
Na casa do ferreiro, coitelo de pau
LEIS CAPELO
Falar da precariedade laboral nun sector dentro do propio sector non é algo que esteamos acostumados a ver en ningunha esfera da sociedade, e moito menos, no xornalismo. Suponse que os medios están para informar do bo e do malo dentro e fóra das súas fronteiras. Así pois, logo dunha escolma de xornais, televisións e radios, chegamos á conclusión de que este é un tema bastante tabú nos medios en xeral. Aínda así, os medios alternativos son os que fan máis forza.