Cultura e compromiso

FARIÑAS TORRES E FREIRE PICÓN

Cafetería Airas Nunes

Cultura e compromiso son dous termos que adoitan ir ligados. E con motivo. Se unha persoa se pon diante da axenda cultural de calquera cidade –tamén de Compostela– halle custar moito atopar un evento no que, directa ou indirectamente, non se aborden temáticas e problemas sociais. Nós non o atopamos.

Seguir lendo “Cultura e compromiso”

Os retos da muller moza: desigualdade e precariedade

VÁZQUEZ PAREDES E VEIGA DE BARTOLOMÉ

Confederación ANPAS Galegas

O principal problema da mocidade traballadora é a precariedade. Con todo, dentro desta visión realista e desesperanzadora da xuventude no mundo laboral, atopamos que o caso da muller nova é moito máis desfavorable que o do xénero masculino. Segundo a Análise do mercado laboral dende a perspectiva de xénero realizado por CCOO, as mulleres deberían traballar un 30% máis que os homes para cobrar o mesmo.

Seguir lendo “Os retos da muller moza: desigualdade e precariedade”

MullerES

S2B Biblioteca Ánxel Casal No canto de falar de feminismo, falemos de feminismos. A utilización do plural designa ás diferentes correntes que xorden ó redor do mundo. Existen o afrofeminismo, o feminismo islamista, o feminismo radical…, entre outros tantos. “O feminismo son as gafas e despois depende cara onde mires. O feminismo islámico, será como vemos coas gafas do feminismo determinadas costumes do Islam”, explicaba … Seguir lendo MullerES