SANTAMARINA VÁZQUEZ
Centro Sociocultural de Fontiñas
O transporte público é un elemento clave á hora de vertebrar a mobilidade dunha cidade e dos seus arredores. A primeira noticia da reunión trataba as carencias do autobús urbano globalmente, mais facendo fincapé no desconcerto que causa nos turistas. María Jesús Pérez (secretaria de Asociación de Persoas con Dispacidade de Compostela e Comarca) rexeitaba o enfoque da nova: “É unha noticia que considera ao bus urbano como unha ferramenta para a actividade económica, máis que para un servizo público”.
Como solución aos problemas ocasionados polo transporte público no conxunto da mobilidade compostelá, Coro González (vicepresidenta da Asociación Veciñal A Xuntanza) indicaba: “Os plans de mobilidade nas cidades tamén deberían de ser participativos”. Suso Vilariño (director de formación da Autoescuela Santa Eulalia), pola súa banda, denunciaba: “Os vehículos teñen xa moitos anos”.
Os estudantes tamén se ven limitados pola mala xestión da liña 15, que serve de nexo entre ambos campus. Ante esa noticia, Cruz Vázquez (presidenta da Federación de Asociacións Veciñais do Rural de Santiago) reclamaba: “Teñen que atender as demandas da cidadanía e, como é bastante frecuente, as programacións non se axeitan ás necesidades dos usuarios”. Para solucionar ese problema, Suso suxería: “Se queres resolver, haberá que escoitar os problemas”.

A mobilidade no rural ten aínda, se cabe, menos visibilidade e calidade que nas zonas urbanas. O que se conta na nova sobre Villestro é aplicable a outras aldeas e zonas dos arredores de Compostela. Mª Jesús denunciaba a falta de sinalización: “Hai paradas inexistentes”. A presidenta de FERUSA expoñía co consenso do resto do Círculo: “O rural ten unha gran deficiencia de servizos de transporte público. É unha cousa que ademais está ocasionando un sobrecusto aos habitantes do rural, porque tal e como está planificado e deseñado o transporte público no rural non evita a necesidade do uso do transporte particular”.
Á hora de falar sobre o tratamento mediático e o ámbito político, Cruz lembraba que, unha vez, lle propuxo facer unha reportaxe sobre o rural a unha xornalista. A profesional da comunicación, condicionada pola ideoloxía do medio de comunicación para o que traballaba, respondeulle: “Teño que pedir permiso, se mo dan o fago, se non, non”. A vicepresidenda da Xuntanza denunciaba: “Os medios teñen un potencial que teño a sensación que van perdendo, que é a capacidade de denuncia social”. Ao abordar os condicionantes aos que fan fronte os xornalistas, Suso engadía: “Está en xogo o seu posto de traballo”.
Mª Jesús trouxo as propostas en materia de mobilidade nos programas electorais de diferentes partidos políticos locais. Todos os grandes partidos tratan a mobilidade no seu programa electoral de 2015, excepto Ciudadanos. As medidas expostas comprendían parte das demandas feitas na reunión (microbuses para o rural, máis frecuencias, avisos sonoros e visuais nos buses…) e engadían o compromiso co medio ambiente. Pero segundo o comentado polos membros do Círculo, estas necesidades seguen insatisfeitas.

As conclusións finais afondaban na comprensión e na actitude da Administración, asociacións e cidadáns para solventar os defectos do transporte público. Coro resumía as necesidades da mobilidade en “Vontade política, vontade técnica, resposta cidadá”, declaracións apoiadas polos outros membros do Círculo.
Retrato do panorama da mobilidade
Como acción, temos decidido facer unha colección fotográfica que amose os aspectos positivos e negativos da mobilidade en Santiago de Compostela. Os membros do Círculo continuaron participando nela nesta segunda xuntanza, achegando máis zonas que fotografar e sinalando as conclusións que servirán de pés de foto para as imaxes. Intentaremos facer a presentación do proxecto o máis visual posible, tratando de darlle un formato axeitado de cara a que chegue á cidadanía, que é a principal beneficiaria da acción.
Participaron na conversa:
- Coro Gónzalez, vicepresidenta da Asociación Veciñal A Xuntanza.
- Cruz Vázquez, presidenta de FERUSA.
- María Jesús Pérez, secretaria de AMICO.
- Suso Vilariño, director de formación de Autoescuela Santa Eulalia.
Ligazóns:
Calveiro, P. (12 de novembro de 2018). «Non conseguimos ir en bus ao campus norte porque vai cheo e xa nin para». La Voz de Galicia. Recuperado de https://galego.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/santiago/2018/11/12/span-langglnon-conseguimos-ir-bus-ao-campus-norte-vai-cheo-xa-nin-span/0003_201811S12C3991.htm
Deaño, C. (20 de marzo de 2019). Denuncian a carencia de servizos públicos que sofren en Villestro. El Correo Gallego. Recuperado de https://www.elcorreogallego.es/santiago/ecg/denuncian-carencia-servizos-publicos-sofren-villestro/idEdicion-2019-03-20/idNoticia-1172173
Gómez, S. e Rodeiro, N. (4 de setembro de 2017). O bus urbano desconcerta aos turistas. La Voz de Galicia. Recuperado de https://galego.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/2017/09/04/bus-urbano-desconcierta-turistas/0003_201709S4C3992.htm
OCTAVIO DE TOLEDO DE MIGUEL
O autobús urbano é o mellor recurso para moverse polas cidades ou polas aldeas, porén non hai uns servizos que podan axudar á cidadanía. Concordo co que di María Jesús Pérez, o autobús non debe ser visto como unha actividade económica senón como un servizo público e que podan ser usados sempre que se queira. E se ben é certo que como cidadáns temos unha responsabilidade, a verdade é que estes servizos tampouco se ofrecen o mellor que se pode.
Falando do caso dos universitarios, o único bus que pasa cara o campus norte e cara o campus sur, é o 15C. Se vas para o campus norte tamén podes coller o 5, pero o seu fin non é pasar polas facultades. Eu mesmamente tiven problemas para coller o autobús para ir a clase e de feito, algunhas veces cando o bus ía cheo, tiven que coller un taxi para chegar a clase. Isto é bastante lamentable. O que deberían facer é ofrecer máis autobuses para que os estudantes podan chegar a clase, que tamén é certo que se pode ir andando, mais os días chuviosos en Santiago son algo dificultosos. Pero isto non só recae na cidadanía, que xa se ten queixado en numerosas ocasións, senón que hai que facer un plan para arranxar esta situación na que nos atopamos.
Esta problemática xa non só está nas cidades senón que se extrapola ás aldeas, nas que a accesibilidade xa si que é case inexistente. Quizais os medios poidan axudar a que esta situación se visibilice, pero é certo que moi poucos medios tratan esta problemática. Os servizos de autobús están moi mal organizados, e deberíamos intentar solucionalo, pero se o solucionamos, debemos poñer cada un da nosa parte.
Ligazóns
-Calveiro, P. (12 de novembro de 2018). «Non conseguimos ir en bus ao campus norte porque vai cheo e xa nin para». La Voz de Galicia. Recuperado de: https://galego.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/santiago/2018/11/12/span-langglnon-conseguimos-ir-bus-ao-campus-norte-vai-cheo-xa-nin-span/0003_201811S12C3991.htm
-Calveiro, P. (12 de febreiro de 2019). Os universitarios suspenden ao servizo de autobús. La Voz de Galicia. Recuperado de:
https://galego.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/2019/02/18/universitarios-suspenden-servicio-autobus/0003_201902S18C1995.htm
GústameGústame
SANTAMARINA VÁZQUEZ
Creo que é moi importante fomentar o desenvolvemento das persoas, neste caso dos mozos e mozas, e o transporte actual en Santiago non satisfai as necesidades dos estudantes. Non só é un problema para os estudantes, senón tamén para aqueles mozos que traballan e non teñen vehículo propio ou queren optar por empregar o transporte público.
Como mozos queremos aproveitar a cidade tamén pola noite, pero o servizo de autobuses remata ás once da noite. Fora do debate que existe sobre as paradas antiacoso, a falta de medios e traballadores do transporte santiagués fan que sexan inviables. O que provoca que as mozas teñan menos protección ante o acoso machista nas rúas.
Para aqueles que veñen desde as aldeas en autobús, todas as semanas, a traballar o estudar en Santiago de Compostela, hai poucas frecuencias. Ademais moitos dos vehículos están sen renovar, supoñendo máis riscos para os viaxeiros. En 2002, os estudantes pedían melloras no bus que une a capital galega con Muxía, aínda que estes renováronse, hoxe volven a estar en malas condicións. É necesario que se reformen as facultades, xa que son espazos onde os universitarios pasamos moito tempo, e non só son espazos de estudo senón tamén lugares de reunión. Por tanto, a reforma é esencial, pero debe haber unha solución mentres se realiza para que os desvíos non fagan que cheguemos tarde a clase o que teñamos que ir noutro medio de transporte.
Ligazóns:
Forján, E. (7 de outubro de 2002). Los estudiantes piden mejoras en los buses que unen Negreira y Santiago. La Voz de Galicia. Recuperado de https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/2002/10/07/estudiantes-piden-mejoras-buses-unen-negreira-santiago/0003_1265655.htm
P. Calveiro (26 de marzo de 2019). ¿Por qué a Compostela Aberta no le gustan las paradas antiacoso? La Voz de Galicia. Recuperado de https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/santiago/2019/03/26/carteleria-buses-urbanos-evitar-vejaciones-mujeres/0003_201903S26C2991.htm
Redacción (14 de febreiro de 2019). Desvío de la línea 15 por obras en el Campus Vida. El Correo Gallego. Recuperado de https://www.elcorreogallego.es/santiago/ecg/desvio-linea-15-obras-campus-vida/idEdicion-2019-02-14/idNoticia-1165802/
GústameGústame
OCTAVIO DE TOLEDO DE MIGUEL
O transporte en Santiago é un verdadeiro problema, e como dis, xa non só para os estudantes que non poden ir moitas veces a clase porque van cheos, senón tamén para os demais cidadáns. É moi importante que se ofreza un servizo polas noites, precisamente polo que dis, é inviable xa que hai unha falta de medios.
Porén, as mulleres sufrimos moito acoso polas rúas, e sobre todo polas noites cando volvemos de festa. A pesar de que Santiago non é unha cidade moi grande, as mulleres estamos moi desprotexidas e o acoso é constante. Deberían poñer algún tipo de medida contra isto. É obvio que tendo en conta na sociedade na que vivimos as mulleres temos que ter moito coidado e ata hai medo de volver a casa completamente soa, por iso estaría ben propoñer que houbese buses nocturnos.
Os vehículos necesitan renovarse constantemente para non poñer en perigo ós viaxeiros, e sobre todo para os que veñen dende máis lonxe. Tamén deberíamos propoñer algunha solución mentres estes están renovándose, como ofrecer outro tipo de servizos que faciliten a mobilidade dos cidadáns. Isto é fundamental, xa que os que non conducen ou os que non teñen un medio de transporte propio, non poderíamos movernos. Non podemos deixar de ir a clase ou ao traballo, por isto penso que unha reforma nese aspecto é importantísimo.
Ligazóns
-E.P (25 de febreiro de 2019). A campaña contra o acoso machista nos autobuses de Santiago é unha das iniciativas do Concello polo 8M. Galicia Confidencial. Recuperado de: http://www.galiciaconfidencial.com/noticia/87005-campana-acoso-machista-autobuses-santiago-iniciativas-concello-polo-8m
-Redacción (26 de marzo de 2019). Compostela 24h. Recuperado de: https://www.compostela24horas.com/texto-diario/mostrar/1365747/santiago-inicia-unha-campana-sensibilizacion-das-violencias-machistas-nos-buses-urbanos
GústameGústame
SANTAMARINA VÁZQUEZ
Precisamente pola importancia de ofrecer solucións, é preciso que os cidadáns sexamos activos socialmente e reivindiquemos os nosos dereitos a un transporte público como levan facendo anos os veciños do barrio de San Pedro. Hai campañas que aproveitan o tempo que pasamos no autobús urbano para concienciar á sociedade. Dende a Consellería de Igualdade creáronse 50 vinilos para poñer nos buses, explicando como actuar ante agresións machistas.
Para visibilizar os defectos do transporte urbano propoñemos facer unha colección fotográfica, que amose os erros e virtudes da vía pública de Santiago de Compostela. Debemos tomar os exemplos positivos que temos dentro da propia cidade para mellorar as zonas que están en peor estado.
Os mozos somos os futuros usuarios e xerentes da cidade, polo que debemos implicarnos na mesma, tratando de fomentar condutas que favorézannos a todos como un trasporte máis sostible. Pero é difícil intervir a vía pública nunha cidade patrimonio da humanidade como é Santiago de Compostela, aínda que sexa con fins beneficiosos para a poboación.
Ligazóns
EFE (30 de marzo de 2011). La Xunta inicia las consultas ambientales para los planes de metro ligero. La Voz de Galicia. Recuperado de https://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2011/03/30/xunta-inicia-consultas-ambientales-planes-metro-ligero/00031301481725941998738.htm
Fernández, I. (21 de diciembre de 2018). San Pedro ve amenazada su movilidad por la reforma de la rotonda de Concheiros. El Correo Gallego. Recuperado de https://www.elcorreogallego.es/santiago/ecg/san-pedro-ve-amenazada-movilidad-reforma-rotonda-concheiros/idEdicion-2018-12-21/idNoticia-1155211/
Santiago, E. P. (25 de marzo de 2019). Vinilos en los 50 buses de Santiago explican cómo actuar ante las agresiones machistas. El Correo Gallego. Recuperado de https://www.elcorreogallego.es/santiago/ecg/vinilos-50-buses-santiago-explican-actuar-agresiones-machistas/idEdicion-2019-03-25/idNoticia-1173301/
GústameGústame
LÁZARO SILVA
Dende o meu caso particular e o do meu círculo, a deficiencia de transporte urbana que máis nos afecta é o mal funcionamento da liña “universitaria”. É inadmisible que nunha cidade na que gran parte da poboación é estudiantil non haxa vontade de ofrecer unha liña axustada ás necesidades do alumnado, que moitas veces ten que pagar un taxi para chegar a tempo ás aulas porque no autobús xa non colle máis xente; ou, de ser un dos afortunados que consegue entrar no vehículo, ten que loitar durante o traxecto de 15 minutos por non caer enriba dalgún pasaxeiro. As queixas pola nosa parte repítense dende hai tempo e as solucións, mais aínda seguimos na mesma situación.
O Concello si que se ten pronunciado ante a denuncia estudiantil, mais dende o ano pasado levan asegurando que “en breves” chegarán buses de reserva para facer reforzos puntuais, pero estamos en abril e o momento parece non chegar. Ademais, parecen non valorar a proposta que ofrecemos de aumentar o número de frecuencias (a liña que une os campus pasa cada 20 minutos, un horario moi limitante).
Outra das deficiencias do transporte compostelán que non mencionades é o problema co bus do aeroporto. A liña circula cada media hora dende as 6 da mañá ata as 12 da noite do centro ó aeroporto, e das 7 á 1 da mañá dende o aeroporto ó centro. Con este horario os primeiros vós da mañá non quedan cubertos, relegando ós pasaxeiros a coller un taxi que cobra aproximadamente 20 euros polo traxecto. Neste caso, o goberno local amosouse máis cooperativo a afrontar o problema e parece ser que os cambios chegarán en xaneiro do ano que vén cunha ampliación do horario e a inclusión dunha parada no barrio de Fontiñas, que se atopa fóra do itinerario. Só nos queda esperar a ver se se cumplen os plazos anunciados e sae adiante o plan.
Ligazóns:
Calveiro, P. (19 de febreiro de 2019) Los refuerzos de líneas de bus urbano habrán de esperar a la nueva concesión de transporte. La Voz de Galicia. Recuperado de: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/2019/02/19/refuerzos-lineas-bus-urbano-habran-esperar-nueva-concesion/0003_201902S19C2993.htm
Calveiro, P. (18 de febreiro de 2019) . Los universitarios suspenden al servicio de autobús. La Voz de Galicia. Recuperado de: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/2019/02/18/universitarios-suspenden-servicio-autobus/0003_201902S18C1995.htm
Mosteiro, M. (14 de marzo de 2019). El autobús de Lavacolla ampliará horarios en enero y dará servicio a los primeros vuelos. La Voz de Galicia. Recuperado de: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/2019/03/14/bus-lavacolla-ampliara-horarios-dara-servicio-primeros-vuelos/0003_201903S14C19911.htm
GústameLiked by 1 person
OROZCO LAGO
Os problemas de mobilidade en Santiago son tantos, tan diversos e tan converxentes por outra parte que é complicado reflectilos todos aquí. Por desgraza para a cidadanía compostelá, tes razón. A problemática do transporte non se limita aos turistas, non se trata de autobuses en mal estado e antigos. Se expande para envolver e dificultar a vida de toda a cidadanía. Malos horarios para estudantes, para traballadores, para viaxeiros, mala accesibilidade para persoas con diversidade funcional, mala convivencia cos vehículos privados…
Trátase dun servizo que precisa dun impulso económico importante para conseguir cubrir as necesidades que poden xurdir na cidade. Porén, non debemos esquecer que, se a nós se nos presentan problemas moi graves con este servizo, a outros colectivos aínda máis. O rural de Santiago, que congrega a unha importante fracción da poboación deste concello queda esquecido. Nin liñas nin frecuencias.
Dende o concello e dende a empresa que ten a concesión dan largas e derivan as súas responsabilidades. Dedícanse a colocar parches. Colocar marquesinas de deseño, por exemplo, en lugar de solucionar os problemas que estanse a reivindicar ou a facer xestións que cara outros obxectivos tiran. Dende logo, a cidadanía pasa a un segundo plano.
Ligazóns
J.C. (21 de marzo de 2019) San Lázaro estrena la primera marquesina de bus que sirve de modelo para toda Galicia. La Voz de Galicia. Recuperado de: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/2019/03/21/san-lazaro-estrena-primera-marquesina-bus-sirve-modelo-galicia/0003_201903S21C4995.htm
Martínez, R. (19 de junio de 2018) Tussa asume la custodia de 250 coches al municipalizarse la grúa. La Voz de Galicia. Recuperado de: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/2018/06/19/tussa-asume-custodia-250-coches-municipalizarse-grua/0003_201806S19C1992.htm
GústameGústame
LÁZARO SILVA
Efectivamente tal e como apuntas os que atopan maiores problemas de mobilidade son aqueles que viven nas áreas rurais da comarca e que precisan ir á cidade para traballar, facer xestións ou cubrir aquelas necesidades para as que teñen que desprazarse. Mais o certo é que, polo menos, si hai en marcha plans para revertir esta deficiencia.
Hai dous anos, Compostela Aberta presentaba a nova configuración de transporte urbano da capital, na que se incluía entre outros asuntos un novo servizo de transporte para a zona rural co obxetivo de chegar a todas as áreas, incluidos os “puntos que polo volume de pasaxeiros non son rentables no servizo concesionado” en palabras do responsable de mobilidade, Jorge Duarte. Tamén no apartado de novas do sitio web de Tussa mencionase este plan de cobertura para todas as parroquias do rural que debería estar en funcionamento para 2020. Haberá que esperar uns meses para ver se a proposta evoluciona favorablemente e na liña das demandas do rural, mais si que existe esa vontade por parte da Administración.
Ligazóns:
Redacción. (21 de novembro de 2017). Raxoi presenta una red de transporte público más adaptada y eficiente. El Correo Gallego. Recuperado de: https://www.elcorreogallego.es/santiago/ecg/raxoi-presenta-red-transporte-publico-adaptada-eficiente/idEdicion-2017-11-21/idNoticia-1085671
Tussa: Novas. ( 23 de novembro de 2017). Presentación de la red de transporte urbano del Ayuntamiento de Santiago de Compostela. Recuperado de: http://www.tussa.org/web/actualidade/nova.php?id=552&lg=cas
GústameGústame
OROZCO LAGO
Entendo que si hai vontade por parte do Concello de mellorar as actuais deficiencias do transporte urbano, mais son só promesas que se levan producindo dende 2016. Nese ano, prometeuse a reestruturación das liñas de autobuses para 2017; máis tarde, para 2019, e agora semella que teremos que esperar ata 2020 para poder beneficiarnos da nova licitación do servizo. Malia todo o retraso, as demandadas cidadás en prol da mellora do servizo veñen xa do 2012, último ano no que se introduciron melloras notables (non cambios puntuais) nos horarios e percorridos das liñas do transporte urbano.
No entorno rural, coma ben dis, o concelleiro Jorge Duarte expuxo un servizo de transporte a demanda. Nas nosas reunións, a presidenta de FERUSA, Cruz Vázquez, comentábanos a gran problemática que sofren as aldeas próximas a Santiago. Por exemplo, A Sionlla, situada a uns oito quilómetros da capital, só conta con tres buses diarios que, obviamente, non se poden adaptar de ningún xeito ás necesidades da veciñanza da zona. Neste sentido, medidas como o transporte escolar compartido que a Xunta está a implantar (a través do cal veciños poden beneficiarse das rutas de bus escolares) resultan beneficiosas para a sociedade, e poderían ser extrapoladas a Santiago.
Ligazóns:
Adaptacións na rede de transporte urbano a partir do xoves 15 de novembro (13 de novembro de 2012). TUSSA. Recuperado de http://www.tussa.org/web/actualidade/nova.php?id=260&lg=gal
García, C. (22 de novembro de 2017). CA retrasa hasta 2020 sus promesas de cambio para el transporte urbano. El Correo Gallego. Recuperado de https://www.elcorreogallego.es/santiago/ecg/ca-retrasa-2020-sus-promesas-cambio-transporte-urbano/idEdicion-2017-11-22/idNoticia-1085717/metrics/XitiCustom
Liña P4: Praza de Galicia / Sionlla (s. f.). TUSSA. Recuperado de http://www.tussa.org/web/linas.php?id=23&lg=gal
Redacción (13 de setembro de 2018). La Xunta de Galicia activa el sistema de transporte compartido. Periodista Digital. Recuperado de https://www.periodistadigital.com/galicia/la-coruna/2018/09/13/la-xunta-de-galicia-activa-esta-semana-el-sistema-de-transporte-compartido.shtml
GústameGústame