Na loita por unha autonomía equitativa

ÁNXELA LÓPEZ LEICEAGA, presidenta da Oficina de Vida Independente de Galicia.

Como persoa con Diversidade Funcional con necesidade de apoios para as actividades da vida diaria, usuaria de cadeira de rodas a motor e representante da Oficina de Vida Independente de Galicia, o primeiro problema con que nos atopamos para poder movernos é non dispor dunha asistencia persoal digna e necesaria para poder realizar todas as tarefas da vida diaria. A asistencia persoal refírese ao apoio humano financiado con fondos públicos, elixido, dirixido e controlado pola persoa usuaria, sendo clave para levar unha vida independente.

Seguir lendo “Na loita por unha autonomía equitativa”

O futuro das ONGDs

ABELENDA CAMBÓN E COUTO GARCÍA

Biblioteca Ánxel Casal

Aínda que popularmente se pense que a cooperación internacional consiste en ir a países en vías de desenvolvemento que precisen axuda, Judith Lucachesky, de Manos Unidas, cóntanos: “A nosa organización nunca traballou desa maneira, é dicir, nunca fomos intervencionistas. Os proxectos eran suxeridos e promovidos dende os países en desenvolvemento, nós nunca estabamos alí”. Seguir lendo “O futuro das ONGDs”