FERRÍN ALONSO, GARCÍA FERNÁNDEZ E GARCÍA ROCA
Pub Atlántico
A opinión adoita estar adscrita ó xénero do xornalista, limitando temáticas e espazos, ollando á masculinidade ou feminidade do redactor. Mais ese efecto segue sendo perpetuado dende os medios de comunicación coas súas mecánicas excluíntes. Muller é máis que familia e coidados, e o home máis que política e economía. Este campo foi o cuberto na última reunión coas colaboradoras de Muller e Comunicación.
Comezamos a reunión falando dun artigo de opinión publicado pola directora de Sermos Galicia, María Obelleiro, o día anterior ao 8-M. Nel a xornalista opina que as mulleres galegas sofren unha dobre opresión: ser galegas e ser mulleres. Mónica Vidal, vogal do Colexio de Xornalistas, sentencia: “A verdade é que é algo me parece cuestionable, porque creo que hai lugares no mundo onde as mulleres están en peor situación que en Galicia. Ó que se refire entronca con outro tipo de debate acerca do sentimento de identificación cunha determinada terra e cultura das que, efectivamente, penso que en Galicia queda moito por facer”. Tamara Montero, representante de Xornalistas Galegas, coincide con Mónica, mais puntualizando que, nesta afirmación demasiado categórica, existen moitos matices: “A discriminación contra a muller, e as cuestións de muller van moito máis alá do lugar onde ti naces, a discriminación é sistémica, dá igual a sociedade”.

A representante de Plataforma Feminista, Pilar Estévez, está, en parte, de acordo co artigo anterior, mais especifica o seguinte: “Efectivamente existimos mulleres feministas nacionalistas que temos claras as nosas propias condicións, mais iso non nos impide ser parte do universo e do espazo internacional, que é onde debemos estar”.
Mónica continúa comentando: “Non poñer o foco no lugar adecuado é o que acaba desvirtuando o debate sobre cales son os obxectivos do feminismo”. Pensa que esta suposta dobre discriminación ás mulleres galegas non é onde se debe centrar hoxe o debate: “Noutras etapas a loita do feminismo estivo máis centrada no debate polos espazos: pasar do público ao privado. Aínda queda moito por facer, mais agora o eixo fundamental creo que está no corpo da muller, nos ventres de alugueiro e na prostitución. Lugares onde queren facer negocio e habería que centrarse ben onde están eses puntos quentes e non despistarnos con outras cousas que ao mellor non son tan importantes”.
Así, seguindo esta liña temática, formúlase a pregunta de cal debería ser a opinión visible nos medios de comunicación e de como deberían de enfocar o xénero de opinión as xornalistas. Tamara Montero considera: “A muller pode opinar de calquera tema. Si que é certo que as mulleres si que temos máis sensibilidade sobre certos temas, e as feministas, aínda mais. Pero eu creo que unha muller pode opinar de calquera cousa, e de calquera tema”.

A representante da Plataforma Feminista defende que non debe haber selección de temas de opinión nin para mulleres nin para homes: “O que temos que reivindicar é a liberdade de expresión e o exercicio da súa profesión como lles pareza”. Tamara resalta esa división entre “temas de homes” e “temas de mulleres”: “Esa división que hai da información, a que move ós grandes poderes, denominada clasicamente como dura, que son a economía e a política, está sempre escrita dende unha óptica masculina. As mulleres son máis dadas a tratar outro tipo de temas, como a educación, a sanidade ou a cultura”. Afirma que non se poden dividir os temas en ningún caso e, menos aínda, na opinión. “Non é dicir as mulleres xornalistas teñen que tratar x temas. As mulleres xornalistas teñen que tratar temas. Punto. Agora é o momento de conquistar o espazo”. Toma a palabra Mónica nese intre e subliña que os problemas sociais están a ser apartados da primeira liña mediática: “Como que non é política a maternidade? Como que non é política o que se fai cos nosos corpos? Claro que o é”.

Continúa a falar Mónica redireccionando a conversa. Toma como apoio os últimos estudos, multiplicando por dous a súa queixa inicial: “As mulleres están presentes soamente no 21 % das páxinas de opinión”. Recalca: “As mulleres somos maioría nas redaccións, mais os artigos asinados por mulleres son unha minoría. Moitas veces dase a circunstancia dun traballo no que participan dúas persoas e o asina un tío. É verdade que nos temos que visibilizar e darlle mérito a ese traballo, que igual é menos visible, mais que tamén é importante”. Unha solución sería, segundo Pilar, desenfocar o xeito de aprendizaxe do xornalismo e o funcionamento da súa estrutura: “Se facemos un artigo e traballamos catro buscando información e fontes, temos que asinalo colectivamente”. Xerando controversia, Tamara constata: “Ao mellor o que ocorre é que quen leva a coordinación é un home e a sinatura orixinal lle corresponde a el. Aínda así, eu estou afeita a asinar todos os meus traballos”. Mónica sucédea matizando: “Temos que intentar quitar o foco do que se ve, porque pasa o mesmo que nas redes sociais. O que ensinamos no Instagram non é o real e o que sae nos medios cara fóra non é o que pasa cara dentro”.
A vogal do Colexio de Xornalistas non está de acordo coa afirmación de que o xénero de opinión ten o poder de influír na opinión da xente: “A xente o que busca é reformular e complementar as súas opinións”. A maiores, pensa que o que fan os medios de comunicación é polarizar: “O razoamento é se eu teño ao lado dun artigo feminista un artigo de Javier Marías, que digan o que queiran e xa estamos ao cincuenta por cento. A idea é que para min non abonda con buscar a paridade conteapoñendo, por exemplo, un artigo dunha feminista con un de Marías. A opinión en xornalismo debe estar baseada en feitos e ás veces vemos que se equiparan opinións veraces con outras que descualifican, insultan, utilizan falacias argumentativas ou son abertamente machistas. A opinión é libre no bar, en xornalismo ten que estar baseada en feitos”.

Ademais, abarcouse se é necesario ter presentes nos xornais e nos medios comentarios ofensivos ou reaccións de partidos de ultradereita como VOX. Tamara suxire: “Hai que ter unha visión ampla do tema, non coller e dicir os de VOX din que as mulleres máis guapas están en VOX (El Español, 1 de abril de 2019). Ata que punto ten que saír este señor? É darlles titulares unha e outra vez con bobadas que non aportan nada”. Mónica engade: “Temos que discutilo, o que ese señor diga ten que estar dentro da axenda mediática? É relevante?”. Pola contra, Pilar ofértalles unha explicación: “Os medios de comunicación están en mans de quen están. Hoxe o poder está axudándolles e esas formas de comportamento social chaman a atención. Entón, imos darlle máis de comer”.
Mónica enlazou o tema coa sociedade da información: “Circula máis información que nunca. O problema é que é imposible abarcar tanto, entón, informarse é un traballo enorme pero moi necesario. Mais isto combínase cunha sociedade na que non hai tempo para nada pero na que é preciso ter unha información instantánea. Así, o xénero de opinión comeza a ter unha relevancia enorme”. Ela mesma comenta: “Véndese como feminismo calquera cousa. Vén unha e cóntache o que é, mañá ponlle liberal, pasado outra cousa, ó seguinte non sei que… Todo o mundo opina, descualifican o feminismo”.
Chegou o momento no que Pilar mostra o artigo de opinión que decidiu traer. É un artigo titulado A menos que seas musulmana, calla la puta boca y escucha a la musulmana. Pilar reflexiona sobre a peza logo de lela en voz alta e destaca: “Amosa o que é o seu día a día e o que representa ou non utilizar o velo. Ademais, de que nós o vemos dende aquí e decidimos que deben usalo ou non deben usalo, ou cando deben poñelo ou non deben poñelo. Fala sobre a predominancia do feminismo branco”.

A sentada ó seu carón, Mónica, le o artigo que trouxo, escrito por Laura Nuño e titulado Tiempo de Feminismo. Nas palabras da xornalista: “Nel fálase de que temos que estar moi atentas ás reaccións patriarcais porque moitas veces veñen enmascaradas co mesmo vocábulo, din é que eu tamén son feminista e digo que os ventres de aluguer están ben. Ó mellor hai que revisar algunhas cousas. Non pretendo facerme propietaria da bandeira, pero si que creo que convén corrixir e saber que determinadas formas de ver as cousas, non son feministas nin de broma”.
Seguindo o tema, Pilar engade que o concepto do feminismo se está vendo intoxicado, mais non o feminismo en si: “Intoxícano dende fóra, pero é que nós temos que ter claro que quen fai opinión sobre iso non ten influencia”. Ademais, pensa que as mulleres si que poden facer artigos: “Eu creo que si que debemos, pero non nos dan voz nin espazos para reflexión en ningún caso porque tamén se facemos espazos de reflexión en algún sitio se toma coma un campo de batalla, non como un campo de reflexión”. Remata expoñendo a desvirtuación do feminismo: “Desvirtuárono eles, pero nós non, nós xa temos unha batalla, un debate moi profundo neste momento, o cal é moi grave”.
Aínda queda longo camiño por percorrer para poder solventar esta escaseza de mulleres nos espazos reservados as opinións dentro dos medios, por iso a loita continua. Haberá que amosarlles aos lazos do sistema patriarcal instaurados no campo da comunicación que están equivocados.
A ACCIÓN
Ó final da xuntanza falamos coas convidadas do tema da acción. Xa está decidida a actividade que será realizada: o reparto de globos con tarxetas que sinteticen algunhas das mensaxes reivindicadas nas xuntanzas e posts feitos dende o grupo de Muller e Comunicación do Observatrio Cidadán de Comunicación. As colaboradoras viron moi interesante a proposta e captaron ben a intención, que é achegar dunha forma chamativa, sensorialmente falando, algunhas das necesidades das mulleres dentro desta sociedade.
Integrantes do círculo:
- Pilar Estévez, membro de Plataforma Feminista Galega.
- Mónica Valle, xornalista da TVG e vogal do Colexio de Xornalistas.
- Tamara Montero, representante de Xornalistas Galegas.
Fotografía de portada: Pixabay
-Ligazóns:
Nuño, L. (2018, 2 marzo). Tiempo de feminismo. Infolibre. Recuperado de: https://www.infolibre.es/noticias/los_diablos_azules/2018/03/02/tiempo_feminismo_78452_1821.html
Obelleiro, M. (2019, 7 marzo). Opresión x2. Sermosgaliza. Recuperado de: https://www.sermosgaliza.gal/opinion/maria-obelleiro/opresion-x-2/20190307105212076810.html
Velasco, M. (2019, 31 marzo). Mona Eltahawy: “A menos que seas musulmana, calla la puta boca y escucha a las musulmanas”. Huffpost. Recuperado de: https://www.huffingtonpost.es/entry/mona-eltahawy-revolucion-sexual-mundo-arabe_es_5c9b471fe4b08c450cce3dd1
OCTAVIO DE TOLEDO DE MIGUEL
Penso que aínda que é certo que as mulleres galegas sofren unha evidente discriminación, ó igual que moitísimas doutros lugares, concordo co que di Mónica Vidal e é que hai mulleres noutros lugares que sofren moita máis discriminación; aínda que como ben di, en Galicia queda moito por facer. Porén, non estou dacordo con Tamara Montero. A discriminación tamén ten que ver coa cuestión de onde naces: una muller que nace e vive en Exipto vive moitísimo peor que unha muller nada en España. É obvio que a discriminación faise presente en todos os ámbitos e en todos os países, pero se ben é certo que en toda a sociedade está instalado un sistema patriarcal; tamén é certo que non podemos esquecer que en países moito menos desenvolvidos vivirán peor, como podemos ver no artigo de La Vanguardia.
Esta loita do feminismo é algo que vai pouco a pouco, pero que vai gañando. De todas maneiras, aínda queda moito por facer. Os ventres de alugueiro e a prostitución son temas actuais que son bastante polémicos. Hai unha gran parte do ‘‘feminismo’’, ou que se deixa chamar así, que o defenden porque pensan que é a libre elección da muller, mais non o é. As mulleres precisan ese diñeiro para vivir ou son raptadas e obrigadas a adicarse á prostitución. Ninguén quere por vontade propia ter fillos por outra persoa. Estanse a mercantilizar os nosos corpos e iso ten que parar. Sen ir máis lonxe, saíu no Faro de Vigo unha nova sobre que hai familias atrapadas en Ucrania que non poden voltar a España, que pediron un informe urxente. Ter fillos non é un dereito e menos utilizando o corpo dunha muller coma se fose un invernadoiro. Hai pouco, saíu outra noticia sobre detidos por unha operación policial contra a trata de mulleres. Parece que non evolucionamos e que non aprendemos que iso non é una elección libre.
Nos medios de comunicación, a muller cada vez faise máis presente. Isto é un logro, aínda que tamén queda moito por facer. Como ben din, as xornalistas non temos que tratar certos temas, senón que temos que tratar temas. Isto paréceme un punto moi importante a tratar: as mulleres non fan artigos de opinión, e se o fan quedan relegadas a falar sobre maternidade ou educación. Se fan artigos de opinión conxuntamente, quen o asina é o home… Precisamente o artigo de Dircomfidencial di que só o 21% de mulleres escriben artigos de opinión. Nos medios de comunicación aínda hai un machismo moi acusado e xa non só o atopamos a nivel de titulares, senón nos propios traballadores. A desigualdade segue estando presente e é algo que debe cambiar.
Ligazóns:
–Tosas, G. (6 de novembro de 2017). Nombres prohibidos: las tradiciones que anulan a las mujeres en el mundo. La Vanguardia. Recuperado de: https://www.lavanguardia.com/internacional/20171106/432640005085/nombres-prohibidos-tradiciones-mujeres-machismo.html
–E.P. (3 de abril de 2019). Juan Pérez Miramontes entre los detenidos en la operación contra la trata de mujeres. El Correo Gallego. Recuperado de: https://www.elcorreogallego.es/santiago/ecg/juan-perez-miramontes-detenidos-operacion-trata-mujeres/idEdicion-2019-04-03/idNoticia-1175006/
–Agencias. (15 de febreiro de 2019). Exteriores frena el registro de bebés de “vientre de alquiler” en Ucrania. El Faro de Vigo. Recuperado de: https://www.farodevigo.es/sociedad/2019/02/15/exteriores-frena-registro-bebes-vientre/2051935.html
–MEDIOS. (7 de marzo de 2018). Sólo el 21% de los artículos de opinión son escritos por mujeres en España. Dircomfidencial. Recuperado de: https://dircomfidencial.com/medios/solo-el-21-de-los-articulos-de-opinion-son-escritos-por-mujeres-en-espana-20180307-0401/
GústameGústame
FERNÁNDEZ PEREIRO
Segundo os datos extraídos do II Informe ColumnistAs, das 3.693 pezas de opinión analizadas, 795 están firmadas por mulleres. Este ano o 79% das firmas son masculinas (80% en 2018), polo que a presenza da muller segue ós mesmos niveis ca o ano anterior. Os xornais nacionais con maior presenza de mulleres na opinión son “El Periódico” seguido de Eldiario.es
En Galiza, Xornalistas Galegas expón vía Twitter que o día 14 de abril na sección de opinión de La Voz de Galicia había 5 homes e 3 mulleres; Faro de Vigo con 5 homes e ningunha muller; El Progreso con 9 homes e 2 mulleres, entre outros xornais galegos que van na mesma liña. Datos que deixan patente a problemática da falta de mulleres opinadoras.
Concordo coa túa apreciación de que o lugar no que se desenvolva unha muller pode condicionala e ser máis discriminatorio ca outro. Se ben hai que facer un matiz sobre os estereotipos que se forman dende occidente cara outros países. Por exemplo, no artigo de El Salto pódese ler o testemuño de Nawal Kallouch, unha moza musulmá que afirma que as mulleres musulmás non están oprimidas. É o seu punto de vista e tamén existen moitos dende o outro lado: mulleres musulmás que si se senten oprimidas polo sistema patriarcal no que se criaron.
No caso da xestación subrogada, como ben dis ti, estase a mercantilizar cos corpos das mulleres. A clave está tamén na adopción. Os centros de acollida son un negocio. Cobran entre os 4.000 ós 9.000 euros por cada neno. Isto súmase as trabas que xa existen no propio proceso de adopción.
Ligazóns:
– Sánchez-Ocaña, M. (10 de febreiro de 2018). Los centros para menores, ¿acogida o negocio? Diario16. Recuperado de: https://diario16.com/los-centros-menores-acogida-negocio/
– Balinot, N. Feministas musulmanas contra la islamofobia de género. (2019). El Salto. Recuperado de: https://www.elsaltodiario.com/islamofobia/feministas-musulmanas-contra-la-islamofobia-de-genero
– FAPE. (4 de marzo de 2019). La presencia de la mujer en el periodismo de opinión se mantiene en el 21%. Recuperado de: http://fape.es/la-presencia-de-la-mujer-en-el-periodismo-de-opinion-se-mantiene-en-el-21/
GústameGústame
OCTAVIO DE TOLEDO DE MIGUEL
A situación actual da muller xornalista non é boa, pero xa non só na situación á hora de realizar pezas de opinión, como comentabamos, senón que o panorama presenta moita desigualdade. A pesar de que as mulleres representamos o 64% do sector xornalístico, son os homes os que ocupan os cargos directivos, como explica a nova de Europa Press. Se facemos unha visión xeral destes cargos dos xornais, podemos ver que a maioría dos directores son, efectivamente, homes. Xornais como El Faro de Vigo, La Voz de Galicia, El Mundo, ABC, La Vanguardia ou El Correo Gallego teñen homes como directores. El País é un dos poucos xornais dirixidos por unha muller. Pero ademais, xa non só podemos dirixilo ós cargos directivos, senón que as xornalistas que teñen menos oportunidade de traballo e que están máis no paro son mulleres.
Concordo co que dis que unha das claves para poder ter fillos sen ter que utilizar o corpo dunha muller ou simplemente mercalos, é a adopción. Isto dá lugar a que os nenos adoptados poidan vivir nunhas condicións de vida mellor das que vivían. Moitas persoas teñen que dar ós seus fillos en adopción porque non teñen a posibilidade de abortar ou porque saben que non poderán darlles unha boa vida. Tamén está o factor de que as nais que entregan os seus nenos en adopción en España son, nun 20%, mulleres sen papeis, segundo unha crónica de El Mundo.
Ligazóns:
–Redacción. (20 de setembro de 2018). Las mujeres periodistas representan el 64% del sector pero los hombres ocupan el 73% de los cargos directivos. Europa Press. Recuperado de: https://www.europapress.es/madrid/noticia-mujeres-periodistas-representan-64-sector-hombres-ocupan-73-cargos-directivos-20180920113034.html
–EFE. (14 de decembro de 2017). El estado del periodismo: los hombres duplican a las mujeres en los puestos directivos de las redacciones. Público. Recuperado de: https://www.publico.es/sociedad/periodismo-hombres-duplican-mujeres-puestos-directivos-redacciones.html .
–De la Cal, L e Iglesias, L. (17 de marzo de 2019). La verdad tras el bulo de las adopciones de bebés de mujeres inmigrantes. El Mundo. Recuperado de: https://www.elmundo.es/cronica/2019/03/17/5c8c0902fdddffc48f8b45ce.html
GústameGústame
FERNÁNDEZ PEREIRO
A presenza da muller nos medios de comunicación continúa a ser crítica. O último informe Anual de la Profesión Periodística indica que o 60% de estudantes de Ciencias da Comunicación son mulleres. Son maioría nas facultades e nas redaccións, pero minoría como ben dis, nos postos de dirección de empresas de comunicación. So o 10,9% das mulleres ocupan cargos de dirección e so o 3,9% de medios dixitais. Un 75% dos postos de xestión das 30 maiores empresas de comunicación en España desempéñanos homes, mentres que o 25% restante corresponde ás mulleres. Tampouco aparecen como fontes expertas. Segundo o estudo da nova de Galicia Confidencial: non adoitan ser autoras das novas, senón fontes secundarias na información e na produción e no discurso da información prímanse mulleres con situacións desfavorables.
Precisarase máis dun século-108 anos-para rematar coa desigualdade entre homes e mulleres a nivel global, segundo indica o Foro Económico Mundial no seu informe anual sobre a fenda de xénero. No caso de Europa a cobertura de novas segue dominada por xornalistas e comentaristas do xénero masculino que dedican gran parte do seu tempo e espazo a escribir sobre outros homes. Así o deu a coñecer unha investigación no último informe da Profesión Xornalística, o Observatorio Europeo de Xornalismo. Analizáronse 11 países e en moitos deles, a metade da profesión está formada por mulleres. Este dato contraponse ó anterior. No caso de España foron obxecto do estudo: El País, El Mundo, HuffPost e El Español. Durante o análise, un 39% dos artigos analizados foron redactados por homes, en comparación co 21% escritos por mulleres. Nalgún dos días acadou incluso o 80% para os homes.
Totalmente de acordo con que unha muller está condicionada pola imposibilidade de abortar. O aborto seguro e legal son a esencia do dereito fundamental da muller á igualdade, privacidade, saúde física e mental. A tendencia é positiva, xa que entre o 2000 e o 2018, 29 países modificaron a súa lexislación sobre o aborto.
En conclusión, todos os datos amosados deixan patente o momento que atravesa a muller xornalista en todos os niveis. Queda moito por facer para acadar condicións laborais dignas e de igualdade entre homes e mulleres. Toca avogar por un xornalismo con perspectiva de xénero.
Ligazóns:
– (2019). Análisis 2019 de la presencia de la mujer en el periodismo de opinión. Columnistas. Recuperado de: https://plannermedia.com/columnistas/2019/
– (9 de marzo de 2019). A prensa tradicional potencia os estereotipos sexistas e mantén relegadas ás mulleres. Galicia Confidencial. Recuperado de: http://www.galiciaconfidencial.com/noticia/88175-prensa-tradicional-potencia-estereotipos-sexistas-manten-relegadas-mulleres utm_source=dlvr.it&utm_medium=facebook
– (22 de decembro de 2018). Brecha de género global 2018: se necesitan 200 años para lograr la paridad salarial y otros 4 datos asombrosos. BBC News Mundo. Recuperado de: https://www.bbc.com/mundo/noticias-46638119
– (2018) ¿Dónde están las mujeres periodistas en los medios europeos? European Journalism Observatory (EJO). Recuperado de: https://es.ejo-online.eu/specialist-journalism/donde-estan-las-mujeres-periodistas-en-los-medios-europeos
– Duby, J. (28 de setembro de 2018). Las mujeres resisten y luchan por su derecho al aborto. Federación Internacional de los Derechos Humanos (FIDH). Recuperado de: https://www.fidh.org/es/temas/derechos-de-las-mujeres/derechos-sexuales-y-reproductivos/las-mujeres-resisten-y-luchan-por-su-derecho-al-aborto
– (1 de marzo de 2019). O Colexio de Xornalistas pon en marcha a campaña #VisiblesReais, coa que reclama aumentar a presenza das mulleres no espazo mediático. Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia. Recuperado de: http://xornalistas.gal/novas-eventos/novas/o-colexio-de-xornalistas-pon-en-marcha-a-campana-visiblesareais-coa-que-reclama-aumentar-a-presenza-das-mulleres-no-espazo-mediatico/
GústameGústame
A desigualdade de xénero é unha realidade en todo o mundo. En países como Somalia é evidente que a muller vive unha situación de desigualdade maior que nos países máis desenvolvidos. A pobreza, a analfabetización, os salarios máis baixos, o difícil acceso a moitos postos ou, incluso, a denegación de traballo son algúns dos moitos obstáculos aos que se enfrontan as mulleres cada día nos países do Terceiro Mundo. É por este motivo polo que apoio, en parte, o argumento defendido por Mónica Vidal cando sinala que a posición das mulleres galegas, en comparación con outros lugares, non é tan mala.
Mais no relativo a España, segundo os datos recollidos polo INE en 2016 Galicia foi a quinta Comunidade Autónoma na que máis mulleres accederon aos estudos universitarios (8.064 mulleres). Nese mesmo ano, ocupou o posto número doce (40,14%) dentro da taxa de emprego da muller con respecto ao resto de Comunidades Autónomas. Isto confirma que, malia que o feminismo vai gañando batallas, a situación para as mulleres galegas é moi mellorable.
Outro aspecto no que as mulleres sofren unha grande discriminación é no ámbito dos medios de comunicación. Está demostrado que, xeneticamente, as mulleres somos máis sensibles que os homes. Non obstante, isto non é motivo para que se nos outorguen exclusivamente temas como a educación, a sanidade ou a cultura, xa sexa nos artigos de opinión ou no resto de xéneros xornalísticos. Tamara Montero di que “as mulleres xornalistas teñen que tratar temas” e eu estou totalmente de acordo. Non pode existir esa división de temas entre homes e mulleres. É necesario reivindicar a liberdade de expresión: as mulleres poden opinar -sempre con fundamento- sobre calquera materia, ao igual que os homes.
Porén, que a día de hoxe consintamos actitudes como estas é símbolo da sociedade machista na que seguimos vivindo. Aínda que a desigualdade de xénero sexa maior ou menor dependendo do lugar, segue existindo e non podemos mirar para outro lado.
Ligazóns:
INE (2016). Tasas de empleo por distintos grupos de edad, sexo y comunidad autónoma. Recuperado de: http://www.ine.es/jaxiT3/Datos.htm?t=4942
INE (2016). Anuario Estadístico de España: La educación. Recuperado de: https://www.ine.es/prodyser/pubweb/anuario16/anu16_03educa.pdf
País, El (10 de xaneiro de 2012). La sensibilidad es lo que más diferencia a mujeres y hombres. Recuperado de: https://elpais.com/diario/2012/01/10/sociedad/1326150002_850215.html
Martín Nieto, R. (2009). El Tercer Mundo representado, la imagen como nido de estereotipos.
GústameGústame
GARCÍA ROCA
Eu tamén coincido con Mónica Vidal e Tamara Montero, a discriminación da muller e as cuestións que a rodean son independentes do lugar onde nacen polo que penso que si que se trata dunha discriminación sistemática e que da igual o marco social no que se desenvolvan.
Segundo un estudo realizado pola Organización Non Gobernamental, Nacións Unidas no ano 1997 entorno ó panorama da muller no Terceiro Mundo, non existe ningunha sociedade onde as mulleres dispoñan das mesmas oportunidades ca os homes. A ONU tamén recolle nun informe recente do ano 2018, nun estudo feito con 19 anos de marxe, que unhas 15 millóns de nenas nunca aprenderán a ler e a escribir e unhas 300.000 mulleres morren anualmente por causas relacionadas co embarazo. En América Latina, hai 124 mulleres que viven en extrema pobreza por cada 100 homes e en Colombia, case o 50% de mulleres en fogares rurais non teñen acceso á asistencia médica cando van dar a luz. A solución a estes feitos pasa polo fin da pobreza nestes países (a nivel mundial, hai 122 mulleres de entre 25 e 34 anos vivindo en condicións de pobreza extrema por cada 100 homes do mesmo rango de idade), o fin da fame (as mulleres teñen menos probabilidades de dispoñer de alimentos ca os homes), melloras das condicións sanitarias, impulsar o acceso a educación, e a igualdade de xénero entre outras moitas solucións necesarias para que a situación do sexo feminino mellore nestes lugares do mundo.
En canto a muller española, é evidente que non nós atopamos nas mesmas condicións cas do Terceiro Mundo pero si hai algo no que coincidimos é na discriminación que sufrimos a día de hoxe. Nun informe publicado por Intermón Oxfam “Voces contra a precariedade: mulleres e pobreza laboral en Europa”, as españolas teñen que traballar 52 días máis ao ano para recibir o mesmo salario que os homes. Segundo os datos da ONG, tanto en Europa como en España unha de cada cinco mulleres recibiu unha baixa remuneración, en comparación cun de cada dez homes. Polo que, elas teñen o dobre de posibilidades que eles de ter un traballo cun salario baixo. E desde o outro lado da balanza, as mulleres representan só o 20 % da poboación traballadora con maiores ingresos. De feito, dos 609 conselleiros delegados das grandes empresas de toda Europa, só 36 son mulleres.
Retomando o tema da escaseza de mulleres que opinan nos medios de comunicación é ben certo que o 60% das firmas que aparecen nos artigos de opinión en prensa escrita son asinados por homes. Así mesmo, a presenza da muller tamén deixa bastante que desexar nas tertulias de radio e televisión. Cada fin de semana a organización Xornalistas Galegas da que forman parte as nosa colaboradora Tamara Montero publica no seu Twitter un interesante hilo no que realizan unha análise do números de homes que opinan nos xornais galegos fronte as mulleres, tratando se amosar a desigualdade que todavía existe neste campo.
Polo que, aínda que se están a dar pasos cara o cambio amosando indicios para que este chegue a ser unha realidade aínda queda un longo camiño por percorrer neste campo.
-Ligazóns:
Larriba, E. (2018, 2 marzo). Pontevedra: Mujeres columnistas reflexionan sobre el periodismo de opinión. Recuperado de: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/pontevedra/pontevedra/2018/03/02/mujeres-columnistas-reflexionan-sobre-periodismo-opinion/0003_201803H2P39992.htm
Naciones Unidas. (s.f.). La educación de la mujer en el Tercer Mundo. Recuperado de: https://www.manosunidas.org/sites/default/files/cuaderno-lectura-2.pdf
ONU. (2019, 20 febrero). Las mujeres están por debajo de los hombres en todos los indicadores de desarrollo sostenible. Recuperado de: https://news.un.org/es/story/2018/02/1427081
Otero, M. (2018, 28 septiembre). Las gallegas deben trabajar 71 días más al año para cobrar igual que un hombre. Recuperado de: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2018/09/28/gallegas-deben-trabajar-71-dias-ano-cobrar-igual-hombre-creen-nacemos-don-planchar-cuidar-cierto/0003_201809G28P26992.htm
GústameGústame
FREIRE PICÓN
A análise de todos os datos que se recollen nos numerosos estudos que buscaches son proba da grande discriminación que sufrimos as mulleres día a día. Non obstante, gustaríame engadir algo do que, ata o de agora, non falamos: a ablación xenital feminina. A eliminación parcial ou total do tecido dos órganos xenitais femininos é practicada por moitas comunidades porque, segundo elas, diminúe o pracer sexual nas mulleres fóra do matrimonio. Mais esta práctica ten importantes consecuencias para a saúde física, sexual, psicolóxica e, incluso, risco de morte para as mulleres afectadas. Segundo os datos da Organización Mundial da Saúde (OMS), estes grupos étnicos mutilan cada ano os xenitais de 3 millóns de nenas -principalmente menores de 15 anos- en todo o mundo. Un dos países máis afectados é Somalia, onde o 98% das nenas son vítimas desta crueldade. Pese que é considerada unha violación dos dereitos humanos das mulleres e das nenas, esta práctica realízase en privado, e os seus efectos non son visibles externamente. Por iso insisto no argumento defendido por Mónica Vidal.
Aínda que non na mesma medida, como ben mencionas en España tamén somos testemuñas da desigualdade de xénero. Un claro exemplo disto é a discriminación laboral. Só un de cada tres postos de responsabilidade en países da Unión Europea están ocupados por mulleres, segundo datos de Eurostat relativos a 2014. De acordo con ese mesmo documento, a cifra é do 37% no noso país. Ademais, as mulleres directivas en España cobran un 16,2% menos que os seus compañeiros. E no sector xornalístico non é menos. O último informe sobre a situación da profesión xornalística realizado pola Asociación de la Prensa de Madrid (APM) pon de manifesto que en 2016 o número de mulleres xornalista paradas foi máis de 5000, fronte os case 2.900 homes. O mesmo informe reflicte que en todos os medios de comunicación (impreso, audiovisual e dixital) as mulleres son maioría nos postos máis comúns e con menos responsabilidade. Non obstante, a porcentaxe redúcese ao mínimo cando falamos de cargos na dirección ou na xestión dos medios.
Son moitas as pancas que quedan por mover para alcanzar a igualdade. No caso do xornalismo é necesario o desenvolvemento dunha serie de medidas básicas como un acceso equitativo aos postos de responsabilidade nas redaccións ou unha representación de xénero xusta nos contidos informativos -entre moitas outras cousas- para comezar a cambiar esta situación.
Ligazóns:
Vanguadia, La (4 de maio de 2018). Toda la verdad sobre la ablación genital femenina. Recuperado de: https://www.lavanguardia.com/vida/20180504/443242463041/ablacion-mutilacion-genital-femenina-etiopia.html
País, El (4 de marzo de 2018). La discriminación laboral más allá de la brecha de género y el techo de cristal, con datos. Recuperado de: https://elpais.com/politica/2018/03/02/actualidad/1519999246_882483.html
Día de la Mujer: crece la desigualdad entre hombres y mujeres en el sector periodístico. (8 de marzo de 2017). Recuperado de: https://prnoticias.com/periodismo/periodismo-pr/20160907-dia-de-la-mujer-desigualdad-periodismo
GústameGústame
GARCÍA ROCA
Volvendo a incidir como ti xa fixeches na cuestión xornalística gustaríame facer alusión ó termo do “techo de cristal”, como ben se fixo nun estudo levando a cabo polo Instituto da Muller en Castela-A Mancha, a pesares de haber certos avances no papel da muller xornalista son moi poucas as que desempeñan roles de directivas e subdirectoras nos medios de comunicación, quedando excluídas principalmente en postos intermedios como redactoras xefas. Segundo os datos Do informe anual de la Profesión Periodística da Asociación de la Prensa de Madrid (APA) e como ti ben dixeches, os homes seguen a ocupar fronte as mulleres a meirande parte dos postos directivos ben sexa en empresas do ámbito da comunicación ou de outras índoles.
En concreto, nos equipos directivos das 30 maiores empresas de medios de España concéntranse aproximadamente o 80% da facturación das cen primeiras compañías do sector, ocupando dos 268 cargos de xestión, o 75% os homes e o 25% as mulleres.
Respecto aos medios públicos (axencias e radiotelevisións estatal e autonómicas), dos 176 cargos directivos, o 73% son homes e unhas 27% mulleres. Estes datos baséanse nunha enquisa realizada a 1.694 xornalistas no que este ano se engade un bloque dedicado á muller no xornalismo. O cal reflexa o interese pola situación da muller nesta profesión.
Debido a que a meirande parte dos postos de responsabilidade son desempeñados por homes o debate público esta definido e guiados por este sexo. Iso a pesar de que, non soamente a metade da sociedade (e potenciais lectores) son mulleres, senón que, a día de hoxe, como revelan numerosos estudos, o número de mulleres profesionais e expertas en condicións de emitir opinións informadas sobre diferentes temas de actualidade é, polo menos, equiparable ao número de homes.
Co fin de combater estes prexuízos e aumentar a visibilidade das mulleres no debate público son cada vez máis numerosas as plataformas dixitais como SheSource, ou Plataforma Expertas en España, que ofrecen bases de datos de mulleres expertas destinadas a xornalistas, produtores de televisión, editores e outros profesionais cuxa actividade require de fontes especializadas.
A chave do cambio está nas nosas mans e de nós depende que está lamentable situación mude de cara o futuro. Polo que todos, debemos ser un pouco feministas en maior ou menos medida para poder loitar por unha sociedade igualitaria na que homes e mulleres sexamos vistos do mesmo xeito.
-Ligazóns:
EFE. (2018, 13 diciembre). Las periodistas siguen teniendo dificultades para acceder a altos cargos en los medios, según la APM. Recuperado de: https://www.publico.es/sociedad/techo-cristal-periodistas-siguen-teniendo-dificultades-acceder-altos-cargos-medios-apm.html
Muñoz-Rojas Oscarsson, O. (2016, 8 marzo). La (no) opinión de las mujeres. Recuperado de: https://www.huffingtonpost.es/olivia-muaozrojas-oscarsson/mujeres-y-opinion_b_9355178.html
Sánchez Garzón, T. (2019, 26 marzo). ¿Hay desigualdad de género en el periodismo de Castilla-La Mancha? Recuperado de: https://www.eldiario.es/clm/desigualdad-periodismo-periodistas-situacion-profesion_0_881912399.html
GústameGústame