Os móbiles nas aulas

S1D

Libraría Couceiro

Aproveitando que as novas tecnoloxías foron o tema principal da terceira e última reunión do noso círculo, a cuestión dos teléfonos móbiles nos centros educativos non podía faltar. Os colaboradores deron os seus argumentos a favor e en contra deste aparato e as súas opinións foron do máis variadas.

Durante o seu intercambio, tamén se tocaron cuestións como se os menores deberían ter teléfonos (El País, s.d.) ou non, a ironía de que os gurús dixitais (El País, 24-03-2019) sexan precisamente os que educan aos seus fillos sen tecnoloxía, a dificultade de concentrarse ou o potencial aditivo (La Voz de Galicia, 08-04-2019) que presentan os medios de entretemento dixitais cando se lles da un mal uso.

Acción

Nas respostas recibidas a pasada semana a través do post de acción, diversos usuario incidiron na excesiva monotonía nas aulas. Criticaban, ó contrario que algúns colaboradores do círculo, que o sistema fomentase o aburrimento dos alumnos, en lugar da interacción e a creatividade. O que está claro, en vista ós comentarios, é que a comunicación entre docente e alumno está lonxe de ser a óptima, polo que os rapaces buscan outra forma de entretemento.

Bibliografía

Becerra, J. (8 de abril de 2019). Menores en riesgo de convertirse en adictos. La Voz de Galicia. Recuperado de https://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2019/04/07/menores-riesgo-convertirse-adictos/0003_201904G7P26991.htm

Guimón, P. (24 de marzo de 2019). Los gurús digitales crían a sus hijos sin pantallas. El País. Recuperado de https://elpais.com/sociedad/2019/03/20/actualidad/1553105010_527764.html

Torres, A. y M. Viejo. (s.d.). Tengo 10 años y estreno móvil. El País. Recuperado de https://elpais.com/especiales/2019/crecer-conectados/whatsapp/

Fonte da imaxe destacada: galería de imaxes de WordPress.

6 comentarios en “Os móbiles nas aulas

  1. RIAL BREA

    Actualmente vivimos nun mundo adicto aos móbiles, é unha realidade que non se pode negar. Tanto é así que non somos capaces nin de pasar unha hora sen el e cada vez os rapaces posúen un móbil sendo máis pequenos.

    Creo que a adicción aos móbiles no alumnado non é unha cuestión exclusiva nas aulas dos colexios e dos institutos, na universidade e incluso nos traballos os móbiles colonizan cada pequeno movemento que facemos e fan que perdamos a concentración e vivamos máis aislados.

    Actualmente en España non existe unha lei que regule o uso do móbil nas aulas e creo que esta é unha necesidade que cada vez medra máis tendo en conta o panorama actual. Considero que a prohibición sería positiva, tanto para o contacto social que perdemos cando estamos aislados co WhatsApp como para a atención das aulas, esta medida debería implantarse en todos os niveis educativos.

    Enlaces:

    Pueyo, D. (15 de abril de 2019). Terapia de desintoxicación: abandonar el móvil un día al año. El País. Recuperado de: https://elpais.com/tecnologia/2019/04/15/actualidad/1555320510_538981.html

    https://elpais.com/tecnologia/2018/06/15/actualidad/1529071416_981344.html

    Torres, A. (16 de xuño de 2018). La prohibición silenciosa de los móviles en los colegios españoles. El País. Recuperado de: https://elpais.com/tecnologia/2018/06/15/actualidad/1529071416_981344.html

    Pérez, M. (6 de setembro de 2018). El móvil en el aula: ¿ayuda o interferencia?. El País. Recuperado de: https://elpais.com/elpais/2018/09/04/opinion/1536089211_651332.html

    Gústame

    1. SOUTO IGLESIAS

      A adicción aos móbiles é un problema bastante serio, por iso que propoñas unha lei que regule o seu uso paréceme algo moi acertado. Por esta mesma razón eu non apostaría por unha mera prohibición. Creo que isto só levaría a que os nenos ou incluso os universitarios viran estes dispositivos só como unha medida de distracción para empregar no seu tempo de ocio.

      Non obstante, creo que son unha ferramenta moi útil no mundo no que vivimos, xa non só como entretemento, senón para realizar calquera traballo. Por tanto, considero necesario que os móbiles estean presentes nas aulas, pero só con fins educativos. Nas idades máis temperás, nas escolas precísase ensinarlles aos nenos todo o que un móbil pode axudar en materia educativa e de traballo. Isto non é máis ca unha maneira de facerlles ver que o uso deste dispositivo ten un contexto. Na clase e no traballo emprégase dunha maneira e no tempo libre doutra.

      Privar aos nenos ou aos universitarios dos móbiles nas aulas como xa se está facendo en moitos centros galegos supón retroceder dez anos. Agora hai ferramentas novas coma esta, o problema é que hai que ensinarlles como e cando usalas. A prohibición só fará que os empreguen a escondidas e para intereses que nada teñen que ver co que se trata no ensino.

      Ligazóns:

      Almodóvar, M. (17 de novembro de 2018). César Poyatos: “Dispositivos móviles en las aulas sí, pero no sin regulación”. El Correo Gallego. Recuperado de: https://www.elcorreogallego.es/tendencias/ecg/cesar-poyatos-dispositivos-moviles-aulas-no-regulacion/idEdicion-2018-11-17/idNoticia-1148967

      Barba, S. (28 de agosto de 2018). Uno de cada tres institutos de ESO usan el móvil con fines educativos. El Correo Gallego. Recuperado de: https://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/cada-tres-institutos-usan-movil-fines-educativos/idEdicion-2018-08-28/idNoticia-1134317/

      Presedo, A. (21 de setembro de 2018). Otros tres institutos prohíben el uso del móvil en todo el recinto escolar. La Voz de Galicia. Recuperado de: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/coruna/2018/09/21/tres-institutos-prohiben-uso-movil-recinto-escolar/0003_201809H21C1998.htm

      Liked by 1 person

      1. RIAL BREA

        Entendo que unha prohibición total podería chegar a ser contraproducente, sen embargo sería complicado chegar a regular ben o uso dentro das aulas. Creo que se se permite, aínda que con boas intencións dado que a tecnoloxía é útil e pode ser unha gran axuda na aprendizaxe , podería chegar a ser usada para actividades que non están relacionadas coas clases.

        Creo que é necesario ensinarlles aos nenos e nenas como usar correctamente os dispositivosde maneira responsable. Debemos ter en conta que o ciber bullying está cada vez máis presente. Pode que incluír estas leccións dentro de algunha materia de educación para a cidadanía fose un acerto.

        Tamén entendo que en España o uso dos móbiles á hora de buscar información e axuda para realizar traballo é importante pero como saber ata que punto axuda e ata que punto resulta unha distracción?

        Carreira, S. (11 de outubro de 2018). El 14% de los problemas de convivencia en los centros se originan en redes sociales. La Voz de Galicia. Recuperado de: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2018/10/11/14-problemas-convivencia-centros-originan-redes-sociales/0003_201810G11P2991.htm

        Sánchez Caballero, D. (31 de xullo de 2018). El móvil en el colegio, dividido entre herramienta para educar o distracción continua para los alumnos. eldiario.es. Recuperado de: https://www.eldiario.es/sociedad/Moviles-clase_0_798620781.html

        España, tercer país del mundo en el uso del móvil para hacer los deberes (16 de novembro de 2018). El Correo Gallego. Recuperado de: https://www.elcorreogallego.es/aulas/ecg/espana-tercer-pais-mundo-uso-movil-hacer-deberes/idEdicion-2018-11-16/idNoticia-1148747/

        Gústame

        1. SOUTO IGLESIAS

          Concordamos nunha cousa: hai que ensinarlles aos nenos como empregar os móbiles. Pero non creo que a maneira sexa relegalo a materias como educación para a cidadanía cando hai actividades como o xornalismo móbil que están na orde do día en materia comunicativa. No relativo tamén ao ciber acoso que mencionabas, creo que é fundamental tamén que tomen conciencia da importancia das redes sociais. Non son un mundo paralelo á realidade, senón a nosa representación na rede.

          Neste aspecto vemos como a día de hoxe é fundamental coidar a nosa presenza e as nosas palabras nas redes sociais. Forma parte da nosa marca persoal, aquela que proxectamos e que será moi tida en conta á hora de buscar traballo. A maioría arrepentímonos de ter subido determinados contidos aos nosos perfís. Por que? Porque non eramos conscientes disto. De igual xeito que se promoven materias de educación sexual, creo que é necesaria tamén a educación en materia de redes e novas tecnoloxías.

          Ligazóns:

          Anidos, R. (19 de outubro de 2018). TVE habla de Galicia Basket, programa de baloncesto grabado con el móvil. Piratas del basket. Recuperado de: https://piratasdelbasket.net/tve-habla-de-galicia-basket-programa-de-baloncesto-grabado-con-movil/

          Fernández, T. (25 de marzo de 2019). La crisis de reputación de las redes… ¿puede arruinar su marca personal? Expansión. Recuperado de: http://www.expansion.com/expansion-empleo/desarrollo-de-carrera/2019/03/25/5c99210a268e3e61708b4615.html

          Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.