Ficha S2C Saúde

Presentación

Boas! O noso grupo de traballo vai tratar o tema de saúde e comunicación. As integrantes do grupo somos (de esquerda a dereita):Carla Filloy Iglesias (Diálogo),Gema García Rodríguez (Axenda), Marta González Fontán (Acción),María Mancebo Bettremieux (Coordinación e Deseño), Nerea Magide Pásaro (Edición) e Paula Fernández Ochoa (Difusión).

WhatsApp Image 2019-02-12 at 15.29.34

Pretendemos tratar o tema do discurso político sobre a saúde nos medios de comunicación e como se espectaculariza coa mesma dende distintos grupos involucrados, como partidos políticos ou asociacións. Queremos afondar nas causas e nas consecuencias da mediatización de determinadas enfermidades e do espectáculo que xira arredor delas nos medios de comunicación (como foi o caso do can con ébola, Excálibur), así como investigar o discurso político que se xera a raíz desta mediatización. Queremos poñer sobre a mesa exemplos de malas praxes no xornalismo que contribúen a tratar dun xeito sensacionalista todo o relacionado cos servizos sanitarios e a saúde das persoas para poder actuar da forma máis honesta de cara a futuros sucesos.

Estarán dentro da nosa análise a observación dos posicionamentos das distintas asociacións sen ánimo de lucro e do SERGAS ante o discurso da saúde e indagar nas problemáticas ás que se enfronta agora o persoal sanitario. En termos xerais, queremos aprender a comunicar sobre a saúde da man das persoas que están directamente involucradas nela e así poder proxectar a súa voz.

As palabras chave que definen o noso proxecto son: saúde pública, saúde privada, espectacularización da saúde, mediatización de enfermidades, discurso político sobre a saúde.

Comunicar Saúde

O pasado domingo día 10 de febreiro, a plataforma SOS Sanidade Pública convocou unha manifestación na cidade de Santiago de Compostela a prol da defensa da sanidade pública. Milleiros de persoas decidiron unirse a esta causa e saír ás rúas compostelás protestando contra os recortes sanitarios, a precarización e o impulso da privatización por parte do goberno do Partido Popular na Xunta de Galicia.

O noso grupo de traballo quere, pola súa importancia e actualidade, participar deste debate co fin de dar voz a todas as partes implicadas, dende xornalistas que cobren estes feitos, pasando por profesionais da sanidade, tanto do ámbito privado como do público, ata outros afectados por esta situación. Pretendemos analizar o tratamento mediático  e, deste xeito, reflexionar sobre cuestións como as diferenzas entre a sanidade pública e privada ou a espectacularización das enfermidades.

O noso principal obxectivo é tratar dende diversas perspectivas o discurso político sobre saúde nos medios, co fin de ofrecer ao noso público unha alternativa aos medios convencionais na que, ademais dos xornalistas, falen -e sexan escoitados- os protagonistas desas informacións. Para levar a cabo a nosa análise contaremos con  médicos, xornalistas e asociacións , procurando unha mellora no discurso e unha maior visibilización das distintas problemáticas.

Queremos amosar as diferenzas  que existen realmente entre os sectores públicos e privados da sanidade, por exemplo: cales son os tempos de espera ou os recursose e as facilidades que ofrece cada un. Esta comparativa será reflexo do falado coas fontes nas reunións do observatorio e permitiranos abrir e fomentar o debate o máximo posíbel.

Finalmente, tamén desexamos crear unha dinámica de retroalimentación cos lectores e coas distintas asociacións e organizacións vencelladas ó noso tema.

Glosario

  • Saúde pública: xestión da sanidade por parte do Estado.

Cabo Salvador, Javier. Los sistemas sanitarios y sus objetivos. CEF-Gestión Sanitaria. https://www.gestion-sanitaria.com/1-sistemas-sanitarios-objetivos.html

  • Saúde privada: é a asistencia sanitaria proporcionada por entidades distintas ao goberno, empresas privadas ás que o cidadán contribúe (xeralmente mediante a  subscrición de seguros de saúde). O termo utilízase xeralmente máis en Europa e outros países que financiaron con fondos públicos o sistema sanitario, para diferenciar a disposición do sistema habitual. Baséase en contribucións que están determinadas por aqueles que teñen recursos para pagar un plan privado de saúde, de acordo as súas propias posibilidades e expectativas.
  • Espectacularización da saúde: nos medios de comunicación, refírese á forma de tratar esta temática, por exemplo, utilizando noticias de impacto para crear sensacións nosespectadores (ultimamente vense moitas noticias deste tipo, por exemplo, co tema das vacinas).

El colectivo médico se une contra la espectacularización de la salud. PRNoticias. 2007https://prnoticias.com/hemeroteca/244-prsalud/10106362-el-coletivo-medico-se-une-contra-la-espectacularizacion-de-la-salud

  • Mediatización de enfermidades: neste caso, referímonos ao tratamento que lle dan os medios de comunicación ás enfermidades, así como a presenza das asociacións dentro da axenda mediática.

García, Ana. La Línea Roja: El cáncer del siglo XXI. 2013. https://metode.es/noticias/la-linea-roja-el-cancer-en-el-siglo-xxi.html

  • Discurso político sobre a saúde: forma na que as forzas políticas están a tratar a saúde dentro dos seus diferentes posicionamentos.
  • Crise sanitaria: situación de alarma que no referente á saúde que afecta a unha zona xeográfica.

Organización Mundial de la Salud. Acción Sanitaria en crisis sanitarias. Definición de emergencia de grado 3 y 2 de la OMS. https://www.who.int/hac/donorinfo/g3_contributions/es/

Proposta completa

Posts de análise:

MANCEBO BETTREMIEUX, María. (8 de marzo de 2019). Dar voz a todo? Observatorio Cidadán de Comunicación.  Recuperado de: Dar voz a todo? 

Cadea de comentarios

GARCÍA RODRÍGUEZ, Gema. (18 de marzo de 2019). Cara un novo modelo de atención primaria. Observatorio Cidadán de Comunicación.  Recuperado de: Cara un novo modelo de atención primaria 

Cadea de comentarios

FILLOY CANGAS, Carla e FERNÁNDEZ OCHOA, Paula. (20 de marzo de 2019). Sabemos esperar? Observatorio Cidadán de Comunicación.  Recuperado de: Sabemos esperar? 

Cadea de comentarios

GONZÁLEZ FONTÁN, Marta. (4 de abril de 2019). Sobre a responsabilidade dos medios no auxe da pseudociencia. Observatorio Cidadán de Comunicación.  Recuperado de: Sobre a responsabilidade dos medios no auxe da pseudociencia 

Cadea de comentarios

MAGIDE PÁSARO, Nerea. (9 de abril de 2019). Aprender a tolerar o sufrimento. Observatorio Cidadán de Comunicación.  Recuperado de: Aprender a tolerar o sufrimento 

Cadea de comentarios

FILLOY CANGAS, Carla. (22 de abril de 2019). A atención primaria en tempos de hospitalocentrismo. Observatorio Cidadán de Comunicación.  Recuperado de: A atención primaria en tempos de hospitalocentrismo 

CAMACARO ROJAS, Pedro. (17 de abril de 2019). Privado: Docencia e Investigación: Visión de Futuro en Enfermería. Observatorio Cidadán de Comunicación.  Recuperado de: Privado: Docencia e Investigación: Visión de Futuro en Enfermería 

Comentarios ao grupo S1A:

Temos os xornalistas o suficiente coñecemento sobre sexualidade?

Son realmente necesarias as etiquetas?

O dano invisible dos estereotipos

O camiño da aceptación do colectivo

Do activismo de sofá á pedagoxía de todos os días

Acordo co grupo S1A

Material de acción

Material de difusión

Material de diálogo

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.