen con nós nas reunións de círculos foron seleccionadas por motivos xeográficos -preferencia a medios locais- ou de relevancia para as diferentes temáticas a tratar. Como fontes quixemos ter en conta ós mediadores e mediadoras da comunicación deste tipo de medios (comunitarios, alternativos e populares) cuxas voces non adoitan aparecer nos medios de comunicación habitualmente.

A nosa acción final estaría dirixida cara á creación dun manual de boas prácticas dos medios comunitarios. A partir das reflexións dos círculos e coa axuda dos colaboradores, abordaríamos diferentes cuestións sobre o que se debe facer e o que non, en relación ó tratamento informativo. Tamén expoñeríamos a súa situación actualmente en Santiago de Compostela. O principal obxectivo é a creación dun material divulgativo que poida servir de guía para futuros medios ou para os xa existentes, e tamén dea a coñecer a súa situación na sociedade.

Ligazóns:

Red de Medios Comunitarios. ¿Cómo debe ser la comunicación y la sociedad de la información? Xuño 2018 [consulta: 10 de febreiro de 2019].

Red de Medios Comunitarios. España ignora a los medios comunitarios; Europa, apoya. Febreiro 2019 [consulta: 10 de febreiro 2019].

Red de Medios Comunitarios. Medios comunitarios, clave para el cambio cultural, según los movimientos sociales. Decembro 2018 [consulta: 10 de febreiro 2019].

Glosario

Temática: Os medios comunitarios, populares e alternativos no marco da sociedade actual.

Palabras clave: Comunicación popular, comunicación alternativa, comunidade, medios comunitarios, medios de comunicación de masas, pluralidade, rede relacional, cultura, formación, participación cidadá, independencia.

Breve glosario conceptual:

Comunicación popular: instrumento dun proceso educativo transformador feito co pobo. Ten unha forte ancoraxe nos movementos populares que xorden nas décadas dos setenta e oitenta do século pasado. Na comunicación popular é necesario ir mudando o modelo de comunicación emisor-receptor: todos deben ser emisores- receptores;  é preciso construír unha comunicación grupal e comunitaria. Segundo Cicilia K. Peruzzo (2009) “é unha expresión das loitas populares por mellorar condicións de vida, que ocorren dende movementos populares e representan un espazo para a participación democrática do pobo”.

Comunicación alternativa (ComA): é un intento de comunicación máis involucrada cos procesos e discursos de transformación social profunda. Algunhas características da ComA poden ser: marxinalidade, contrainformación, oposición, participación, horizontalidade, resistencia, esfera pública alternativa (ou cívica), contrahexemonía, cultura popular e transformaciónn social democrática… Propón, pois, un discurso alternativo, á marxe do sistema e normas imperantes. “ actúa como ferramenta para unha comunicación no marco popular, sen deixar de lado a militancia, quedando implícito que xornalistas e comunicadores deben estar adentro do conflicto, sempre cunha clara tendencia a democratizar a palabra e a información” (Moraes, 2007).

Medios comunitarios: son un recurso en man da comunidade para participar dunha experiencia comunicativa ou mediática, lugares de encontro social sobre todo para o Terceiro Sector. Non son un servizo á comunidade, senón que é a comunidade propia quen articula un dispositivo de comunicación que se basea nunhas normas de acceso consensuadas asembleariamente. Ademais, por contaminación do alternativo responden maioritariamente a criterios contrahexemónicos, confrontados ao sistema de medios dominantes. Por contaminación do popular, responden a unhas características determinadas de identidade,  de pertenza e tamén de formas e técnicas específicas dunha cultura particular, aglutinadora, que se quere reproducir (e de aí o seu carácter educativo e socializador). Por último, cómpre sinalar que converxen no lugar distintas e diferentes organizacións e actividades, con contidos plurais, fornecendo o diálogo dentro delas e as accións solidarias conxuntas, facendo tecido social. Para Magarola (2005) “ a comunicación comunitaria inclúe a todas as expresións que xorden como parte da produción cultural (bens materiais, simbólicos) das organizacións da sociedade civil, clubes, bibliotecas, cooperativas, asociacións sen fines de lucro, mutuais, centros culturais, grupos de  veciños autoconvocados, movemento (ecoloxista, de campesiños, de dereitos humanos, de traballadores desocupados, de libre exercicio do seus dereitos sexuais, de pobos orixinarios).”

Participación cidadá: É unha acción social contida en diferentes marcos legais no orbe, ó ser un dereito democrático fundamental; pero é neste século XXI cando as concepcións que tivemos ata o momento sobre dito tema trastócanse e constitúen un verdadeiro reto, debido á masificación de diversos dispositivos tecnolóxicos que permite unha interacción social constante. Demo (1988) afirma que “a participación activa é a conquistada polos propios suxeitos, nun contexto de esforzo consciente das tendencias históricas contrarias”.

Bibliografía

CIC Apuntamentos. Dispoñible en: (Observatorio Cidadán de Comunicación).

Demo, P. (1998). Participação é conquista. São Paulo: Cortez: Autores Associados.

De Moraes, D. (2007, maio- agosto). Comunicação alternativa, redes virtuais e ativismo: avanços e dilemas. Revista de Economía Política de las Tecnologías de la Información y Comunicación, Vol. IX, n. 2. Dispoñible en: www.eptic.com.br

Magarola, O. (2005). Aproximaciones al fenómeno de la Comunicación Comunitaria.

Apunte de cátedra. Universidad de Buenos Aires.

Peruzzo, C. K. (2009). Conceitos de comunicação popular, alternativa e comunitária revisitados e as reelaborações no setor. Rio de Janeiro: Eco-Pós N°2 (V.12): p. 46-61.

Proposta Completa

Posts de análise:

A importancia de implicar á comunidade

Facer fronte aos gastos nun medio comunitario

É a profesionalización unha materia olvidada para os medios comunitarios?

A participación, o sustento da comunicación comunitaria

Redes relacionais, conditio sine qua non para os medios comunitarios

Lexislación nos medios comunitarios, situación actual, limitacións e cambios no horizonte

Coñece a nosa guía de boas prácticas nos medios comunitarios

Que pensan os nosos colaboradores?

Comentarios

S1C As ONGDs tamén viven da súa imaxe

S1B Xornalismo: emprego ou vocación?

S1C As profundidades do voluntariado

S1B Desafeccións e novas costumes

S1C A profesionalización e os seus niveis nas ONGDs

S1B Conciencia do negativo

S1C O futuro das ONGDs

S1B É posible un cambio de modelo dos medios?

Carta de acordo dos comentarios

Material de acción

Material de difusión

Material de diálogo

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.