MullerES

S2B

Biblioteca Ánxel Casal

No canto de falar de feminismo, falemos de feminismos. A utilización do plural designa ás diferentes correntes que xorden ó redor do mundo. Existen o afrofeminismo, o feminismo islamista, o feminismo radical…, entre outros tantos. “O feminismo son as gafas e despois depende cara onde mires. O feminismo islámico, será como vemos coas gafas do feminismo determinadas costumes do Islam”, explicaba Alba Taladrid de Xornalistas Galegas. Pero é realmente necesario falar de tipos e pór etiquetas? Disto e doutros temas que presentan controversia falouse coas colaboradoras do círculo Muller e Medios de Comunicación.

Correntes e ideais

Tamara Montero, de La Voz de Galicia, considérase abertamente feminista radical e abre debate en torno á polémica sobre a transfobia da que son acusadas as defensoras desta corrente. A súa aportación vén dun comunicado da Plataforma Anti Patriarcado no que se explica que é o transfeminismo e o feminismo radical, unha alegación de porque elas non se consideran transfóbicas, le: Para las feministas radicales el número ideal de géneros ¿sería? NINGUNO. Sin la existencia del patriarcado, no habría necesidad de género.

Na mesma liña, Diana Varela, escritora e xornalista, comenta o conflito en redes sociais a raíz desta controversia: “Vin bastante violencia cara compañeiras feministas que amosaron a súa desconformidade con que as persoas transexuais tivesen que entrar, por forza, dentro do feminismo radical para mudalo. Falar do corpo da muller e dos problemas que teñen por selo non é transfóbico, intentar silencialo semella outro tipo de violencia patriarcal”.

IMG_1984
Tamara Montero, de la Voz de Galicia

Dende outra perspectiva, a Pilar Estévez, de Plataforma Feminista Galega, incomódalle a barreira que produce o termo “radical”; ela declárase feminista, sen muletillas. Do transfeminismo, establece: “Temos unha construción cultural independentemente dos nosos órganos sexuais”. Sobre outros tipos de feminismos, coma o liberal, pensa: “Que outros nos constrúan e definan, sendo persoas ou personaxes que nin saben que é feminismo, paréceme carente de debate”.

O artigo de referencia para Sara Torreiro, xornalista colaboradora con Praza Pública e Luzes, chámase Yo te quiero hermana. Nel descríbese o feminismo como rede de coidado entre mulleres e como dogma de liberdade: “O feminismo sempre como algo para liberarte, non para oprimirte máis. Todos temos contradicións, non pasa nada por ser feminista e maquillarte os ollos”.

Alba, achega un texto que denuncia o machismo fomentado dende as industrias culturais. O artigo, centrado na educación das novas xeracións en materia de feminismo, trata o arquetipo do amor romántico: “É esta figura do home intensito, que ten moitos problemas e por iso che trata mal a ti. Constantemente o papel dela é apoialo para que el, que ten bo fondo, poida sacar esa boa parte del”. Avoga por facer outro tipo de entretemento.

IMG_2020
Pilar Estévez, de Plataforma Feminista Galega

O emprego de etiquetas no feminismo, é axeitado?

Falando das etiquetas dentro do feminismo, Alba pensa: “O feminismo é a loita polos plenos dereitos do xénero feminino, é as gafas”; engade: “O feminismo islámico, será como vemos coas súas gafas determinadas costumes do Islam, pero  paréceme contraproducente facer estancos”. Sara comenta: “Unha das características da posmodernidade é querer etiquetarnos. As afroféminas teñen unha axenda propia, igual que as feministas musulmás e as transfemenistas. Pero a etiquetaxe só serve para desmobilizar”.

Nun artigo do xornal El salto, Nawal Kallouch, unha moza musulmá, declarou: “As mulleres musulmanas non estamos oprimidas”. Afirmación que xera controversia entre as nosas colaboradoras, poñendo sobre a mesa o emprego do veo. Ante a cuestión de que non se sinte oprimida, Sara relata: “Eu estiven en Marrocos facendo traballo de campo e ía cunha visión seria do velo. Despois de estar en centros de mulleres rurais, as poucas que se podían comunicar contigo, debido á fenda idiomática, dicíanche eu levo velo porque é a única maneira de facer o que queira, porque se non está o meu pai, marido, ou irmán e machácanme. Estás oprimida porque es filla dunha creación cultural, e relixiosa e patriarcal”.

Para Varela, máis que unha dualidade, dase covardía na esquerda: “Quen se preocupa polas mulleres que non queren levar velo? Isto tamén é homologable con outras cousas como o uso dos tacóns no ámbito do feminismo”. Pilar secunda que o tacón é algo moi significativo: “Etiquetar para min tamén sería cando nos etiquetamos unhas a outras, por exemplo non é feminista porque leva tacóns. Seguindo con este matiz e afondando no tema das praias, Diana expón: “Estiven nunha praia este verán en Mallorca e había unha muller que, mentres o seu marido, a 40ºC, estaba en bañador, ela levaba burkini. Sara conta a súa experiencia na estancia en Marrocos: “As mulleres metíanse con roupa na auga, xa nin con burkini.

Se hai algo no que coinciden é en que somos diversas e non temos que defender os mesmos ideais. En palabras de Alba: “Únenos o feminismo, despois hai todo aquilo onde nós queiramos centrar a mirada”.

IMG_2042
Alba Taladrid (Esq) e Diana Varela (Dta)

Altruísmo: xestación subrogada ou adopción?

Entrou na mesa a xestación subrogada. A sentencia principal foi a de Taladrid, rexeitando iguala o nivel dos dous entes femininos da actividade: “As vítimas non se xulgan, comezando por aí”. Sucedeuna Diana afondando nas razóns que levan ás mulleres a xestar por outra: “Quen acode é unha persoa en situación vulnerable ou de pobreza absoluta. O único sería facelo por unha irmá, ou unha nai que o faga polo fillo”. A mesma voz continúa entrando na adopción: “A adopción non é fácil, pero iso si o vexo como un acto de amor e altruísmo”.

Mais no discurso de Diana, que continúa coa quenda dentro do debate, chégase a dar un punto de inflexión: “Non poder xestar un fillo pode ser moi estresante. Teño unha amiga que pasou por un cancro e non pode ter fillos. Non son capaz de dicirlle explotadora de merda, que fas?. Inflúe moito o rollo da maternidade de se non es nai non estás completa, e máis na sociedade occidental”. Toma a palabra Pilar e fundamenta que non se trata dun debate persoal: “A cuestión é heteropatriarcal e cultural. A solución sería a adopción e esta ten que modificarse e facilitarse. Se sentirse persoa é desenvolver outra vida co noso ADN, algo falla”. Alba subliña a idea crucial das verbas anteriores: “Temos que modificar a adopción”.

A xornalista pontevedresa fai unha achega de datos sobre a adopción: “Saíu unha reportaxe de investigación en Diario 16, que é o negocio dos centros de acollida. Cobran 3000 euros ao mes por cada neno, ata os 16. Isto ocorre en España en centros concertados, privados ou da Igrexa”. Alba fai un apuntamento: “Hai un factor económico e de moralidade no proceso democrático de adopción”. E engade: “Na xestación subrogada hai tamén unha discriminación económica maior que a de xénero”. Finaliza Pilar afondando na mercantilización dos corpos femininos: “Entra a moral, o Estado e o patriarcado que di vostede ten que abortar cando eu decida. Temos que levalo á educación: a función das persoas non é traer seres humanos ao mundo, é unha opción”.

IMG_2008
Sara Torreiro, xornalista colaboradora con Praza Pública e Luzes

O papel dos homes no movemento

Cambiando o tema cara o papel dos homes na manifestación do 8M e no feminismo, déronse diversos puntos de vista. Sara, en torno á etiquetaxe dos homes no movemento feminista, opina: “É necesario que os homes sexan aliados. Que os homes sexan feministas ou non, a min cústame un pouco. Ás veces penso que si, outras que non”. Ademais, incide nos privilexios que se lles outorga: “Os homes nacen cun carné VIP que nós non temos e que engloba moito, cousas das que eles mesmos non son conscientes, porque, igual que nós, criáronse en base a factores culturais. Non sei ata que punto están dispostos a renunciar a todas esas marabillas”.

Seguindo pola mesma liña, Tamara opina: “A loita é nosa e somos nós as que temos que dar a cara, que eles estean aí e sexan feministas encantaríame. Igual que eles teñen comportamentos machistas, tamén os teño eu. Temos que aprender e darnos de conta. Igual que o aprendín eu, tamén o poden aprender os homes”. Porén, recalca o papel das mulleres: “O feminismo e a batalla temos que facela nós. Eles xa teñen copados todos os outros espazos”.

Cambiando o enfoque, Pilar expón a súa visión: “Creo que son aliados, feministas non. Pódense definir feministas, mais creo que o que non se define feminista pode selo máis que outro que si que o faga”. Contrastando, Alba considera: “Os homes non poden ser protagonistas da revolución feminista, pero si poden intentar e aprender a ser feministas. Eu tamén fun criada nun entorno machista e teño actitudes que corrixo a diario, do mesmo xeito, calquera home pode facelo. Outra cousa é que queiran renunciar a todos eses privilexios”. Sobre a manifestación, engade: “Paréceme mal que non acudan. Non que xa non lles manden acudir, se non que non vaian”.

Remata Diana estando de acordo, mais facendo matices: “Creo que os homes poden ser feministas, non coñezo a ningún, pero creo que poden selo. Entendendo sempre que o suxeito político do feminismo é a muller”.

O debate estaba pensado para coñecer o pensamento feminista a través de diferentes liñas. O feminismo é un movemento non dirixido que engloba a todas as mulleres máis alá das fronteiras, raza ou relixión a prol da igualdade de dereitos. Momento para engadir que o noso círculo debería ser MullerES e Medios de Comunicación.

IMG_1998
O círculo reunido co grupo de Muller e Comunicación

A acción

O pasado xoves 11 de abril realizamos a nosa acción. Consistiu no reparto de 129 globos morados polo centro da cidade de Santiago. O número, 129, representa o número de mulleres falecidas no incendio da fábrica Cotton Textile, suceso que deu orixe ao Día Internacional da Muller, e o violeta por ser a cor que simboliza a loita feminista. Nos globos amarramos unhas tarxetas con frases escritas polas colaboradoras das nosas xuntanzas e que falaban sobre temas que tratamos nelas.

Conseguimos repartir todos os globos e facer que a nosa mensaxe e o traballo que fixemos ao longo destes meses chegase á xente da cidade.

Integrantes do círculo:

    • Tamara Montero, de Xornalistas Galegas.
    • Diana Varela, escritora e xornalista do Diario de Pontevedra.
    • Pilar Estévez, de Plataforma Feminista Galega.
    • Alba Taladrid, integrante de Xornalistas Galegas.
  • Sara Torreiro, xornalista de Praza Pública e Luzes.

Ligazóns:

Fotografía de portada: PublicDomainPictures.net

11 comentarios en “MullerES

  1. Chámame a atención o artigo que ofrece Alba Taladrid, porque me recorda moito ás películas baseadas nos libros de Federico Moccia. Escenas nas que se recalcan os roles de xénero establecidos pola sociedade, impregnación do mito do amor romántico como fío condutor, asociación de actitudes violentas e de coacción como mostras de afecto, normalización do maltrato, etc. Factores que do mesmo xeito que en 1991 con Sensación de vivir marcaron á xeneración X, en 2010 con Tres metros cobre el cielo foron determinantes na xeneración Y. Así é que moitos dos valores patriarcais e dos estereotipos impregnados no noso día a día proliferan en gran medida a partir das industrias culturais. A través do cine, da música, das artes plásticas, dos libros… contribúese de forma implícita a reforzar e difundir a esencia do patriarcado. No enlace que adxunto ao final do comentario, o cantautor Nacho Vegas reflexiona sobre a presencia de letras machistas nalgúns xéneros musicais e tamén sobre a necesidade do feminismo como base para un cambio político e transformador.

    E na procura de mudar esta situación volteo á vista cara o mundo islámico, onde parece que inda están lonxe de acadar unha transformación social. Asemade sorprendeume a declaración de Nawal Kallouch: “As mulleres musulmás non estamos oprimidas”. Como é posible que unha moza musulmá afirme que as mulleres non están oprimidas? Resulta paragóxico cando catro dos cinco países máis perigosos para as mulleres son fundamentalmente de relixión islámica. Mais neste caso a opresión estendese á violencia doméstica, ó acceso á atención sanitaria e a recursos económicos, ós riscos de prácticas culturais e tradicionais mortíferas, ás discriminacións no ámbito laboral e educativo, etc. Tendo en conta isto posiblemente non exista unha concienciación de xénero implantada, polo que poida que consideren que viven nunha situación estática e allea a calquera cambio.

    Non obstante, queda patente a idea de que o feminismo é o motor de cambio e que a unión de todas as mulleres velará pola erradicación de todas ás inxustizas ás que están sometidas. Independentemente da súa cultura, do seu país, da súa postura política, do seu status económico, etc. A unión fai a forza e neste caso abre as portas da liberdade.

    Ligazóns:

    Redacción. (19 de octubre del 2018). Nacho Vegas: “No solo el reguetón tiene letras machistas, también el rock”. La Voz de Galicia. Recuperado de https://www.lavozdegalicia.es/noticia/cultura/2018/10/19/nacho-vegas-solo-regueton-letras-machistas-rock/00031539947241278489902.htm

    Thomson Reuters Foundation. (26 de junio de 2018). Estos son los 10 países más peligrosos para las mujeres en el mundo. Europa Press. Recuperado de https://www.europapress.es/internacional/noticia-son-10-paises-mas-peligrosos-mujeres-mundo-20180626162443.html

    Gústame

    1. GARCÍA ROCA

      Non cabe dubida algunha de que vivimos nun mundo sexista que se manifesta de diferentes xeitos en función da sociedade na que nos desenvolvemos. Se votamos unha vista atrás a moitos produtos culturais que marcaron a nosa xuventude podémolo ver dado que presentan contaminacións sexistas, isto debese a que as mentes pensantes que os constituíron tiñan unha visión heteropatriarcal e machista. No caso das películas e series de televisión isto tradúcese na limitación da muller a un simple obxecto e a unha autorrealización que so se leva o cabo cando esta atopa parella, o que leva a un mantemento duns arquetipos daniños que son trasladados o día a día das persoas. Trátase de formalizar que o amor doe o que non debe ser así de ningún xeito, tamén de pequenos pretendían facernos crer a frase “os que se pelexan se desexan”, ambas as dúas sesgos patriarcais que arrastra a nosa sociedade. Xa o dicía Carrie Bradshaw no primeiro capítulo de Sexo en Nova York: “Benvida a era da perdida da inocencia, ninguén almorza con diamantes e ninguén vive romances inesquecibles… Máis ben almorzamos as 7 de la maña e temos problemas que procuramos esquecer canto antes…”. Polo que si, perdemos a inocencia o asistir a desmitificación que nos rodea ou que a alguén interesoulle que no rodee.

      É evidente que as mulleres musulmáns non o teñen nada fácil, polo que a cita de Nawal Kallouch é bastante extremista ó declarar que non se senten oprimidas. No caso das mulleres latinoamericanas arredor de 20 países de América Latina modificaron as súas leis para tipificar o feminicidio. O acoso rueiro xa non se toma como “alago” en varias nacións, a brecha salarial está en retroceso e o tema do aborto está sobre a mesa. Aínda así queda moito por mellorar nesta materia, María Noel Vaeza, directora rexional de ONU Mulleres para América Latina e o Caribe, describe o ocorrido nos últimos anos na rexión como unha revolución “incompleta e desigual” en pos dos dereitos femininos.

      Nos últimos anos a violencia contra as xornalistas e América aumento de xeito considerable. A violencia sexual contra as xornalistas ocorre tanto dentro como fora das redaccións e vai desde bromas e comentarios sobre a roupa e o corpo a contacto físico e insinuacións por parte de compañeiros de traballo ou mesmo das fontes. Nun estudo sobre a violencia nas redes sociais realizado pola International Women´s Foundation, o 63% das entrevistadas declararon haber sido ameazadas ou acosadas de xeito “online”, tamén o 58% e o 26% declararon haber sido acosadas en persoas e vítimas de ataques físicos. Estas cifras demostran a desigualdade de condicións nas que se atopan as xornalistas fronte os seus compañeiros.

      Coincidindo en que o feminismo é a chave da porta para o cambio, penso que cada sociedade é diferente e que a revolución non pode ser levada do mesmo xeito nun país europeo que nun latino americano ou nun árabe, aínda que o movemento feminista teña unhas bases comúns.

      -Ligazóns:
      El Universo redacción. (2019a, 8 marzo). La violencia contra las mujeres periodistas aumenta en América. Recuperado de: https://www.eluniverso.com/larevista/2019/03/08/nota/7222826/violencia-contra-mujeres-periodistas-aumenta-america

      El Universo redacción. (2019b, 8 marzo). Del “#Niunamenos” al “NOesNO”, las mujeres luchan contra el machismo latinoamericano. Recuperado de: https://www.eluniverso.com/noticias/2019/03/08/nota/7223003/niunamenos-noesno-mujeres-luchan-contra-machismo-latinoamericano

      Moreno, P. (2019, 15 abril). Sobre el mito de Chuck Bass, la acusación contra Ed Westwick y la pérdida de la inocencia ‘millennial’. Recuperado de: https://www.vogue.es/celebrities/articulos/chuck-bass-ed-westwick-actor-gossip-girl-acusado-violacion-decepcion-millennial/31837

      Gústame

      1. SOUTULLO NEREA

        Como cabe esperar os casos de violencia machista no ámbito laboral non só afectan ás xornalistas, nin tampouco se dan casos en América. Concretamente en España, de acordo ás cifras que manexa Inspección de Traballo, 2.484 mulleres denunciaron sufrir acoso sexual nos seus postos de traballo e nas súas empresas entre os años 2008 e 2015. Asemade, de todas elas, so foron condenadas 49 persoas, o que representa ao 2 % dos casos. Mais o que aparece nos informes estatísticos só mostra unha parcela da situación. A realidade é que moitas vítimas de acoso sexual non chegan a interpoñer unha delación por medo a ser despedidas ou a outras posibles represalias laborais.

        En definitiva, a discriminación laboral vai moito máis alá da brecha de xénero, do teito de cristal e do acoso sexual. A masculinización dalgúns sectores son outro dos froitos do sistema patriarcal. Neste caso a súa raíz está nos los estereotipos e no marco cultural no que convivimos en sociedade. Esta segregación, pola contra non so se viu reducida co paso do tempo, senón que está aumentando nos últimos anos case a nivel global. Seguindo a enquisa de poboación activa no IV trimestre de 2017, as actividades máis masculinizadas foron as relacionadas coa silvicultura e explotación forestal, cun 6% de ocupación feminina; coa metalurxia, cun 8, 4%; e coa construción, cun 8,6%.

        No ano 2005, a Unión Xeral de Traballadores publicou un informe (Eliminación de estereotipos de género en el ámbito laboral y en las organizaciones sindicales) que inclúe varias propostas agrupadas en sectores para a prevención dos roles e estereotipos de xénero. Sería interesante levar a cabo algunhas destas medidas, como por exemplo informar, orientar e motivar ás mulleres cara opcións profesionais nas que se encontren infrarrepresentadas ou que se consideren tradicionalmente masculinas, co fin de ampliar as súas oportunidades no mercado laboral. Ou na educación, desenvolver accións de diversificación educativa.

        Ligazóns:

        Calveiro, P. (1 de novembro de 2017). Empleadas de comercios y hostelería, las más expuestas al acoso sexual. La voz de Galicia. Recuperado de https://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2017/11/01/empleadas-comercios-hosteleria-expuestas-acoso-sexual/0003_201711G1P22991.htm

        Rodríguez, G e Alonso, A. (4 de marzo de 2018). La discriminación laboral más allá de la brecha de género y el techo de cristal, con datos. El País. Recuperado de https://elpais.com/politica/2018/03/02/actualidad/1519999246_882483.html

        UXT. (2001-2005) Eliminación de estereotipos de género en el ámbito laboral y en las organizaciones sindicales. Proyecto Estereotipos. Recuperado de http://portal.ugt.org/Mujer/proyectoestereotipos/propuestascastellano.pdf

        Gústame

        1. GARCÍA ROCA

          Nos últimos tempos unha das frases máis empregadas por moitos foi “Non son machista nin feminista. Son normal” a cal esta cargada de matices bastante debatibles. O feminismo é unha ideoloxía que nace co obxectivo de acadar a igualdade entre homes e mulleres, non a superioridade da muller fronte o home. Nunca escoitamos nin lemos a ninguén dicindo “non son racista nin antirracista”, aquí é onde atopamos o símil entre ambas as dúas expresións, os movementos contrarios o racismo ao igual que o feminismo nacen coa fin de combater unha ideoloxía nociva.

          O que si esta claro de verdade é que mentres os postos de dirección das empresas estean ocupados por homes, mentres as mulleres sexan asasinadas polas súas parellas e mentres siga existindo a brecha salarial, entre outros problemas, o feminismo é o único camiño óptimo para acadar a liberdade das garras do sistema patriarcal.

          Facendo alusión as palabras de Alba Taladrid, os homes si que poden ser feministas e máis débeno, iso si sen quitarlle o protagonismo o sexo feminino da súa propia revolución. O papel dos homes como referentes feministas é moi importante. Axuda a desmitificar o feminismo como algo opresor para o home. Estaría moi ben que moitos homes se unisen e loitasen, porque o machismo tamén os oprime a eles, a todo no que non sexa heteropatriarcal. Todo isto, sempre dende un segundo plano, xa que como ben dixo Tamara Montero, está é unha batalla que temos que facer nós mesmas.

          -Ligazóns:

          Cortés, C. (2017, 23 noviembre). Lemos: «Somos moitas máis mulleres que homes, pero queremos que iso cambie». Recuperado de: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/lemos/2017/11/23/span-langgl-moitas-mais-mulleres-homes-queremos-iso-cambiespan/0003_201711M23C6992.htm

          Costas, L. (2019, 8 marzo). “Nin feminista, nin machista; son normal”. Recuperado de: https://www.laopinioncoruna.es/opinion/2019/03/08/nin-feminista-nin-machista-son/1382046.html

          Gústame

  2. Paréceme moi interesante como ao longo do post se abordan tantos temas que son realmente importantes. Para comezar, gustaríame destacar os artigos que aportaron as compoñentes do círculo. Creo que están moi ben, sobre todo o de Sara Torreiro. Trátase dun artigo onde plasma moi ben todo o que nos aportou o feminismo e o seu funcionamento. Creo que é un artigo que debería de ler todo o mundo.
    Outro punto relevante é o das etiquetas. Agora mesmo, coa situación das citas electorais os partidos políticos non paran de poñer diferentes etiquetas ao feminismo: ‘feminismo progresista’, ‘feminismo de esquerdas’, ‘feminismo liberal’… Penso que as etiqueta é algo que sobra e deberían de centrarse máis en facer propostas sobre como pode contribuír o poder público a eliminar as discriminacións que todavía afectan ás mulleres. Deste forma o único que se consegue é politizar o feminismo.
    Con respecto á xestación subrogada e á adopción, é un dos temas máis debatidos durante a historia. Non obstante, penso que a xente non está o suficientemente informada sobre ambos temas, o cal é un erro. Moitas veces falan sen saber, e na maioría dos casos o problema provén da educación que recibimos xa que sempre se deixa de lado o tema da muller e todo o que estea relacionado.

    LIGAZÓNS:

    González, M. (18 de marzo de 2019). El feminismo y las etiquetas. El Confidencial. Recuperado de: https://blogs.elconfidencial.com/espana/en-version-liberal/2019-03-18/el-feminismo-y-las-etiquetas_1887702/

    Redacción. (10 de setembro de 2018). Gestación conflictiva. El País. Recuperado de: https://elpais.com/elpais/2018/09/09/opinion/1536512833_497424.html

    Gústame

    1. GARCÍA FERNÁNDEZ

      En efecto, a xestación subrogada é un dos temas máis debatidos. É un tema con bastante controversia xa que o estar a favor ou en contra non ten que ver coa túa ideoloxía, senón que é algo máis persoal. Ten que ver cos valores de cada persoa.

      Hai unha ampla variedade de xente que está en contra da súa regulación, dende á Igrexa ata gran parte do feminismo e varios sectores da esquerda. E por outro lado apoian a súa regulación tamén persoas da esquerda, feministas, membros do colectivo LGTBI ou as persoas afíns a Ciudadanos.

      Eu estou totalmente en contra da súa legalización. Os ventres de aluguer son unha forma de comprar persoas. O que fas é alugar a cambio de diñeiro o útero doutra persoa para que esta xeste un bebé que terá o teu material xenético. As persoas que se prestan a esta práctica son persoas que pasan moitas dificultades económicas, e ás cales a única saída que ven a este problema é vender o seu corpo. E isto é algo inadmisible e que atenta contra todos os dereitos humáns.

      En definitiva, este non é un tema simple, ten moitas capas e é preciso que se afonde neste debate para poder encontrar unha solución.

      LIGAZÓNS:

      – No somos vasijas. (s.f.). No Somos Vasijas. Recuperado 23 abril, 2019, de http://nosomosvasijas.eu/
      – Pérez Colina, M. (2017, 8 noviembre). Hacia un discurso feminista coherente sobre la gestación subrogada. Recuperado 23 abril, 2019, de https://www.pikaramagazine.com/2017/11/discurso-feminista-gestacion-subrogada/
      – Escudier, J. C. (2017, 12 abril). El feminismo y la maternidad subrogada. Recuperado 23 abril, 2019, de https://blogs.publico.es/escudier/2017/04/12/el-feminismo-y-la-maternidad-subrogada/

      Gústame

      1. IGLESIAS ANDRADE

        Estou de acordo coa túa posición. Aqueles suxeitos con altas capacidades económicas aprovéitanse da desesperación de mulleres con baixos recursos económicos. Non obstante, hai países como Estados Unidos onde a xestación subrogada está legalizada en certos estados. A xestante debe cumprir requisitos como ser casada ou ser nai dunha familia numerosa cun poder adquisitivo medio alto. Son requisitos que se impoñen para que non suceda coma noutros países onde a muller non o fai por voluntade de axudar senón por necesidades económicas. Creo que aí é onde entra en xogo a trata ou non de seres humáns.

        Un dos motivos fundamentais das familias para acudir a esta técnica radica na infertilidade dalgunhas parellas, polo que podería aceptarse a xestación cando se trata dunha acción altruísta e non por intereses económicos. Porén, existen outras alternativas para non ter que recorrer a esta. Unha delas, como ben dicides, pode ser a adopción. Debemos ter en conta que actualmente é difícil de conseguir. Adoptar require de complexos, custosos e moi prolongados trámites e en moitos casos non se dispoñen de suficientes recursos para afrontar. Outra alternativa pode ser os métodos de fertilidade asistida, que é onde soen recorrer as parellas heterosexuais.

        Creo que se debería de abordar un proceso para poder resolver todos os problemas da xestación subrogada, fundamentando no asunto e na máxima protección da muller xestante e do recentemente nado.

        LIGAZÓNS:

        Concheiro del Río, J. (22 de agosto de 2018). La actualidad en la gestación subrogada. La voz de Galicia. Recuperado de: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/opinion/2018/08/22/actualidad-gestacion-subrogada/0003_201808G22P17995.htm

        Fernández, J. (25 de xullo de 2018). Cuatro retos sociales ligados al debate sobre la gestación subrogada. eldiario.es. Recuperado de: https://www.eldiario.es/pikara/sociales-ligados-debate-gestacion-subrogada_6_668843127.html

        Redacción. (24 de setembro de 2018). ¿En qué países es legal la gestación subrogada?. Voz Libre. Recuperado de: https://vozlibre.com/sociedad/paises-legal-la-gestacion-subrogada-19255/

        Gústame

        1. GARCÍA FERNÁNDEZ

          Mais que resolver os problemas eu penso que o que hai que facer é abrir aínda máis o debate. Ninguén ten toda a información necesaria para poder ter unha posición formada e completa.

          E certo que polo xeral a alternativa que se dá é a de a adopción, e é a opción que as nosas membras do círculo deron. Pero non entendo por que sempre a xente descarta esta opción. Si, é lenta, pero é lóxico que o sexa. Os servizos sociais non van a dar un neno a calquera que o pida, a adopción non é un servizo, nin un negocio que funcione segundo a lei da oferta e a demanda.

          A adopción é un proceso longo e complicado, en efecto. Pero isto é así debido a que practicamente todas as familias adoptantes o que buscan é un bebé ou un recén nado que estea san. Para aqueles nenos que teñen problemas de saúde, como os que teñen autismo, síndrome de Down ou outros problemas, ós nenos maiores de oito anos ou ós grupos de irmáns o proceso de adopción é moitísimo máis curto.

          Así, que o problema non é completamente do sistema de adopción senón que tamén ten que ver coas demandas das persoas que queren adoptar.

          LIGAZÓNS:

          Álvarez, E. (2017, 11 junio). Las adopciones de niños se desploman en toda Galicia. Recuperado 24 abril, 2019, de https://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2017/06/11/paises-china-vietnam-pasado-potenciar-adopciones-nacionales/0003_201706G11P2992.htm
          Mohorte (2019, 24 abril). Gestación subrogada: qué opina cada partido sobre su posible regulación. Recuperado 24 abril, 2019, de https://magnet.xataka.com/en-diez-minutos/gestacion-subrogada-que-opina-cada-partido-su-posible-regulacion
          No somos vasijas. Campaña contra los “vientres de alquiler”. (2015, junio). Recuperado 24 abril, 2019, de http://www.mujeresenred.net/spip.php?article2199

          Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.