PRESENTACIÓN
Ola! Somos o grupo encargado de tratar o tema da Precariedade no Xornalismo en Galicia. Empezando por arriba, de esquerda a dereita somos: Jose Barros (Axenda), Samuel Cardalda (Acción), Darío Eyré (Diálogo), Pedro Costa (Coordinador e Deseño) e Sergio Conde (Edición e Difusión).
Coa nosa proposta, tentaremos dar a coñecer, tanto ós futuros xornalistas como á sociedade en xeral, a tendencia negativa que está a atravesar a profesión nos últimos tempos. Queremos e buscamos traballar con profesionais que compartan a súa perspectiva e experiencia no mundo do xornalismo connosco. Achegarémonos a analizar, entre outros temas, os cambios na forma de consumo da información, as intrusións no eido laboral ou as dificultades para atopar un emprego estable.
As palabras clave do proxecto son: precariedade – medios hexemónicos – modelo de consumo – saturación – intrusión laboral.
CANTO CUSTA UN EMPREGO NO XORNALISMO?
A precariedade ao longo da vida laboral é un tema do que existe unha conciencia xeral, mais a miúdo o único tratamento que recibe este tema é a través de charlas triviais, mesmo queda apartado dunha hipotética imaxe do futuro. Tamén é un tema coñecido de forma superficial por unha boa parte do alumnado cando decide matricularse neste grao.
A través das xuntanzas que o noso grupo terá ao longo dos próximos meses queremos expoñer ao noso entorno máis próximo, o do alumnado actual e futuro da nosa facultade, as dificultades que atoparán ao longo da súa vida laboral. Tratando de establecer un diálogo aberto entre profesionais de todos os ámbitos do xornalismo, poñeremos sobre a mesa temas de actualidade para obter reaccións, coñecementos e experiencias persoais. Para acadar a máxima pluralidade de medios posibles, e á súa vez facilitar a incorporación ao proxecto de novas persoas, elaboramos unha listaxe de profesionais dos medios públicos, prensa escrita e radio.
Pensamos que é realmente importante traballar con algúns aspectos relacionados coa evolución tanto da sociedade como do oficio de xornalista. Temos a oportunidade de discutir con profesionais como está a mudar o seu traballo diario coas novas tecnoloxías e os cambios na forma de consumir información do público. É posible compatibilizar a calidade que se esixe dunha información xornalística coa inmediatez esixida por internet? Propoñémonos como obxectivo analizar estas mudanzas na profesión e relacionalas coa precariedade, o descenso da calidade dos contidos e as dificultades para saír da redacción e buscar e interpretar feitos.
Por outra parte, as particularidades dun sector como é o do xornalismo non o separan totalmente do resto do espectro laboral. Algúns temas como a temporalidade, a normalización da precariedade xuvenil ou os problemas relacionados cos baixos salarios e o abuso de horarios afectan de forma similar a unha ampla maioría da poboación activa.
Queremos incidir tamén, e continuando co traballo realizado por outros seminarios do proxecto, nas dificultades específicas atopadas ao longo da vida laboral por mulleres no sector. A brecha salarial, a desigualdade nos postos de poder ou o recoñecemento do traballo propio serán temas a traballar e analizar de forma exhaustiva con mulleres xornalistas para que aporten a súa perspectiva propia.
Por último, marcámonos como obxectivo traballar de forma próxima e aberta con profesionais establecidos e conseguir que tanto os actuais como os futuros alumnos deste grao sexan conscientes do que poden atopar no seu futuro laboral. Buscamos traballar de forma conxunta co noso Círculo para atopar formas para chegar aos futuros xornalistas e para dar visibilidade a un tema que é cegado ás veces pola vocación e a ilusión.
Nos medios convencionais, o tratamento que se lle dá a este tema é moi escaso, mais si que puidemos atopar algúns exemplos: primeiramente, a serie de novas que lle dedicou Galicia Confidencial aos recortes en La Voz de Galicia; outro exemplo é a nova que Praza adicou aos Venres Negros da CRTVG; tamén puidemos atopar; tamén en Galicia Confidencial, Elena López, en representación da Asociación de Xornalistas Galegas, fixo estas declaracións en defensa da desigualdade que sofren as mulleres no eido laboral; por último, Eldiario, publicou esta nova amosando que a precariedade se ceba especialmente cos máis novos.
Xa para rematar, o noso círculo pretende rematar este proxecto con algunha acción que lle dea visibilidade a este problema. Estamos a barallar varias opcións, como por exemplo: a gravación dun programa de radio, a elaboración dun vídeo reivindicativo, a organización dun debate… Estando sempre abertos ás propostas que saian das xuntanzas do Círculo.
GLOSARIO
Precariedade laboral: situación de emprego na que un traballador ten máis dificultades das consideradas normais para garantir o seu posto de traballo. “A natureza do contrato e a “identificación” do empregador son dimensións claves para determinar a existencia de precariedade” (Guy Caire, 1982). Segundo o Instituto Sindical de Traballo, Ambiente e Saúde (ISTAS), está definida en función de 4 grandes dimensións: a inestabilidade do traballo, a vulnerabilidade, os menores ingresos e a menor accesibilidade da poboación afectada a prestacións e beneficios sociais.
Medios comerciais e alternativos: Os medios de comunicación comerciais ou de masa son aqueles que contan cunha maior aceptación e penetración nos diferentes estratos da sociedade, sexa pola calidade da información proporcionada, ou polos condicionamentos externos (poderes políticos e económicos). Os medios alternativos son aqueles que, ben por non ofrecer unha información de calidade igual aos comerciais, ou por non adecuarse aos poderes antes mencionados, contan con menor aceptación na sociedade. Incidindo no concepto de alternatividade, Héctor Villarreal (2007, p. 5) o define como “esa maneira de ser e manifestarse á marxe ou en contra do sistema imperante”. Villarreal engade ademais que un produto alternativo pode acabar perdendo a autenticidade que o define ao “converterse en obxecto de consumo de masas”. Volvendo aos medios alternativos, estes naceron nunha situación tanto de marxinalidade como de alegalidade (Villanueva Baselga, 2016, p. 101), estados nos que a día de hoxe están en menor medida.
Consumo da información: “Acción de buscar e recuperar datos e información coa finalidade de dar resposta a unha necesidade ou interese informativo” (Martínez, 2001). O proceso de comunicación está a sufrir grandes transformacións, motivadas en gran medida polas tecnoloxías dixitais. As rutinas de traballo, os soportes e os modelos de negocio están mudando e isto, obviamente, está a afectar aos patróns de consumo de información do público. Este público é moito máis esixente que o que se coñecía ata o momento; reclama contido de calidade aos que accede onde e cando quere.
Saturación do mercado laboral: É a situación que se produce cando existe unha demanda dun determinado traballo moi por riba da oferta existente no mercado laboral. Isto xera un excedente de profesionais cualificados sen traballo, que moitas veces repercute en que acepten traballos con condicións por debaixo do que se considera como mínimas e aceptables.
Salario: Segundo o Estatuto de Traballadores (sección 4, artigo 26), “totalidade das percepcións económicas dos traballadores, en diñeiro ou en especie, pola prestación profesional dos servizos laborais por conta allea, xa retribúan o traballo efectivo, calquera que sexa a forma de remuneración, ou os periodos de descanso computables como de traballo”. É, a priori, a fonte de sustento principal do traballador e debe estar acorde tanto coas súas horas de traballo como coa súa responsabilidade e esixencia.
Medios comunitarios: Os medios de comunicación comunitarios, calificados tamén habitualmente como medios cidadáns, sociais ou libres (Barranquero Carretero, 2015, p. 141) son aqueles “cunha clara vocación de servizo á comunidade e abertos á participación da cidadanía” (Villanueva Baselga, 2016, p. 100). A base do noso proxecto polo tanto é intentar acadar o máximo posible este ideal de participación, colaboración e visibilización dunha parte do Xornalismo que habitualmente pasa desapercibida.
Posts de análise
- COSTA MANTEIGA E CONDE CAMPOS (27 de febreiro de 2019). Crise económica e precariedade no xornalismo: camiños paralelos? Observatorio cidadán de comunicación. Recuperado de: https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2019/02/27/crise-economica-e-precariedade-no-xornalismo-caminos-paralelos/
- BARROS BLANCO (10 de marzo de 2019). Xornalismo: emprego ou vocación? Observatorio cidadán de comunicación. Recuperado de: https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2019/03/10/xornalismo-emprego-ou-vocacion/
- EYRÉ CONDE (15 de marzo de 2019) Desafeccións e novas costumes. Observatorio cidadán de comunicación. Recuperado de: https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2019/03/15/desafeccions-e-novas-costumes/
- COSTA MANTEIGA (1 de abril de 2019) Conciencia do negativo. Observatorio cidadán de comunicación. Recuperado de: https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2019/04/01/conciencia-do-negativo/
- CONDE CAMPOS (9 de abril de 2019) É posible un cambio de modelos nos medios? Observatorio cidadán de comunicación. Recuperado de: https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2019/04/09/e-posible-un-cambio-de-modelo-dos-medios/
- CONDE CAMPOS (28 de abril de 2019) O xornalismo é democracia. Observatorio cidadán de comunicación. Recuperado de: https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2019/04/28/o-xornalismo-e-democracia/
Comentarios recibidos en cada post:
- COSTA MANTEIGA E CONDE CAMPOS (27 de febreiro de 2019). Crise económica e precariedade no xornalismo: camiños paralelos? Observatorio cidadán de comunicación. Recuperado de: https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2019/02/27/crise-economica-e-precariedade-no-xornalismo-caminos-paralelos/
Comentario de Eva Fuentes (S2A) https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2019/02/27/crise-economica-e-precariedade-no-xornalismo-caminos-paralelos/#comments
Comentarios de Paula Couto (S1C)
– BARROS BLANCO (10 de marzo de 2019). Xornalismo: emprego ou vocación? Observatorio cidadán de comunicación. Recuperado de: https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2019/03/10/xornalismo-emprego-ou-vocacion/
Comentario de Inés Abelenda (S1C)
https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2019/03/10/xornalismo-emprego-ou-vocacion/#comments
Comentario de Josep Lorenzo (S2A)
https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2019/03/10/xornalismo-emprego-ou-vocacion/#comments
– EYRÉ CONDE (15 de marzo de 2019) Desafeccións e novas costumes. Observatorio cidadán de comunicación. Recuperado de: https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2019/03/15/desafeccions-e-novas-costumes/
Comentario de Carla Conde (S1C)
https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2019/03/15/desafeccions-e-novas-costumes/#comments
Comentario de Nera Fernández (S2A)
https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2019/03/15/desafeccions-e-novas-costumes/#comments
– COSTA MANTEIGA (1 de abril de 2019) Conciencia do negativo. Observatorio cidadán de comunicación. Recuperado de: https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2019/04/01/conciencia-do-negativo/
Comentario de Mnauel Lorenzo (S2A)
https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2019/04/01/conciencia-do-negativo/#comments
Comentario de Ainoa Álvarez (S1C)
https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2019/04/01/conciencia-do-negativo/#comments
– CONDE CAMPOS (9 de abril de 2019) É posible un cambio de modelos nos medios? Observatorio cidadán de comunicación. Recuperado de: https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2019/04/09/e-posible-un-cambio-de-modelo-dos-medios/
Comentario de Manuel Lorenzo (S2A)
Comentario de Inés Abelenda (S1B)
Comentarios do S1B no S1C
- Samuel Cardalda e Pedro Costa comentaron no post do S1C (https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2019/02/27/mergullandonos-nas-ongds/) respectivamente os días 26 de marzo (https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2019/02/27/mergullandonos-nas-ongds/#comments) e 24 de abril (https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2019/02/27/mergullandonos-nas-ongds/#comments)
- Sergio Conde comentou no post do S1C (https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2019/03/15/as-profundidades-do-voluntariado/) o 19 de marzo (https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2019/03/15/as-profundidades-do-voluntariado/#comments)
- Jose Barros comentou no post do S1C (https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2019/04/03/a-participacion-activa-nas-ongds/) o 24 de abril (https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2019/04/03/a-participacion-activa-nas-ongds/#comments)
Comentarios do S1B no S2A
- Samuel Cardalda comentou no post do S2A (https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2019/03/12/facer-fronte-aos-gastos-nun-medio-comunitario/) o 19 de marzo (https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2019/03/12/facer-fronte-aos-gastos-nun-medio-comunitario/#comments)
- Samuel Cardalda comentou no post do S2A (https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2019/04/08/e-a-profesionalizacion-unha-materia-olvidada-para-os-medios-comunitarios/) os días 22 (https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2019/04/08/e-a-profesionalizacion-unha-materia-olvidada-para-os-medios-comunitarios/#comments) e 25 de abril (https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2019/04/08/e-a-profesionalizacion-unha-materia-olvidada-para-os-medios-comunitarios/#comments)
- Darío Eyré comentou no post do S2A (https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2019/04/15/trashed-47/) o 24 de abril (https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2019/04/15/trashed-47/#comments)
- Samuel Cardalda e Jose Barros comentaron no post do S2A (https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2019/04/17/redes-relacionais-conditio-sine-qua-non-para-os-medios-comunitarios/) respectivamente os días 24 (https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2019/04/17/redes-relacionais-conditio-sine-qua-non-para-os-medios-comunitarios/#comments) e 25 de abril (https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2019/04/17/redes-relacionais-conditio-sine-qua-non-para-os-medios-comunitarios/#comments)
Respostas nos nosos posts
– COSTA MANTEIGA E CONDE CAMPOS (27 de febreiro de 2019). Crise económica e precariedade no xornalismo: camiños paralelos? Observatorio cidadán de comunicación. Recuperado de: https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2019/02/27/crise-economica-e-precariedade-no-xornalismo-caminos-paralelos/
Respostas de Pedro Costa e Sergio Conde do día 24 de abril (https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2019/02/27/crise-economica-e-precariedade-no-xornalismo-caminos-paralelos/#comments)
- BARROS BLANCO (10 de marzo de 2019). Xornalismo: emprego ou vocación? Observatorio cidadán de comunicación. Recuperado de: https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2019/03/10/xornalismo-emprego-ou-vocacion/
Respostas de Jose Barros dos días 24 e 25 de abril https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2019/03/10/xornalismo-emprego-ou-vocacion/#comments
– EYRÉ CONDE (15 de marzo de 2019) Desafeccións e novas costumes. Observatorio cidadán de comunicación. Recuperado de: https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2019/03/15/desafeccions-e-novas-costumes/
Respostas de Darío Eyré dos días 23 e 24 de abril https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2019/03/15/desafeccions-e-novas-costumes/#comments
– COSTA MANTEIGA (1 de abril de 2019) Conciencia do negativo. Observatorio cidadán de comunicación. Recuperado de: https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2019/04/01/conciencia-do-negativo/
Respostas de Pedro Costa dos días 22 e 24 de abril https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2019/04/01/conciencia-do-negativo/#comments
– CONDE CAMPOS (9 de abril de 2019) É posible un cambio de modelos nos medios? Observatorio cidadán de comunicación. Recuperado de: https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2019/04/09/e-posible-un-cambio-de-modelo-dos-medios/
Respostas de Sergio Conde dos días 24 e 25 de abril https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2019/04/09/e-posible-un-cambio-de-modelo-dos-medios/#comments
Acordo de comentarios con S1C e S2A: https://docs.google.com/document/d/1hIT62LiJ1rAcEMw-HzJZCxwflqC98FtGu3TJY-BtB_A/edit
file:///C:/Users/Jose/Downloads/Acuerdo%20firmado%20comentarios%20observatoriO pdf
Material de acción
Vídeo da acción do grupo S1B: https://www.youtube.com/watch?v=__Zh_hNppag
Vídeo do making off da acción do S1B: https://www.youtube.com/watch?v=BypXY36xT5I
Vídeo de retribución do grupo S1B: https://www.youtube.com/watch?v=nIBttL5WxC4