A homoxeneización comunicativa

MORCILLO NINE

Cafetería Recantos

Conseguir que a mensaxe adquira unha importancia real é unha das grandes dificultades do audiovisual participativo. Moitas veces, para chegar aos espectadores os creadores de contidos audiovisuais precisan colaborar con empresas ou asociacións doutros países. O problema é que, neste caso, a mensaxe pode homoxeneizarse. Deste xeito, pérdese a verdadeira esencia do proxecto e o aspecto diferencial e autóctono do produto.

O obxectivo principal do audiovisual participativo non é o resultado final, senón o proceso de aprendizaxe na elaboración e produción da mensaxe. Non obstante, como creadores de contido e comunicadores, as persoas implicadas en proxectos audiovisuais consideran relevante que chegue ao público aquilo que queren visibilizar, fomentar ou reivindicar, intentando expandirse e abrindo portas ás coproducións estranxeiras. Xavi Castro, da produtora de contidos audiovisuais e formación actoral Sintelobos, apunta: “Pode parecer unha brutalidade, porque é como dicir que en Galicia non somos suficientemente capaces de xerar nada de forma individual, pero se ti queres chegar a outros sitios vas ter que colaborar con eles”. Pola súa parte, Lucas Santiago, de Savia Nova, sostén: “Hai que crear industria, hai que desenvolver ese campo que está aínda por facer”.

Todos os integrantes do noso círculo semellan estar de acordo en que a difusión é algo positivo. Débese loitar para que esta sexa cada vez maior e para que certos temas teñan a posibilidade de saír á luz, aínda que haxa que recorrer ás colaboracións e coproducións con empresas estranxeiras. No entanto, algún dos nosos colaboradores nesta xuntanza, como é o caso de Horacio Rodríguez, exintegrante da plataforma Escoitar.org, advirte o seguinte: “Se fas unha análise máis polo miúdo, o novo cinema galego que se exporta é sempre moi politicamente correcto, moi limpo, moi romántico, moi plástico… Pero nunca son obras políticas, polémicas, experimentais, feas… Ao final, a propia acción de AGADIC branquea un determinado tipo de producións”. Tamén Xoán-Xil López, exmembro da mesma organización, sinala: “Estas políticas poden ser interesantes en certo sentido e o perigo que teñen é homoxeneizar, porque ti o que vas facer son produtos traballando con empresas de fóra que van estandarizar os produtos de aquí para que sexan visibles neses mercados”.

Polo tanto, a raíz dista homoxeneización ou estandarización das mensaxes que se emiten para un público máis amplo,  Olalla Rodríguez, dende Sintelobos, incide nun aspecto fundamental para entender a situación do audiovisual actual: “Agora en Netflix, ou noutras grandes plataformas, podes ver unha película sen ter ningún criterio. Comezas cunha e despois a propia plataforma che suxire outra. Creo que estamos nun momento no que temos que educarnos como espectadores, como público, para poder discernir a calidade dun produto”. Non só é importante saber apreciar a calidade dun produto, senón tamén fomentar unha industria audiovisual de gran nivel como é a galega para evitar que se produza dita homoxeneización.

Acción

Na parte final da reunión tratamos o asunto da acción e nesta ocasión concretamos mellor o público ao que iría dirixida a nosa guía, mantendo a idea de convertela nun traballo audiovisual ou interactivo. Os asistentes a esta reunión mostráronse de acordo en que os receptores iniciais desta guía fosen persoas que estean empezando no mundo audiovisual pero que non estean formadas de todo, centrando así o noso foco principal en alumnos do grado de Comunicación Audiovisual ou do bacharelato de artes.

Nesta reunión participaron:

  • Alicia Alonso García, produtora en Curtocircuíto
  • Horacio Rodríguez Diéguez, ex-integrante de Escoitar.org
  • Lucas Santiago, documentalista, integrante de Savia Nova e creador de vídeos de temática forestal
  • Olalla Rodríguez, leva a cabo o programa participativo Veráns de Cine en Sintelobos
  • Xavi Castro, leva a cabo o programa participativo Veráns de Cine en Sintelobos
  • Xoán-Xil López, ex-integrante de Escoitar.org

Ligazóns ás noticias comentadas na reunión:

CRUZ, José M. (8 de xaneiro de 2019). Florencio Delgado tendrá su “Gala de Cinema” en O Barco. La Región. Recuperado o 27 de marzo do 2019 de: https://www.laregion.es/articulo/valdeorras/florencio-delgado-tendra-gala-cinema-barco/20190108211801846695.html

Faro de Vigo, s.f. (3 de febreiro de 2017). El audiovisual gallego se lanza al mercado exterior. Recuperado o 27 de marzo do 2019 de: https://www.farodevigo.es/sociedad/2017/02/03/audiovisual-gallego-lanza-mercado-exterior/1616515.html

Faro de Vigo, s.f. (9 de septembro de 2015). El IES Audiovisual recibe el Premio Nacional Vicente Ferrer. Recuperado o 27 de marzo do 2019 de: https://www.farodevigo.es/gran-vigo/2015/09/09/ies-audiovisual-recibe-premio-nacional/1310499.html

6 comentarios en “A homoxeneización comunicativa

  1. Este post paréceme realmente importante. Moita xente non sabe todo o traballo que implica facer un contido audiovisual. Os espectadores só se centran no resultado final, cando o realmente importante é o proceso, xa que sen este non habería un produto que mostrar.
    Moitos proxectos do audiovisual participativo buscan iniciativas para que se concentren máis nos procesos que no produto final. Segundo L.Johansson, o audiovisual participativo diríxese máis á reflexión que á produción real, xa que todo o proceso céntrase na participación e debe incluír tanto participación social e colectiva como a produción social de sentido. Ademais, como vós amosades, tamén é preciso que contemos con algunha empresa que nos poida axudar a difundir a nosa mensaxe e que chegue ao máximo público posible. Concordo cos membros do círculo en que debemos de ter coidado xa que estas empresas poden ter outros obxectivos e cambiar algo da nosa mensaxe final.
    Por último, estou de acordo con Olalla Rodríguez en que debemos de educarnos como espectadores para discernir a calidade dun produto. O problema é que hoxe en día as grandes plataformas xa teñen moita información sobre nós con facer só un clic en ‘reproducir’. Con isto xa saben todo o que nos pode gustar ver, mellor ca un mesmo, e é algo que realmente da medo.

    LIGAZÓNS:

    Terrasa, R. (22 de agosto de 2018). Por qué Netflix sabe lo que quieres ver mejor que tú mismo. El Mundo. Recuperado de: https://www.elmundo.es/papel/futuro/2018/08/22/5b7c31aaca474166278b45df.html

    Augusto Rocha, C. (10 de decembro de 2018). El audiovisual participativo y las ciudadanías de alta intensidad en Cazuca (Colombia). Universidad de Santiago de Compostela. Recuperado de: http://www.usc.es/revistas/index.php/ricd/article/view/5214

    Gústame

    1. MORALES ALCEQUIEZ

      Lamentablemente, estamos constantemente recibindo unha gran cantidade de contidos sen pararnos a pensar na cantidade de traballo que hai detrás. Isto débese en boa parte a que as grandes empresas audiovisuais definen o seu éxito polos datos de audiencia obtidos, buscando produtos que nos resulten atractivos. Non obstante, non sempre apostan pola calidade. É dicir, as cadeas, en ocasións, dedican máis tempo a uns xéneros que a outros en función dos resultados de audiencia e do modelo que lles resulta máis rendible. Como ti mesma dis, “os espectadores só se centran no resultado final”, pero penso que é ao que nos habituaron. Por iso é precisa a educación para os medios, a educación en materia de comunicación, alfabetización audiovisual e dixital, é dicir, unha formación básica para á comunicación na sociedade da información e do coñecemento.

      Por outra banda, segundo di Guillermo Orozco (El reto de conocer para transformar Medios, audiencias y mediaciones, 1997): “Las audiencias se van constituyendo en lo que son, fundamentalmente a través de sus procesos de recepción-interacción con los diversos medios y como resultado de las mediaciones que ahí intervienen”. Por iso tamén é necesario que dende as grandes empresas audiovisuais se empecen a emitir contidos de máis calidade, xa que non chega con educar se os medios seguen na liña de buscar beneficios unicamente. Sei perfectamente que son empresas con intereses económicos propios, pero non hai que esquecer que tamén teñen un deber social.

      LIGAZÓNS:
      Ortiz, María (setembro do 2018). Homogeneización en formatos de entretenimiento de Antena 3 y Telecinco. Recuperado en abril do 2019 de:
      https://riunet.upv.es/handle/10251/107634

      Gutiérrez, Alfonso (marzo do 2008). Educar para los medios en la era digital. Recuperado en abril do 2019 de:
      https://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=4271152

      Orozco, Guillermo (xuño do 1997). Medios, audiencias y mediaciones. Recuperado en abril do 2019 de:
      https://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=634081

      Gústame

      1. IGLESIAS ANDRADE

        Efectivamente, non sempre se aposta pola calidade. Vivimos nunha sociedade onde priorizan a cantidade antes que a calidade, referíndome con esta última a todo aquilo que pode satisfacer as necesidades e expectativas da nosa audiencia. O peor de todo é que isto non só ocorre cos contidos audiovisuais, senón con todo en xeral. Está claro que existen todo tipo de audiencias e creo que as empresan non se deben aferrar a un par de xéneros. Ata agora, os guionistas sempre se sentaban fronte a unha folla en branco esperando a que lles viñeran a inspiración ou algunha choiva de ideas para poder escribir algo decente. Isto cambiou. Os novos formatos de consumir contidos están proporcionando ás produtoras uns datos moi relevantes. Isto, en gran parte, é polas novas tecnoloxías nas que deberíamos destacar en maior medida o big data. Grazas a este as empresas audiovisuais poden coñecer con gran detalle a súa audiencia sen desexo de que pidan o que queren ver. Con isto quero mostrar que hai unha gran cantidade de persoas que queren que nos eduquemos como espectadores, pero é complicado cando as empresas limitan os gustos da xente e fan todo o posible para entreter e enganchar a súa audiencia a un número específico de contidos para así non ter que perder cartos.

        Estamos entrando nunha era de dixitalización onde o único que buscan é un maior número de audiencia sen ter en conta a calidade dos contido. Pode ser que agora a xente non se de conta do que está sucedendo, pero os anos pasan e este tipo de pérdidas vanse ir notando cada vez máis, sobre todo para os profesionais do campo audiovisual, que é aos que máis lles afecta.

        LIGAZÓNS:

        Cruz Expósito, I. (23 de decembro de 2016). El ‘big data’ también agita el sector audiovisual. BBVA. Recuperado de: https://www.bbva.com/es/big-data-tambien-agita-sector-audiovisual/

        Morales, B. (27 de outubro de 2017). Decisiones informadas para consumir contenidos audiovisuales. Compromiso Empresarial. Recuperado de: https://www.compromisoempresarial.com/rsc/2017/10/tomar-decisiones-informadas-para-consumir-contenidos-audiovisuales/

        Gústame

        1. As grandes plataformas audiovisuais non deixan de ser empresas e, como tal, buscan primeiro que nada o seu propio beneficio. Por iso penso que a sociedade ten que empezar a esixir que se produzan cambios na calidade dos contidos e que se nos inclúa ou se nos dean as ferramentas axeitadas para informarnos dos procesos de produción. Non podemos valorar correctamente aquilo do que non temos coñecemento. Aquí entra en xogo a noso interese e preocupación como sociedade; non podemos esperar a que nos dean todo feito xa que, en ocasións, non se trata do que máis nos convén.

          Con respecto ao big data, é necesario destacar que antes se empregaban insights moito máis limitados, como focus groups ou programadores, é dicir, probas mostrais. Sen embargo, co auxe das redes sociais as empresas audiovisuais poden dispor dunha gran cantidade de opinións sobre os contidos en tempo real o que facilita a toma de decisións. Na mesma liña as cadeas audiovisuais non só intentan desenvolver contidos axustados a un perfil de público o máis amplo posible senón que tamén, por contraditorio que pareza, intentan levar a cabo unha personalización dos contidos. Deste xeito o big data serve como un mecanismo para individualizar o gusto de cada consumidor. Sen embargo, realizar unha análise de datos e chegar a conclusións que xustifiquen a toma de decisións se a calidade dos datos é deficiente pode provocar a toma decisións erróneas que perxudiquen ao negocio e á empresa. Polo tanto, se queremos que o sector audiovisual mellore temos que colaborar dende ambas as partes, a de emisor e a de receptor. É dicir, como audiencia temos que esixir produtos de calidade e a partir diso as cadeas audiovisuais teñen que ofrecer un mellor servizo en canto á calidade dos produtos finais.

          LIGAZÓNS:
          Del Valle, Juan Carlos (febreiro do 2005). La calidad de la producción audiovisual desde el análisis del valor. Recuperado en abril do 2019 de:
          https://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=2927666

          Tur, Victoria (novembro do 2015). El concepto de calidad del contenido audiovisual desde el emisor. Recuperado en abril do 2019 de:
          https://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=3423653

          Eduardo, Víctor (novembro do 2016). Big data contra chimpancés en el sector audiovisual. Recuperado en abril do 2019 de:
          https://aunclicdelastic.blogthinkbig.com/big-data-en-el-sector-audiovisual/

          Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.