Ficha S2B Muller e Comunicación

Presentación

Ola! Somos Nuria González (coordinación e deseño), Miriam García (axenda), Marcos Ferrín (difusión), Ánxela Jorge (edición), Alejandra García (acción) e Amanda Fernández (diálogo) e imos abordar a muller e a súa incidencia nos medios de comunicación. Pretendemos afondar sobre o seu papel atendendo a unha tripla vertente: a figura da muller como movemento político e construtora social, o espazo ofertado dentro dos diversos espazos temáticos da información (deportes, sociedade, cultura, prensa rosa…) e o tratamento que reciben coma protagonistas da información (titulares discriminatorios, contidos…).

WhatsApp Image 2019-02-09 at 22.57.58

Partimos dunha situación na que a prensa comeza a estar sensibilizada coa igualdade de xénero. Aínda así, non asume un posicionamento claro respecto da loita feminista. Existen problemas patentes relacionados coa muller: o tratamento do tema nos distintos xornais e a súa vertebración, relegada a seccións minoritarias, ou a perspectiva dende a que se escriben as noticias, marcadas polos prexuízos (descricións físicas das mulleres que son obxecto da información, sexualización das nenas, estereotipos degradantes e frases condescendentes).

En conclusión, tentaremos descubrir o papel político da muller na prensa, superando ideas preestablecidas con novos argumentos e novas vías de estudo, afondando na problemática. Procuramos axudar a crear unha maior concienciación sobre igualdade de xénero nos profesionais dos medios de comunicación e contribuír de xeito importante a mellorar a nosa perspectiva coma futuros comunicadores.

Algunhas das nosas palabras clave son: feminismo – xornalismo – medios de comunicación – igualdade de xénero – tratamento informativo – discriminación – muller.

Pescudando melloras entre iguais

Os seres humanos somos intelixentes, comunicámonos e aprendemos de todo aquilo que nos rodea, da experiencia propia e da allea. A nosa evolución construíu persoas empáticas, capaces de entender os comportamentos dos nosos semellantes e cunha especial necesidade de interacción con eles que nos empuxa irremediablemente a vivir en sociedade. Dentro deste espazo, creamos dúas dimensións: a pública e a privada. Na primeira é onde se define o noso status social, o noso papel dentro da comunidade, exulgando esta faceta pública, os nosos conxéneres defínennos atribuíndonos calidades desexables ou detestables en función do noso comportamento. É innegable que as actitudes desexables son susceptibles de ser imitadas; todos queremos ser aceptados, aplaudidos, venerados, polos demais. A segunda dimensión é a privada, a que está oculta e non merece maior atención aparte da crítica dalgún veciño cotilla.

Ata hai pouco tempo, no que a termos históricos se refire, a muller non tiña un papel relevante e estaba abocada unicamente a desenvolver a súa vida dentro da dimensión social privada. Ser muller implicaba ter un status inferior, e as poucas actitudes públicas eloxiadas eran aquelas que daban máis prestixio e poder ó home, como ser boa esposa, nai, cociñeira ou simplemente fermosa. A medida que a muller foi reclamando o seu espazo público, o panorama social foi mudando, pero quedan aínda moitos estereotipos e modelos que necesitamos mudar.

Os medios de comunicación comezan a implicarse coa igualdade de xénero, son máis conscientes da linguaxe que utilizan e o espazo que ocupan as mulleres dentro da sociedade, pero é necesario que tamén sexan responsables do seu papel como modelo de referencia na creación da realidade social pública. Da súa implicación no impulso da muller cara o lugar que lle corresponde por lei, depende que o resto da comunidade recoñeza á metade da poboación mundial coma iguais, non por dereito, senón por respecto e verdadeira admiración.

O noso grupo de traballo nace da vontade de mudar esta situación, empezando por analizar a prensa actual e reflexionando sobre a marxinación da muller nos medios de comunicación, prestando especial atención a tres aspectos clave: a figura da muller como movemento político e construtora social, o lugar que ocupa dentro dos diversos espazos temáticos da información e o tratamento que reciben as mulleres protagonistas.

Para poder afondar nestes temas, queremos contar con expertas que levan traballando moitos anos dende a perspectiva feminista: activistas, xornalistas, educadoras sociais… Persoas que están moi sensibilizadas coa problemática e que nos poden axudar a ir moito máis aló no noso diagnóstico dos medios. Creemos que esta análise pode axudar a crear unha maior concienciación sobre a igualdade de xénero no xornalismo e contribuír de xeito importante a mellorar a nosa perspectiva como futuras profesionais da comunicación.

Glosario

Feminismo: “El feminismo es el conjunto de creencias e ideas que pertenecen al amplio movimiento social y político que busca alcanzar una mayor igualdad para las mujeres. El feminismo, como su ideología dominante, da forma y dirección al movimiento de las mujeres y, desde luego, es moldeado por éste. (Fiss, 1993, pp 319 e 321)

Xornalismo: “el ejercicio de buscar, recolectar, grabar, investigar, sintetizar, redactar, seleccionar, editar, imprimir, divulgar, publicar o difundir informaciones, noticias, ideas, imágenes u opiniones de interés general, así como la distribución de estas a través de cualquier medio de comunicación” (Romero, 2015)

Medios de Comunicación: “las instancias masivas de la comunicación, ya sea la prensa, la radio y la televisión en sus acepciones públicas, privadas o comunitarias […] mecanismos que permiten la diseminación masiva de información facilitando la construcción de consensos sociales, la construcción y reproducción del discurso público y ciertos niveles de interacción principalmente de los nuevos medios independientes, alternativos y comunitarios” (Raboy y Solervincens, 2006)

Igualdade de xénero: “se refiere a ‘la igualdad de derechos, responsabilidades y oportunidades de las mujeres y los hombres, y las niñas y los niños’. Por tanto, el sexo con el que hayamos nacido nunca va a determinar los derechos, oportunidades y responsabilidades que podamos tener a lo largo de nuestra vida” (García, 2018)

Tratamento informativo: “el modo en el que los relatos difundidos por los medios de comunicación abordan un asunto (lo que dicen y lo que no dicen)” (Martínez, 2011, p 71)

Discriminación:se produce cuando las personas reciben un trato menos favorable que el dispensado a las demás que se encuentran en una situación comparable solo porque forman parte, o se considera que pertenecen, a un determinado grupo o categoría de personas. Las personas pueden ser discriminadas debido a su edad, discapacidad, etnia, origen, creencias, raza, religión, sexo o género, orientación sexual, idioma, cultura y por muchos otros factores” (Council of Europe, 2017)

Muller: “No se nace mujer: se llega a serlo. Ningún destino biológico, psíquico o económico define la figura que reviste en el seno de la sociedad la hembra humana; es el conjunto de la civilización el que elabora ese producto intermedio entre el macho y el castrado al que se califica de femenino. Únicamente la mediación de otro puede constituir a un individuo como un otro” (Beauvoir, 1949)

Proposta completa

Posts de análise:

1.Proposta:

Proposta final do S2B “Muller e Comunicación”: https://drive.google.com/file/d/0B-jOHfGN3x-2cHk4ai1fTGM3X0VjYjNiaUREVTNqZW0zdi04/view

Post Proposta: https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2019/02/18/que-proponemos-2/

2. Postsrealizados:

 

3. Comentarios recibidos nos posts segundo os acordos:

Acordo do S2B co S2D:

-Deontoloxía da inconsciencia:   https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2019/02/28/deontoloxia-da-inconsciencia/comment-page-1/#comment-5020

-Xornalismo como reflexo da sociedade: https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2019/03/12/xornalismo-como-reflexo-da-sociedade/comment-page-1/#comment-5035

-A necesaria reordenación social:

https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2019/03/19/a-necesaria-reordenacion-social/comment-page-1/#comment-5066

-Caladiñas non estamos máis guapas: https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2019/04/09/caladinas-non-estamos-mais-guapas/comment-page-1/#comment-5289

-MullerES: https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2019/04/16/mulleres/comment-page-1/#comment-5323

Acordo do S2B co S3C:

-Deontoloxía da inconsciencia: https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2019/02/28/deontoloxia-da-inconsciencia/comment-page-1/#comment-5022

-Xornalismo como reflexo da sociedade: https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2019/03/12/xornalismo-como-reflexo-da-sociedade/comment-page-1/#comment-5044

-A necesaria reordenación social: https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2019/03/19/a-necesaria-reordenacion-social/comment-page-1/#comment-5065

-Caladiñas non estamos máis guapas: https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2019/04/09/caladinas-non-estamos-mais-guapas/comment-page-1/#comment-5285

-MullerES: https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2019/04/16/mulleres/comment-page-1/#comment-5301

4. Material aportado por diálogo:

-Informe primeiro círculo: https://drive.google.com/open?id=1jWnmR_CsMxdO_sgeiOrlNOYHqUuXJqMe

-Informe segundo círculo: https://drive.google.com/open?id=10W6cXAvWYUR8nb5HbtxrJ5BvLSMTl4yX

-Informe terceiro círculo: https://drive.google.com/open?id=1bVHdlpR4nyXC5nJSaYhJng50ix50s-Vq

 5.Posts de acción e retribución:

-Post de acción:

García Fernández, A. (24 abril do 2019). Filtro morado e reivindicativo en Compostela. Observatorio cidadán de comunicación. Recuperado de: https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2019/04/24/filtro-morado-e-reivindicativo-en-compostela/

-Post de retribución:

García Fernández, A. (25 abril do 2019). As colaboradoras falan sobre nós. Observatorio cidadán de comunicación. Recuperado de: https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2019/04/25/as-colaboradoras-falan-sobre-nos/

6. Comentarios realizados polo grupo:

Comentarios nos posts do S2D:

-Comentario en “Cultura e compromiso” por Alejandra García Fernández: https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2019/04/16/cultura-e-compromiso/comment-page-1/#comment-5298

-Comentario en “Activismos creativos: cal é o seu lugar?” por Nuria González Rodríguez: https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2019/03/08/activismos-creativos-cal-e-o-seu-lugar/comment-page-1/#comment-5058

-Comentario en “Arte e igualdade, historia de amor e desamor” por Nuria González Rodríguez: https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2019/04/09/arte-e-igualdade-historia-de-amor-e-desamor/comment-page-1/#comment-5265

-Comentario en “Artista e activista: sinónimos parciais?” por Ánxela Jorge Vidal: https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2019/02/27/artista-e-activista-sinonimos-parciais/comment-page-1/#comment-5030

 

Comentarios nos posts do S3C:

-Comentario en “Reformulando o concepto de mocidade” por Amanda Fernández: https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2019/02/22/reformulando-o-concepto-de-mocidade/comment-page-1/#comment-5025

-Comentario en “O desafío da precariedade na xuventude” por Marcos Ferrín: https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2019/03/19/o-desafio-da-precariedade-na-xuventude/comment-page-1/#comment-5048

-Comentario en “Desprotexidos no mercado laboral” por Miriam García: https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2019/03/21/desprotexidos-polo-mercado-laboral/comment-page-1/#comment-5075

-Comentario en “A loita feminista debe estar encabezada pola mocidade” por Marcos Ferrín: https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2019/04/09/a-loita-feminista-debe-ser-encabezada-pola-mocidade/comment-page-1/#comment-5345

-Comentario en “Os retos da muller moza: desigualdade e precariedade” por Amanda Fernández: https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2019/04/16/os-retos-da-muller-moza-desigualdade-e-precariedade/comment-page-1/#comment-5284

 

7. Acordos de comentarios:

Pacto co S2D “Activismos creativos”: https://drive.google.com/open?id=13714fPsiuylaT5UjF82FlPhI05ZT6ZUj

Pacto co S3C “Mocidade e Comunicación”: https://drive.google.com/open?id=1N7750eO2zEv5l93JBQYgnvxOAL4GvVWI

7.Material aportado por difusión:

Material físico:

➔ Enquisa para a acción realizada o día 11 de abril (día da acción do grupo S2B

Muller e Comunicación): https://forms.gle/GZitpJrPRLBpJCcr5

Material virtual:

22 de febreiro: primeiro tweet no Twitter dando un retweet a unha publicación de

Xornalistas Galegas falando do noso círculo:

https://twitter.com/Obs_Cidadan/status/1098973634348138497

23 de febreiro: tweet en Twitter anunciando o que íamos facer durante o curso:

https://twitter.com/Obs_Cidadan/status/1099262952312573952

27 de febreiro: primeiro post no Instagram no que difundo a primeira reunión e fago unha introdución do que íamos desenvolver no noso círculo:

https://www.instagram.com/p/BuYWKIXhLZq/

No Twitter difundín a primeira reunión cun fío de tweets:https://twitter.com/Obs_Cidadan/status/1100744426136190977

6 de marzo: difusión cun fío en Twitter do primeiro post no blog:

https://twitter.com/Obs_Cidadan/status/1103332606660276228

No Instagram subín unha historia cunha enquisa (*).

7 de marzo: difusión no Twitter do vídeo que fixeramos xunto co Colexio de

Xornalistas: https://twitter.com/Obs_Cidadan/status/1103723101660028928

13 de marzo: difusión no Twitter a través dun fío do segundo post:

https://twitter.com/Obs_Cidadan/status/1105898577623220224

14 de marzo: segundo post no Instagram no que se resume a segunda publicación no blog do noso círculo: https://www.instagram.com/p/Bu-NQQdHXAO/

Subín dúas historias ao Instagram (*).

20 de marzo: terceiro post no Instagram no que se sintetiza o terceiro post do blog do grupo S2B: https://www.instagram.com/p/BvO7s4nHP7n/

Subín tres historias ao Instagram (*).

No Twitter difusión do terceiro post cun fío de tweets:

https://twitter.com/Obs_Cidadan/status/1108423509724798979

3 de abril: cuarto post no Instagram no que resumo o segundo coloquio realizado polas nosas integrantes: https://www.instagram.com/p/BvzYO71n4w4/

Subín dúas historias ao Instagram (*).

No Twitter difundín o segundo coloquio cun fío:

https://twitter.com/Obs_Cidadan/status/1113488019930210304

10 de abril: quinto post no Instagram no que se fala da terceira e última reunión do noso círculo: https://www.instagram.com/p/BwFn9MIA4kR/

Subín tres historias ao Instagram anunciando a acción do día seguinte e dúas

historias sobre a última reunión (*).

No Twitter fixen a difusión do terceiro coloquio cun fío:

https://twitter.com/Obs_Cidadan/status/1116037956853170178

11 de abril: no Twitter difundín o cuarto post do noso círculo no blog do OCC cun fío de tweets: https://twitter.com/Obs_Cidadan/status/1116293151055056896

Tamén difundín a acción do noso grupo que se levou a cabo ese mesmo día á tarde:

https://twitter.com/Obs_Cidadan/status/1116295593637359616

No Instagram subín oito historias da acción (*).

17 de abril: sexto post no Instagram no que difundo e falo da publicación do blog:

https://www.instagram.com/p/BwWs-qrHdWV/

Subín catro historias do quinto post do blog ao Instagram (*).

No Twitter difundín o quinto post do blog cun fío:

https://twitter.com/Obs_Cidadan/status/1118519654035673090

18 de abril: difundín unha historia no Instagram falando da noticia na que saímos de

La Voz de Galicia tratando a nosa acción (*).

19 de abril: difundín no Twitter o post da nosa colaboradora Belén Puñal cun fío de tweets:  https://twitter.com/Obs_Cidadan/status/1119227734864084992

Tamén difundín no Twitter a noticia de La Voz de Galicia na que saímos e na que se conta a nosa acción: https://twitter.com/Obs_Cidadan/status/1119229947493715973

25 de abril: sétimo post no Instagram no que subo o vídeo de acción e falo da

mesma, e da publicación de acción do blog:

https://www.instagram.com/p/BwsA-OYntfg/

No Twitter difundín o post de retribución:

https://twitter.com/Obs_Cidadan/status/1121474083898703872

Tamén difundín no Twitter o post de acción:

https://twitter.com/Obs_Cidadan/status/1121475980554588160

(*) Enlace ás historias destacadas sobre o noso grupo no Instagram, xa que non poden

engadirse enlaces de historias, ademais son eliminadas ás 24 horas da súa publicación.

https://www.instagram.com/stories/highlights/18023902474135202/?hl=es

8.Material de acción:

https://drive.google.com/open?id=1lYTnomJpFGkY18T4_BQBTMUAI23t3ANL

 

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s