GONZÁLEZ FONTÁN
Facultade de Filoloxía
Nos tempos que corren é cada vez máis grande o número de persoas que recorre a prácticas como o reiki ou a tratamentos homeopáticos cando se atopa enferma, e desta situación xorde un amplo debate acerca da súa eficacia e dos motivos que propiciaron o seu aumento.
Os medios de comunicación son acusados en ocasións de facer de altofalantes da pseudociencia e de ter, polo tanto, gran parte da responsabilidade no aumento expoñencial da mesma. A médico Carmen Fernández é desta opinión e advirte sobre a importancia de publicar a información de maneira clara, pois “para o público xeral o que pon nos medios é palabra de Deus”. Algunhas noticias poden xerar nas persoas ideas equivocadas se non se contan de maneira intelixible. “É responsabilidade dos medios non frivolizar con determinados temas. Debería falarse da pseudociencia como terapias complementarias”, opina o expresidente da Asociación Galega de Medicina, Suso Sueiro, que incluso dubida que o termo “pseudociencia” sexa correcto, pois leva tratando igual ós pacientes dende o século XVII.
Que actitude deben adoptar entón os xornalistas no tratamento destes temas? Así como non se pode negar a responsabilidade no auxe da pseudociencia; non debemos negar tampouco o deber de escoitar ós profesionais da sanidade e mudar o tratamento dado ata agora. Queta Rivas, vicepresidenta do Colexio Médico, recoñece que incluso “se cuestiona se debería estar permitido difundir este tipo de información”, pero que en todo caso o problema é a intencionalidade: “se ti queres ser ético debes informarte e publicar algo que é veraz, se ti queres vender publicas o que a xente compra”. As críticas ós profesionais da comunicación por buscar o titular non son novidade e ante temas como o que nos atinxe hai que reflexionar sobre as consecuencias reais que pode ter na poboación dar informacións segadas, por moi atractivas que poideran resultar.
O maior problema co que se atopan os médicos a causa da prensa e a televisión, son as falsas expectativas que, comenta Suso, se alimentan en exceso: “Non se debe falar de terapias curativas se non se demostrou que curan”. Anota Queta que, ademais, xeran unha frustración ó facer uso do sistema sanitario que “leva moitas veces a vías alternativas que son aínda máis desastrosas”. A solución parece atoparse, dá igual as voltas que se lle dea en “pensar no que é ético e no que é vendible”. Nisto fai fincapé Carmen, quen, por outra banda, rompe dedicou algunhas palabras en favor da prensa fronte á televisión, pois parécelle que xoga un bo papel na transmisión de hábitos de vida saudables. Sobre a televisión opina que hai programas que son “telelixo” e cuxo tratamento da información “pode levar a certo sector de audiencia a enganos”; continúa dicindo que “deben poñer toda a información enriba da mesa e que a xente decida, o que decide sobre a súa enfermidade é o paciente”.
O mal tratamento nos medios de comunicación non é a única causa que explica o auxe da pseudociencia. Suso puntualiza que “os medios responden á realidade social (…); a cidadanía tampouco aposta por iso, nin a educación nos colexios, nin na cultura municipal…”, e que ó fin e ó cabo “a noticia é o que é disruptivo”. Tamén coincidimos con Queta cando afirma que “a prensa ben usada é un método que dá un valor divulgativo importante.”
Acción
Con intención de responder precisamente á (outra) realidade social, dende este Observatorio queremos dar voz a estas opinións e informar como se debe respecto a este e outros temas relacionados coa sanidade, tal e como os expertos na materia piden. Para isto elaboraremos uns pasquíns que recollan os datos e ideas que eles consideran de maior importancia difundir, así como un dicionario para aclarar as diferentes dúbidas terminolóxicas que poidan estar máis estendidas socialmente.
Continuaremos a afondar no debate sobre a relación entre sanidade e política, intentando concretar e matizar ao máximo o carácter político que poideran ter as causas dos problemas do sistema sanitario, atendendo a aqueles que están de actualidade despois de seren denunciados polos propios profesionais. Porén, tamén nos ocuparemos dos aspectos máis vantaxosos; conformaremos así, na medida do posible, o cadro completo da relación sistema sanitario-política. Paralelamente, estase a recoller información e vocabulario para elaborar material divulgativo cos aspectos que as propias fontes consideran máis relevantes que a sociedade coñeza.
Conversaron connosco:
- Suso Sueiro, expresidante da Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria
- Carmen Fernández, médica de familia.
- Queta Rivas, vicepresidenta do Colexio Médico
Bibliografía:
Atlántico. (14 marzo de 2019). Los centros de salud de Vigo irán a la huelga los días 9, 10 y 11 de abril. Recuperado de : https://www.atlantico.net/articulo/vigo/jefes-primaria-dejan-cargo-porque-xunta-da-soluciones/20190312231433696213.html
Esteban, P. (12 febrero de 2018). 403 – Forbidden. Recuperado de: https://www.elconfidencial.com/espana/2018-02-12/pediatras-alertan-centros-salud- mir_1519330/
Paniagua, A. (13 marzo de 2019). Vigo: Los jefes de los centros de salud de Vigo vuelven a dimitir. Recuperado de: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/vigo/2019/03/12/jefes-centros-salud-vigo-vuelven-dimitir/00031552408466400822798.htm
BLANCO PRADA
A pseudociencia ten unha forte manifestación nos medios. O problema está en que non se presenta como debería e moitos pacientes acuden a ela. En realidade, a miúdo é un gasto de tempo, recursos e esforzo. Ademais, ao tratarse dunha práctica allea a todo o ensinado nas aulas de calquera universidade corre o perigo de que dita “ciencia” empeore a situación. Para combater esta situación, vaise levar a cabo unha campaña informativa e vaise prohibir aos médicos recetar estas prácticas, segundo o establecido no Plan de Protección da Saúde fronte ás Pseudoterapias.
Pola súa parte, os medios parece que van cambiando un pouco a mentalidade e como mostran estas dúas noticias, destapan a realidade destas prácticas que non están apoiadas en ningunha evidencia científica. Coa información necesaria e a educación dos pacientes, quen queira acudir a estas prácticas vaino facer baixo a súa propia responsabilidade e non cunha idea equivocada das mesmas.
LIGAZÓNS
López, C. (14 de novembro de 2018). La pseudociencia, fuera de los centros sanitarios, de la universidad y de los medios de comunicación. La Vanguardia. Recuperado de: https://www.lavanguardia.com/vida/20181114/452926212627/la-pseudociencia-fuera-de-los-centros-sanitarios-de-la-universidad-y-de-los-medios-de-comunicacion.html
Pereda, O. e Raffio, V. (4 de novembro de 2018). Las cinco grandes mentiras de la pseudociencia. elPeriódico. Recuperado de: https://www.elperiodico.com/es/ciencia/20181104/cinco-grandes-mentiras-pseudociencia-7125672
Alonso Marcos, F., & Cortiñas Rovira, S. (2014). La pseudociencia como (des)información tóxica. Una taxonomía para comprender el fenómeno y sus manifestaciones. Ámbitos. Revista Internacional de Comunicación, (24). Recuperado de: https://www.redalyc.org/html/168/16832255007/
GústameGústame
MAGIDE PÁSARO
Como ben dis, estanse a levar a cabo unha serie de iniciativas, en distintas asociacións (non só españolas ou europeas) de recomendacións ós profesionais do sistema sanitario, en relación ás pseudoterapias pero tamén sobre outros asuntos clave no panorama actual da sanidade como é o da sobremedicalización, que tratamos no noso seguinte círculo e post.
Non debemos esquecer que esas pseudoterapias son todo menos inocentes, non só polo negocio que se agocha tras delas, senón porque verdadeiramente algunhas poden ser moi prexudiciais para a saúde dos pacientes.
Campañas como a lanzada non hai moito polo Ministerio de Saúde, intentan concienciar á cidadanía ó respecto; debemos informarnos e desconfiar de todo aquilo que non teña evidencias científicas. Por aquí vola deixo:
Ministerio de Sanidad, Consumo y Bienestar Social (2019). Comprueba. Recuperado de: https://www.conprueba.es/
Romar, R. (25 de setembro de 2018). Carta de mil médicos y científicos a la ministra de Sanidad: “Las pseudociencias matan”. La Voz de Galicia. Recuperado de: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2018/09/24/carta-400-medicos-cientificos-ministra-sanidad-pseudociencias-matan/00031537787776440526634.htm
GústameGústame
BLANCO PRADA
O Plan de Protección da Saúde fronte ás Pseudoterapias baséase en eliminar estas prácticas de centros de saúde (públicos e privados) e tamén da universidade. Aos futuros médicos explicaráselles que prácticas e métodos non teñen evidencia científica e como tales non serán formados nestes aspectos. Ademais pretende evitar a publicidade enganosa promovendo unha información máis veraz e obxectiva.
Fronte ao que poida parecer, o peso destas “ciencias” é moi alto na nosa sociedade. Máis da metade da poboación defende que a acupuntura funciona e que os produtos homeopáticos son efectivos. É necesario rebaixar estas estadísticas, xa que moitas destas prácticas non rematan ben, como mostra a noticia de El País. Se falamos de números, calcúlase que 1.335 persoas morren de media ao ano dentro das nosas fronteiras por este motivo. As causas principais das mesmas son: abandono das terapias, perda de oportunidade terapéutica e danos directos ao paciente. Estanse a perder moitas vidas que quizais, cunha mellor información, non terían acudido a buscar unha cura a consultas que poñen en risco a súa propia saúde.
LIGAZÓNS
Redacción. (24 de xullo de 2018). Pseudociencia impune. El País. Recuperado de: https://elpais.com/elpais/2018/07/23/opinion/1532370013_549805.html
S.A. (27 de febreiro de 2019). Las pseudociencias matan a más 1400 personas al año en España. La Voz de Galicia. Recuperado de: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2019/01/20/pseudociencias-matan-1400-personas-ano-espana/00031548013903793620437.htm
Pereda, O. e Raffio, V. (14 de novembro de 2018). El Gobierno expulsará a las pseudoterapias de los centros sanitarios. elPeriódico. Recuperado de: https://www.elperiodico.com/es/ciencia/20181114/pseudociencia-plan-gobierno-pseudoterapias-expulsar-centros-sanitarios-7145849
GústameGústame
GARCÍA RODRÍGUEZ
Moitas veces a desesperación dos pacientes con enfermidades graves lévaos a buscar alternativas ou incluso “complementos” ás terapias necesarias para as súas curas. O problema chega cando esta desesperación non lles permite ver máis alén e non son quen de distinguir entre un procedemento avalado por profesionais e unha auténtica estafa.
Non debemos olvidar que a culpa non está nos enfermos que buscan unha solución a toda costa, senón que está nas empresas e persoas que se lucran da dor allea, dándolles falsas ilusións e facéndolles gastar unha cuantía indecente por algo que saben de sobra que non funcionará.
Se estas empresas existen é porque dende o Goberno non teñen ningún tipo de problema en que sigan estafando a tal cantidade de persoas. podémolo ver claramente on artigo de La Voz de Galicia que adxunto, no que se afirma que o propio Ministerio de Sanidade permite chamar fármacos aos produtos homeopáticos. Así que o que é realmente necesario é un cambio dentro das políticas nacionais para que se poida dar un cambio na mentalidade dos pacientes.
LIGAZÓNS
Álvarez, Elisa. (15 de abril de 2018). Médicos y Sergas, en contra de seguir llamando fármacos a la homeopatía. La Voz de Galicia. Recuperado de: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2018/04/25/medicos-sergas-contra-seguir-llamando-farmacos-homeopatia/0003_201804G25P24992.htm
Redacción médica. (22 de novembro de 2018). El 20% de españoles usa pseudoterapias y un 5% las prefieren a los fármacos. Redacción médica. Recuperado de: https://www.redaccionmedica.com/secciones/sanidad-hoy/un-20-de-espanoles-usa-pseudoterapias-y-un-5-las-prefieren-a-los-farmacos-4079
GústameGústame