Comunicación superficial

MARTÍNEZ LÓPEZ

Cafetería Recantos

Prendes a televisión e non paras a pensar sobre o que hai detrás, o que move e motiva que ti recibas certa información. Por que nos informan de determinadas novas e non doutras? Dende o audiovisual participativo reclaman uns medios de comunicación desligados da política e das grandes multinacionais que manexan a información segundo os seus intereses.

Seguir lendo “Comunicación superficial”

Escoitar á cidadanía, clave para artellar unha boa mobilidade

SALGADO LÓPEZ

Centro Sociocultural de Fontiñas

Unha boa mobilidade en Compostela segue a ser unha materia pendente de aprobar polos partidos políticos da cidade. O transporte público, un dos seus piares fundamentais, é na actualidade un servizo pésimo en moitos dos seus aspectos, entre eles, a información ao usuario, tanto para os turistas como para os composteláns.

Seguir lendo “Escoitar á cidadanía, clave para artellar unha boa mobilidade”

Conciencia do negativo

COSTA MANTEIGA

Cafetería Recantos

A concepción do xornalismo que transmiten os propios profesionais da comunicación é negativa. Segundo o Informe Anual de la Profesión Periodística 2018, realizado anualmente pola Asociación de la Prensa de Madrid (APM), o 76% dos xornalistas enquisados cren que a sociedade ten unha opinión negativa sobre o seu traballo. “É máis difícil que á sociedade lle importe un ERE dun medio como lle importa outro dunha fábrica ou de calquera outro sector porque neste momento os xornalistas non somos as personaxes mellor vistas”, sinala Belén Regueira, xornalista na Radio Galega. Seguir lendo “Conciencia do negativo”