Na loita por unha autonomía equitativa

ÁNXELA LÓPEZ LEICEAGA, presidenta da Oficina de Vida Independente de Galicia.

Como persoa con Diversidade Funcional con necesidade de apoios para as actividades da vida diaria, usuaria de cadeira de rodas a motor e representante da Oficina de Vida Independente de Galicia, o primeiro problema con que nos atopamos para poder movernos é non dispor dunha asistencia persoal digna e necesaria para poder realizar todas as tarefas da vida diaria. A asistencia persoal refírese ao apoio humano financiado con fondos públicos, elixido, dirixido e controlado pola persoa usuaria, sendo clave para levar unha vida independente.

Se eu non me podo erguer da cama, de nada me serve que o transporte público e os espazos sexan accesibles. Unha vez erguida, tes que ter un transporte público accesible, que non especial, para desprazarte a onde desexes ou teñas que ir. Os espazos a onde te dirixas (tendas, bares, restaurantes, museos, hoteis, cines, centros formativos e de traballo, bancos, etc.) tamén teñen que ser accesibles. Por exemplo, no relativo ao estado das rúas, se xa é bastante lamentable para unha persoa que non se desprace en cadeira de rodas ou non teña algunha discapacidade visual, imaxínense para nós, con adoquinados e pedras en mal estado. E non digamos as sinalizacións con pictogramas para persoas con diversidade intelectual, que xa non existen.

No meu caso, cando vas ao teatro, cine ou algún concerto, case sempre te atopas con espazos reservados para cadeiras de rodas, que son sempre os peores sitios, sen opción de poder elixir outras zonas. Por contar unha anécdota, no Teatro Principal chégase ao despropósito de ter o espazo asignado ás cadeiras xusto diante da saída de emerxencia, tema do que aínda estou agardando unha resposta por parte do Concello.

Se algún destes elementos falla, xa non podemos falar de vida independente, que é a posibilidade de elixir e participar plenamente en todos os aspectos da vida en igualdade de condicións con respecto aos demais cidadáns. O que non se pode tolerar é que, aínda hoxe en día, se estean a incumprir sistematicamente os nosos dereitos humanos, recoñecidos na Convención da ONU acerca dos dereitos das persoas con discapacidade, que é de obrigado cumprimento dende maio do 2008. En particular, os artigos 9 e 19, relativos á accesibilidade e á Vida Independente respectivamente, que establecen o seguinte:

A fin de que las personas con discapacidad puedan vivir en forma independiente y participar plenamente en todos los aspectos de la vida, los Estados Partes adoptarán medidas pertinentes para asegurar el acceso de las personas con discapacidad, en igualdad de condiciones con las demás, al entorno físico, el transporte, la información y las comunicaciones, incluidos los sistemas y las tecnologías de la información y las comunicaciones, y a otros servicios e instalaciones abiertos al público o de uso público, tanto en zonas urbanas como en rurales (art. 9).

Los Estados Partes en la presente Convención reconocen el derecho en igualdad de condiciones de todas las personas con discapacidad a vivir en la comunidad, con opciones iguales a las de las demás, y adoptarán medidas efectivas y pertinentes para facilitar el pleno goce de este derecho por las personas con discapacidad y su plena inclusión y participación en la comunidad (art. 19).

Ligazóns:

Álvarez, E. (25 de novembro de 2013). Unha veciña logra nos xulgados que se revise a accesibilidade ao bus urbano. La Voz de Galicia. Recuperado de https://galego.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/2013/11/24/vecina-logra-juzgados-revise-accesibilidad-bus-urbano/0003_201311S24C4997.htm

Lizcano, R. (22 de xaneiro de 2018). «Con treinta horas sólo podemos subsistir». ABC. Recuperado de https://www.abc.es/espana/galicia/abci-treinta-horas-solo-podemos-subsistir-201801212024_noticia.html

Redacción (22 de febreiroo de 2017). Cifran en 3,62 euros el retorno social de cada euro invertido en asistencia personal. El Correo Gallego. Recuperado de https://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/cifran-3-62-euros-retorno-social-cada-euro-invertido-asistencia-personal/idEdicion-2017-02-20/idNoticia-1042142/

Un comentario en “Na loita por unha autonomía equitativa

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s