Día tras día lemos, escoitamos e vemos información. Os diferentes medios de comunicación que empregamos para estar ao día tratan o que eles chaman noticias. Acontecementos que pola súa importancia para a sociedade son trasladados ao público, á cidadanía. Porén, moitas veces non nos decatamos de se a información proporcionada está ben tratada, se un tema é tabú nese medio ou se tan só limítase a aportar datos, sen o contexto, dunha situación. Outras veces o que non pensamos é quen nos está contando as cousas, porque o xornalismo veraz acaba corrompido polo obxectivo primordial das empresas capitalistas: a obtención de beneficios.
Isto, e máis, é o que pretende responder proxecto, porque a nosa meta é chegar a entender aos medios de comunicación, non só dende fóra, senón tamén dende dentro. Porque a nosa fin é ser unha ferramenta cidadá útil, que poida ser empregada polos xornalistas. E, para iso, fai falta entendelos a eles primeiro.
Por último cabe falar de observatorios, coñecer outros compañeiros da rede que navegan co mesmo obxectivo có noso, ou totalmente diferente. Queremos coñecer plataformas que sigan esta liña para aprender deles, e polo interese mutuo que podemos depositar uns noutros.