CRTVG

LOMBA FERNÁNDEZ

A TVG é a segunda canle autonómica máis vista en España, xa que no 2018 obtivo unha cota de pantalla do 9,9%. Porén, non só a zona galega ve a TVG, posto que chega a países como Portugal, Suíza, Romanía Arxentina ou Venezuela, mediante Galicia TV Europa e Galicia TV América. A corporación inclúe a canle TVG2.

BARLOVENTON
Imaxe do informe Barlovento 2018

Outro ano máis, a TVG volverá a situarse na cuarta posición das canles autonómicas que máis cartos recibe do fondo público. O aumento será de 2,3 millóns de euros máis en 2019, obtendo un presuposto total de 109,2 millóns. Este incremento, por parte da Xunta, ven tras a marea de críticas contra as presuntas manipulacións no medio de comunicación.

O conflito derivou dos cambios da programación e de formato de “Diario Cultural” que, tras trinta anos na radio sufriu as súas primeiras variacións. Ademais a diminución da cobertura da información local foi moi criticada, xa que produciría unha centralización da información dende a sede de Compostela. Pero aínda que o capital social declarado é de 25 millóns de euros, o ano 2017 a Galega cerrou cun déficit de 93,5 millóns de euros, acumulando 189,4 millóns contando o do ano anterior.

Os xa coñecidos Venres Negros, comezados nun principio pola RTVE, iniciáronse en maio do ano pasado. Con anterioridade os traballadores da CRTVG estiveran recompilando o seu descontento no blogue Eu non manipulo. Este malestar interno chegou moi alto, ata provocar a dimisión de Tati Moyano e Alfonso Hermida, presentadores do Telexornal Serán, ás 20.30 horas. Os xornalistas argumentaron a súa decisión polas discrepancias que tiñan coa liña informativa.

2018061919575622432
Tati Moyano e Alfonso Hermida

Os representantes sindicais critican que o poder da Xunta desmantela, dende o ano 2010, a CRTVG, provocando un control a favor do Partido Popular. Sinalan esta data, porque foi o momento no que cerraron as delegacións de Burela, Ferrol e Pontevedra. A CUT Galicia viaxou a Bruxelas para denunciar no Parlamento Europeo a manipulación e precariedade laboral da CRTVG, na conferencia sobre a liberdade de expresión e de prensa. Alí centráronse no incumprimento da Lei de Medios Públicos de Comunicación de Galicia, ao non crearse o Estatuto Profesional nin o Consello de informativos, uns mecanismos que axudarían á independencia profesional dos xornalistas. Tras sete anos, o goberno de Galicia aínda non puxo en marcha estes proxectos.

Todos estes sucesos contrastan coa base inicial da canle, o deber público de abastecer a demanda de información da poboación. E, aínda que os comunicadores galegos protesten pola presente manipulación, Feijóo lávase as mans sobre o tema. El mesmo, nunhas declaracións no 2018 para a Ser, expón que non é o seu traballo. O presidente da Xunta admite que: “Non, non porque no me gusten, senón porque as miñas obligacións non me permiten estar diante dunha pantalla cada vez que hai un informativo, sabeo a xente que me coñece que nin quito nin poño presentadores de Telexornais“. O que é máis importante recalcar é que eses telexornais, denunciados por exceso control gobernamental non son vistos se quera por Feijóo.

 

LIGAZÓNS

Barlovento Comunicación. (2018). Análisis televisivo. Recuperado de: https://www.barloventocomunicacion.es/wp-content/uploads/2018/12/analisis-televisivo-2018-BarloventoComunicacion.pdf

Dircomfidencial. (13 de novembro de 2018) “El presupuesto de la Televisión de Galicia vuelve a crecer tras enterrar 189 millones en los últimos años”. Recuperado de: https://dircomfidencial.com/medios/el-presupuesto-de-la-television-de-galicia-vuelve-a-crecer-tras-enterrar-189-millones-en-los-ultimos-anos-20181113-0403

CRTVG. (2011). Lei de Medios Públicos de Comunicación Audiovisual en Galicia. Recuperado de: http://www.crtvg.es/crtvg/portal-de-transparencia/informacion-institucional/referencias-legais/lei-de-medios-publicos-de-comunicacion-audiovisual

Galicia Press. (9 de setembro de 2018) “Feijóo reconoce que no ve los informativos de la TVG”. Recuperado de: https://www.galiciapress.es/texto-diario/mostrar/1181182/feijoo-garantiza-remodelacion-gobierno-xunta-hara-condiciones-estabilidad-gobernabilidad

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s