El Correo Gallego

NOGUEROL BESTEIRO

El Correo Gallego (1878) -ECG-  é o segundo xornal máis antigo de Galicia por detrás de Faro de Vigo (1853). No ano 1995 deciden abrir unha páxina dixital do diario, sendo así a primeira cabeceira galega en facelo. Os últimos anos foron bos se falamos da audiencia do xornal, segundo o EGM de Galicia.

O crecemento vese reflectido no EGM de 2015, no cal tiña un total de 59 mil lectores; logo pasou a 64 mil lectores no mesmo informe en 2016 e por último no 2017 volveu medrar ata a cifra de 68 mil usuarios.

O declive chega o ano pasado, onde se perden 12 mil lectores, chegando á cifra de 56 mil lectores, marcas por debaixo das do ano 2015.  Situase na 8º posición dos xornais máis consumidos en territorio galego.

pollllllllllllllllll
Fonte: EGM 3º acumulado 2018

Un dos problemas do medio foi a perda do xuízo de finais de 2017 contra o alcalde de Santiago Martiño Noriega, como nos di a nova de  eldiario.es  (25 de abril de 2017). Todo comezou cando se acusou de discriminar ó xornal no reparto da publicidade e de beneficiar a outros medios.  A resposta por parte do alcalde foi a través das súas redes sociais mostrando a débeda de 1 millón  de euros que tiña o xornal coa Seguridade Social. ECG puxo unha demanda por revelación de datos secretos coa que pretendía a inhabilitación do alcalde, pero a Audiencia Provincial de A Coruña déulle a razón a Noriega, xa que a revelación de secretos da débeda non ten tal consideración e o tribunal alegou que se trataba dun dato referente a unha débeda de natureza pública (eldiario.es, 27 de abril de 2017).

polllll2
Fonte: Xunta de Galicia. Resolución do 16 de decembro de 2016, da Secretaría Xeral de Medios, pola que se publican as axudas concedidas a empresas que realicen publicacioóns periódicoas escritas integramente en galego. Publicado o venres 30 de decembro de 2016

O recibo de axudas extras a ECG por parte do goberno de Feijoo, dende 2009 ata 2017, foi de 2,4 millóns de euros anuais  aos medios de comunicación de Galicia, segundo o xornal Público (17 de xuño de 2018). Ditas axudas foron duramente criticadas pola súa opacidade, xa que o seu obxectivo principal era fomentar o emprego do galego, e os medios que percibiron máis axudas escriben en castelán (La Voz de Galicia e Faro de Vigo). Os medios tan só teñen que dedicar un 8% da redacción ao galego. A ECG non o imos atopar nesta lista de subvencións, pero á empresa editora Editorial Compostela, que percibiu 2,22 millóns de euros das “axudas a dedo de Feijóo” (Público, 17 de xuño de 2018). A cabeceira non a atopamos porque outros dos requisitos para percibir tales axudas era estar ó día no pago de impostos.

Nesta etapa ECG arrastraba unha gran débeda, en parte polo problema da publicidade, e tamén pola mermada plantilla baixo as condicións dun expediente de regulación temporal de empleo (La Voz de Galicia, 13 de xaneiro de 2017). A situación rematou co embargo da histórica sede do medio na rúa do Preguntorio e nave do polígono do Tambre. O xornal conseguiu minorar a débeda en 4 millóns de euros, pero segue a estar nunha situación delicada.

Neste Observatorio Cidadán de Comunicación (OCC), o xornal ECG ten bastante presenza, xa que moitas das suas novas son elixadas para tratar nas reunións que o observatorio leva a cabo.  As novas tratadas serven como exemplo do enfoque que dá o medio respecto a un tema e así poder facer unha análise dese tramamento. Por un lado temos a falta de coñecemento (Observatorio Cidadán de Comunicación, 8 de marzo de 2019) no mundo do activismo creativo, mentres que por outro lado, elóxiase a visibilización que se lle da a certos proxectos desta índole. Seguindo coa visibilidade, problemas como a “gran deficiencia de servizos de transporte público no mundo rural” (Cruz Vázquez, presidenta de FERUSA) segue a ter moi pouca visibilidade. Outro dos problemas detectados é a morbosidade (El Correo Gallego, 31 de decembro de 2016) coa que se tratan temas relacionados co ensino ou os prexuízos que se lle atribúen á mocidade, “sen dar unha visión maís ampla e global” (Lucía Van der Mel, estudante do Grao en Mestre de Educación Primaria). En definitiva, da cobertura a unha gran variedade de temáticas pero debe mellorar algúns aspectos a hora de tratalas.

Ligazóns

Avante Medios (2018). Informe EGM 3º acumulado 2018. Recuperado de: http://galicia.avantemedios.com/wp-content/uploads/2018/11/Datos-Galicia-EGM-3-Acum-2018.pdf

Vilas, M. (4 de enero 2017) Axudas polo galego: La Voz e Faro suman un millón; toda a prensa dixital en galego 3.400€. Galicia Confidencial. Recuperado de: http://www.galiciaconfidencial.com/noticia/45086-axudas-polo-galego-voz-faro-suman-millon-prensa-dixital-galego-3400

Oliver, J. (17 de xuño 2018) Feijóo ha gastado más de 21,6 millones de euros del presupuesto de la Xunta en ayudas a dedo a los medios. Público. Recuperado de:  https://www.publico.es/politica/galicia-feijoo-gastado-21-6-millones-euros-presupuesto-xunta-ayudas-dedo-medios.html

Oliver, J. (6 de maio 2017) Feijóo regalara este año casi 1,7 millones en ayudas a fondo perdido a los medios de Galicia. Público. Recuperado de: https://www.publico.es/politica/feijoo-regala-millones-euros-medios.html

La Voz de Galicia (13 de enero 2017) El Correo Gallego perdió su sede de Preguntorio al no poder pagar su deuda. Recuperado de: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/2017/01/13/correo-gallego-perdio-sede-preguntoiro-poder-pagar-deuda/0003_201701S13C5991.htm

Precedo, J. (25 de abril 2017) El alcalde de Santiago, Martiño Noriega, gana la batalla judicial a El Correo Gallego. Eldiario.es. Recuperado de: https://www.eldiario.es/politica/Santiago-Martino-Noriega-Correo-Gallego_0_636936392.html

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s