Non todo vai sobre rodas…

OROZCO LAGO

Centro Sociocultural de Fontiñas

Se algo quedou claro na terceira reunión do Círculo de Mobilidade foi que a cidade tende a peonalizarse, situación que afecta drasticamente ao tráfico de Compostela. Cegarse e loitar polo contrario é ir contra a propia natureza humana. Por iso, tomáronse outras urbes galegas como referencia, por exemplo Pontevedra, coa finalidade de fixar o obxectivo e modelo a seguir para a capital galega. 

Neste aspecto, non podemos centrarnos só nos políticos, pois nós, a cidadanía, tamén temos parte de culpa. Como mencionaba Fernando Lacaci, presidente da Federación de ANPAS ‘Compostela’:  “Todos queremos que nos deixen diante da porta, pero hai que quitar eses costumes, esa necesidade continua de estar alí diante da porta de onde quero aparcar”. Posteriormente, Fernando falaba sobre o comportamento do cidadán medio no ámbito escolar: “Colle o neno, móntao no coche no corredor da casa e lévao directamente á porta da aula. Eu cando levo a metade do camiño feito no coche digo: ‘Non, podo ir andando’, pero é o automatismo…”.

A solución? Para moitos, os transportes alternativos. Pero estamos falando de incluír novos vehículos nas cidades cando a regulación para eles non é nin suficiente nin exhaustiva. Un claro exemplo son as bicicletas. Ante isto, e ante a noticia de El Correo Gallego que tocaba este tema, Fernando volvía posicionarse: “O usuario medio de bicicletas non respecta as zonas peonís, non respecta os semáforos, non respecta os pasos de peóns. A cultura da bici non está ben estruturada, non hai quen lles explique que é andar en bici”. É dicir, de que serve incluír novos transportes ou carrís se ao facelo o caos é aínda maior? Cruz Vázquez, presidenta da Federación de Asociacións Veciñais do Rural (FERUSA), apuntaba o caso concreto da zona vella: “Durante o verán, as bicicletas van polo medio e medio das rúas do casco histórico”, cando o tráfico rodado está moi limitado. Pero, como diciamos, a lexislación non é exhaustiva.

IMG_0558
Fernando e Cruz analizando unha das novas.

“Trasladan o comportamento do coche a outro vehículo e xustifícase que é sostible porque non contamina e ademais é bo para a saúde porque fas exercicio, pero ao final é o mesmo”. Eran as palabras respecto a este tema por parte de María Jesús Pérez, secretaria da Asociación de Persoas con Discapacidade de Compostela e Comarca (AMICO). Pola súa parte, Cruz dicía: “A min paréceme moi ben que se promocione o uso da bici, que sirva para facer exercicio, que non teña nada de contaminación…, pero o  que teñen que facer é organizar e priorizar.” María Jesús apoiaba as palabras da presidenta de FERUSA: “Evidentemente iso é unha mellora, non vas a ir en contra das melloras, pero non é prioritaria.” De feito, falouse de simples parches. De nada serve outorgar prioridade ás bicicletas se despois non se fai cumprir. De nada serve colocar sinais, máis que para facer campaña electoral, se despois non se ten control sobre iso. Os partidos políticos reaccionan cando hai procedemento electoral”, sinalaba Fernando.

IMG_0555
Mª Jesús explicaba a súa opinión sobre as bicicletas na cidade.

Ademais, Santiago é unha cidade pequena onde se pode chegar a pé praticamente a calquera parte. Información sobre o tempo que leva chegar aos lugares de interés foi unha solicitude que xurdiu na xuntanza, por exemplo, por parte de Cruz, aínda que respaldada por todos: “Que che poñan a distancia [en paneis]: 15 minutos, 5 minutos… Os que son habitantes xa o coñecen pero é útil para o turismo, para a xente que ven esporadicamente”. Deste xeito podería incentivarse o feito de deixar o vehículo persoal na casa, coñecendo canto tempo vainos levar, pois moitas veces na nosa cabeza desorbitámolo. “Os lugares son para as persoas e os transporte é unha necesidade que debe cubrirse sen estorbar, ten que ser un servizo” Así condensaba a súa opinión portavoz de ANPAS Compostela.

O automóbil, as bicicletas ou os novos transportes como os patíns eléctricos están moi  sempre que vaian da man dunha norma rigorosa que protexa os intereses cidadáns, xa que estes son os principais perxudicados ante os problemas de tráfico. Non vai todo sobre rodas, paso a paso, e nunca mellor dito. Chegaremos lonxe.

Últimos detalles da acción

Unha vez rematadas as reunións e coas fotografías xa feitas, só queda ultimar os carteis, recompilar as fotos da cidadanía e perfeccionar a páxina da acción. Desta terceira reunión, destacamos a pouca concienciación dos condutores sobre as normas viarias, reflectida no incumprimento dos límites de velocidade ou no feito de aparcar en lugares onde non está permitido. Os membros do Círculo tamén fixeron fincapé na importancia de reorganizar o tráfico na cidade e de contar cunha sinalización máis precisa. Ademais comprobamos, unha vez máis, que o rural se atopa en peores condicións que a cidade en materia de mobilidade. Amosaremos todos estes aspectos relativos ao tráfico nas imaxes da acción.

Participaron na conversa:

  • Cruz Vázquez, presidenta de FERUSA.
  • María Jesús Pérez, secretaria de AMICO.
  • Fernando Lacaci, presidente da Federación de ANPAS ‘Compostela’.

Ligazóns:

López, G. (25 de agosto de 2018). Los vecinos consideran que las nuevas normas de tráfico no arreglarán nada. El Correo Gallego. Recuperado de https://www.elcorreogallego.es/santiago/ecg/vecinos-consideran-nuevas-normas-trafico-no-arreglaran-nada/idEdicion-2018-08-25/idNoticia-1133860  

Redacción. (31 de enero de 2010). Virxe da Cerca, unha rúa sólo para buses y taxis. El Correo Gallego. Recuperado de https://www.elcorreogallego.es/santiago/ecg/virxe-da-cerca-una-rua-solo-para-buses-y-taxis/idEdicion-2010-01-31/idNoticia-511666/

Oliveira, M. (22 de octubre de 2017). Media hora en Virxe da Cerca: cientos de coches, 33 buses y tan solo 13 bicis. El Correo Gallego. Recuperado de https://www.elcorreogallego.es/santiago/ecg/media-hora-virxe-da-cerca-cientos-coches-33-buses-tan-solo-13-bicis/idEdicion-2017-10-22/idNoticia-1079178

Un comentario en “Non todo vai sobre rodas…

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.