Dándolle voz ao ensino

S1D

Neste post explicámosvos con detalle o proceso de realización da nosa acción. Desenvolvida coa axuda e colaboración dos membros do noso círculo, estivo composta por dúas fases: a primeira está vinculada a este post e a segunda aparece explicada no seguinte vídeo.

5 comentarios en “Dándolle voz ao ensino

  1. SALGADO LÓPEZ

    Persoalmente, eu soño cunha escola na que todas as necesidades e suxestións do estudantado teñan cabida; as relacionadas co ensino, pero tamén aquelas externas a el pero que están presentes no día a día dos alumnos e alumnas. Neste sentido, cómpre destacar aquelas relacionadas coa mobilidade. A xornada escolar non comeza cando soa o primeiro timbre nin remata co último; os estudantes teñen que chegar ao centro educativo e regresar despois ás súas casas. Para facelo, poden optar por varias opcións.

    No caso concreto de Compostela, unha cidade relativamente pequena, a maioría deles van a pé. Cobran importancia aquí medidas como “Colecamiños”, o plan que o Concello creou en 2015 co obxectivo de mellorar a seguridade dos máis pequenos no seu camiño de ida e volta ao colexio, e que vén de incorporar unhas pulseiras que avisan aos pais cando o neno ou nena chega ao seu destino.

    Os que deciden optar polo transporte público téñeno un pouco máis difícil. Os horarios do bus urbano son pouco fiables e non se adoitan cumprir, sobre todo nos días con meteoroloxía adversa. Aqueles centros educativos na periferia con servizos de transporte específicos, como o Lamas de Abade, resultan insuficientes. Neste caso concreto, só dous buses de ida e un de volta (a través da liña P3), que chega pasados vinte minutos dende o remate das clases.

    En último lugar, ao igual que na globalidade da cidade, habería que reducir o uso do vehículo privado en prol da mobilidade sostible. Porén, para conseguilo debemos impulsar os outros métodos a través da mellora do transporte público, a construción de infraestruturas ciclistas ou do pulo da mobilidade peonil con proxectos como “Colecamiños”, que deben ser coidados e contar cun mantemento adecuado para asegurar o seu funcionamento adecuado, tal e como denunciou o BNG o ano pasado.

    Ligazóns:

    Liña P3: Rúa Valle Inclán / Santa Lucía / A Pajuela (s. f.). TUSSA. Recuperado de http://www.tussa.org/web/linas.php?id=21&lg=gal

    Martínez, R. (3 de outubro de 2018). Colecamiños activa as pulseiras que avisan de que os escolares que van a pé chegan ao centro. La Voz de Galicia. Recuperado de https://galego.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/2018/10/03/colecaminos-activa-pulseras-avisan-escolares-van-pie-llegan-centro/0003_201810S3C5991.htm

    Redacción (10 de marzo de 2018). O BNG demanda o arranxo dos sinais dos Colecamiños para garantir a súa seguridade. La Voz de Galicia. Recuperado de https://galego.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/santiago/2018/03/10/bng-demanda-arreglo-senales-colecaminos-garantizar-seguridad/0003_201803S10C4992.htm

    Gústame

    1. LÁZARO SILVA

      Por suposto, coma ti dis, o camiño á escola ás veces non é doado para algúns nenos, especialmente para os que teñen que recorrer ó autobús urbano para chegar. Os problemas que afectan ós escolares son moitos e de diverso tipo…Na nosa acción non están contempladas as deficiencias en mobilidade xa que a pregunta que nós lanzabamos naquel post estaba enfocada a deficiencias do ámbito estritamente educativo, é dicir, todo o que ten que ver co que sucede dentro das aulas.

      A iniciativa Colecamiños foi unha proposta moi acertada por parte do Concello para velar pola seguridade dos escolares que van a pé a clase, de feito, a idea xa se estendeu a zonas periféricas como Teo e está a funcionar moi ben a pesares de que hai algunhas sinais deterioradas que deben substituirse, como apuntas. Ademais, esta proposta vai máis alá da creación dunha ruta segura para os nenos, sendo outro dos seus obxectivos a concienciación da comunidade educativa en materia de mobilidade a través da organización de charlas de educación vial, obradoiros de sensibilización ou a análise da visión infantil sobre o tema.

      Dar solución as deficiencias de desprazamento para os pequenos é unha materia que non poden esquecer dende a Administración. Mentres tanto, o traballo dos docentes de ensinar dentro das aulas a importancia de traballar por unha cidade sen obstáculos para a cidadanía e educar no desprazamento seguro polo espazo urbano é outro dos chanzos que achegan a construción da escola “ideal”.

      Ligazóns:

      Araújo, E. (23 de marzo de 2019). Familias de Calo abren una ruta escolar a pie para el alumnado sin servicio de transporte escolar. La Voz de Galicia. Recuperado de: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/2019/03/23/familias-calo-abren-ruta-escolar-pie-alumnado-servicio-transporte-escolar/0003_201903S23C7991.htm

      Camino escolar seguro. Policía local Santiago de Compostela. Recuperado de: http://policialocal.santiagodecompostela.gal/info.php?sec=33&idioma=es

      Gústame

      1. SALGADO LÓPEZ

        Sen dúbida, como indicas, iniciativas como a de “Colecamiños” deben ir sempre da man da docencia nas aulas. É necesario incluír nos currículos a educación viaria. Se penso na miña experiencia persoal —e supoño que a ti acontecerache o mesmo—, só lembro falar de educación viaria no instituto, nalgunhas charlas puntuais que a Policía Local ou a Garda Civil viñan impartir e que, de todos modos, apenas duraban unha hora, non motivaban ao estudantado a participar e apenas trataban os puntos máis básicos. Porén, cómpre salientar que este tipo de iniciativas comezan a entrar un pouco máis en materia, tocando temas de relevancia e actualidade, como a utilización de vehículos de mobilidade persoal, como os patinetes eléctricos.

        A nosa sociedade adulta é a viva resposta a por que é necesario contar coa educación viaria no ensino. Cada día, en varios entornos de centros educativos de Compostela, decenas de pais e nais acceden no seu vehículo como poden aos arredores para deixar aos seus fillos e fillas na porta, tal e como acontece na contorna do IES Xelmírez I e do CEIP Pío XII, en Poza de Bar. Resulta estrano que sexan eles mesmos quen demandan máis seguridade viaria na zona, os que aparcan o coche nas beirarrúas, pasos de peóns ou paradas de bus con tal de deixar ao cativo xusto na porta. Isto é un problema de mentalidade derivado da ausencia da educación viaria nas súas vidas. Como indicaba Fernando Lacaci nunha das nosas reunións, é imprescindible cambiala: non pasa nada por camiñar —é máis, incluso é mellor— uns metros ata o noso destino se iso implica unha mellora na mobilidade da zona. Isto só o podemos cambiar, a longo prazo, coa educación viaria. A curto prazo, empréganse medidas restritivas como a instalación de bolardos ou unha maior presenza de Policía Local multando. Resulta triste e decepcionante que só así cumpramos as normas.

        Ligazóns:

        Mosteiro, M. (9 de novembro de 2018). O caos de tráfico no exterior do Pío XII pon en perigo aos escolares. La Voz de Galicia. Recuperado de https://galego.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/2018/11/09/caos-trafico-exterior-pio-xii-pone-peligro-escolares/0003_201811S9C3991.htm

        Redacción (10 de abril de 2019). Charlas sobre seguridade viaria no Alfredo Brañas de Carballo. La Voz de Galicia. Recuperado de https://galego.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/2019/04/10/charlas-sobre-seguridad-vial-alfredo-branas-carballo/0003_201904C10C5995.htm

        Gústame

        1. LÁZARO SILVA

          No meu colexio eu tiven máis sorte que no teu caso, xa que o persoal docente centrouse en gran medida en ensinarnos os perigos da carreteira non só a través das clásicas charlas senón con iniciativas como levarnos de excursión ó Parque de Educación Vial de Fene. Nestes espazos os nenos poden percorrer pequenos circuítos en karts e así aprender a respectar as normas e as sinais mentres o pasan ben. Tamén contamos en Compostela cun parque deste estilo construído no recinto feiral de Amio dentro do programa de seguridade víal “Móvete seguro con Moito Olliño”. Como diciamos, resaltando dentro das aulas o cumprimento das normas e o respecto ó resto de vehículos e peóns que comparten a vía pública estamos un paso máis preto de conseguir un futuro no que a sociedade sexa responsable neste sentido non só polas posibles consecuencias, como ben dis, senón por vontade propia.

          Ligazóns:

          Redacción (24 de marzo de 2007). Fene abre hoy el primer parque de educación vial de la provincia, en la antigua estación de Barallobre. La Voz de Galicia. Recuperado de: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ferrol/2007/03/24/fene-abre-hoy-primer-parque-educacion-vial-provincia-antigua-estacion-barallobre/0003_5660636.htm

          Soler A., X. (10 de abril de 2018) Un millar de niños pasarán este mes por el parque infantil de tráfico instalado en el recinto ferial de Amio. La Voz de Galicia. Recuperado de: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/2018/04/10/millar-ninos-pasaran-mes-parque-infantil-trafico-instalado-amio/0003_201804S10C2992.htm

          Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.