ABELENDA CAMBÓN E COUTO GARCÍA
Biblioteca Ánxel Casal
Aínda que popularmente se pense que a cooperación internacional consiste en ir a países en vías de desenvolvemento que precisen axuda, Judith Lucachesky, de Manos Unidas, cóntanos: “A nosa organización nunca traballou desa maneira, é dicir, nunca fomos intervencionistas. Os proxectos eran suxeridos e promovidos dende os países en desenvolvemento, nós nunca estabamos alí”.
Dende a ONGD InteRed, que a pesares de non poder participar no último coloquio decidiron aportar información, comentáronnos que para elas o marco de cooperación foi cambiando ao longo dos anos. InteRed intervén en Guatemala a través dos investimentos que pide á Xunta, coa diferenza de que esta intervención non ten lugar no propio país. En Guatemala existen as Organizacións Sociais Locais, que son as que se encargan de xestionar estes investimentos. Polo tanto, InteRed é unha intermediaria para as vías de financiamento. Así, actualmente o peso lévano as organizacións locais, polo que, en parte, a intervención internacional se perdeu. Porén, isto non é algo malo e dende InteRed comentan que, mentres se está a axudar a outros lugares mediante investimentos, aquí refórzase a educación sobre o desenvolvemento para concienciar e informar á xente.
Ao falar de se é mellor intervir directamente nos países afectados ou actuar dende aquí, Iria Gippini, de Médicos do Mundo, non dubida na súa resposta: “Non sei como veriades vós que de súpeto chegara un profesional senegalés e nos dixese como temos que educar ás persoas só porque vén de fóra e ten máis cartos”. Baltasar Delgado, de Entreculturas, resúmeo desta maneira: “Non hai que darlles peixes, hai que ensinarlles a pescar”. As diferentes ONGDs coinciden en que cómpre axudar sen necesidade de intervir directamente no propio país. Judith recalca: “Eles teñen que ser os que promovan o seu propio desenvolvemento e futuro. Depende de todos, mais son eles os que teñen que formar o seu porvir”. Con respecto a isto, Gippini comenta: “Hai máis de vinte anos houbo uns acordos en París onde se decidiu que os proxectos de cooperación tiñan que ser doutro xeito: aliñados, harmonizados ás propias necesidades do país, dándolle o protagonismo”.

Continuamos conversando sobre a Axenda 2030 de Desenvolvemento Sostible das Nacións Unidas, que recolle uns 17 obxectivos globais cara a erradicación da pobreza, a desigualdade e a protección do planeta. Preguntándolles sobre a súa opinión ao respecto, todas as nosas colaboradoras coinciden en que non ven posible o seu cumprimento no prazo establecido. Iria dá unha visión pesimista: “Teño moi pouca esperanza. Creo que os Estados sempre atopan escusas para estender os obxectivos, porque estes obxectivos son unha extensión dos obxectivos de desenvolvemento 2030”. Baltasar Delgado é aínda máis claro: “Eu creo que cando cheguemos a 2030 deixaranse para o 2050; Cando cheguemos ao 2050, para 2070… e así sucesivamente”. Judith tamén ten unha visión negativa: “Agora mesmo eu non percibín ningunha autoridade orientada a facer visibles estes obxectivos por parte de calquera administración”. A maiores, engade: “Vexo o cumprimento destes obxectivos como algo irreal. Iso si, aínda creo nas persoas”.
Preguntadas polo que farían se a situación estivera nas súas mans, Iria Gippini é franca: “Eu creo que xa está todo feito, agora o que falta é cumprilo. A Carta de Dereitos Humanos que temos é brutal, o que fai falta son ganas de cumprila”. En palabras de Judith Lucachesky: “A Axenda 2030 non inventou nada novo. Valores coma a dignidade, a xustiza e a igualdade son esenciais… En tanto non se prime ás persoas ante as demais cousas non se vai conseguir nada”. Entre os temas que máis preocupan ás nosas colaboradoras atópanse o cambio climático e o feminismo. A Leticia Carrera, tesoureira de SetePortas Altair, inquédalle en particular que o capitalismo acabe absorbendo ao feminismo para os seus propios intereses: “No momento en que a muller branca teña igualdade salarial e haxa baixas de paternidade e maternidade, por exemplo, eu temo que o feminismo comece a esquecerse”. A Iria o tema da igualdade tamén lle preocupa: “Creo que dicir que avanzamos en xénero porque hai unha gran mobilización do feminismo occidental e branco é un erro”.

Falando do papel da Coordinadora Galega de ONGDs, Judith Lucachesky non o dubida: “Cremos que é fundamental estar dentro, a nós benefícianos moitísimo”. Entre as vantaxes que teñen as organizacións membros, destaca poder adquirir máis coñecementos, maior formación a través dos cursos que ofrecen, coñecer que é o que fan as outras ONGDs para traballar en común, dar maior visibilidade ás tarefas realizadas… Ademais, Lucachesky destaca: “Tódolos anos o Concello de Santiago e a Coordinadora realizan unha serie de eventos para visibilizar o traballo que levamos a cabo e tamén para coñecer cales son as ONGDs que están aquí en Galicia”. Nisto coincide Iria Gippini: “É fundamental ter un espazo de consenso para tódalas organizacións, aínda que entre nós sexamos moi variadas. Á súa vez, a Coordinadora Galega está dentro dunha Coordinadora Estatal, o que nos proporciono diferentes visións e maneiras de traballar”. Outro asunto no que destaca o papel da coordinadora son os temas legais, xa que as ONGDs membros reciben asesoramento xurídico cando o precisan. Ao preguntar sobre este asunto á tesoureira de Seteportas Altair, a única organización que non pertence á Coordinadora, recoñece que si que, por unha parte, o botan en falta: “Notámolo no sentido de ter rede con outras organizacións de Compostela, así poderíamos colaborar doutro modo”.
Acción:
Neste último coloquio confirmamos a participación das fontes na acción que imos desenvolver. Decidimos realizar unha exposición fotográfica e audiovisual na que se reflicta o labor das ONGDs e os proxectos que estas levan a cabo. O que queremos é mostrar as diferentes realidades de cada unha. A acción terá lugar no centro Sociocultural das Fontiñas durante toda a xornada do xoves 11 de abril.
Conversaron connosco:
- Judith Lucachesky, de Manos Unidas
- Leticia Carrera, de Seteportas-Altair
- Baltasar Delgado, de Entreculturas
- Iria Gippini, de Médicos do Mundo
Ligazóns:
Naciones Unidas. (2016, mayo). Agenda 2030 y los Objetivos de Desarrollo Sostenible. Una oportunidad para América Latina y el Caribe. Recuperado de https://repositorio.cepal.org/bitstream/handle/11362/40155/24/S1801141_es.pdf
Gobierno de España. (2015, setembro). 17 Objetivos de Desarrollo Sostenible. Agenda 20130. Recuperado de https://www.agenda2030.gob.es/es/objetivos
E.P. (17 de xaneiro de 2019). Comisión para aplicar en Galicia la Agenda 2030 de la ONU. El Correo Gallego. Recuperado de: https://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/comision-aplicar-galicia-agenda-2030-onu/idEdicion-2019-01-17/idNoticia-1159586
Joel Gómez. (25 de marzo de 2019). Las 17 ONGD de la provincia llegaron con 47 proyectos a 18 países en un año. La Voz de Galicia. Recuperado de: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/2019/03/25/17-ongd-provincia-llegaron-47-proyectos-18-paises-ano/0003_201903S25C3993.htm
S2A- GARCÍA GARCÍA
Para empezar, é moi interesante a reflexión arredor de como se debe facer as intervencións de axuda nos países que o necesiten. Moitas veces dáse por asumido que todas as intervencións implican estar no outro país pero ben é certo que tamén o protagonismo débeno ter as comunidades locais. A miña cuestión é, son iguais de efectivas as intervencións feitas desde aquí que as que se levan a cabo no propio lugar? Como se asegura que estean sendo realizadas correctamente? Porén, en certos momentos de necesidade máxima como en catástrofes naturais debe primarse tamén a intervención directa nos países, pois toda axuda é pouca.
Sobre a Axenda de 2030 de Desenvolvemento Sostible, as propias Nacións Unidas afirman que “no conseguiremos alcanzar las metas de los Objetivos de Desarrollo Sostenible a no ser que se introduzcan elementos de cambio estructural en nuestro sistema económico”. Aínda que normalmente se ensalze o desenvolvemento da humanidade no último século, a desigualdade está en constante incremento entre os países (o mesmo sucede cos niveis de pobreza) e as ONGDS xogan un papel fundamental para tratar de pórlle fin.
O secretario xeral da ONU tamén expresou que non se estaba mantendo o ritmo para cumprir os obxectivos. Algo falla cando as ONGDS, como afirman no post, non cren no cumprimento a tempo destas metas. Hai un fallo de compromiso nos gobernos, que priman outras políticas por riba destas preocupacións, deixándoas nun segundo plano. As metas levan moito tempo aí, esperando a que se cumplan e as palabras non poden quedarse vacías. Por que non se penaliza a estes gobernos que se comprometen e despois esquecen estes cometidos?
A perspectiva do feminismo remite á obra Feminismo y nacionalismo en el tercer mundo de Kumari Jayawardena na que se reconstrúe a historia dos dereitos da muller en países de Asia e Oriente Medio. Segundo o seu estudo, móstrase como o feminismo non era unha ideoloxía estranxeira imposta aos países do terceiro mundo, senón que as indíxenas de Asia loitaban pola igualdade contra a discriminación do home. Certo é que as situacións das mulleres entre os países desenvolvidos e os que non son completamente diferentes. Porén, como deben ser as implicacións e relacións entre as mulleres de diferentes países hoxe en día para atopar puntos en común na loita feminista? Hai exclusións polo nivel económico?
BIBLIOGRAFÍA
Jayawardena, Kumari (1986). Feminismo y nacionalismo en el tercer mundo.
Varela de Ugarte, F (2018). “¿Alcanzaremos los objetivos de Desarrollo Sostenible en 2030?. El País. Recuperado de: https://elpais.com/elpais/2018/08/09/planeta_futuro/1533808163_600954.html
GústameGústame
ABELENDA CAMBÓN
Durante o último coloquio as ONGDs xa comentaron que para elas é máis recomendable intervir dende aquí. Sería máis efectivo isto porque así promóvese o desenvolvemento da economía do país, ademais de que moitas veces non se coñece en profundidade a zona para poder actuar e ese é un punto moi importante. Tamén hai que resaltar que é o propio país o que sabe o que realmente necesitan e a maioría das veces confían máis na axuda local que na estranxeira. Aínda así a súa efectividade depende das axudas que precise ese país e das carencias que teña. En casos de catástrofes a intervención directa nesos países é moito máis útil que dende aquí. Son as propias ONGDs as que saben se todo se está realizando de forma axeitada e as que teñen que ser transparentes e comunicar os problemas que haxa e como é a situación.
Con respecto ó tema da Axenda 2030, é difícil prever o futuro pero aínda así, as propias ONGDs teñen claro que se a situación no mundo segue así, estes obxectivos non se chegarán a cumprir. Efectivamente hai un fallo de compromiso por parte dos Gobernos e o que se está conseguindo é un retroceso con respecto a este tema. Un dos principais obxectivos da Axenda 2030 é a erradicación da pobreza e da fame. Desde que se publicaron os obxectivos e segundo a Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura, aumentaron de forma moi negativa as cifras de pobreza e fame no mundo. Como comentaches, Nacións Unidas advertiu que para poder cumprir estes obxectivos o mellor sería realizar un cambio estrutural nos nosos sistemas económicos. En principio esta sería a única forma de conseguir cumprir unha parte dos obxectivos ou polo menos achegarnos a esa realidade. Aínda así o ideal tamén sería un maior compromiso por parte da cidadanía porque aínda que case sempre priman máis os intereses económicos, a sociedade pode loitar para conseguir o cambio.
Icíar Gutiérrez (2018, 24 de setembro). En España vamos tarde en el cumplimiento de la Agenda 2030 de Naciones Unidas. Eldiario.es. Recuperado de:
https://www.eldiario.es/desalambre/Espana-cumplimiento-Agenda-Naciones-Unidas_0_817869159.html
GústameGústame
S2A- LORENZO LUCAS
Como ben dis, a sociedade acostuma a crer máis ás asociacións locais que ás estranxeiras, e ninguén como a xente do propio país sabe o que se necesita para mellorar esta situación e poder sacar o máximo rendemento das axudas recibidas. Aínda así, non sei porque, se é pola desconfianza ante todos os casos de corrupción ou así, que non paro de pensar en que moitas axudas ofrecidas dende ONGs extranxeiras, son destinadas a outros temas ou non se empregan na súa totalidade para conseguir un beneficio propio nas ONGs locais. De aí, a miña desconfianza cos anuncios das ONGs que aparecen na televisión…
Con respecto ó tema da Axenda 2030, penso que é moi fácil prever o futuro, xa que como pasa con outros temas como o cambio climático, estos acordos ou obxectivos son todo unha fachada que non se van cumprir, como ben decía Baltasar Delgada no voso post. Evidentemente, a maioría da xente primeiro pensa nela e xa despois, en tal caso, vemos como anda o resto, e no caso que nós estemos ben, pensaremos nos pequenos problemas que aínda temos, e o resto de persoas pasará a un terceiro plano. Entón, como a sociedade é como é, e os paises como tal son iguales, é necesario un cambio estructural e de mentalidad para que estes acordos prosperen nun futuro, aínda lonxe. A única maneira que vexo para que esto suceda na próxima década, é obrigando ós paises desenvolvidos a conseguir esto, non como un obxectivo senón como unha obrigatoriedad. Desta maneira, os paises volcaranse ó 100% e este e outros obxectivos como o do cambio climático podrán conseguirse.
En conclusión, é necesario que se obrigue ós paises a implicarse neste tema para poder obter os resultados pactados na Axenda de 2030. Así, os paises colocaran este problema no primeiro plano, eliminando un dos problemas que aparece no enlace engadido, a escasa financiación das ONGs que cada ano axudan a máis persoas necesitadas. Con todo isto, e a colaboración entre os diferentes paises mediante a creación dunha rede, poderase conseguir os obxectivos pactados.
BIBLIOGRAFÍA
Redacción (2016, 29 setembro). Necesidades y retos de las ONGs para los próximos años. Mayores UDP. Recuperado de: https://www.mayoresudp.org/necesidades-retos-las-ong-los-proximos-anos/
GústameGústame
COUTO GARCÍA
Grazas polo teu comentario, Josep. En primeiro lugar, e con respecto ao que dis da desconfianza, coincido en que é algo natural e as recentes novas sobre casos de corrupción nalgunhas organizacións non axudan. Porén, e como xa nos comentaron as nosas colaboradoras, isto é algo tremendamente inxusto, pois son as malas noticias as que acaparan titulares cando a inmensa maioría das organizacións está facendo todo o que está na súa man para que este mundo sexa un lugar mellor. Así, o traballo ben feito queda normalmente en segundo plano e só chegan aos nosos oídos os casos de mala praxis no seo das organizacións, que son minoría. Como ben dicía o noso colaborador, o publicista Fernando Rodríguez: “ o que venden as ONGDs é confianza, o aspecto chave para que poidan realizar o seu traballo”.
Na parte da Axenda 2030, penso que estamos todos de acordo en que se non se empezan a tomar medidas e se sanciona aos países que non traballan no seu cumprimento, pasarán moitos anos e a situación non variará. Os meus coñecementos de dereito internacional son moi escasos, porén é do meu coñecemento que a ONU ten a capacidade de sancionar aos países membros que incumpren o seu regramento. Con carácter xeral, as sancións internacionais son medidas coercitivas que se aplican contra Estados, entidades non estatais ou individuos que supoñen unha ameaza para a paz e a seguridade internacionais. Os obxectivos que se perseguen á hora de impoñelas son: modificar un determinado comportamento por parte dun Estado, entidade non estatal ou un grupo de individuos, diminuír a súa capacidade de manobra ou debilitar a súa posición e denunciar publicamente a todos aqueles que supoñen unha ameaza para a paz e a seguridade internacionais. As medidas máis habituais consisten no establecemento de restriccións de tipo económico-comercial ou financieiro, como poden ser, entre outras, os embargos de armas, ou as sancións individuais que se dirixen contra determinadas persoas como son prohibir a súa entrada noutros Estados ou a conxelación dos seus activos.
Gustaríame rematar o comentario cunha reflexión da delegada de Manos Unidas, Judith Lucachesky: “a pesar de todo, yo sigo creyendo en el ser humano”.
REFERENCIAS
Ministerio de Asuntos Exteriores y de Cooperación. Sanciones Internacionales. Recuperado 25 abril, 2019, de http://www.exteriores.gob.es/Portal/es/PoliticaExteriorCooperacion/GlobalizacionOportunidadesRiesgos/Paginas/SancionesInternacionales.aspx
GústameGústame