Rogerio Christofoletti: “Os observatorios son instrumentos da cidadanía na busca dun xornalismo ético”

LOMBA FERNÁNDEZ

Rogerio Christofoletti é mestre e investigador na Universidade Federal de Santa Catarina, no Brasil. Os seus estudos céntranse na ética xornalística, a privacidade, a crítica mediática, a crise do xornalismo e as tecnoloxías. No ano 2009 crea, xunto con Francisco José Catilhos Karam, o Observatorio de Ética Xornalística (objETHOS)

christofoLLEti

OCC: Cales son os principais tipos de observatorios do Brasil?

Rogerio Christofoletti: Hai dous tipos de observatorios, poderíamos falar do Observatorio da Impresa, que é unha website en internet onde escritores, cidadáns e xornalistas, entre outros, xúntanse para discutir sobre prensa e medios. Este é o máis antigo e principal, pero posteriormente creáronse outras iniciativas que non continuaron. Por outro lado, temos os observatorios involucrados coa academia como o de Ética, en Santa Catarina, que se centran na investigación. O primeiro non é universitario, senón que é unha plataforma onde se involucra a cidadanía.

OCC: Acaba sendo efectivo o papel dos observatorios fronte os medios de comunicación?

RC: Non teño elementos científicos que amosen que sexa efectivo; podemos observar que a discusión acerca da calidade e a participación son precisos para que os medios e o xornalismo sexan mellores. Pero non hai unha métrica que afirme con certeza que os medios se convirtan en mellores por existir observatorios, porque o que son é un instrumento da cidadanía para esixir que se faga un xornalismo máis ético e responsable. Hai moitos factores que son determinantes para que se faga de mellor forma, como insercións en xornalismo local e hiperlocal.

OCC: Vostede denomina a práctica dos observatorios brasileiros como miúda e fráxil, como ve a diferencia entre observatorios españois e os do Brasil?

RC: Penso que no Brasil temos máis iniciativas en termos de cantidade polo simple feito de que é máis grande. Pero tamén hai unha expectativa maior sobre eles. En España non hai tanta expectativa, penso que os observatorios teñen dúas funcións: contribuír para que se  mellore o xornalismo e permitir á cidadanía que participe. En Brasil esta participación é moi débil, xa que os propietarios dos medios e os xornalistas non dan espazo para a cidadanía.

OCC: Nun país como Brasil, dar a cara con nomes e apelidos mediante a crítica de medios nos observatorios é perigoso?

RC: Non creo que sexa perigoso, pero porque a opinión non é tratada coa importancia que ten. Non podemos falar de que haxa condicións de perigo como en México, onde hai condicións moi perigosas.

OCC: Os observatorios son un quinto poder que vixía aos medios de comunicación, poderíamos falar dun xornalismo inútil tendo en conta que non cumpre o seu obxectivo?

RC: Non é inútil, pero pode mellorar. As sociedades contemporáneas non poden abrir a man ao xornalismo, este ten a función social de observar e facer fiscalía dos tres poderes. Se non se fai, deben mellorar. Pero non temos ningún actor social que faga esta fiscalía. Adoito dicir que se unha persoa ten dor da cabeza e vai ao médico, o doutor daralle medicinas e non lle cortará a cabeza. No xornalismo pasa o mesmo, hai que mellorar o xornalismo, non acabar con el.

OCC: O Observatorio da Prensa ou a Rede Nacional de Observatorios traballan de forma precaria, cree que é fundamental crear unha política de bolsas económicas para garantir a eficacia deste quinto poder?

RC: Debería vir da cidadanía, non dos gobernos. Tal vez mesturando a cidadanía cos propios medios. Porque os observatorios poden actuar como aliados dos medios, e non precisamente como inimigos.

OCC: Vostede pensa que os observatorios deberían ter máis funcións para perfeccionar o xornalismo e ser máis colaboradores. Isto podería converter aos observatorios nun medio de comunicación?

RC: Creo que non, porque os observatorios son limitados. Non teñen función de informar, o xornalismo ten, sobre todo, que informar e traer elementos para que os cidadáns teñan unha compresión mellor do que pasa na súa cidade. Os observatorios si que teñen que acumular outras funcións e, aínda así, non van ser medios de comunicación, non hai perigo para os medios.

Cando falamos doutras funcións son as ligadas ao monitoreo da calidade dunha forma máis interactiva entre cidadáns e xornalistas, para diminuír a distancia entre eles. Eu tamén teño moitas dúbidas en relación aos observatorios, pero teñen límite e non son a solución derradeira dos medios. Tan só son un instrumento da cidadanía para iso.

OCC: Vostede amosa o exemplo de EEUU e os países escandinavos como rexións onde os observatorios teñen máis peso ca os medios comunicación. Isto choca coa tendencia que hai actualmente coas fake news que acaban chegando ata Europa.

RC: Si, pero o problema das fake news é un problema titánico e os observatorios non o van a solucionar. Os gobernos e cidadáns precisan combater este problema. Ademais, de que é problema da tecnoloxía, porque moitas plataformas tecnolóxicas teñen un contigo viral falso.

Pero o que pasa nestes países é que existe unha cultura social de máis diálogo cos medios, e tamén unha preocupación maior das empresas de noticias que escoitan a cidadanía. Non é que o 100% do que din os cidadáns sexa considerado polos medios de comunicación, é que hai unha cultura máis receptiva.

Existen moitos observatorios e teñen unha influencia maior tamén. Por exemplo, nos países escandinavos os observatorios son os defensores dos lectores. Unha institución ben establecida. En Brasil non podemos dicir que os defensores dos lectores estean establecidos. O único caso que poderiamos citar é a Folha de S.Paulo, creado no 1989 e que se mantén ata hoxe como o único xornal con este posto de “defensor dos lectores”. É o único, pois non temos casos máis antigos.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s