La Voz de Galicia

GIL MÉNDEZ

La Voz de Galicia é o diario máis lido en Galicia e o sétimo máis lido en España. Está maioritariamente escrito en castelán, só unhas poucas noticias están escritas en galego.

A única xustificación polo que La Voz de Galicia escribe en galego unha pequena porcentaxe das súas noticias é porque necesita un 8% de galego no seu diario para obter subvencións da Xunta de Galicia.

Os requisitos que dá a Xunta de Galicia para as subvencións aos distintos diarios galegos son un tanto peculiares (Galicia Confidencial, 4 de xaneiro de 2017), como que o diario ten que presentar edición en papel, unha medida que nun futuro próximo quedará obsoleta polo feito de que a prensa online cada día ten máis cabida dentro do xornalismo e da sociedade. En 2016, segundo a AMI, o 44% dos lectores son só de papel, o 37% só dixitais e o 19% son mixtos (Democresía, 5 de xaneiro de 2018).  Outro dos requisitos (como mencionamos anteriormente) é presentar polo menos o 8% dos seus contidos en galego, co fin de fomentar a nosa propia lingua en medios galegos. Porén unha porcentaxe dun 8% parece inadmisible e incluso de risa para que o galego se fomente dentro dos medios de comunicación da comunidade autónoma. Ademais, esta porcentaxe só serve para aqueles diarios que teñan edición en papel, polo tanto os diarios que presentan os seus contidos 100% en galego, pero son online (por exemplo, Praza Pública) non obterán ningunha axuda por parte da Xunta de Galicia.

A maior parte destas subvencións son destinadas a La Voz de Galicia, cun total de 718 mil euros. Por outra banda, a prensa escrita totalmente en galego (con edición papel) suma pouco máis de 3.400 euros (1.200 euros para Sermos Galiza e 2.200 euros para Pontevedra Viva). Isto é algo moi criticado por outros medios, que admiten que La Voz de Galicia seguramente estea manipulado polo Partido Popular de Galicia.

De feito, Praza Pública denunciou hai ano e medio o pago de 77 mil euros da Xunta de Galicia a diferentes diarios nacionais e autonómicos para publicar en páxina completa a declaración que o presidente Nuñez Feijóo realizou en plena vaga de incendios (David Reinero, 27 de outubro de 2017). O xornal autonómico que mellor foi pagado para publicar esta información foi La Voz de Galicia cun total de 9.500 euros.

Recentemente La Voz de Galicia despidiu a catro traballadores das delegacións de Santiago, A Coruña e Lalín (El Confidencial, 10 de xaneiro de 2018). O comité intercentros di que a empresa dinamitou a paz social cos seus traballadores tralo despido. Ao xuízo do comité, La Voz de Galicia obrou “con mala fe” despois de anunciar que non poderían conservar o 100% dos traballos nas diferentes delegacións. Isto debese á implantación dunha nova organización da redacción que se produce pola perspectiva do muro de pago, segundo fontes de La Voz de Galicia. Estas mesmas fontes din que o acceso gratuíto a algúns dos contidos do xornal teñen os días contados (extradigital.es, 15 de xaneiro de 2019). O pasado 8 de xaneiro, o Comité Intercentros de La Voz de Galicia comunicou que daba por rotas as negociacións do novo convenio a causa destes despidos, segundo extradigital.es.

lavozdegalicia
Concentración en Sabón en protesta polos despidos. Fonte: Comité Intercentros de La Voz de Galicia

A intención do comité é recorrer aos xulgados, xa que non se pode admitir que haxa despidos cando a empresa pechou o exercicio de 2018 con beneficios. O malestar do persoal de La Voz Galicia é máximo. Os traballadores queren conservar un 100% dos traballos, mentres que a empresa puxo sobre a mesa unha minorización salarial que oscila entre o 12,5% e o 14,5% e só manter o 80% dos traballadores.

Ligazóns

Vilas, M. (4 de xaneiro de 2017). Axudas polo galego: La Voz e Faro suman un millón; toda a prensa dixital en galego 3.400€. Galicia Confidencial. Recuperado de: http://www.galiciaconfidencial.com/noticia/45086-axudas-polo-galego-voz-faro-suman-millon-prensa-dixital-galego-3400

Reinero, D. (27 de outubro de 2017). A Xunta pagou 77.000 euros a xornais impresos para publicar a declaración de Feijóo sobre os incendios. Praza Pública. Recuperado de: https://praza.gal/politica/a-xunta-pagou-77000-euros-a-xornais-impresos-para-publicar-a-declaracion-de-feijoo-sobre-os-incendios

extradigital.es (15 de xaneiro de 2019). La Voz de Galicia se restructura con la perspectiva del muro de pago en el horizonte. Recuperado de: http://www.extradigital.es/la-voz-de-galicia-se-restructura-con-la-perspectiva-del-muro-de-pago-en-el-horizonte/

Zarzalejos, A. (10 de xaneiro de 2019). Los despidos de La Voz de Galicia dinamitan las negociaciones del nuevo convenio. El Confidencial. Recuperado de: https://www.elconfidencial.com/comunicacion/2019-01-10/la-voz-de-galicia-convenio-colectivo-despidos_1748794/

Valencia, H. (5 de xaneiro de 2018). Medios de comunicación: papel vs. digital. Democresía. Recuperado de: https://democresia.es/periodismo/los-medios-comunicacion-papel-vs-digital/

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.