MORALES ALCEQUIEZ E MARTÍNEZ LÓPEZ
Biblioteca pública Ánxel Casal
As empresas, asociacións e persoas individuais que se dedican ao audiovisual participativo, atópanse, moitas veces, nunha situación estática e complicada á hora de difundir os seus proxectos. Non sempre conseguen os seus propósitos, en canto a difusión se refire, xa que polo camiño se atopan con dificultades relacionadas tanto co público ao que vai dirixido, como coas ferramentas de transmisión.
Fomentar a divulgación dos proxectos é importante, sen embargo, tamén é igual ou incluso máis importante o tratamento que se lle ao proxecto en si dende os propios medios de comunicación. Carmen Novas, exmonitora de AGARESO, apunta: “Sería moi desexable que houbera máis difusión do que facemos, pero tamén hai que ver que tipo de difusión se fai. Se van a publicar cun enfoque de victimismo ou de caridade, eu prefiro que os medios non publiquen nada, prefiro que o publiquemos nós a través das redes e dos espazos onde a xente realmente está interesada”. Pola súa parte, Coque Dosil, integrante de Curtocircuíto, engade: “Grazas ás redes temos un espazo no que podemos xerar público e fidelizar ese público. Vexo máis oportunidades que problemas, aínda que, obviamente, problemas hai sempre”. Así mesmo, a labor de difusión non é algo que implique só aos medios de comunicación, senón que ten que ser fomentado dende as propias organizacións. Deste xeito, Coque sinala: “A mellora da difusión ten que partir das propias entidades. Raras son as organizacións que teñen un gabinete de prensa, algunhas teñen unha persoa que se encarga de mil cousas e non sempre están intentando que os medios publiquen”.
Ademais disto, dánse problemas relacionados con público ao que vai destinado o produto. O obxectivo é, case sempre, chegar ao maior número de persoas posible, mais isto ten as súas complicacións xa que é imposible homoxeneizar a todos os receptores. Carmen Novas menciona: “O público usuario de redes sociais é un público que está ahí, que está conectado, pero sí que creo que hai outra parte da poboación á que non chegas deste xeito, á que, incluso pode parecer rudimentario, pero tes que chegar con carteis na rúa e cousas destas. O tipo de público é algo que hai que ter en conta”. Na mesma liña Manuel Pena comenta: “Ás veces non sabes moi ben nin o que chega, nin o que non chega”.
Outro problema, que se suma aos anteriores, é a falta de coñecemento de proxectos que existe entre algunhas das persoas que traballan no sector audiovisual. Coque Dosil comenta: “Hai moitas pequenas e medianas iniciativas que por atender demasiado á súa actividade interna acaban descoñecendo outras iniciativas moi parecidas que comparten espazo e tempo. Supoño que haberá algún momento no que se chegue a tecer unha rede, incluso dándolle máis visibilidade”.
En canto á visión que teñen sobre o futuro do audiovisual participativo, Carmen Novas apunta: “Para empezar, hai que actualizar todo o tema da formación nas facultades. Para iso precísase reciclar o profesorado, así como de tecnoloxías dentro das propias facultades ou institutos; aspectos moi prácticos’’. Manuel Pena comenta: “Cada vez se traballa máis o audiovisual. Por iso penso que o futuro, ou mellor dito o presente, do audiovisual galego é bo e relevante ademais do estatal”. Nesta mesma liña, Coque Dosil engade: “Si que se están dando moitos pasos e si que se está mellorando moito a situación, pero non grazas á propia iniciativa da institución, senón grazas a que hai xente empuxando e poñendo en valor”.
Acción
Nesta última xuntanza do círculo deseñamos entre todos a portada da guía interactiva do audiovisual participativo, así como os folletos que repartiremos a finais de abril por institutos con bacharelato de artes e ciclos profesionais dedicados ao audiovisual en Santiago de Compostela. O proceso para deseñar tanto portada como folletos baseouse nunha chuvia de ideas co fin de poñernos todas/os de acordo, cousa que se conseguiu con creces.
Nesta reunión participaron:
- Coque Dosil, integrante de Curtocircuíto.
- Carmen Novas, exmonitora de AGARESO.
- Manuel Pena, director de FicBueu.
Ligazóns ás noticias comentadas na reunión:
- Galiñanes, J. (12 de outubro do 2010). Dejar sin acabar una película es como no tener al hijo que esperabas. Recuperado o 30 de marzo do 2019 de: https://www.farodevigo.es/sociedad-cultura/2010/10/12/acabar-pelicula-hijo-esperabas/480466.html
- Faro de Vigo, s.f. (2 de xaneiro do 2019). Las televisiones piden igualar la regulación de los distribuidores de contenidos. Recuperado o 30 de marzo do 2019 de: https://www.farodevigo.es/sociedad/2018/01/02/televisiones-piden-igualar-regulacion/1812982.html
- Umpiérrez, N. (11 de xullo do 2013). El audiovisual gallego, a debate en un curso universitario en Celanova. Recuperado o 30 de marzo do 2019 de: https://www.farodevigo.es/portada-ourense/2013/07/11/audiovisual-gallego-debate-curso-universitario/843767.html
GRANDE SANTALLA
As tecnoloxías fan que, cada vez máis, o audiovisual teña máis importanza. Se antes buscábamos a información principalmente nas letras, agora temos de forma instantánea ese contido en vídeos ou podcasts. Este boom do audiovisual é utilizado polas empresas para promocionar os seus produtos, xa que está demostrado que a xente lembra mellor un vídeo que un texto.
En canto á difusión, nunca foi tan sinxelo e barato dar a coñecer un produto novo. Internet e as redes sociais dan a oportunidade de facer viral unha campaña relativamente pequena. Lembremos a Manuel Bartual, un home que se deu a coñecer ao grande público cun fío de Twitter. O problema é que lle costa o mesmo ás grandes e as pequenas empresas promocionarse nas redes sociais. HBO paga o mesmo que unha pequena compañía galega para poñer un tweet, 0. Ademais, ao ser unha empresa con moitísimos máis recursos, permítese acompañar eses tweets con vídeos ou outros recursos que o fan máis atractivo para o consumidor. Así que, ainda que as redes sociais poidan axudar á maior difusión dun produto máis humilde, a diferenza inmensa segue existindo e as posibilidades de coñecemento dunha pequena empresa segue sendo moi baixas.
LOWPOST. (13 abril de 2018). El auge del vídeo en 2018. Recuperado de: https://lowpost.com/blog/el-auge-del-video-en-2018/
BARTUAL, M. (7 de xuño de 2018). La historia que conté en Twitter me ha cambiado la vida. Recuperado de: https://www.eldiario.es/cultura/Manuel-Bartual-historia-Twitter-cambiado_0_779723144.html
LASSO, A. (28 febreiro de 2019). Los nuevos emojis de los personajes de “Juego de Tronos” revolucionan Twitter. Recuperado de: http://www.sensacine.com/noticias/series/noticia-18575562/
GústameGústame
MARTÍNEZ LÓPEZ
Se ben coincido contigo en que resulta máis doado, ou mellor dito máis accesible para todos, difundir contidos grazas ás redes, penso que non todas/os teñen as mesmas capacidades. Non falo de capacidades dende o punto de vista intelectual ou creativo (aínda que é certo que non todas somos igual de creativas), senón dende unha perspectiva que ten máis que ver coa popularidade e o interese dos demais. Explícome: na rede de redes, na sociedade que fai amigos por Internet, o dificil é chegar a algo realmente. Poucas persoas seguen contidos de interese social nas redes, prefírese a sociedade. As persoas que viñeron ás nosas xuntanzas explicáronnos en máis dunha ocasión que lles importa máis o proceso polo que pasan para chegar ao resultado final (ao traballo audiovisual neste caso concreto) que a canta xente poidan chegar. Vale mil veces máis que, falando en números pequenos, vexan, comprendan e sintan os teus proxectos 3 persoas, que que lle dean “like” 3000, se non van parar nin un segundo a miralo, ou se realmente non van quedar coa idea que se quere transmitir.
Proba de todo isto é que, mentres escribo esta resposta, os vídeos máis populares en Youtube son de memes, Juego de Tronos (unha superprodución e consumo de masas), cancións de trap, rap e reggaeton, videoxogos e vídeos sobre a vida, en xeral amorosa, dos famosos. Ti mismo comentabas o caso de Manuel Bartual. Non é tanto que sexa fácil facerse famoso ou coñecido, senón que as persoas que o conseguen son moito máis famosas do que fai uns anos podía imaxinarse ninguén.
LIGAZÓNS:
Youtube. (23 de abril do 2019). Popular right now. Recuperado o 23 de abril do 2019 de: https://www.youtube.com/playlist?list=PLrEnWoR732-BHrPp_Pm8_VleD68f9s14-
Castells, Manuel. (2014). El impacto de Internet en la sociedad: una perspectiva global. Recuperado o 23 de abril do 2019 de: https://www.bbvaopenmind.com/articulos/el-impacto-de-internet-en-la-sociedad-una-perspectiva-global/
Andalucía es digital, s.f. (10 de xullo do 2017). Cómo nos afecta el uso de las redes sociales. Recuperado o 23 de abril do 2019 de: https://www.blog.andaluciaesdigital.es/uso-de-las-redes-sociales-como-nos-afecta/
GústameGústame
GRANDE SANTALLA
Lembro que na nosa primeira reunión, os nosos participantes dixeron o mesmo. É mellor para eles un público máis reducido pero entregado que chegar a moita xente pero que pasen. Ao final é o seu traballo e ainda que sexa moi bonito ter un público moi grande, económicamente sae mellor quedarte na túa peceira, malia que sexa máis pequena. As facturas por agora non se pagan con likes.
No panorama de Youtube, que ti comentas, hai moitas correntes. As canles de memes ou gaming que xurdiron con fins lúdicos agora son empresas andantes. Xente coma ElRubius ou PewDiePie comezaron con material de poucos recursos ata ter decenas de millóns de fans, isto útlimo xa con patrocinadores, merchandising e factores económicos. Xente con orixes humildes é máis no mundo dixital que empresas coma VEVO, a xigante dos videos musicais, ou ligas deportivas.
Moita xente que comeza con contido propio na Internet di “vou ser coma ElRubius”. E onde digo Rubius digo calquera que viva do seu contido dixital. O problema é que todos estes xixantes actuais foron os precursores dun negocio xa completamente asentado. Agora é case imposible repetir eses casos porque moitas empresas grandes viron a oportunidade e empezaron diretamente eles nas plataformas on-line. Ao comezar xa cun nome e un prestixio, medran e se asentan rápidamente, alonxando os cartos da xente que fai o camiño tradicional. Foi bonito pensar que Internet sería a utopía das oportunidades, pero a realidade, coma sempre, impúxose.
OTTO, C. 5 motivos por los que Elrubius es una de las mejores startups de España. Recuperado o 23 de abril de 2019 de: https://startupxplore.com/es/blog/elrubius-una-de-las-mejores-startups-espanolas/
WILLIAM, E. ¿Qué es VEVO y por qué todos los vídeos musicales tienen su marca? Recuperado o 23 de abril de 2019 de: https://www.vix.com/es/cultura-pop/212778/alguna-vez-te-has-preguntado-wtf-es-vevo-en-youtube-te-lo-explicamos-finalmente
martagamez (17 xullo 2017). Las empresas se han pasado a Youtube para llegar a los consumidores. Recuperado o 23 de abril de 2019 de: https://hablemosdeempresas.com/empresa/empresas-youtube/
GústameGústame
MARTÍNEZ LÓPEZ
Coincido completamente en todo o que dis. Ademais, volvendo ao tema do audiovisual participativo, o problema ou a dificultade xa non é só como difundir os proxectos ou se existen métodos de difusión axeitados, senón que, na meirande parte dos casos, non se coñecen entre eles sequera. Moitos proxectos participativos nacen en pequenas aldeas e pobos co fin de implicar en actividades audiovisuais a persoas da terceira idade ou a nenos. É moi dificil dar a coñecer esa clase de proxectos porque, ao fin e ao cabo, non iría ninguén de fóra tampouco. Isto está moi ligado ao da difusión, xa que moitas veces simplemente non lles interesa difundir os seus proxectos.
Xoán-Xil, integrante da xa extinta plataforma sonora Escoitar.org, falounos nunha ocasión da superficialidade existente hoxe en día. Dende a mencionada plataforma facían e difundían sons de toda índole, como por exemplo o son dun monte ao arder naquel verán no que os incendios asolagaron Galicia. Non obstante, os medios de comunicación optaron por difundir sons “graciosos” ou “simpáticos” que fixeran rir á xente.
Relacionado con iso mesmo, Carmen Novas, ex-monitora de Agareso, deixounos moi claro que sempre e cando non se vaia facer unha boa difusión, cando vaia haber matices de victimismo, compasión ou superficialidade, prefire que non haxa difusión algunha.
Todas queremos que o noso esforzo se vexa recompensado polos demais, pero, realmente de que nos serve según que recoñecemento?
LIGAZÓNS:
Cultura galega.info, s.f. (sen data). El sector audiovisual gallego estudia la creación de una marca propia para la difusión e internacionalización del sector.Recuperado en abril do 2019 de: http://cultura.galiciadigital.com/noticia/1829
E.L. (Decembro do 2010). Audiovisual made in Galicia. Recuperado en abril do 2019 de: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ciencia/2010/12/14/audiovisual-made-in-galicia/0003_8907565.htm
Oliveira, V. (sen data). Escoitar.org reflexiona sobre o control social a través do son. Recuperado en abril do 2019 de: http://sorolls.org/docs/noticiacast_26_09_09.htm
GústameGústame