Ideoloxía e idade: unha nova ollada

RIAL BREA

Cafetería Recantos

Todos os estudantes xogamos en ocasións a adiviñar a ideoloxía política do profesorado. Moitas veces queremos saber a quen votarán e se militan nalgún partido político determinado. Porén, poucas veces nos preguntamos como afecta a ideoloxía do profesorado na relación que mantén co alumnado. “Eu creo que depende de que rama sexa. Ao mellor nunha carreira de ciencias tampouco inflúe tanto na relación porque nin sequera se dá que saia o tema” dicía Xisela Casal, estudante de Dereito na USC.

Despois, amosámoslles aos membros do círculo dúas novas de El Correo Gallego sobre unha polémica ocorrida na USC: unha trataba a aparición duns escritos contra profesores, e a outra relataba a preocupación por parte da Policía. A continuación, o diálogo abriuse na mesa. Roberto Castro, membro do Gabinete de Comunicación da USC, opinaba mediante unha anécdota: “A miña primeira clase na universidade foi con Manuel Vázquez Montalbán. Daquela conferencia quedárame cunha frase que era “a obxectividade non existe”, porque non existe. Que podemos facer fronte a iso? Tratar de aspirar a ela”Ígor Mella, bolseiro de pedagoxía na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC, coincidiu e engadiu: “O que si estou seguro é que a ideoloxía dos profesores, sobre todo dos que a manifestan expresamente e a recoñecen nas aulas, condiciona a relación co estudantado.”

sdr

O grupo coincidiu en que a mostra da ideoloxía afecta á relación co profesorado e que pode xerar certa tensión. Porén, Ígor engadiu: “Esa tensión non debería de ser, nin para ben nin para mal. Non hai por que dicirlle a ninguén cal é a túa ideoloxía”. Xisela, que estaba de acordo con este argumento, afirmou o seguinte:  “Aínda que se te vexa, tampouco ten que significar que haxa tensión. Esa tensión é porque aínda por enriba de que se lle ve a ideoloxía, vese que é intolerante ao diálogo respecto a ela”.

Outro factor que pode afectar ás relacións do alumnado co persoal docente é a idade. A conversa iniciouse mediante a presentación dunha nova de eldiario.es, da que Roberto opinou o seguinte:  “Vós demandades unha formación, sodes persoas críticas. Se hai algo que non encaixa tedes capacidade e criterio para reivindicar que iso está mal feito, que non vai na liña adecuada, é dicir: esixides. Sodes consumidores críticos”.

Nerea González, estudante de filoloxía hispánica, opinaba ao respecto: “Creo que os profesores máis novos son máis próximos a ti e queren acercarse máis. Os maiores creo que están aí porque teñen un único obxectivo que é explicar a materia e xa está”.  Ígor engadiu: “Polo que vexo día a día é máis sinxelo para un alumno relacionarse con un profesor que é máis novo porque é máis aberto e máis próximo co estudantado. Supoño que tamén ten menos desgaste nesa relación, non leva corenta anos recibindo alumnos no seu despacho”.

No tocante ás distintas formas de relacionarse co persoal docente, Xisela concluíu: “Ao ser diferentes xeracións vai a haber unhas diferencias obxectivas, pero tampouco creo que as diferenzas teñan que ser cualitativas”. Sempre existiron as desemellanzas, pois as relacións humanas son complexas e calquera variante fai que poidan mudar e evolucionar. Pese a isto, o que debería primar na docencia en todo momento é a calidade na educación do estudantado.

 

A acción

No tocante á acción, Antonio Villasenín, un dos membros do círculo, propuxera a idea de levar a cabo un Meet and Greet. A proposta para a acción foi exposta ao resto dos integrantes do círculo e todos estiveron de acordo en que podería ser interesante para observar como se establecen os primeiros vínculos entre as persoas, xa que non se usarán dispositivos móbiles. Agora concretaremos a data e o lugar, ademais de facer unha pequena promoción para atraer a máis xente á que lle gustaría participar.

 

Conversaron connosco:

  • Ígor Mella Núñez, bolseiro de pedagoxía na Facultade de Ciencias da Educación da USC
  • Nerea González Martínez, estudante de Filoloxía Hispánica
  • Xisela Casal Agrelo, estudante de dereito
  • Roberto Castro, membro do Gabinete de Comunicación da USC

 

Ligazóns:

 

14 comentarios en “Ideoloxía e idade: unha nova ollada

  1. LÓPEZ VÁZQUEZ

    Non dubidamos que a ideoloxía inflúa nas relacións dos alumnos cos profesores, xa que aínda sen pretendelo inflúe en todas as relacións persoais. Nesta noticia fálase da responsabilidade (e do perigo) do docente ao defender abertamente unha ideoloxía, pero tamén da súa obriga moral. Porque, aínda sen percatarse, os profesores non só ensinan matemáticas, tamén uns valores. E malia tratarse dunha relación diferente á de cursos primarios, este intercambio (de opinións, que é no que se basea unha ideoloxía) pode ser de gran aprendizaxe tanto para o alumno como para o profesor.

    Respecto á idade, o avellentamento dos docentes é un feito innegable. Como afirman nesta noticia, un de cada tres profesores españois ten máis de 50 anos. É certo que a experiencia destes profesionais no campo pode axudar en determinados momentos, pero pensamos que non é substituíble pola vitalidade e comprensión que xeralmente xorde nos profesores máis novos.

    Ligazóns

    García, P. (16 de outubro de 2017). Educación e ideología. Eldiario.es. Recuperado de: https://www.eldiario.es/norte/vientodelnorte/Educacion-ideologia_6_697890239.html

    Sanmartín, O. (29 de setembro do 2015). Uno de cada tres profesores españoles tiene más de 50 años. El Mundo. Recuperado de: https://www.elmundo.es/espana/2014/12/01/547b56b7ca47413d3f8b457d.html

    Gústame

    1. OJEA GUTIÉRREZ

      Mesmo esta propia ideoloxía pode xerar unha confrontación entre profesorado e estudantado. Un claro exemplo é o que se recolle nesta nova: alumnos e alumnas das facultades de Dereito e de Ciencias Políticas protestan contra un manifesto firmado por tres profesores das respectivas facultades. A problemática xorde debido ao contido político de tal manifesto, no cal rexeitaban o referendo de Cataluña. Polo tanto, unha vez que se instala esta tensión na relación alumnado-profesorado, como se pode reverter esta situación?

      Por outra banda, o avellentamento do persoal docente, como vos mesmos apuntades, é evidente. Medidas como as que pretende levar a cabo o Consello de Goberno da Universidade de Santiago, recollidas nesta nova,pretenden diminuír a idade media dos educadores e das educadoras. Unhas das conclusións á que se chegou na segunda reunión foi que a comunicación entre o profesorado e o estudantado é máis fluída canto menor é a diferencia de idade, polo que o propio Consello busca darlle maiores oportunidades á mocidade docente.

      Ligazóns:

      Europa Press. (28 de setembro de 2017). Medio centenar de alumnos de la USC protesta contra tres profesores que firmaron un manifiesto antirreferéndum. Europa Press. Recuperado de: https://www.europapress.es/galicia/noticia-medio-centenar-alumnos-usc-protesta-contra-tres-profesores-firmaron-manifiesto-antirreferendum-20170928170717.html

      Alonso, S. (30 de marzo de 2019). La USC aprueba una nueva política de profesorado, que negociará con los sindicatos. La Voz de Galicia. Recuperado de: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/santiago/2019/03/29/usc-aprueba-nueva-politica-profesorado-negociara-sindicatos/00031553887196503381653.htm

      Gústame

      1. LÓPEZ VÁZQUEZ

        Pensamos que esta situación de tensión pódese reverter mediante o diálogo. É importante que se estableza este, xa que todas as persoas implicadas (de existir algún tipo de conflicto) son adultas. É irreal pensar que todo o mundo vai ter a mesma opinión, pero é necesario destacar que debe existir o respeto dende ambas partes. Por iso pensamos que medidas como esta, non están ben xa que elevan ao profesor a un nivel máis alto que o alumno.

        Respecto ao avellentamento do persoal docente, consideramos que medidas como a que mencionas son de gran utilidade. Non se trata de xubilar antes á xente, senón de reducir a media de idade da docencia. Dun profesorado máis novo permita unha mellor relación co alumnado e un mellor ambiente entre todos na universidade.

        Ligazóns:

        Alonso, S. (30 de marzo de 2019). La USC aprueba una nueva política de profesorado, que negociará con los sindicatos. La Voz de Galicia. Recuperado de: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/santiago/2019/03/29/usc-aprueba-nueva-politica-profesorado-negociara-sindicatos/00031553887196503381653.htm

        Fuensanta, Carreres (4 de abril de 2019). La versión de los profesores prevalecerá en caso de conflicto. laverdad.es. Recuperado de: https://www.laverdad.es/murcia/version-profesores-prevalecera-20190404012932-ntvo.html

        Redacción. (10 de xaneiro de 2019). ¿Cuál es la edad media de los profesores en España? Universia. Recuperado de: http://noticias.universia.es/educacion/noticia/2019/01/10/1163205/cual-edad-media-profesores-espana.html

        Gústame

        1. OJEA GUTIÉRREZ

          Está claro que a crise afectou directamente á renovación do mesmo número de docentes fronte aqueles que se xubilan, sobre todo nos últimos anos. Hai que ter moi en conta a cifra de case douscentos docentes xubilados para o ano 2023 e as dificultades para poder substituílos por un persoal máis novo. Ás medidas levadas a cabo polo Consello de Goberno da Universidade de Santiago, citadas anteriormente, súmase o intento de cumprimento da taxa de reposición do profesorado con respecto ao ano anterior. Neste caso, tal e como se indica na noticia publicado en El Correo Gallego, para o ano 2019 ofertaríanse un total de cincuenta e tres novas prazas. Dificultades na renovación dos cadros de persoal que acaban condicionado as relacións co alumnado.

          Con todo, non queremos desmerecer a importancia da sabedoría e a aprendizaxe que se vai adquirindo co paso dos anos e que está patente naquel profesorado cunha maior experiencia na docencia. Esta calidade na ensinanza recóllese no ránking Times Higher Education (THE), no cal a Universidade de Santiago de Compostela obtén os mellores resultados neste ámbito. Cuestións como a motivación nas aulas ou a posibilidade de interacción co persoal docente tivéronse en conta para poder levar a cabo esta clasificación.

          Ligazóns:

          Barba, C.(16 de xaneiro de 2019). Casi 200 docentes se jubilarán en la USC en cinco años. El Correo Gallego. Recuperado de: https://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/casi-200-docentes-jubilaran-usc-cinco-anos/idEdicion-2019-01-16/idNoticia-1159402/

          Luaña, S. (27 de setembro de 2018). La USC repite en uno de los ránkings que evalúan su calidad. La Voz de Galicia. Recuperado de: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/santiago/2018/09/27/usc-repite-rankings-evaluan-calidad/0003_201809S27C2991.htm

          Gústame

  2. Agrádame ler as ideas que os integrantes do grupo de observación foron deixando, pois considéroas certamente oportunas. Con todo, sí me gustaría aportar un par de reflexións propias, pois no seu día non puiden asistir á xuntanza.
    Gustaríame comentar sobre as primeiras noticias que non estou de acordo coa maneira de actuar tirando a pedra e agochando a man. Podes estar en desacordo coa personalidade de alguén, pero respetalo; e se sobrepasa a legalidade, influenciando a súa profesión, débense facer reclamacións formais. Con todo, si vexo normal que que o alumnado non queira ligar estas ideoloxías co seu profesorado, e estes, á súa vez, deberían afastarse dela cando ensinan nas súas aulas.
    Tamén quero engadir que sinto profundamente a frase que comenta Roberto, citando a un mestre seu, e que di: “a obxetividade non existe”. Cada persoa ten a súa forma de ser e todo o que fagamos está condicionado por ela, dende o noso máis mínimo movemento ata o camiño de vida que eliximos. Por moito que tentemos deixala de lado, non daremos desligado o noso binomio interno de concepción-acción. Vou a quedar coa frase, co teu consentemento, Roberto.
    Respecto da segunda noticia, sobre a idade dos mestres, a miña preocupación focalízase en que a tasa de reposición de profesorado é do 10%. Isto é realmente alarmante, e con estas condicións é normal que a idade media dos estres universitarios aumente a cada ano que pasa. Estou de acordo cos pensamentos dos compañeiros e compañeiras sobre a maior proximidade das mestras e mestres máis xóvenes ao alumnado; o problema está en que moitas veces menosprézanse os máis maiores, sin ter en conta que a idade é sabedoría. Atéñome ás burlas por non saber usar tecnoloxías, ou por clases máis tradicionais que moitas veces “aburren”. Se deixamos de lado eses problemas minúsculos, atopámonos a maioría das veces cuns profesionais comprometidos e competentes, con un historial de recoñecementos e méritos non vistos en outros casos.
    Á miña maneira de ver, cada quen ten os seus puntos negativos, pero está cheo de puntos positivos. Se nos centramos neles, podemos sacar o mellor de cada quen, teña a ideoloxía que teña ou sexa da idade que sexa.

    Gústame

    1. SOBRINO PLATAS

      En efecto, segundo comentas en canto ao tema da ideoloxía, si debemos manter un respecto ao profesorado e non xulgalos nunca pola súa maneira de pensar ou polas súas opinións políticas. Porén, estando a nosa ideoloxía máis acorde con eles ou menos, non debemos permitir nunca, como ben dis, que isto supoña unha vexación ou que poida ferir a sensibilidade do alumnado. Como xa comentabamos en anteriores reunións, algo similar sucedeu co caso do profesor Luciano Méndez Naya. No momento no que o alumnado sentiuse ameazado polos seus comentarios, procederon a protestar.

      Por outra banda, o problema da idade dos profesores non ronda tanto arredor do seu coñecemento e sabedoría nin da súa maior ou menor conexión co alumnado, senón da súa pronta xubilación. Se non hai docentes novos non poderán repoñer aos docentes máis maiores que se xubilarán, e a USC quedará desprovista de persoal docente. Con todo, segundo datos de El Correo Gallego, a cifra xa non é tan alarmante xa que se prevé que se poida repoñer todo o persoal xubilado.

      Ligazóns:

      Barba, C. (16 de xaneiro de 2019). Casi 200 docentes se jubilarán en la USC en cinco años. El Correo Gallego. Recuperado de https://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/casi-200-docentes-jubilaran-usc-cinco-anos/idEdicion-2019-01-16/idNoticia-1159402
      Noticias Cuatro. (4 de maio de 2018). Protesta contra el profesor gallego que defendió a La Manada. Cuatro. Recuperado de https://www.cuatro.com/noticias/sociedad/Protesta-profesor-Manada-machistas-USC_2_2562555111.html

      Gústame

      1. Temática moi interesante ao meu xeito de ver, se ben como xa se dixo a neutralidade absoluta é utópica, si creo que se debería desligar a ideoloxía da ensinanza cando entre en conflicto coa materia que impartimos, ou poida xerar un sesgo importante.
        No meu caso, atopei con docentes que mostraban a súa ideoloxía a diario, mostrandoa case como parte da materia e sen posibilidade de seren rebatidos, extremo que convertía a clase en tensa e frustrante.

        Gústame

        1. RIAL BREA

          As escolas e as universidades deben formar persoas cun pensamento crítico, persoas curiosas e inconformistas que se cuestionen toda a información que pase polas súas mans. A obxectividade na docencia é un imposible, pois os humanos non podemos ser obxectivos dado que todos e todas temos as nosas propias ideas. Polo tanto, debe dárselle voz ao estudantado para que poida debater e manifestar as súas opinións.

          Considero que o profesorado pode expresar as súas opinións en aulas universitarias e en aulas para rapaces e rapazas en idades máis maduras (bacharelato e incluso últimos anos da ESO) deixando claro que iso é unha opinión e mostrando outras posibilidades de pensamento. Opinar non é adoutrinar e todo o mundo debe ter voz para formar unha sociedade tolerante e racional.

          Ligazóns:

          Alcoverro, C. (13 de maio de 2018). ¿Neutralidad del profesorado?. El País. Recuperado de: https://www.lavanguardia.com/opinion/20180513/443536292628/neutralidad-del-profesorado.html

          Chamorro Segovia, A. (21 de abril de 2019). La educación pública ante el 28-A. eldiario.es. Recuperado de:https://www.eldiario.es/canariasahora/canariasopina/educacion-publica_6_891070894.html

          Gústame

    2. Estou de acordo con todo o que me comentas, sobre todo con actuar cando algo atenta contra nós. A comodidade abrúmanos pero con pequenos movementos podemos facer cousas moi grandes. Viuse, como acertadamente aportas, no caso de Luciano; pero sen chegar a eses extremos, podemos mobilizarnos cando non se respeten os nosos horarios, cando haxa faltas de tipo educacional que imposibilitan o traballo correcto e demais.
      Outro punto é a taxa de reposición de profesorado. Se ben é certo que aumentou, segue sendo insuficiente. Ante esto temos dous deberes como estudantes; o primeiro como xa dixen antes é protestar e darlle voz ao conflito, e o segundo é convivir co problema e sacarlle o mellor partido posible. Con isto volvo a remitirme ao que xa comentara, que é ver o vaso medio cheo, e sacar a parte positiva de que os profesores sexan maiores, podendo aprender deles e non véndoos como incompetentes.

      Gústame

      1. SOBRINO PLATAS

        Estou de acordo contigo en que o máis importante á hora de solucionar os conflitos por parte do alumnado son as protestas a todos os niveis. Xa non só en canto a ideoloxía ou a problemas de idade do profesorado, senón con todo tipo de temas. É importante protestar de todos os xeitos que poidamos, como fixeron fai pouco os alumnos de farmacia pola súa facultade.

        E en canto á xubilación do profesorado, estou de acordo en que se debe facer algunha reforma aínda que a USC xa aplicase unha política de profesorado, que ten o obxectivo de garantir a restitución dos profesores.

        Ligazóns:

        Alonso, S. (30 de marzo de 2018). La USC aprueba una nueva política de profesorado, que negociará con los sindicatos. La voz de Galicia. Recuperado de https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/santiago/2019/03/29/usc-aprueba-nueva-politica-profesorado-negociara-sindicatos/00031553887196503381653.htm#

        Alonso, S. (1 de marzo de 2019). Manifestación de estudiantes de farmacia por quedarse sin facultad. La voz de Galicia. Recuperado de https://www.lavozdegalicia.es/video/santiago/santiago/2019/02/28/manifestacion-estudiantes-farmacia-quedarse-facultad/0031_2019026008315895001.htm

        Gústame

  3. Resúltanme de moito interese os temas abordados neste artigo, sobre todo a cuestión de como afecta a ideoloxía do profesorado coa relación que este mantén co alumnado. Como estudante de Educación Social atreveríame a afirmar que esta non só interfire nas devanditas relacións, senón que tamén o fai coa maneira de abordar as distintintas temáticas dunha materia. No grao que estou cursando é case imposible non descifrar cal é a ideoloxía dun profesor ou dunha profesora, pois a política é un tema recorrente e de moita importancia (algo lóxico se temos en conta que, por exemplo, as políticas educativas cambian en función do partido que teña o poder, e tamén cambian os orzamentos destinados á educación, ou ós Servizos Sociais, por exemplo, etc.). Xa que logo, é normal que o alumnado reaccione ante comentarios e/ou accións provintes dun profesor/a que actúa ou fai afirmacións totalmente fóra de lugar, erróneas ou incluso despectivas (racistas, machistas, homófobas, etc.). A tensión que pode aparecer nunha aula relacionada con isto non creo que sexa provocada pola ideoloxía en si, senón polas relacións anteriores que se deron entre ese/a profesor/a en concreto cos seus alumnos e alumnas (por exemplo, mostrouse en varias ocasións cunha actitude de superioridade, mostra a súa opinión como verdade única e absoluta e non está aberto/a ao diálogo, reaccionou de maneira retrógrada ante algunha cuestión, etc.). Así, é a actitude desa persoa a que provoca a tensión, non a súa ideoloxía (aínda que ambas cousas poidan estar relacionadas), polo que habería que buscar tamén a causa que provoca que aparezan pasquíns como o que aquí comentades (a pesar de que loxicamente ningún tipo de violencia estea xustificada).

    Relacionado con esta temática, adxunto o enlace dunha noticia recente e de interese, no que a pedagoga Linda Castañeda afirma que non existe ningunha forma de ser docente neutral e, ademais, que o profesorado ten un compromiso social e político: Yosoytuprofe (2019, 26 marzo). Linda Castañeda: “No existe ninguna forma de ser docente siendo neutral, siempre adoctrinamos de una forma u otra”. Recuperado de https://yosoytuprofe.20minutos.es/2019/03/26/entrevista-linda-castaneda/

    Gústame

    1. OTERO OTERO

      Todos nos temos dereito a unha educación, pero temos dereito a unha educación correcta e libre na que cada un poda pensar e dicir o que queira sempre dentro do respecto, pero sen a imposición de ningún factor ideolóxico que afaste a educación da obxectividade. Cando nos atopamos cun enfrontamento causado por cuestión políticas, achacamos o problema a unha diferenza ideolóxica, cando o verdadeiro problema é unha actitude incorrecta. Independentemente dos pensamentos de cada un, o respecto é innegociable, e cando este non se cumpre é cando aparecen os problemas. Ademais, a ideoloxía dun alumno ou dun docente non é igual de sobresaínte en todas as materias, senón que dependendo da rama faise máis visible ou menos.

      Por outra banda, temos a imposición dunha ideoloxía que, como vemos en numerosas ocasións, non é o propio profesorado senón o Goberno o que obriga a impartir materias que atentan contra as liberdades de pensamento das persoas. Un exemplo claro é o da relixión católica. Esta materia pasou a contar fai poucos anos para a nota, que posteriormente influirá na entrada ou na universidade. Pero esta non é a única situación, xa que case todos os partidos políticos teñen planificado crear materias de carácter obrigatorio. Un exemplo é a proposta de Ciudadanos de implantar unha materia de Constitución Española. Outra imposición relacionada coa ideoloxía ten que ver cos uniformes escolares. A pesar de que moitos centros aportan ás rapazas a posibilidade de utilizar pantalón, aínda existe a imposición da falda por unha simple distinción entre sexos.

      Ligazóns:

      González, P. (13 de abril de 2019). ¿Con qué asignatura nos van a querer adoctrinar? La Voz de Galicia. Recuperado de: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/espana/2019/04/13/asignatura-van-querer-adoctrinar/0003_201904G13P6992.htm

      Vázquez, J. (25 de outubro de 2005). Un profesor, sancionado por no respetar la ideología de sus alumnos. La Voz de Galicia. Recuperado de:
      https://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2005/10/25/profesor-sancionado-respetar-ideologia-alumnos/0003_4192049.htm

      Carreira, S. (23 de novembro de 2018). La falda es obligatoria en muy pocos coles. La Voz de Galicia. Recuperado de: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2018/11/23/falda-obligatoria-pocos-coles/0003_201811G23P10991.htm

      Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.