LEIS CAPELO
Falar da precariedade laboral nun sector dentro do propio sector non é algo que esteamos acostumados a ver en ningunha esfera da sociedade, e moito menos, no xornalismo. Suponse que os medios están para informar do bo e do malo dentro e fóra das súas fronteiras. Así pois, logo dunha escolma de xornais, televisións e radios, chegamos á conclusión de que este é un tema bastante tabú nos medios en xeral. Aínda así, os medios alternativos son os que fan máis forza.
Nalgúns casos, como é o de Europapress, non é estraño atoparnos con esta información de denuncia á precariedade salarial. Titulares como “Los periodistas asturianos denuncian la precariedad laboral y bajos salarios en el Día Mundial de la Libertad de Prensa” ou “Los periodistas lamentan la percariedad laboral, el acoso de los poderes a la profesión y ofertas de trabajo indignas”. Dentro das noticias que tratan este tema, faise alusión sempre a catro aspectos que se repiten en tódolos textos:
- Salarios baixos e longas e incertas xornadas laborais
- Inestabilidade laboral
- Baixas ou ningunha perspectiva de futuro nun medio (autónomos, contratos por obra, contratos temporais…)
- Desigualdade salarial entre homes e mulleres
O xornal dixital La Vanguardia tamén se suma a esta reivindicación dando voz á Federación de Asociacións da Prensa de España (FAPE). E ademais dos nomeados, engade un novo subtema a tratar: a dignidade laboral. Como consecuencia do exposto no parágrafo anterior, aparecen problemas derivados, como pode ser a moral e profesionalidade dos xornalistas. Así pois, lemos nas noticias frases como a seguinte: “profesionais autónomos aplican a autocensura para librarse de posibles problemas con terceiros” (La FAPE condena la precariedad laboral y brecha de género entre periodistas. La Vanguardia. 15/02/2018).
Aínda que podemos atopar algunha (non moitas) noticia na prensa escrita ou dixital, o tema da precariedade laboral no xornalismo é practicamente inexistente en medios audiovisuais como pode ser a televisión ou a radio. Por exemplo, na TVG indagamos en espazos como A Revista, que en ningún caso trata as liñas comentadas anteriormente, senón que unicamente demos con algunha entrevista sobre o papel da muller no xornalismo (Coñecemos “O colectivo Xornalistas Galegas” con Ana Sanmartín. A Revista TVG. 21/08/2018). Derivan o tema ao feminismo e non tocan o apartado de precariedade salarial. De feito, un recente movemento, os Venres Negros, xorde para protestar contra esta invisibilización. Utilizan as redes sociais para lanzar a súa mensaxe pero en ningún caso atopan oco nos medios oficiais. Vemos algunha noticia disto no diario dixital praza.gal con titulares como “Venres negro no outro venres negro: o persoal da CRTVG denuncia as rebaixas no servizo público”; en eldiario.es, onde podemos seguir a loita venres a venres “El trigésimo viernes negro de la CRTVG intenta que Feijóo se pronuncie personalmente sobre el deterioro de los medios públicos” ou en canles máis especializadas do sector como vertele.com. Co cal chegamos á conclusión de que os medios máis xeralizados optan por non falar demasiado dos problemas do propio sector ao que pertencen.
Na radio tampouco hai espazos abertos a este tema. Canles de renome como Cadena Ser ou a Radio Nacional Española dedican un apartado a Precariedade laboral pero en ningún caso se fala do xornalismo, senón dos demais sectores. Ao igual que puidemos comprobar coa televisión, na radio atopamos entrevistas a xornalistas que falaban sobre o acceso da muller a postos directivos (Entrevista a Ana Romero, Fundadora do Grupo Balcony. Telediario RTVE. 10/07/2018), ou ao elevado número de xornalistas mortos ao cabo do ano (Boletines RNE. 18/12/2018), pero en ningún caso atopamos posts sobre a precariedade laboral neste sector.
Onde si atopamos constancia e tratamento deste feito diario foi no diario El país, que en ocasións menciona o tema, mais sen afondar. En cambio, xornais online máis recentes e plurais como poden ser quepasanacosta.gal ou sermosgaliza.gal teñen espazos dedicados a este tema e optan por visibilizalo mediante a entrevista (M. Obelleiro. (20/05/2016). Os xornalistas non sempre poden traducir a súa visión da realidade galega nos medios nos que traballan. Sermos Galiza.). Este xénero permítelles a personalización dos contidos, dar máis veracidade ao discurso e crear máis empatía co lector ao contar historias reais e situacións de proximidade. Así pois, para concluír, cómpre destacar unha noticia atopada en La Voz de Galicia. É unha entrevista indirecta a unha xornalista do medio televisivo, Samanta Villar, o 31 de xullo de 2018. Velaquí as frases que resumen o seu discurso e o da meirande parte dos xornalistas. O que non se conta nos medios: Son incontables los redactores, guionistas, cámaras, montadores, productores y demás gente de la televisión que no cobra las vacaciones. No es que no las tengan. Es que no las cobran», denuncia la periodista. Durante los meses de verano «os vais al paro uno o dos meses y os recontratamos en septiembre. Cobráis un sueldo bastante inferior al que cobraríais en concepto de vacaciones y a cuenta del INEM», con lo que ello implica, «nunca generar antigüedad, no ser nunca fijo, gastar uno o dos meses de paro acumulado cada año, además de la pérdida de pasta», afirma la periodista.
Con estas reflexións no grupo de proxecto e os círculos realizados na categoría de Precariedade no xornalismo podemos confirmar que o noso Observatorio Cidadán de Comunicación cumpre coa carencia que detectamos nos medios tradicionais á hora de visibilizar as pésimas condicións que priman nos profesionais da comunicación en Galicia. Xornalistas de radio e prensa escrita faláronnos abertamente sobre os camiños paralelos que seguen a crise global e o sector do xornalismo, que xa é precario de por si, ademais do acusado problema da fenda xeracional e o intrusismo. Pero ademais, dende o noso observatorio puxemos sobre a mesa consideracións que esta xente que traballa na comunicación considera esenciais máis aló da idade ou soldos dos traballadores: as condicións laborais e a dignidade profesional. No que a conciliación se refire, tivemos a oportunidade de dialogar con traballadoras da televisión pública que confesaron o problema que supón ter dedicación absoluta ao traballo, estar pendente do whatsapp constantemente ou a falta de persoal para poder facer ben o traballo de campo.
Ademais de crear un espazo aberto de diálogo, as reunións dos círculos e a nosa propia investigación levounos a facer unha análise crítica de nós mesmos, como futuros xornalistas e tamén como consumidores de información. Reflexionamos sobre o que é ou non é xornalismo; da fugacidade da información; das fake news; das múltiples plataformas de contido informativo… Chegando a unha conclusión aterradora que é que, despois do “todo vale” chega a desconfianza e a incerteza do cidadán á hora de seleccionar o bo xornalismo e do temor a que este sexa engulido polo propio sistema.
Ligazóns
Redacción (15 de febreiro de 2018). La FAPE condena la precariedad laboral y brecha de género entre periodistas. La Vanguardia. Recuperado de: https://www.lavanguardia.com/vida/20180215/44800855419/la-fape-condena-la-precariedad-laboral-y-brecha-de-genero-entre-periodistas.html
Redacción (3 de maio de 2014). Los periodistas lamentan la precariedad laboral, el acoso de los poderes a la profesión y ofertas de trabajo indignas. Europa Press. Recuperado de: https://www.europapress.es/sociedad/noticia-periodistas-lamentan-precariedad-laboral-acoso-poderes-profesion-ofertas-trabajo-indignas-20140503114134.html
Redacción (3 de maio de 2018). Los periodistas asturianos denuncian la precariedad laboral y bajos salarios en el Día Mundial de la Libertad de Prensa. Europa Press. Recuperado de: https://www.europapress.es/asturias/noticia-periodistas-asturianos-denuncian-precariedad-laboral-bajos-salarios-dia-mundial-libertad-prensa-20180503141743.html
Redacción (2 de decembro de 2004). Los periodistas ven la precariedad laboral como su primer problema. Agencia EFE. Recuperado de: https://elpais.com/diario/2004/12/02/sociedad/1101942012_850215.html
Gómez, L. (presentadora). (12 de agosto, 2004). A revista (programa de televisión). TVG. Galicia, España: TVG. Recuperado de: http://www.crtvg.es/informativos/conecemos-o-colectivo-xornalistas-galegas-con-ana-sanmartin-3878504
Redacción (23 de novembro de 2018). Venres negro no outro ‘venres negro’: o persoal da CRTVG denuncia as “rebaixas” no servizo publico. Praza Pública. Recuperado de: https://praza.gal/movementos-sociais/venres-negro-no-outro-venres-negro-o-persoal-da-crtvg-denuncia-as-rebaixas-no-servizo-publico
Redacción (14 de decembro de 2018). El trigésimo ‘viernes negro’ de la CRTVG intenta que Feijóo se pronuncie personalmente sobre el deterioro de los medios públicos. El diario. Recuperado de: https://www.eldiario.es/galicia/trigesimo-CRTVG-Feijoo-pronuncie-personalmente_0_846215793.html
Redacción (6 de maio de 2008). Traballadores da CRTVG piden acabar coa súa precariedade laboral. Colexio profesional de xornalistas de Galicia. Recuperado de: http://xornalistas.gal/biblioteca/traballadores-da-crtvg-piden-acabar-coa-sua-lprecariedade-laboralr/
Vázquez, P. (23 de novembro de 2018). Non é só unha cuestión de independencia dos poderes políticos e de veracidade na información, senón tamén de precariedade laboral. Que pasa na costa. Recuperado de: https://www.quepasanacosta.gal/articulo/costa-da-morte/a-manipulacion-informativa-nunca-me-afectou-de-maneira-directa-pero-si-e-algo-que-esta-ai/20181123064538089815.html
Obelleiro. (20/05/2016). Os xornalistas non sempre poden traducir a súa visión da realidade galega nos medios nos que traballan. Sermos Galiza. Recuperado de: https://www.sermosgaliza.gal/articulo/social/xornalistas-non-sempre-poden-traducir-sua-vision-da-realidade-galega-nos-medios-nos-traballan/20160529184031048142.html
Bohórquez, L. (Presentadora). (23 de noviembre de 2018). La lucha contra la precariedad centrará la nueva etapa del Sindicato de Periodistas. Cadena Ser. Mallorca, España. Radio Mallorca. Recuperado de: https://cadenaser.com/emisora/2018/11/23/radio_mallorca/1542993532_231325.html
A.I. (31 de xullo de 2018). Samanta Villar denuncia la precariedad laboral de los trabajadores de televisión. La Voz de Galicia. Recuperado de: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/informacion/2018/07/31/samanta-villar-denuncia-precariedad-laboral-trabajadores-television/00031533044080931347371.htm
Presentadora (10 de xullo de 2018). Telediario. RTVE. Recuperado de: http://www.rtve.es/alacarta/videos/telediario/periodistas-luchan-acceso-mujeres-puestos-directivos/4659330/
Presentadores (18 de diciembre de 2018). Boletines RNE. Recuperado de: http://www.rtve.es/alacarta/audios/boletines-rne/crece-periodistas-asesinados-2018-reporteros-sin-fronteras/4898478/