É a profesionalización unha materia olvidada para os medios comunitarios?

FUENTES FERNÁNDEZ; LORENZO LUCAS

IES Rosalía de Castro

Os medios comunitarios veñen realizando tradicionalmente unha función educadora para a sociedade. Non só porque actúen como mediadores ou comunicadores das voces menos escoitadas, senón porque tamén poden ser unha boa opción para comezar no mundo da comunicación. Un espazo de liberdade e aprendizaxe onde os coñecementos adquiridos non parten necesariamente da profesionalización.

A UNESCO sinala a alfabetización mediática como un dos requisitos máis importantes para fomentar o coñecemento e para promover uns medios de comunicación independentes e plurais. Os medios comunitarios preséntanse como unha oportunidade para proporcionar ás persoas novas no mundo da comunicación unha boa aprendizaxe. Facilitan aos máis novos valores, habilidades e destrezas para a recepción crítica, avaliación e uso da información.

Tal e como sinalou Luis Froiz, integrante de Mola.gal, “ao ser medios sen ánimo de lucro permiten unha relación co amateurismo e con aquela xente que voluntariamente se presenta para colaborar en certos proxectos”. Adriana Pérez, antiga integrante de Radio Kalimera, coincidiu coa opinión Luis e engadiu: “Ao non buscar un rédit económico permite que a xente poida facer cousas que parten da propia paixón,e así os resultados son mellores”. A unanimidade na opinión veu coa achega de Gonzalo Broco, compoñente de Campo Galego, quen considera que; “o compromiso e a solidariedade son valores que están máis presentes nos medios comunitarios que nun medio tradicional ou comercial”. Así, tendo como punto de partida a comunicación destes valores, os medios comunitarios poden ser un bo inicio no xornalismo.

IMG_1946
De esquerda a dereita, Gonzalo Brocos de Campo Galego e Adriana Pérez, antiga integrante de Radio Kalimera

Con todo, sempre se require unha aprendizaxe para poder sacar a flote un propósito. O estudo de códigos de comunicación ou de creación de contidos son para Luis unhas bases que se poden coñecer no día a día. Resaltou: “Máis que a aprendizaxe de contidos teóricos é interesante o camiño que percorremos para a procura de temas e de contidos a tratar e que normalmente son deixados á marxe”. Por outra banda, Adriana valora todos os coñecementos que adquiriu ao longo da súa carreira como estudante de Comunicación Audiovisual, mais posteriormente tamén recoñeceu a importancia de relacionarse e poñerse en contacto con outros medios e proxectos.

Deste xeito, sempre buscan servir de guía a aquela xente nova que se incorpora aos seus correspondentes medios para así poder transmitirlle os seus coñecementos. Luis confesou: “Ao ser un medio escrito, somos moi abertos e deixamos bastante marxe en canto ao modo de escritura e ao estilo de cada persoa”. A pesar disto, sempre lle transmiten aos novos integrantes unha serie de pautas que deben seguir á hora de escribir, o proceso de publicación dentro da web, así como a organización do medio que xa tratamos na primeira reunión. Ao mesmo tempo, unha das cousas que máis orgullo lle daba a Adriana de Radio Kalimera era o sistema de madriñas e padriños que empregaban. O funcionamento consistía na asignación dun padriño ou dunha madriña a cada novo integrante,  “esa persoa acompañábaos durante os primeiros programas para ensinarlles toda a parte técnica, para que así despois se puidesen desenvolver por eles sós”.

IMG_1974
Luis Froiz, integrante de mola.gal

A partir destes valores e ensinanzas, falamos sobre como debía ser a comunicación en referencia á sociedade, relacionándoo cunha nova publicada en xuño de 2018 na Red de medios comunitarios. Adriana defendeu, en repetidas ocasións, que os medios son referentes en moitas cousas e deben fomentar o bo trato e a vida sa. Opinión que tanto Gonzalo como Luis apoiaron, criticando a censura existente na actualidade: “A comunicación ten que ter unha serie de liberdades e de capacidades para chegar ao público coa mensaxe que queiramos”.

Para acabar, tratamos a posibilidade real da profesionalización deste tipo de medios, ante todos os problemas e imposicións existentes. Os tres integrantes coincidiron en que non se debe rexeitar esa opción, pero non deben buscala, xa que non aparece na súa concepción máis pura. Por iso, Gonzalo afirmou: “Un medio comunitario quizais debería manterse á marxe, porque hai moitos perigos de que se desvirtúe o sentido do proxecto”.

Porén, non dubidaron en queixarse da situación en que viven estes medios na actualidade, a pesar de ser unha das claves do cambio cultural, para os movementos sociais, segundo unha nova publicada en decembro de 2018 na Red de medios comunitarios. Desta maneira, reclaman que se lles dea a importancia que realmente teñen, facilitándolles o seu traballo, mediante unha Lei Audiovisual máis igualitaria e completa, e dándolles máis voz para que este proceso se poida levar a cabo nos medios e na sociedade en xeral.

A acción

Todas as conclusións sacadas desta reunión cobran gran importancia cara á realización da nosa acción final, unha guía de boas prácticas neste tipo de medios. Quedaron definidos diferentes puntos como o acceso dos colaboradores  e tamén o funcionamento mediante a asemblea e/ou sistemas como o de padriños e madriñas. Ademais, a formación que se leva a cabo dentro destes medios tamén é outro punto a sinalar na nosa guía. Aínda así, vai ser fundamental para a acción final coñecer o tipo de redes que se establecen, polo que este será o tema principal da vindeira reunión.

Conversaron connosco:

  • Luis Froiz, integrante de Mola.gal
  • Adriana Pérez, antiga integrante de Radio Kalimera
  • Gonzalo Broco, integrante de Campo Galego

Bibliografía

Lema-Blanco, I. (2015). Los medios de comunicación comunitarios como espacios de educación no formal para los/las jóvenes. Revista De Estudios E Investigación En Psicología Y Educación, (14), 024-028.

Erstad, O., Gilje, Ø. and Arnseth, H. (2013). Vidas de aprendizaje conectadas: Jóvenes digitales en espacios escolares y comunitarios. Comunicar: Revista científica iberoamericana de comunicación y educación, (40), pp.89-98.

Lema-Blanco, I., Rodríguez-Gómez, E. & Barranquero-Carretero, A. (2016). Youth and the Third Sector Media in Spain: Communication and Social Change Training. [Jóvenes y tercer sector de medios en España: Formación en comunicación y cambio social]. Comunicar: Revista científica iberoamericana de comunicación y educación, (48), pp.91-99.

6 comentarios en “É a profesionalización unha materia olvidada para os medios comunitarios?

  1. CARDALDA GONZÁLEZ

    Estou moi de acordo con Luís e Adriana no sentido de que os medios comunitarios ao non buscar un beneficio económico, permiten darlle máis voz a xornalistas amateurs.
    A colaboración entre os diversos medios comunitarios tamén serve de aprendizaxe, xa que neste ámbito da comunicación, no que as relacións interpersoais son tan importantes, aportan diferentes puntos de vista que ao mellor no noso propio medio non se atopan e enriquecen o ensino persoal.
    O que si creo é que o xornalista ten que estar formado minimamente no que se refire a ética do xornalismo e aos seus códigos deontolóxicos, xa sexa mediante unha carreira universitaria ou ciclo formativo, pero non a través das propias empresas definindo aos seus xornalistas segundo as necesidades internas do medio, como se explica na páxina 150 do seguinte artigo, xa que isto levaría a unha información non independente. Isto evitaría o xa tan famoso intrusismo laboral que existen en moitos gremio, pero sobre todo no xornalismo.
    E partamos da base de que para proporcionar un xornalismo de calidade ten que existir unha auto-exixencia por parte do xornalista, ademais da sociedade.

    Hugo Aznar. (1997). El debate sobre la profesionalización del periodismo: de la titulación a la organización. 14/04/2019, de EHU Sitio web: http://www.ehu.eus/ojs/index.php/Zer/article/viewFile/17323/15114

    Gústame

    1. FUENTES FERNÁNDEZ

      Efectivamente, tal e como dixo Adriana, os medios comunitarios non buscan un rédit económico, abrindo as portas a moitas persoas que están interesadas en temáticas sociais e que queren participar en proxectos dos que, habitulamente, non se falan nos medios tradicionais.

      Con todo, as persoas que levan os medios comunitarios non teñen que ser necesariamente xornalistas. Neste caso o que prima é o interese por dar a coñecer e sacar á luz aqueles temas que o resto de medios non o fai. Mais unha vez dentro destes medios teñen que ser conscientes de que son necesarias unha serie de pautas para poder guiar a súa produción, así como contar cunha aprendizaxe de contidos e de códigos de comunicación. Como citamos, todos os coñecementos que se poidan aportar son bos, como é o exemplo dos estudos audiovisuais de Adriana, os cales lle foron de axuda para a radio da que formaba parte.

      Os proxectos e actividades que estos medios sacan adiante, fanse de maneira voluntaria, nacendo da paixón. Os beneficio que estos medios pretenden sacar, como xa se comentou noutros post, son os efectos positivos que poden proporcionar á sociedade. Cubrir espazos de representación que antes eran inexistentes é para eles o seu principal obxectivo.

      Todo isto é, ao meu parecer, o efecto de traballar no mundo da comunicación tendo como principios fundamentais o compromiso e solidariedade do que Gonzalo fala neste post. Así pódense permitir que a profesionalización quede máis á marxe.

      Barrio Canino (23 de julio de 2017). Medios de comunicación alternativos: militancia, amateurismo o profesionalización. Madrid15m. Recuperado de: http://madrid15m.org/medios-de-comunicacion-alternativos-militancia-amateurismo-o-profesionalizacion/

      Gústame

      1. CARDALDA GONZÁLEZ

        Deixando de lado a obrigatoriedade da formación dos colaboradores dos medios comunitarios, na que todos e todas estamos de acordo en que non fai falla ser un licenciado ou diplomado para participar nas súas actividades, pero si ter uns valores éticos e sobre a profesión, centrareime no referente á modificación da Lei Audiovisual.
        Como se comenta no post, os medios alternativos precisan dunha regulación máis exhaustiva e xusta. O exemplo a seguir é Andalucía, que o pasado setembro de 2018 aprobaba a Lei Audiovisual. Unha lei que permite a estes medios unha maior seguridade en canto a non ser sancionados ou á protección do seu sinal fronte a outras emisoras piratas, no caso da radio. Un avance que, aínda tendo as súas restricións, é o paso a seguir polas demais comunidades para fomentar e garantir a viabilidade destes medios non lucrativos.

        Europa Press. (2018). El Parlamento aprueba por unanimidad la Ley Audiovisual de Andalucía. 25/04/2019, de Europa Press. Rescatado de: https://amp.europapress.es/andalucia/noticia-parlamento-aprueba-unanimidad-ley-audiovisual-andalucia-20180926170414.html

        Gústame

        1. S2A- LORENZO LUCAS

          Un xornalista pode ser calquera persoa que teña algunha cousa que contar, evidentemente seguindo os códigos deontolóxicos dos que falabas antes e que o tema teña relevancia ou implique a unha parte da sociedade. Claro está, que as persoas licenciadas ou cun grado profesional parten con vantaxe respecto ós que non o teñen, pero isto non quere dicir que sexan mellores comunicadores. Por iso, eu penso que toda aquela xente, que non é xornalista pero que leva traballando moitos anos, segue aí porque faino ben. É certo que o intrusismo no xornalismo é moito más doado que noutros traballos como médico ou abogado, debido ó grado de riscos existente nestes, sen querer quitar importancia ó xornalismo, que é o encargado de divulgar o que pasa na sociedade. Estes riscos, son os pequenos detalles que marcan a diferencia entre un e outros traballos.

          Respecto á modificación da Lei Audiovisual en Andalucía, é verdade que é un gran avance para que estes medios teñan máis facilidades par poder prosperar e deberíase implantar no resto de España. Aínda así, todo sempre é bonito na teoria, no papel, pero outra cousa é que se vaia a cumprir na práctica, como non pasa en moitos outros casos. Como ben explica o enlace engadido, moitas das teóricas licencias para estes medios non se otorgan, dificultando moito máis o papel fundamental destes medios no mundo xornalístico. Ademais, nas vindeiras eleccións ningún partido fomenta o uso dos medios comunitarios, sendo só Izquierda Unida quen fai unha pequena alusión.

          BIBLIOGRAFIA
          Redacción (2018, 14 marzo). La ONU investiga a España por dejar sin licencia a los medios comunitarios. Público. Rescatado de: https://www.publico.es/culturas/medios-comunitarios-onu-investiga-espana-medio-comunitario-licencia-tv.html

          Redacción (2019, Abril). Ningún partido propone fomentar los medios comunitarios en sus programas. Red de Medios Comunitarios. Rescatado de: https://medioscomunitarios.net/2019/04/la-remc-lamenta-que-ningun-partido-proponga-fomentar-los-medios-comunitarios-en-sus-programas-electorales/

          Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.