Ficha S1D Ensino e medios

Presentación

WhatsApp Image 2019-02-09 at 21.57.56

Ola! Somos -de arriba a abaixo e de esquerda a dereita- Juan Manuel Pérez Pedrouzo (edición), Iria Souto Iglesias (coordinadora e deseño), Roberto González López (acción), Clara Maseda da Veiga (difusión), Carlota Lázaro Silva (axenda) e Nuria López Vázquez (diálogo). A temática que desenvolverá o noso grupo de traballo tratará da situación do ensino galego a través dos medios.

Como partícipes do ensino galego durante a maior parte da nosa vida, gustaríanos afondar nos diferentes problemas que o envolven. Por seren estudantes de xornalismo, non podemos deixar de lado o papel que desenvolven os medios neste aspecto. A través do seu tratamento informativo procuraremos as cuestións que preocupan aos principais compoñentes do ensino galego. Cremos necesario indagar nos diferentes modelos de educación: pública, privada e de necesidades educativas especiais. Ver en que aspectos converxen e difiren estas tres vertentes axudarannos a mostrar compoñentes do ensino que non se adoitan ver nos medios. Profundaremos na reforma educativa, nos problemas de acoso escolar, nos diferentes modelos de aprendizaxe ou na visión dos pais e do alumnado. Unha denuncia a todas as carencias que non se publican nos medios, pero tamén un enaltecemento daquilo que se está tentando facer para mellorar o ensino.

As nosas palabras clave son: sistema educativo – ensino público – ensino privado – pedagoxía – altas capacidades – diversidade funcional – educación especializada – necesidades educativas – acoso escolar.

O ensino máis alá dos medios

No noso círculo trataremos aqueles problemas do sistema educativo aos que non se lles dá a suficiente atención nos medios. Falaremos, por exemplo, das carencias pedagóxicas derivadas do sistema, da visión dos pais sobre a educación dos seus fillos e da atención a persoas con diversidade funcional ou altas capacidades.

O obxectivo que buscamos co proxecto é dar visibilidade a aquilo que podemos atopar día a día no ensino. Farémolo a través dos seus protagonistas, que nos aportarán a súa visión sobre como se vive desde dentro o mundo da ensinanza. Do mesmo xeito, amosaremos a percepción que teñen os proxenitores sobre este asunto.

O noso círculo estará composto por un profesor de instituto, un membro da ANPA, unha orientadora, un exalumno de escola pública e unha exalumna de escola privada. Tentaremos tamén incluír a algún profesional que trate con persoas con diversidade funcional e outro para altas capacidades.

Coa finalidade de materializar as nosas metas configuramos unha proposta de acción. Crearemos unha enquisa de Google na que se deba responder á pregunta: Como sería a túa escola ideal? O enlace a esta enquisa estaría nun post no Observatorio. Dende o grupo difundiriámolo en redes sociais para que a xente poida compartir as súas experiencias no sistema educativo, tanto positivas como negativas.

A idea xurdiu entre os colaboradores, pois todos concordaban en que era necesario que a xente se fixese esta pregunta para así poder darlles a educación que desexaban. Trataríase dun espazo destinado a difundir aquelas ideas que poidan contribuír a mellorar a situación nas escolas ou a dar a coñecer métodos de ensinanza alternativos. Unha vez consigamos un bo número de respostas, elixiriamos as mellores.

No marco da difusión destas respostas, crearemos uns carteis que xunto cos membros do círculo colocaremos pola cidade (nos lugares da rúa nos que estea permitido, en escolas ou en centros de pedagoxía) para que susciten a atención dos asistentes potenciais da páxina. Esta actividade será gravada para o vídeo da acción. Logo, na última reunión os colaboradores comentarán as respostas.

Glosario

  • Pedagoxía. “Disciplina que ten por obxecto o plantexamento, estudo e solución do problema educativo” (Lemus, 1969).
  • Sistema educativo. “Conxunto organizado de servizos e accións educativas reguladas polo Estado, que posibilitan o exercicio do dereito á educación” (Almeida, 2015).
  • Diversidade funcional. “Este concepto ven a romper coa idea de que as persoas con discapacidade sofren un trastorno que as incapacita. A sociedade sería a que categoriza a eses individuos como persoas con discapacidade. O perigo xa non so residiría na categorización e nas súas connotacións, senón e sobre todo no feito de que sería precisamente a propia sociedade a que impón esas condicións ás que a persoas con discapacidade non se poida adaptar. Isto é unha idea construtivista, fácil de entender a través da seguinte afirmación: se todo o mundo fora cego, ser cego non supoñería ningún problema: a sociedade adaptaría o contexto á cegueira. A sociedade é a que exclúe os individuos con diversidade funcional e os saca da “normalidade” ao non crear produtos, recursos ou ferramentas accesibles a elas” (Sanfeliciano, 2017).
  • Altas capacidades. “A superdotación, a intelixencia e o talento son conceptos que poden ter diferentes significados segundo as culturas. Por este motivo, non existe unha definición universalmente aceptada do que son as altas capacidades. Actualmente, o termo alta capacidade evolucionou desde os primeiros estudos que o asociaban a alto rendemento académico e máis tarde a un elevado cociente intelectual (CI), ata os nosos días, cando se define como un potencial a desenvolver” (Díaz, 2016).
  • Reforma educativa. “Modificación do sistema educativo dunha nación co obxectivo  impulsar a súa mellora, fortalecer a equidade e garantir a calidade da educación pública obrigatoria” (Gobierno de la República de México, s.d.).
  • Educación concertada. “Aquela que se encontra a medio camiño entre a pública e a privada. A súa administración é privada, pero o seu financiamento é maioritariamente público, xunto con puntuais aportacións por parte dos pais cuxos fillos estuden no centro” (Ceruti, 2016).

Proposta completa

Posts de análise

Pérez Pedrouzo, J. M. (28 de febreiro de 2019). Cal é a visión do ensino nos medios? Observatorio Cidadán de Comunicación. Recuperado de: https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2019/02/28/cal-e-a-vision-do-ensino-nos-medios/

Pérez Pedrouzo, J. M. (8 de marzo de 2019). A innovación no ensino. Observatorio Cidadán de Comunicación. Recuperado de: https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2019/03/08/a-innovacion-no-ensino/

Pérez Pedrouzo, J. M. (13 de marzo de 2019). Necesidades específicas. Observatorio Cidadán de Comunicación. Recuperado de: https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2019/03/13/necesidades-especificas/

Pérez Pedrouzo, J. M. (21 de marzo de 2019). Afondando no sistema educativo. Observatorio Cidadán de Comunicación. Recuperado de: https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2019/03/21/o-sistema-educativo/

Pérez Pedrouzo, J. M. (8 de abril de 2019). As novas tecnoloxías no ensino. Observatorio Cidadán de Comunicación. Recuperado de: https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2019/04/08/32848/

Pérez Pedrouzo, J. M. (11 de abril de 2019). Os móbiles nas aulas. Observatorio Cidadán de Comunicación. Recuperado de: https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2019/04/11/os-mobiles-nas-aulas/

Comentarios recibidos

Cal é a visión dos medios?

S3A

S3B

A innovación no ensino

S3B

Necesidades específicas

S3A

S3B

Afondando no sistema educativo

S3A

S3B

A lingua no ensino. Trinta anos de luces e sombras.

S3A

S3B

As novas tecnoloxías no ensino.

S3B

Os móbiles nas aulas.

S3B

Comentarios realizados 

A S3A

A S3B

Acordos co S3A Mobilidades Urbanas

Acordos co S3B Bens Relacionais

Material de acción

Material de difusión 

Chíos de twitter

2 de marzo

9 de marzo 

16 de marzo

23 de marzo 

30 de marzo

6 de abril 

13 de abril 

20 de abril 

Publicacións en facebook

2 de marzo

9 de marzo

16 de marzo

23 de marzo

30 de marzo

6 de abril

13 de abril

20 de abril

28 de abril

Publicacións en Instagram

Publicación 28 de abril

Historias 28 de abril

 

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s