S1D
Co obxectivo de observar e destacar cal é a visión da xente respecto ao ensino e poder ademais coñecer as súas proposicións e ideas sobre este tema, gustaríanos que nos responderas ás seguintes cuestións:
1. Que problemas ves no sistema educativo actual?
2. Cal sería o teu ensino ideal?
3. En que medida poden axudar os medios de comunicación neste tema?
Queremos saber as túas experiencias, suxestións e argumentos no relativo ao ensino. As repostas máis interesantes e orixinais aparecerán en distintos carteis que serán pegados por Santiago de Compostela.
Emprega o espazo de comentarios deste post, pero non esquezas deixar o teu nome!
Os problemas son: a falta de implicación profesor@-alumn@; falta de dedicación de algunhos docentes; baixa formación da maioría do profesorado.
Docencia ideal: profesorado que motive e incentive ao estudo. Alumn@s con ganas e disposición á tarea. Estudos máis encamiñados á práctica e non tanto a absorber temarios. Ver e implicarse nos temas.
Os medios de comunicación non se deberían limitar a sacar imaxes con alumnos estresados nas bibliotecas ou falar solo da abau, cando millóns de estudantes están cada día superando probas e obstáculos. Na miña opinión esto crea unha imaxe errónea e unha certa fobia a esta etapa.
GústameGústame
Un dos problemas co que o ensino conta é que as clases son case todas iguais, chegas, sentaste, escoitas o que di o profesor (ou non) e para a seguinte clase a repetir o mesmo. As formas de impartir clase con moi precarias, quedaronse moi anticuadas (hai que dar todo o temario, e senon hai tempo quen o pasas mal eres ti), polo que é normal que o estudante non preste atención e mesmo non asista a clase.
Unha docencia ideal sería aquela na que cada día non soupeses que fose pasar, que se innovasen técnicas para que o estudiante teña interese na asignatura, se mostre espectante e se divirta; aínda que non sexa a súa asignatura preferida.
Os medios de comunicación so se mostran para falar de determinadas etapas do ensino, de xeito que parece que so se estudia para chegar a iso. Deberían mostrar tamén que a etapa de estudiante é a mellor (aínda que haxa algún que outro agobio polo medio) e non so as imaxes que se ven de estudantes agobiados e demais.
GústameGústame
Carmen del Río Ferreiro
Considero que un dos graves problemas na educación é o pouco que se renova. O profesorado debería de actualizarse cada ano e adaptarse ós novos tempos. As aulas deberían ser máis interactivas, cando o profesional chega ás 9 da mañán e está 1h soltando materia o alumnado non vai aprender nin a metade que con actividades coma os debates.
Tamén considero que as materias básicas de cada unha das ramas deberían de ser origatorias un ano da eso. Igual que física e química é obrigatoria, tamén o debería ser latín ou filosofía a estas idades. Tamén me parece importante eliminar a relixión da educación pública e incluir materias que nos axudarían de cara ó futuro coma as relacionadas coa economía máis básica.
Un feito importante sería educar ás crianzas en materia de educación sexual (entre outras). Tamén se debería de inculcar dende o primeiro ano unha educación con perspectiva de xénero. Non podemos olvidar que as mulleres tamén están na ciencia, arte, literatura, na historia. Así crearíamos unha sociedade máis igualitaria e moitas mulleres medrarían sen sentirse cohibidas á hora de escoller o seu futuro.
Os medios de comunicación deberían de concienciar máis a esta sociedade da importancia da educación. Considero que moitas persoas non lle dan o valor que se merece. Non deberíamos de olvidar nunca a sorte que é ter unha educación pública. Ademais, os medios poderían potenciar tamén todos os puntos que toquei previamente.
GústameGústame
O principal problema do ensino actual parte de que é demasiado tradicional: clases instructivas, aprendizaxe memorística e libro de texto como fonte principal.
O meu enseño ideal partiría de clases contextualizadas nas que as diferentes materias se dean como unha soa. Se na vida real para afrontarnos a un problema recurrimos a diversas competencias, porque o tenemos que aprender todo por separado?
Os medios de comunicación son fundameitais xa que poden axudar a visualizar a verdadeira realidade educativa.
GústameGústame
O principal problema do ensino actual parte de que é demasiado tradicional: clases instructivas, aprendizaxe memorística e libro de texto como fonte principal.
O meu ensino ideal partiría de clases contextualizadas nas que as diferentes materias se dean como unha soa. Se na vida real para afrontarnos a un problema recurrimos a diversas competencias, porque temos que aprender todo por separado?
Os medios de comunicación son fundameitais xa que poden axudar a visualizar a verdadeira realidade educativa.
GústameGústame
Os principais problemas que vexo son, en moitos casos, a falta de empatía do profesorado e pouca vocación do profesorado ou interese por achegarae ao alumnado. As novas xeracións cambian e a educación ha de evolucionar e actualizarae con elas. O ensino está demasiado centrado na memorización de conceptos que non se agarran á memoria por repetición, ademais, esta técnica vese como a única alternativa do estudantado para poder superar os cursos de formación. Así mesmo, foméntase aos estudantes que enfoquen o seu estudo de forma máis dinámica, con alternativas e novas formas de estudo para aclarar conceptos cando isto debería ser unha iniciativa que se desenvolvera xa na fase de explicación da materia: ler un libro en clase, subraiar e facer exames parciais está máis que obsoleto, non chama a atención dos máis novos e non os incita a interesarae polo estudado. Así mesmo, as materias que se imparten e o modo de estudo non axuda aos alumnos a ter uns “gustos ou vocacións” concretas, a etapa educativa vese como un conxunto de probas a superar obrigatoriamente, un enfoque moi xeral e sistemático, sen centrarse no que lle gusta a casa neno nin sacar o máximo rendemento das cualidades nas que destacan (Podes ser moi bo en artes plásticas e non ter interese pola química e ter problemas para chegar a unha carreira universitaria ou ciclo formativo por iso mesmo). Así mesmo, cuestióna como as dos deberes ou traballos están moi mal enfocados: de existir, deberían poder enfocarse de maneira que os alumnos tiveran algo de interese por realizalos máis alá de “aprobar” ou non levar un “negativo” (pódense, por exemplo, propoñer diferentes traballos de temática libre e dinámica que reforcen o explicado en clase e sexa entretido e satiafactorio para os mesmos). En resumo: estamos nun sistema educativo cohercitivo no que ou “fas isto” ou suspendes, non hai outra alternativa, non ae atende ás distintas necesidades de cada alumno de maneira individual o cal é un grave erro xa que non somos unha masa homoxenea, somos individuos diferentes entre si, con distintas aspiracións e gustos.
Creo que a pregunta da educación ideal vai un pouco ligada á resposta anterior.
En canto á pregunta dos medios de comunicación, pode ser un arma de dobre filo. Os medios poden ser moi influentes para as persoas e non sempre positivamente. De poñer en contacto aos máis novos cos medios de comunicación cómpre que sexa de forma crítica con estes, ensinándolles certos valores necesarios para non ser pasto de grupos de medios que adoutrinan ou non convidan á reflexión da súa audiencia, que semellan ser oficiais e incuestionables. Con todo, poden ser unha ferramenta moi útil se se empregan con conciencia e poden axudar a dinamizar as clases e os temarios mediante a busca de información a través deles para realizar traballos.
GústameGústame
Estou estudando en segundo de carreira, e creo que podo dicir que levo 15 anos sentado nunha cadeira dentro dun aula. Pasei aproximadamente o 35% da miña vida (horas esperto) nesas circunstancias. A educacion en gran prte poderia ser impartida ao aire libre e en directo.
Nenos de 10 anos facendo 3 horas de deberes ao sair da clase mais ter que estudar de chapatoria temas que no son necesarios chapar, que con entendelos basta. Eses son os principais problemas, a maiores de que a maioria de profesores son uns completos incompetentes.
GústameGústame
A resolución das carencias presentes no noso sistema educativo é algo moi complexo en tanto que o papel do Estado está sendo moi penoso (falta de investimento) como polo papel que xogan alumnos e profesores (constantes mostras de pouco interés en ambos grupos). Ademais, unha cantidade preocupante de mestres teñen unha formación pobre o estanca (unha vez que obteñen a praza non seguen formándose no seu ámbito de traballo). Tamén me preocupa a perda de interese dos alumnos en obter unha educación completa e de calidade xa que a maioría confórmase con obter rutinariamente o título que corresponde en cada etapa de aprendizaxe, sen valorar o verdadeiro significado e a utilidade dunha boa educación.
O meu ensino ideal valoraría aos alumnos como persoas en construción, con necesidades educativas que deberían cubrirse cun método pragmático e basado na pedagoxía. Non se debería limitar á aprendizaxe mecánica de coñecementos; o alumno debe interiorizar a información utilizando o sentido crítico de forma activa e aprendendo a facerse preguntas coas que fomentar o acceso voluntario ao coñecemento. Por ende, a labor docente debería desmarcarse da mera exposición de coñecementos e intentar fomentar a aprendizaxe facéndolle ver aos alumnos o seu atractivo.
Considero que os medios de comunicación teñen un papel vital neste proceso xa que constantemente aportan información (de moitos ámbitos diferentes e de forma instantánea) polo que constitúen un medio dinamizador no que procurar coñecemento. Sen embargo, algunhas veces reflexan unha realidade manipula
da na que se nos mostra unha imaxe de falsa verdade que calquera individuo con un sentido crítico formado sería caoaz de detectar.
GústameGústame
Definitivamente o ensino en España segue un enfoque erróneo, centrándose en preparar exames e cumplir programas educativos, en vez de afianzar conceptos e motivar aos alumnos. Como alumno co paso dos anos vaste dando conta de que para obter boas cualificacións neste sistema tes que copiar e pegar, servirte dunha boa memoria para chapar tomos que olvidar ao pouco. E como non vai crear isto desmotivación…, para logo ver como os profesores se escudan nesa falta de interés para xustificar a súa pouca implicación e gañas de ensinar.
E hai que ter en conta tamén o feito de que as reformas educativas actuais dependan de obxectivos electoralistas ( incremento de alumnos nas aulas, recortes económicos e de persoal, cambios nas materias…)
Un ensino ideal sería aquel no que á política non dificulte a situación, os profesores sexan innovadores e fagan atractivas ás clases e así os alumnos non fosemos con desgaña á elas.
E os medios de comunicacion deberían visualizar modelos de educación diferentes, para que a poboación se conciencie de que existen máis métodos de ensino que os que eles coñeceron e viviron. E con esa visibilidade, máis xente sería consciente da necesidad que existe e apoiaría un proxecto de cambio.
GústameGústame
Eu creo que o problema principal está no enfoque e na metodoloxía, no sentido de que o alumnado ve moitas veces o período académico como unha carreira de obstáculos na que está sometido a diversas probas coas que non se identifica e que considera, no fondo, inertes para a súa formación persoal, por moito que lle expidan un documento acreditativo. A ensinanza memorística e tradicional xa non pode ser o paradigma na era das comunicacións, non se pode esixir ao alumno que mostre interés nunha clase que o profesor da sen gaña nin paixón, en resumo, sen vocación docente. Eu creo que un problema importante no ensino é a frustración, tanto por parte so alumnado como do profesorado. O alumno frústrase porque está inserto nun sistema competitivo no que ten que destacar, no canto dun sistema altruista, que sería o ideal. O profesorado frústrase igualmente porque ve que os alumnos están pouco receptivos e cren que a súa presenza é inútil, ou porque o feito de acabaren exercendo como profesores non era a súa profesión desexada máis a necesidade de estabilidade profesional ou a falta de oportunidades os levaron a iso; polo que poden chegar a exercer o seu traballo de forma hastiada e pouco fructífera. Creo que todos os coincidimos en que un bo profesor pode salvar unha materia e facer que prestes máis atención e en que un mal profesor pode facer que odies e abandones algo que realmente che gustaba. Un ensino ideal sería un ensino creativo, que motivase ao alumno a pescudar e potenciar as súas facultades, que dito así sona como un discurso utópico e vacío e precisamente por isto fai realmente falla. Na miña opinión, os medios de comunicación deberían facer un esforzo por publicitar todas aquelas propostas que se saian da norma para iniciar unha especie de predicación que permita expandir e consolidar novas alternativas.
GústameGústame
Un dos problemas do ensino actual é o nivel de agobio e estrés ao que se somete aos alumnos dende cativos cando non é necesario. Persoalmente, cun expediente académico moi bo podo dicir que, sobre todo en bacharelato, a presión á que nos someten a maior parte dos profesores (quizais porque eles tamén están sometidos, en certa medida, a esa presión) é demasiada e innecesaria. Estou dacordo en que a moita xente isto non lle afecta en absoluto, pero hai a moita xente que si (ben sexa empeorando as súas calificacións, ben sexa creando posibles traumas psicolóxicos). Pero isto non só ocorre en bacharelato, senón que ven dende moito atrás, pois xa en 3º de Primaria hai exames para os cales os alumnos estudan para aprobar e non para aprender. En resumo, creo que os dous principais problemas do ensino actual (que obviamente non son os únicos) son: por unha banda, o estrés e os problemas psicolóxicos que supón en moitos casos e, por outra banda, que aprobar sexa o obxectivo dos estudantes e non aprender.
É moi dificil pensar nun ensino ideal, pero penso que fundamentalmente habería que fomentar a aprendizaxe e, sobre todo, o interese dos alumnos por aprender e descubrir cousas novas. Sinceramente, estudo Dereito e moitos dos meus compañeiros non veñen a clase porque compatibilizar o estudo, as clases e o tempo libre é bastante complicado; por tanto, penso que se o nivel de esixencia teórica fose menor e fose maior o nivel de práctica e aprendizaxe nas aulas todo sería máis doado. Para isto, obviamente, fan falta profesores dispostos a ensinar e non só a dictar apuntes e, sobre todo, que esto se demostre nas calificacións finais (porque é habitual ver a moitos profesores que explican xenial e fan clases amenas, pero que o examen teórico final sexa o 80% ou 90% da nota). Tamén creo que é necesario que os profesores teñan unha certa formación psicolóxica, pois (sobre todo en niveis inferiores) son fundamentais no desenvolvemento persoal e académico dos alumnos. Xa sei que en infantil e primaria isto xa se cumpre, non obstante, na ESO e en Bacharelato non é necesario, sendo a adolescencia unha etapa moi importante no desenvolvemento dunha persoa.
Supoño que os medios de comunicación poden fomentar sistemas educativos doutros países nos que se teñan en conta estes aspectos, así como reducir as noticias sobre aspectos académicos coma a ABAU (a presión á que están sometidos os alumnos é suficiente como para que se lles recorde constantemente nos medios de comunicación).
GústameGústame
O ensino ten moitos problemas como poderían ser a pouca formación do profesorado, os ambientes opresivos que son as escolas, o feito de encerrar a xente de apenas 7 anos neses antros infernais (co cal é lóxico que a sua motivación en xeral sexa inexistente), pero todo isto é relativamente superficial con respecto ao máis preocupante: os contidos.
Non te inculcan o amor pola literatura senón que te fan memorizar nomes de autores e obras, fanche gardar na túa memoria ríos de datas de batallas e conquistas e en ningún momento vanche proporcionar as ferramentas para entender o presente… e isto con algunas asignaturas que tratan mal os seus temas, pero e que hai temas que non se tratan como pode ser a educación sexual, un mínimo de educación política entre moitas outras.
E é imposible esquecer como se inculcan os valores de mercado (as mellores asignaturas e máis recoñecidas son as que teñen un enfoque máis claro ao sector laboral e cara a productividade en xeral ou a cometitividade máis insalubre). O que temos agora non é educación, é adoctrinamento, valores como o machismo, racismo, lgtbi fobia ou o clasismo son inculcados de forma explícita xa que, sen ese esquema mental é imposible encaixar nesta sociedade.
Para ser escueto, unha verdadeira educación sería aquela a cal non inculcara sesgos e prexuízos discriminatorios xente que non chega nin aos 10 anos. A educación debería afastarse desta idea imperante de convertirnos en máquinas productivas e, sobretodo, rentables para o sistema e intentar que das escolas saíran individuos críticos con certa idea de en qué consiste o mundo, tolerantes e con intención de ser felices. (Con toda a ambigüedade que isto supón).
Os medios de comunicación son, xunto coa educación, un dos pilares alienantes da nosa sociedade de mercado, agora non hai medios de comunicación, agora so existen empresas que transmiten a opinión do patrón (o masculino é a drede). Todo o que dixen no apartado anterior é aplicable aos medios. No caso de chegar a medios de comunicación de verdade, estes serían moi importantes (e incluso máis ca educación) na formación da xuventude e na construcción da sua visión da realidade.
GústameGústame
O ensino, é unha das ferramentas esencias mediante a cal se poden conseguir moitos e variados logros, xa non só a nivel persoal (como un incremento dos coñecementos e a posta en práctica dos mesmos, así como a conformación da propia persoalidade e os valores que a un mesmo o guiarán polo sendeiro da vida) como académico (ascenso no nivel profesional coa adquisición dunha serie de ferramentas e coñecementos que logo poden ser levados á práctica), senón tamén a nivel teórico, de ahí que se faga especial fincapé en cómo ten que organizarse o propio sistema educativo para acadar unhas metas que realmente sexan plausibles na práctica, feito, que a día de hoxe está moi lonxe de acadar un grao alto.
Os principais problemas, que ao meu parecer, ten o actual sistema educativo serían; por unha banda, o case compreto desinterés que hai por parte dos organismos educacionais píblicos competentes, xa que desatenden (mediante recortes no presuposto e a reducción ou supresión no número de prazas de profesorado no ámbito académico), por outra banda, o enorme peso que se lle da á memorización sistemática de datos, deixando de lado a finalidade esencial dos mesmos, o aprendizaxe.
Ao meu entender, dúas, serían as principais vías para acadar unha mellora e saneamento do propio sistema: a posta en marcha de medidas e formulas que faciliten ao alumnado e profesorado unha mellor comunicación mútua á hora de solventar esta problemática, e potenciar, por parte dos propios organismos educativos, medidas que poidas facer máis “atractivo” os labores e métodos de estudo.
Neste plano, os medios de comunicación teñen unha labor esencial xa que mediante o seu potencial de difusión da información teñen o deber de facerse eco deste conxunto de taras que, ao afectar ao sistema educativo lastra e perxudica, en consecuencia, á propia sociedade e os seus valores.
GústameGústame
Estou bastante dacordo cos problemas que xa foron expostos como pode ser a reclusión nunha aula, a falta de ensinanzas prácticas ou a pouca interacción profesorado-alumnado. Mais considero que algunhas cuestións que poden ser atendidas dun xeito case inmediato poden ser dúas: a interacción co medio propio do alumnado e a modernización do xeito de recibirmos clase. A primeira provoca no alumnado unha comprensión máis certa do seu entorno e axuda a ter unha “recompensa” direta e próxima daquela materia que se lle está a ensinar. Por exemplo, dedicarlle tempo a un feito histórico da contorna que tivera importancia nun episodio relacionado co temario ou coñecer a flora, a fauna e a xeografía da súa localidade; facendo ao alumno tamén partícipe da creación de coñecemento cara aos seus compañeiros. A segunda, nos tempos da información audiovisual, parece case unha obviedade. As aulas, tanto en niveis medios (ESO, Bacharelato), considero que deberían estar gravadas para ofrecerlle así ao alumbno a posibilidade de volver a elas sempre que lle fora necesario, mentres que o tempo lectivo no centro pode ser aproveitado para a interacción direta entre profesorado e alumnado (traballos, presentación de dúbidas, debates sobre o temario, resolución de problemas prácticos, etc.), ofrecéndolle así ao profesor unha maior liberdade para axustar o tempo lectivo no centro ás necesidades de cada grupo. Aínda que recoñezo que é unha solución moi utópica, ao implicar unha maior dedicación dos propios alumnos fóra do horario escolar e unha responsabilidade de levar o traballo ao día.
A escola ideal para min sería un modelo moi parecido ao que teño escoitado da “escola unitaria”: ratios baixas ou moi baixas de alumnado, cun temario vencellado ou proxectado no entorno da escola, con aulas moi interactivas entre profesorado e alumnado, coas adaptacións curriculares que permitiran o pleno desenvolvemento dos alumnos e cun profesorado e un alumnado motivados e retroalimentados pola labor que se faga na escola.
O papel dos medios de comunicación tradicionais non podo velo claro, mais a función que poden desenvolver os medios de comunicación de Internet, como as RR SS ou YouTube nomeadamente, considero que pode ser de moi grande axuda para difundir coñecemento e apoiar novos modelos de escola que aquelas persoas formadas no asunto podan formular e presentar cara ao público.
GústameGústame
Desde mi experiencia, las clases nunca fueron un lugar donde ir y aprender, algo que te enseñan sin pasión ni motivación y aun por encima te cargan con deberes es un castigo.
Los adultos podemos cambiar de trabajo si no nos gusta, un niño no puede.
Ahora está habiendo nuevos cambios en la enseñanza escuela que no se quieren identificar con las descritas anteriormente, son Escuelas Changemakers, poco tienen que ver con el método sedentario, aburrido y sin pasión del resto de coles. Aún así son mi pocas, y son juzgadas por temor, ya que es algo innovador, se cuestiona ¿mi hij@ aprenderán algo de ahí?
Como conclusión, mientras los colegios hecha la culpa a los alumnos y estés se la devuelven, el estado se lava las manos, y este es el que debería empezar por cambiar y mejorar la educación, unanimidad por qué no sufra cambios cada 8 años por ejemplo…
Hay mucho que hacer, no entiendo como no reclamamos algo tan básico como una buena educación.
GústameGústame
1. Dende o meu punto de vista o sistema educativo actual conta con moitos aspectos que debería mellorar. Un dos principais problemas son os contidos que se imparten e a maneira en que o fan. Non serve para nada empregar longas xornadas de estudo a uns contidos irrelevantes simplemente para “vomitalos” no examen, penso que un ensino máis práctico axudaría non só a unha mellor formación dos alumnos senón a incrementar o seu interese. Outro dos maiores problemas en moitos casos é a falta de entusiasmo por parte do profesorado que imparte as súas asignaturas sen o obxectivo principal da educación como é o de formar ás xeracións futuras.
2. O meu ensino ideal consistiría nunha educación igualitaria, que fomente o coñecemento e a cultura e na que todxs poidan exponer o seu punto de vista e os seus pensamentos. Isto unido a unha reforma das problemáticas expostas no anterior punto crearía unha educación mellor aínda que non perfecta, xa que sempre hai aspectos que mellorar.
3. Pois está claro que os medios de comunicación poden tomar un papel moi relevante na mellora dun tema que nos interesa a todos xa que en gran parte diso depende o futuro de moitas persoas. Os medios de comunicación aumentarían a visibilidade e o rango de coñecemento dun tema que senón fose tratado polos medios quizáis non se consideraría relevante. Unha maior visibilidade suporía un incremento da preocupación e presión social que axudaría a tomar decisión.
GústameGústame
O problema que vexo no ensino público é que baséase na memorística e os coñecementos están dispostos para que sexamos unhas máquinas de aprendizaxe, devorando os contidos para que ó final realmente non aprendas moito do que memorizaste.
O método ideal páreceme que sería ensinar os contidos con contexto, non dando as clases para que ese aprendizaxe sexa memorístico. Entender porqué aprendes iso.
Os medios de comunicación son principais para ensinar a realidade e poder comunicar a opinión que ten a poboación sobre este tema. Así, igual pode chegar aos mandos máis altos e facerlles reflexionar.
GústameGústame
O sistema educativo é un sistema atemporal baseado na memoria a corto prazo, onde dan igual os coñecementos que se adquiran, o que prima é memorizar palabras sen entender o seu significado e esquecerse ós tres días.
O sistema ideal sería un que colme de coñecementos reais ó alumnado e que fomente a súa creatividade, non o seu aburrimento.
Os medios deben ser a canle pola que se cambie a mentalidade dos políticos e docentes para chegar a un verdadeiro aprendizaxe no ensino.
GústameGústame
1. Que problemas ves no sistema educativo actual?
Un dos principais problemas que se pode atopar é a falta de coordinación entre o sistema educativo e o sistema laboral, é dicir, existe un desfase e abismo entre estas dúas realidades.
Xunto con isto, que resulta fundamental á hora de entender a aplicabilidade dos coñecementos (fomento das competencias), tamén se pode destacar a monotonía das clases, a baixa implicación da maioría do profesorado, o protagonismo d@ docente fronte á pasividade do alumnado… Dende a psicoloxía sábese que a forma para fomentar unha aprendizaxe significativa pasa por ceder o protagonismo aos alumn@s, por darlle sentido ás tarefas que desenvolven e por seguir un proceso continuo de formación, con menor peso na a avaliación tradicional.
2. Cal sería o teu ensino ideal?
Aquel no que as clases teñan un menor número de alumn@s e, por tanto, un trato máis personalizado donde @s profesores podan acompañar ao alumnado no proceso de aprendizaxe, non só na súa aprendizaxe formal, senón que tamén inclúa outros aspectos emocionais, persoais e cercanos.
Tamén sería ideal que soubésemos o por que das cousas e, sobre todo, o para que.
Centrarse maiormente nas competencias transversais e deixar de lado os métodos de aprendizaxe baseados en procesos asociativos e memorísticos.
Quizais tamén incluiría unha descontextualización do lugar de ensino, podendo achegarse ao mundo natural, empresarial, etc e aprender nos diferentes ambientes.
3. En que medida poden axudar os medios de comunicación neste tema?
Os medios de comunicación deberían ofertar contidos claros, contrastados e de axuda para a poboación. Poden publicitar iniciativas académicas, fomentar o interese noutros hobbies e a compra de xoguetes ou instrumentos educativos.
Ademais disto, importante resaltar que é a canle pola que se pode intentar reivindicar dereitos e cambios, conectar a política coa xente e poñer en debate os temas que preocupan.
GústameGústame
Persoalmente, considero que a educación hoxe en día non é tan boa como debería por varios motivos que se xuntan nun cóctel destrutivo. Un deles é o baixo prestixio da profesión docente, que fai que os estudantes mellor cualificados non se interesen por esta rama profesional. Esta visión social considera tamén a escola como algo obrigado onde non se disfruta nin ensinando nin aprendendo, o que xera un ambiente de traballo pésimo. A cadea continúa coa actitude de deixadez dos mestres e das mestras, quizáis debido a esta situación de pouca importancia na que se ven. Ademais, é natural no ser humano buscar a comodidade, e esta comodidade lógrase continuando co traballo que viña de atrás, sen pensar na innovación nin en nada que implique un esforzo extra.
Como (esperemos) futuro mestre, gustaríame ter o valor para ser un profesional totalmente distinto ao que acabo de describir. Con isto refírome a traballar tendo en conta a neno, non o meu beneficio. Para o seu desenvolvemento óptimo, precisan seguridade e autonomía, o que se logra cunha mezcla de axuda e de “deixar facer”. O aprendizaxe constrúeo o neno, según os seus intereses, e no debemos asegurarnos de que este aprendizaxe sexa significativo en todos e cada un dos casos. Para isto é preciso rachar co modelo de escola instaurado ata o de agora, totalmente ríxido e frío, e xeral un ambiente cálido e confortable. Quero tamén pelexar pola inclusión dos nenos e nenas con capacidades diferentes, e tamén pola igualdade de xénero. Por último, para non alongarme, quero destacar a importancia na natureza e do traballo con animais. Todos temos orixe nela, e nela foi a orixe da vida; iso non se debe esquecer.
Sobre o papel dos medios, estou totalmente de acordo cun menbro da AMPA invitado a un dos grupos de Observación Cidadá, e que eu mesmo reflexei en outra. Parece que nos xornais so se reflexan noticias negativas, e a realidade é totalmente oposta. O papel dos xornalistas é achegar á poboación todos os avances, premios e recoñecementos meritorios que logra a educación, e non centrarse tanto nos fracasos, que tamén os hai. Así, habería máis información sobre distintos tipos de metodoloxías educativas, de colexios de renome, de mestras e mestres de enorme calidade e prestixio profesional dos que non sabemos non que existen. Esta é a tarefa que hai pendente.
GústameGústame
No sistema educativo actual podemos apreciar problemas de índole variada entre os que aparece a distribución nas aulas en cadeiras e mesas que carecen de significado e que pouco cambiaron co paso do tempo, o modelo de aprendizaxe que se basa na repetición e memorización…
Por iso, o meu ensino ideal partiría dunha aprendizaxe que conseguira con éxito absoluto a motivación do alumnado, dando a coñecer, deste modo, unha aprendizaxe significativa tanto para o profesorado como para o alumnado.
De aí que os medios de comunicación teñan un papel importante en tanto que poderían dar a coñecer as novas educativas, aportando as ideas que todos e todas consideramos que precisan un cambio e garantindo deste modo un modelo educativo único e de calidade.
GústameGústame
El problema no viene de los profesores si no del Ministerio de Educación que obliga a impartir un temario en muchos casos imposible de abarcar a lo largo del curso, incluyendo cosas innecesarias que después se obligan a memorizar a los estudiantes. Además, otro problema es que en toda la península la educación es muy diferente en cuanto temario,dificultad, asignaturas….cosa muy injusta y que debería arreglarse.
Yo propongo un cambio de esta desde el decreto real, que simbolice una enseñanza significativa,contextualizada y homogénea en cada una de las comunidades.
Los medios de comunicación podrían ayudar ejerciendo presión y movilizando las clases populares.
GústameGústame
Un dos principais problemas do noso sistema é que este non ten como obxetivo que os alumnos disfruten do que estudian e aprenden, e tampouco que atopen o que lles motiva para esforzarse e poder desenvolverse como persoa e profesional. Senón que se basa nun sistema de adaptación para o mundo laboral no que para o único que che preparan é para unha monotonía contínua, na que non te poidas permitir cuestionar nada. Porque non che ensinan a preguntarte e entender o por qué das cousas, senón que as cousas son así porque veñen impostas doutro lado.
O tipo de ensino que me gustaría é un mais achegado á realidade, xa que creo que todos os conceptos se ensinan son dende un ámbito moi teórico , e aínda que un alumno obteña moitos conceptos, isto non significa que esté preparado para enfrentarse a unha situación de verdade.
Ademais, por suposto, dunha ensinanza con igualdade e respeto, tanto polo sexo como pola raza e pola diferencia de capacidades.
Está claro que os medios de comunicación son unha fonte de información moi achegada aos rapaces e moi frecuentada, por iso mesmo son tamén outra fonte de educación. De modo que serían de gran axuda, xa que calquera mensaxe que se intente transmitir por esta vía repercutirá nos rapaces moito más rápido e directo que calquer método tradicional.
GústameGústame
Os problemas máis destacables do noso sistema educativo actual son a falta de implicación dos mestres, o que xera falta de implicación e desmotivación por parte do alumnado. Tamén é importante destacar o Feito de que está todo plantexado dunha forma moi competitiva e isto xera comparacións entre os alumnos, estes, cando ven que os resultados non son os que se esperaban deles, frústranse e volven á desmotivación, volvendo a empezar a cadea.
As solucións qué eu plantexaría son as seguintes: profesorado cunha vocación e pasión total pola ensinanza, esixirlles aos mestres unha constante renovación de métodos e formas para chegar mellor ao seu alumnado, desta forma, os alumnos e alumnas romperán con esa monotonía e cos patróns establecidos, favorecendo así a súa implicación e a cooperación para acabar os resultados desexados.
En canto aos medios de comunicación considero que, na maioría dos casos, non fan unha boa tarefa publicando e difundindo imaxes de alumnado estresado nas bibliotecas antes das probas abau ou publicar as taxas de fracaso escolar e demáis información negativa, tamén debería facerse máis eco das innovacións e dos novos métodos que algúns docentes ou profesionais da materia levan a cabo.
GústameGústame
David Sobrino Platas
O sistema educativo actual en todos os seus niveis, aínda que cada vez menos, impón a figura do profesor ou profesora como alguén totalmente illado do alumno. Isto fomenta que o profesorado sinta que a súa única función sexa dar clase aos seus alumnos e, unha vez cruzada a porta da aula, esquecelos. Isto fai do persoal docente unha figura pouco implicada e moi pouco participativa co alumnado, o que provoca o fracaso de moitos estudantes.
Un ensino ideal sería aquel no que realmente o alumnado estivese aprendendo algo útil para o seu futuro e a súa formación achegándose ao mundo laboral, e levando todos os casos á práctica desde os primeiros niveis de estudo. Deste xeito, o estudantado veríase máis implicado cos estudos dende a infancia.
Os medios de comunicación deberían de deixar de dar a imaxe da escola tradicional, que é precisamente a que fomenta a frustración de alumnado e profesorado, e comezar a visibilizar unha escola máis interactiva. Así, o persoal docente veríase implicado no traballo do estudantado e preocuparíase pola súa aprendizaxe, en lugar de retratar a imaxe dun profesor ou profesora subido nun púlpito dando un clase teórica fronte ao encerado.
Ligazóns:
ECG. (2 de abril de 2019). Iniciativa del Peleteiro para acercar el mundo laboral a los estudiantes. El Correo Gallego. Recuperado de https://www.elcorreogallego.es/santiago/ecg/iniciativa-peleteiro-acercar-mundo-laboral-estudiantes/idEdicion-2019-04-02/idNoticia-1174725/
Bermúdez, S. (29 de outubro de 2018). “La educación en Agasalle es vivencial, creativa y motivadora”. El Correo Gallego. Recuperado de https://www.elcorreogallego.es/santiago/ecg/educacion-agasalle-es-vivencial-creativa-motivadora/idEdicion-2018-10-29/idNoticia-1145157
GústameGústame