Afondando no sistema educativo

S1D

Libraría Lila de Lilith

A segunda reunión do círculo tamén tocou a situación na que se atopan os docentes ao teren que cumprir coas directrices do sistema educativo. Así, xurdiron debates sobre a liberdade da que dispoñen para innovar fronte as metas que deben acadar seguindo o currículum, e sobre se os mestres deben dedicar parte do seu tempo libre a continuar a súa formación (Galicia Press, 15-03-2019).

O gran papel dos mestres (La Voz de Galicia, 19-03-2019)foi outro dos temas que tiveron presenza. Os nosos colaboradores dialogaron sobre a importancia de resolver conflictos  (El Correo Gallego, 24-02-2019) nas aulas e de intentar sacar adiante o máximo potencial dos alumnos.

 

Acción

O sistema educativo é, obviamente, a pedra angular na que se basea a ensinaza. Con todo, está lonxe de ser un sistema perfecto, polo que unha das metas da acción é preguntarlle á xente que vive dentro del os aspectos que consideran que deberían cambiarse, así como as súas ideas para facelo. O obxectivo está claro: axudar tanto a alumnos como a profesores a facer do mundo da ensinanza un lugar mellor.

Bibliografía

EP. (15 de marzo de 2019). Unos 200 profesores participan en unas jornadas sobre lengua francesa en el sistema educativo gallego. Galicia Press. Recuperado de: https://www.galiciapress.es/texto-diario/mostrar/1357038/unos-200-profesores-participan-unas-jornadas-sobre-lengua-francesa-sistema-educativo-gallego

Redacción. (14 de outubro de 2018). Los profesores se sienten poco valorados y con demasiadas presiones. La Voz de Galicia. Recuperado de: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2019/03/19/profesores-sienten-poco-valorados-demasiadas-presiones/0003_201903G19P14991.htm

Santiago EP. (24 de febrero de 2019). Educación lanza el segundo macrocuestionario en línea sobre convivencia en las aulas. El Correo Gallego. Recuperado de: https://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/educacion-lanza-segundo-macrocuestionario-linea-convivencia-aulas/idEdicion-2019-02-24/idNoticia-1167888/

11 comentarios en “Afondando no sistema educativo

  1. SALGADO LÓPEZ

    Hoxe en día, dende o meu punto de vista, cómpre educar aos alumnos e alumnas dunha maneira acorde ao contexto actual: un mundo diverso e plural. Por esta razón, é importante que o profesorado estea formado e capacitado para poder carrexar coa tarefa de formar ás futuras xeracións (como dicía Martina Martínez, “non pode ser que un docente non saiba abrir un correo electrónico a día de hoxe”). En referencia a isto, cobran forza iniciativas como a levada a cabo no CEIP Xacinto Amigo Lera, onde os docentes, tal e como destacaba Martiña, implícanse máis do nivel mínimo que lles é requerido, en prol de mellorar a educación do alumnado.

    Por outra banda —xa relacionando o ensino coa mobilidade—, é necesario destacar que as actuacións deben ir máis aló das aulas. O exterior dos centros educativos tamén son unha zona importante na que as Administracións deben actuar para asegurar a seguridade e satisfacer as necesidades do estudantado. Ás veces non somos todo o conscientes que deberiamos sobre o grave problema que supoñen estas situacións. Por exemplo, en Santiago, o entorno do complexo educativo de Lamas de Abade (cun centro de FP, un IES e un CEIP) supón un risco diario para máis de 2.600 estudantes que diariamente teñen que abrirse paso entre os coches para cheagar a clase, ademais de non contar cun bo servizo de transporte público, con horarios non adaptados ás necesidades reais.

    En definitiva, ao igual que co propio ensino, non debemos deixar tampouco á mobilidade nun segundo plano. Busquemos solucións escoitando a quen ten o problema.

    Ligazóns:

    Carreira, S. (7 de maio de 2018). Facer da necesidade virtude. La Voz de Galicia. Recuperado de https://galego.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2018/05/07/necesidad-virtud/0003_201805G7P8991.htm

    Gómez, J. (22 de marzo de 2019). Alertan de que o caos viario en Lamas de Abade ameaza a miles de escolares. La Voz de Galicia. Recuperado de https://galego.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/2019/03/22/alertan-caos-vial-lamas-abade-amenaza-miles-escolares/0003_201903S22C1997.htm

    Gústame

    1. MASEDA DA VEIGA

      Está claro que a mobilidade inflúe no ensino, xa que unha grande parte do alumnado se despraza en transporte urbano. Neste caso, podemos ver un exemplo mesmo na cidade de Compostela. Unha única liña de autobús urbano cobre a ruta que deben seguir os universitarios para asistir ás aulas, a liña 15. Esta só pasa cada vinte minutos, o cal deixa as horas puntas sen as prazas necesarias para todos os estudantes.

      Semella que a USC se preocupa do transporte para o seu alumnado co Plan de Mobilidade que podemos atopar na súa páxina web. Mais a realidade é ben distinta e moitas institucións e o mesmo goberno deixa sen cobertura ós estudantes, facendo que teñan que buscar medios alternativos de transporte como a bicicleta, uns dos máis utilizados.

      Ligazóns:

      Calveiro P. (12 de novembro de 2018) «Non conseguimos ir en bus ao campus norte porque vai cheo e xa nin para». La Voz de Galicia. Recuperado o 23 de abril de 2019 de:
      https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/santiago/2018/11/12/span-langglnon-conseguimos-ir-bus-ao-campus-norte-vai-cheo-xa-nin-span/0003_201811S12C3991.htm

      USC (2015) Sabes como te moves na USC?. Recuperado o 23 de abril de 2019 de: http://www.usc.es/plands/seccions/datos_plan/eixe2/mobilidade_sostible/mobilidade_pdf/folleto_mobilidade.pdf

      Gústame

      1. SALGADO LÓPEZ

        En Compostela está claro que nin o Concello nin a USC se preocupan pola mobilidade do estudantado. Isto queda reflectido no mesmo Plan de Mobilidade que adxuntas, completamente obsoleto (di que en Santiago hai 16 liñas de autobús, e na actualidade hai 22). Como resposta ás queixas expostas sobre a liña 15 —recurrentes xa dende hai anos—, o Concello apela á nova licitación do servizo de transporte urbano colectivo, un contrato exposto nun primeiro momento en 2016 e prometido para 2017, logo para 2019 e agora xa previsto para entrar en vigor ao longo de 2020.

        Por outra banda, cómpre salientar a necesidade de impulsar as mobilidades peonil e ciclista. Nos últimos anos estableceuse unha prioridade ciclista nas rúas do Ensanche e se instalaron aparcadoiros para bicicletas. Porén, para acadar unha verdadeira seguridade para o colectivo, son necesarias medidas máis efectivas que pasan pola imprescindible construción de carrís-bici (non illados, como acontece en Fontiñas, senón formando parte dun Plan de Mobilidade global que teña en conta á globalidade da cidade).

        Neste sentido, cidades como A Coruña son un exemplo a seguir. Aínda que o goberno local da cidade herculina tivera todo tipo de oposición ao carril bici, acabaron por construílo, superando todos os prexuízos (“non se vai empregar se se constrúe). É necesario traballar dende o ensino estes aspectos, a través dunha educación viaria prolongado para, entre todos e todas, lograr conseguir unha mobilidade do século XXI, adaptada ás necesidades da cidadanía e respectuosa co medioambiente.

        Ligazóns:

        Calveiro, P. (19 de febreiro de 2019). Os reforzos de liñas de bus urbano haberán de esperar á nova concesión do transporte. La Voz de Galicia. Recuperado de https://galego.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/2019/02/19/refuerzos-lineas-bus-urbano-habran-esperar-nueva-concesion/0003_201902S19C2993.htm

        García, C. (22 de novembro de 2017). CA retrasa hasta 2020 sus promesas de cambio para el transporte urbano. El Correo Gallego. Recuperado de https://www.elcorreogallego.es/santiago/ecg/ca-retrasa-2020-sus-promesas-cambio-transporte-urbano/idEdicion-2017-11-22/idNoticia-1085717/metrics/XitiCustom

        López, E. (10 de abril de 2019). Ferreiro subraya que el carril bici va más allá de críticas puntuales. Cadena SER. Recuperado de https://cadenaser.com/emisora/2019/04/10/radio_coruna/1554911792_716679.html

        Mosteiro, M. (26 de setembro de 2018). As 53 zonas de aparcadoiro para bicicletas en rúas de Santiago carecen de uso. La Voz de Galicia. Recuperado de https://galego.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/santiago/2018/09/27/53-zonas-aparcamiento-bicicletas-carecen-uso/0003_201809S27C1997.htm

        Gústame

        1. MASEDA DA VEIGA

          Como expuxeches ti hai propostas moi boas noutras cidades da contorna para mellorar as mobilidades peonil e ciclista. Unha das que máis me gusta é o Metrominuto de Pontevedra, un mapa que expresa as distancias a pé entre 26 puntos simbólicos na cidade. Indica tamén, moi relacionado co tema, a situación das estacións, aparcadoiros, etc. Esta iniciativa pretende favorecer á cidadanía a desprazarse camiñando pola cidade, logrando así desconxestionar o tráfico e axudando á saúde de todos.

          A pesar de todo isto, tes que entender que no urbanismo da cidade de Compostela non é tan sinxelo de xestionar. Estamos a falar dunha cidade cunha zona histórica moi complexa., cuxo urbanismo se empezou a formar hai moitos séculos, cando pouco reparaban no espacio das rúas. Por iso na zona vella circulan os turismos con moita dificultade e só por algúns lugares habilitados. Ao seu redor fano tamén moitas veces nun só sentido, sendo bastante tedioso circular polo centro urbano. En canto ó carril bici na zona centro sería un pouco complicado incluílo debido ó pouco espazo que hai para o tráfico.

          A zona central de Santiago de Compostela é para vivila claramente camiñando, tanto como por infraestruturas como por tamaño.

          Ligazóns:

          -Concello de Pontevedra (2019) Metrominuto. Recuperado o 24 de abril de 2019 de:
          http://www.pontevedra.eu/movete/intermodes/intermodes-metrominuto

          -Taín Guzmán, M. (2014) Espacio, Tiempo y Forma, Serie Vil, H.” del Arte, t. 11, 1998, págs. 199-215. Madrid. UNED. Recuperado o 24 de abril de 2019 de:
          http://revistas.uned.es/index.php/ETFVII/article/view/2313/2186

          Gústame

  2. OJEA GUTIÉRREZ

    Unha das preguntas que se expoñen na reunión é saber ata que punto o persoal docente está atado ao seu currículo, que capacidade ten para innovar e poder ser flexible ás directrices que se estipulan nel. Dende o noso punto de vista, canto máis innovador sexa o profesorado á hora de ensinar e impartir unha materia, maior vai ser o factor sorpresa. Polo tanto, o alumnado prestaralle máis atención. Unha das iniciativas que se leva a cabo nalgúns centros galegos é o programa Prensa-Escola impulsado pola Voz de Galicia. Preténdese así, que o profesorado inclúa nos seus currículos noticias para poder romper as barreiras que existen entre o que se explica nas aulas e a súa aplicación na vida real. Un maneira de fomentar a participación e a capacidade crítica do estudantado.

    Por outra banda, un dos temas que presentamos nas nosas reunións é a motivación do propio persoal docente á hora de dar clase, motivación que pode verse reflectida nos estudantes. Afirmacións como a de José Manuel Dopazo (director do IES Maruxa Mallo): “Se mobilizamos ao alumnado para que o seu talento aflore é máis fácil que consigamos moi boas cousas, que consigan a súa plenitude persoal, emocional e intelectual” demostran o efecto que pode ter a maneira de relacionarse entre ambos.

    Unha enquisa de PISA (Programme for International Student Assessment) realizada ao profesorado da OCDE indica que un bo clima na clase, unha correcta relación cos demais compañeiros e compañeiras de profesión e a disposición de actividades para o seu desenvolvemento profesional, son os principais desexos do persoal docente para sentirse motivado.

    Polo tanto, é necesario que ambas partes dean o seu máximo potencial para unha mellora do sistema educativo.

    Ligazóns:

    Carreira, S. (9 de abril de 2018). Del profesor de Ciencias importa la motivación, no el currículo. La Voz de Galicia. Recuperado de: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/educacion/2018/02/28/sabes-estudiar-vete-aula/00031519830291528280139.htm

    Pardo, J. (30 de setembro de 2018). La Voz regresa a los colegios en una nueva edición de Prensa- Escuela. La Voz de Galicia. Recuperado de: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2018/09/30/voz-regresa-colegios-nueva-edicion-prensa-escuela/0003_201809G30P10993.htm

    Gústame

    1. LÓPEZ VÁZQUEZ

      É certo que o currículum outorga moita flexibilidade. Aínda que a maioría dos docentes se vexan “atados” ós contidos tradicionais, as posibilidades son infinitas. É por iso que é importante desenvolver proxectos como o Bautismo de tirolina ou Naturaliza, que impulsan a actividade física, o medio ambiente e a cidadanía dunha maneira completamente diferente. E é necesario dar visibilidade a estes proxectos para que non sexan algo anecdótico, senón que inspiren a outros profesores a traballar “fóra do común”.

      Estamos de acordo en que a motivación dos profesores é fundamental. Como neste caso de agrupación das aulas por colores, pode realmente marcar a diferencia nun aula. Pero, sobre todo en cursos superiores, non hai que restarlle responsabilidade aos alumnos. A actitude coa que veñen á aula tamén determina o clima que nesta se crea. Todos temos a obrigación de facer o día a día na educación un lugar mellor.

      Ligazóns

      López Lago, J. (27 de marzo de 2019). Clases por colores para motivar al alumno. Hoy. Recuperado de: https://www.hoy.es/badajoz/clases-colores-motivar-20190327003107-ntvo.html

      MDO (30 de marzo de 2019). Nieves Rey (Ecoembes): “Naturaliza, el proyecto que incluye el medio ambiente en el currículo escolar”. Madrid Diario. Recuperado de: https://www.madridiario.es/466533/nieves-rey-entrevista-naturaliza-mirada-ambeintal-curriculum

      Redacción (13 de abril de 2019). Bautismo de tirolina para escolares del CEIP Las Gaviotas de Islantilla. Huelvaya. Recuperado de: http://huelvaya.es/2019/04/13/bautismo-de-tirolina-para-escolares-del-ceip-las-gaviotas-de-islantilla/

      Gústame

      1. OJEA GUTIÉRREZ

        Dentro desta flexibilidade do currículo existen máis proxectos a prol da innovación no ensino. Situacións límites como a que está a suceder no colexio CEIP Xacinto Amigo Lera, onde dun total de catrocentas prazas para o alumnado, só se cobren sesenta, fai que xurdan ideas como a coeducación ou a presenza de estudantado de diferentes idades na mesma aula. Segundo o seu director, Manuel Antelo, isto beneficia ao alumnado xa que aprenden a colaborar e a axudarse uns aos outros, aínda que para o persoal docente deste colexio supón un dobre esforzo ter que impartir unha mesma clase para máis dun curso. Con todo, consideramos que este método só pode ser efectivo nun número reducido de alumnado, como sucede neste caso.

        Como vós mesmos apuntades, a actitude coa que afrontamos a nosa aprendizaxe dentro das aulas condiciona o propio clima académico. Para poder levar un control ou un seguimento do que acontece nos centros escolares, lévanse a cabo cuestionarios dirixidos tanto ao propio profesorado e estudantado como a familiares ou persoal non docente. A súa finalidade é poder mellorar as relacións nas aulas e orientar ó sistema educativo cara unha ensinanza máis inclusiva.

        Ligazóns:

        El Correo Gallego. (24 de febreiro de 2019) Educación lanza el segundo macrocuestionario en línea sobre convivencia en las aulas. El Correo Gallego. Recuperado de: https://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/educacion-lanza-segundo-macrocuestionario-linea-convivencia-aulas/idEdicion-2019-02-24/idNoticia-1167888

        Carreira, Sara. (7 de maio de 2018). Hacer de la necesidad virtud. La Voz de Galicia. Recuperado de: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2018/05/07/necesidad-virtud/0003_201805G7P8991.htm

        Gústame

        1. LÓPEZ VÁZQUEZ

          A presenza destes proxectos innovadores poden axudar moito ao ensino, e é por iso que deberíamos darlles difusión e o recoñecemento que merecen. Un proxecto moi semellante é o de clases por cores. Trátase dunha escola pública de Badajoz onde os nenos xa non se agrupan de primeiro a sexto, senón do amarillo ao laranxa (segundo o seu nivel).

          É importante darnos conta de que a escola non son só números, países e un montón de asignaturas aburridas. É por iso moi destacable o feito de que algunhas comunidades comecen a marcar como oblrgatoria a educación emocional do alumnado. Medidas como esta axúdannos a todos.

          E ao fin e ao cabo, o importante é darnos conta de que a educación é unha materia que a todos nos afecta, que estamos construíndo o futuro e que, entre todos, loitemos porque este sea o mellor posible.

          Ligazóns:

          López-Lago, J. (27 de marzo de 2019). Clases por colores para motivar al alumno. Hoy. Recuperado de: https://www.hoy.es/badajoz/clases-colores-motivar-20190327003107-ntvo.html

          Torres Menárguez, A. (2 de abril de 2019). Canarias, la primera comunidad que hace obligatoria la educación emocional en los colegios. El País. Recuperado de: https://elpais.com/sociedad/2019/03/26/actualidad/1553627291_428563.html

          Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s