As novas tecnoloxías no ensino

S1D

Libraría Couceiro

Na terceira reunión do círculo as novas tecnoloxías foron o foco dos debates entre os colaboradores, que opinaron sobre o correcto uso das TIC no mundo do ensino (La Voz de Galicia, 23-02-2019). Así, saíron á luz cuestións como a súa importancia para axudar aos alumnos con necesidades específicas (Faro de Vigo, 28-11-2018), ou o balance que debe existir entre papel e ordenador.

Sinalaron como moitas veces son mal empregadas para seguir a mesma metodoloxía de sempre, pero tamén desmitificaron a existencia dos nativos dixitais. Profesores e alumnos teñen aínda camiño por recorrer (Europa Press, 21-03-2019) no dominio destes avances indispensables nesta época dixital.

Acción

As TIC son a clave no novo paradigma educativo, abríndose cada vez máis oco entre os métodos tradicionais. Nas preguntas realizadas a través do post de acción da pasada semana, moitos usuarios fixeron fincapé neste asunto. Coincidían en criticar o modelo tradicional e apostaban por un ensino adaptado ós novos tempos.

Bibliografía

EP (21 de marzo de 2019). ‘ApuntasTech’, el primer concurso que busca promover las vocaciones tecnológicas en las jóvenes. Galicia Press. Recuperado de: https://www.galiciapress.es/texto-diario/mostrar/1362099/apuntastech-primer-concurso-busca-promover-vocaciones-tecnologicas-jovenes

Redacción. (23 de febrero de 2019). Un colegio gallego, entre los siete mejores del mundo en uso de TIC. La Voz de Galicia. Recuperado de: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2019/02/23/colegio-gallego-7-mejores-mundo-uso-tic/0003_201902G23P10992.htm

Otero, S. (28 de noviembre de 2018). Educación tecnológica que derriba fronteras. Faro de Vigo. Recuperado de: https://www.farodevigo.es/portada-ourense/2018/11/28/educacion-tecnologica-derriba-barreras/2006920.html

Fonte da imaxe destacada: biblioteca de imaxes de WordPress.

6 comentarios en “As novas tecnoloxías no ensino

  1. OTERO OTERO

    A rápida e contundente entrada das TIC no ámbito educativo, sobre todo nas súas primeiras fases, fai necesaria unha investigación dos seus puntos fortes pero tamén dos débiles, como se dun análise DAFO se tratase, no que se teñen en contas as ameazas que estas poidan supoñer nun futuro e as oportunidades que nos poidan abrir. Así poderemos sacarlle o maior partido posible a unha ferramenta moi útil se é empregada correctamente. Porén, o que che aportan as novas tecnoloxías pode converterse en algo negativo, xa que son unha ferramenta que che permite manter unha conexión constante con persoas de calquera parte do mundo. Unindo esta situación a que un de cada catro alumnos de entre 7 e 14 anos sofren algún tipo e acoso escolar, convirte as TIC nun arma moi perigosa. É un dilema que involucra a toda a sociedade e que amosa diversas e diferentes opinións.

    Os defensores do paulatino crecemento das TIC argumentan que supoñen grandes avances, xa que nos permiten acceder a inxentes cantidades de información e datos de forma instantánea, ademais de abrir un novo mundo de posibilidades dentro de outros campos. No polo oposto, atópanse os máis protectores, que identifican estas novas tecnoloxías como un perigo descoñecido pola cantidade de portas que abren e a dificultade que existe á hora de decatarse cando hai un problema.

    Un exemplo claro desta dicotomía ten que ver coa nova moda de mercarlle á mocidade reloxos con GPS. Estes reloxos permiten ós nenos e nenas moverse pola súa conta, tan só teñen que utilizar o dispositivo que levan arredor do pulso. Utilizados con este obxectivo, os reloxos aumentan a súa liberdade e en moitas ocasión a súa confianza en si mesmos pola posibilidade de moverse ao seu antollo de maneira máis ou menos segura. Pero como comentabamos anteriormente, os problemas chegan cando estes aparellos son utilizados de maneira incorrecta. Por esta razón, algúns smartwatches ou reloxos intelixentes foron prohibidos en Alemania porque moitos pais utilizábanos para escoitar as conversas dos profesores e profesoras que lle dan clase aos seus fillos.

    Ligazóns:

    Mariño, A. (30 de xaneiro de 2019). Convivencia y valores frente al acoso.Faro de Vigo. Recuperado de: https://www.farodevigo.es/sociedad/2019/01/30/convivencia-valores-frente-acoso/2042043.html
    Rodríguez, Uxía. (2 de febrero de 2019). Relojes con GPS para niños: ¿Dónde está el límite entre seguridad y libertad? La Voz de Galicia. Recuperado de: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2019/02/01/relojes-gps-ninos-donde-limite-seguridad-libertad/00031549027128430460432.htm
    Llera, L.S. (3 de abril de 2019). Un colegio de Nigrán mandará dos sondas estratosféricas. La Voz de Galicia. Recuperado de: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/2019/04/03/colegio-nigran-lanzara-dos-sondas-estratosfericas/0003_201904201904031554290456385.htm

    Gústame

    1. GONZÁLEZ LÓPEZ

      É evidente que na era das comunicacións e, sobre todo, nun momento da historia no que a tecnoloxía non deixa de medrar, hai que aplicar estes últimos avances. Pero hai que controlar este proceso. Nos últimos tempos estamos a asistir a unha carreira por ver que centros se converten nos “máis tecnolóxicos”, tratando de meter no ensino todo o que teña que ver con tecnoloxía. En realidade, o que se está facendo é apartar métodos educativos perfectamente útiles e precisos para poñer no seu lugar todos aqueles “inventos” que acaban de saír do forno, sexan axeitados ou non.

      O sistema xa sabe cales son as debilidades e fortalezas das novas tecnoloxías, pero aínda así non as ten en conta á hora de incorporalas, pois o verdadeiro obxectivo é que o alumnado non se aburra nas clases, facelas o máis orixinais e interactivas posibles. Crese, equivocadamente, que máis tecnoloxía é igual a máis interacción. Ademais, seguindo unha reflexión de Martina Martínez nunha das reunións, nenos e nenas teñen que aprender tamén a coñecer o aburrimento, non hai que buscar en todo momento a súa diversión.

      Por tanto, é preciso que a dinámica no uso das tecnoloxías cambie en favor dunha utilización orientada a solucionar problemas como a atención de alumnado con necesidades específicas, ámbito moi interesante sobre o que seguir traballando.

      Ligazóns:

      Armesto, J. (22 de abril de 2019). Diez colegios gallegos ya incluyen los videojuegos como actividad extraescolar. La Voz de Galicia. Recuperado de: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/2019/04/22/diez-colegios-gallegos-incluyen-videojuegos-actividad-extraescolar/0003_201904G22P36991.htm

      Ocampo, E. (30 de novembro de 2019). Los jóvenes gallegos, a la cabeza de la UE en tecnologías y a la cola en emancipación. Faro de Vigo. Recuperado de: https://www.farodevigo.es/sociedad/2018/11/30/jovenes-gallegos-cabeza-ue-tecnologias/2007952.html

      Redacción. (30 de setembro de 2019). La educación íntegramente digital es una realidad en 267 centros de Galicia. El Ideal Gallego. Recuperado de: https://www.elidealgallego.com/articulo/sociedad/educacion-integramente-digital-es-realidad-267-centros-galicia/20180929233431385669.html

      Gústame

      1. OTERO OTERO

        Todos concordamos en que a nosa sociedade está sufrindo unha revolución tecnolóxica inmensa e a previsión futura é de ir en aumento. Hoxe en día hai determinadas accións que xa somos incapaces de facer sen un dispositivo electrónico, como buscar palabras nun dicionario ou quedar cos amigos. Están pasando cousas que fai anos parecíannos impensables e, paulatinamente, o noso estilo de vida está a mudar cara un mundo tecnolóxico ao que nos adaptamos de forma rápida.

        O perigo deste cambio recae na velocidade á que está transformando o día a día das persoas e na nosa fácil adaptación el. Se o ritmo de implantación das novas tecnoloxías continúa en aumento remataremos inmersos nunha pantalla, robotizados e incapaces de vivir dentro dun mundo que causa adicción. En moitos casos, podería ser considerada como a droga do século XXI, non só pola gran dependencia que crea nas sociedade, senón tamén pola dificultade para darse conta das liberdades das que nos está privando. Isto pode converter ás persoas en prisioneiras que non poden saír dun cárcere como é a nosa habitación. Este uso cada vez maior das tecnoloxías pode chegar a transformarse nun problema significativo tanto de saúde, pola escaseza de exercicio físico, coma no ámbito das relacións sociais..

        Outro aspecto importante é a achega de material tecnolóxico de entidades alleas aos centros educativos, que buscan utilizar os seus dispositivos cos máis pequenos. Esta realidade pode supoñer unha vantaxe polas maneiras diferentes que teñen de aprender e polo aumento de estímulos que incrementan a atención do alumnado. Porén, tamén hai que tratar de combinar estes métodos con outros máis tradicionais para non perder así a esencia e impedir crear adictos dende unha pronta ideade.

        Ligazóns:

        Faginas, S. (1 de abril de 2019). Adictos desde la cuna. La Voz de Galicia. Recuperado de: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/opinion/2019/04/01/adictos-cuna/0003_201904G1P13991.htm

        Redacción. (26 de marzo de 2019). R lleva sus talleres tecnológicos para niños a Vilanova. La Voz de Galicia. Recuperado de: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/arousa/vilanova-de-arousa/2019/03/26/r-lleva-talleres-tecnologicos-ninos-vilanova/00031553594163285172730.htm

        Otero, M. (11 de setembro de 2018). Cómo desintoxicarse de la consola. La Voz de Galicia. Recuperado de: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/tecnologia/videojuegos/2018/09/05/desintoxicarse-consola/0003_201809G5P26993.htm

        Gústame

        1. GONZÁLEZ LÓPEZ

          En moitas ocasións centrámonos demasiado en criticar e apuntar á tecnoloxía como “o gran perigo”, salientando todas as súas debilidades. Porén, o verdadeiro perigo somos nós. Nós somos os que elevamos o uso e aceptación da tecnoloxía a niveis extremos. Si, moitos expertos chegan a considerar a tecnoloxía como unha droga pero, facemos algo ó respecto? Limitámonos a facer un listado de críticas sen pasar á acción. Nos colexios á información que reciben os menores sobre todos os problemas vinculados a este mundo son escasos. Faise todo o contrario, incorporalos rapidamente a algo que consideran completísimo e necesario.

          O problema non só recae sobre os centros educativos. É responsabilidade tamén dos pais fomentar que os seus fillos e fillas tomen conciencia do que supón o mundo de Internet e do dixital. Son habituais os casos de mal uso das tecnoloxías por parte dos proxenitores, sobre todo en temas de sobreexposición nas redes sociais. Non podemos pretender que os menores fagan un uso correcto das novas ferramentas que están ó alcance se o comportamento dos suxeitos dos que toman exemplo non é o apropiado.

          Insisto en que a tecnoloxía debe ser unha ferramenta que permita optimizar procesos, non unha fonte á que debamos recorrer continuamente para solucionar calquera tipo de problema. Ese é o conflito: cando nos dan acceso a unha arma tan poderosa, tendemos a utilizala sen ningún tipo de control. Cómpre incidir máis na ética das novas tecnoloxías pero pasando á acción.

          Ligazóns:

          EP. (5 de setembro de 2018). Los peligros de exponer a los hijos en las redes sociales. Faro de Vigo. Recuperado de: https://www.farodevigo.es/vida-y-estilo/tecnologia/2018/09/05/peligros-exponer-hijos-redes-sociales/1956425.html

          Gestal, A. (3 de abril de 2019). La Mobile Week Coruña 2019 girará en torno a la ética de las tecnologías. El Ideal Gallego. Recuperado de: https://www.elidealgallego.com/articulo/coruna/mobile-week-coruna-2019-girara-torno-etica-tecnologias/20190402225956402156.html

          Redacción. (28 de agosto de 2018). Más de 283.000 gallegos se consideran adictos al móvil. La Voz de Galicia. Recuperado de: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/tecnologia/2018/08/28/283000-gallegos-consideran-adictos-movil/0003_201808G28P54993.htm

          Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.